A discriminación continua

jpg
Foto: M. Moralejo | La Voz de Galicia

Álvarez Álvarez, Juncal – S1C

Repítese o discurso, pero aínda apenas aparecen nun ou dous medios galegos, mentres que o resto non o consideran importante. As persoas con discapacidade agora aparecen nos xornais tras manifestarse, por algo tan simple como non poder trasladarse en transporte público.

Para os concellos e empresas de transportes parece que seguen sendo cidadáns de segunda. Mentres que os taxis pódense fregar as mans coa súa problemática. Aínda que non moito, pois a pesar de que paguen como calquera seguen sendo tratados en moitas ocasións de mala forma. Así o comentaba Tony no noso círculo de debate: a pesar de que subirlle ao tren non leve máis de dez minutos, se non está aí unha hora antes míranlle con amolo, coma se fose un vulto máis.

Isto proba que non hai un esforzo de integración real dos medios de comunicación nin das forzas políticas en xeral.  A pesar de que no último mes houbese varias protestas públicas por parte de diversos galegos usuarios de cadeira de rodas, no Correo Gallego non atoparemos nada disto, tampouco no Ideal Gallego. É dicir, hai unha carencia de atención importante por parte de moitos xornais, que tamén se transcribe á sociedade. Pois non todo o mundo dáse de conta por si so da cantidade de trabas urbanísticas e de transporte que afronta este colectivo.

Unha proba da dimensión disto, é unha recente noticia, que provén de Interior, na que cifran a cantidade de delitos de odio en Galicia. O segundo colectivo que máis sufriu foi o das persoas con discapacidade, só por baixo de razóns ideolóxicas e por encima do racismo ou xenofobia. Así se rexistraron 16 casos, aínda que é probable que haxa moitos máis. Está claro que non é un tema invisible para quen lles toca. Cogami xa ofrece por exemplo unha guía para recoñecer os sinais de violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade.

Doutra banda, La Voz de Galicia si parece estar a darlle un grao de valor noticia a este tipo de acontecementos, aínda que siga adxectivando nos seus títulos para lograr un maior impacto. Mesmo, nalgunha ocasión parece usarse como elemento morboso para chamar a atención. Isto sucede na súa noticia con título <<Conduce ebria coas súas fillas e unha discapacitada e sofre un accidente en Salceda>>.

Dentro da noticia de súpeto engádese que tamén ía co seu marido, pero non agrega ningunha información adicional de en que estado se atopaba ningún, tampouco á “discapacitada”, que era a súa irmá.  Neste caso a figura desta muller non serve máis que para chamar a atención do lector. Pois non é máis importante a súa seguridade que a do marido, pero inclúese para impactar, é un exemplo de discriminación positiva, que non fará nada por mellorar a súa situación.

Os medios están a empezar a espertar, pero aínda queda un longo camiño por percorrer.

Bibliografía:

EFE (2016). Conduce ebria con sus hijas y una discapacitada y sufre un accidente en Salceda. Consultado el 29 de marzo de 2016, en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/salceda-de-caselas/2016/03/11/conduce-ebria-hijas-discapacitada-sufre-accidente-salceda/00031457712210255145944.htm

 

Revisión GBO: 30/3/2016 16:30

Revisión editor: 30/3/2016 16:00

Advertisements

4 comentarios en “A discriminación continua

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Unha maneira de continuar avanzando neste longo camiño por percorrer é, ademais de reivindicar o lexítimo dereito deste colectivo a ser integrado por completo en todos os ámbitos da sociedade, recoñecer e valorar os pasiños que xa se van dando. Buscando pola rede algún exemplo destes avances, en especial nos medios de comunicación galegos, sorprendeume atoparme con tan poucos xestos de representación das persoas con discapacidade. Non obstante, o Faro de Vigo conta cunha publicación especial sobre discapacidade, na que se inclúen catro artigos que pretenden dar voz sobre este tema. http://mas.farodevigo.es/especiales/discapacidad

    En canto ao exemplo que propoñedes sobre a noticia do accidente de Salceda, gustaríame engadir o feito de que o termo “discapacitada” no titular, no só se introduce como elemento morboso para chamar a atención do lector. Tamén nos arroxa a idea do pouco coñecemento do asunto a través do uso da linguaxe, cunha importancia aínda maior por vir dun profesional da comunicación. Déixovos o enlace dunha páxina web dirixida a asesorar persoas con discapacidade, que precisamente trata algúns dos vosos indicadores, como é a transcendencia de coidar as palabras e expresións cando nos referimos a este colectivo. http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/derechos/Tusderechosafondo/discapacidad_versus_minusvalia/Paginas/minusvalidos-y-minusvalia-y-discapacidad.aspx

    No seguinte enlace poderedes descargar unha análise en PDF sobre o papel dos medios de comunicación na imaxe social da discapacidade, por Inma Martín Herrera. O texto inclúe ademais unha proposta dunhas pautas de estilo para lograr unha plena integración social, que vos poden servir de axuda para a vosa investigación. https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=6&ved=0ahUKEwiOgsiFnevLAhVHuhQKHRCgCT4QFgg7MAU&url=http%3A%2F%2Fwww.observatoriodosmedios.org%2Fforos%2Fdownload.php%3Fid%3D19&usg=AFQjCNFv3O8HUqqCb8_yg4nOmSQCr3aT2A&cad=rja

    Polo que hai que empezar, pois, é pola educación e a concienciación das persoas que cren ser alleas ao mundo da discapacidade. Pero primordialmente esas persoas que teñen o poder de divulgar, educar e definir aspectos da nosa sociedade a través da publicación de noticias. Os medios de comunicación aportan visibilidade a estas persoas, que ao vivir cunhas circunstancias concretas, xamais diferenciadoras ou discriminadoras, viven outra realidade moi distinta que até o momento non se quere recoñecer.
    Até hai ben pouco, a diversidade funcional era un terreo agochado para a sociedade, un trauma para a familia que albergaba a unha persoa con discapacidade, e esta atopábase co primeiro muro de discriminación na súa propia casa. Nunca ou case nunca se reivindicaba a súa personalidade, o seu dereito a ser un mesmo, os seus dereitos como ser humano. Pero na actualidade, estas barreiras xa foron superadas, e as persoas afectadas son conscientes da súa realidade. Quen queda, logo, por espertar?

    – Revisión del editor: 31/03/2016 16:11
    – Revisión del GBO: 31/03/2016 20:49
    – Publicación: 31/03/2016 21:31

    Gústame

    1. Ola, Rita, pois non me topaba con eses artigos do Faro de Vigo, que aínda que non son moitos se agradecen. Certamente é alarmante a entrada en que informan dos riscos de exclusión dos nenos con discapacidade (http://mas.farodevigo.es/especiales/discapacidad/?id=2006). En tempos de crises e de obstáculos, é precisamente aos nenos aos que hai que protexer con máis esmero.

      As palabras teñen un gran poder na sociedade humana, polo que ter en conta páxinas como a que compartiches é de gran importancia. Pode parecer unha bobada, pero no fondo non é así. E aquí o papel dos medios é fundamental, como apuntas. E con respecto ás barreiras, está claro que se as axudas a este colectivo escasean, estes muros faranse máis grandes.

      Revision GBO: 04/04/2016 23:13

      Gústame

  2. Senra Rivas, Mara (S3C2)

    Ola Juncal! Moi de acordo, con todo o que expós na entrada.
    Queda claro que moitos medios aínda non teñen claro, ou non lles da a gana mellor dito de saber como tratar a unha persoa cunha discapacidade ou cunha mobilidade reducida, e resulta sen dúbida algunha vergoñento. Pero como ben dis tamén, hai medios que parece que cada vez se comprometen e mudan para mellor o trato cara este colectivo.

    Pese a iso, e a meu parecer, quizáis máis que no propio trato, mudan no sentido que cada vez proporcionan máis visibilidade as súas denuncias e actos en contra da discriminación. Vou por un exemplo, vai unhas semanas e en varias ocasións El Langui, parou un autobús urbano en protesta de que non o deixaron subir coa su cadeira de rodas xa que “podería ser perigoso”, http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/19/madrid/1455901857_709485.html, e bloqueou durante unhas horas a liña de ese autobús. Pero o que me gustaría saber a min, e imaxino que a ti tamén, é si se houbera publicado esta noticia e dúas máis nas semanas posteriores de haber sido un cidadán descoñecido. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/23/madrid/1456219674_834440.html O acto de El Langui, estou segura que ten seu valor, (aquí o resultado http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/26/madrid/1456475480_177484.html) pero outra pregunta é, ¿Teria o mesmo valor para os medios de ser outra persona calquera? No, e ben o sabemos. Polo que ainda agradecer ás personas coñecidas que fagan cousas como esta, hai que pensar en darlle visibilidade tamén ao resto.

    Por outra banda, non sei se algunha das persoas do seu círculo tivo un problema semellante á hora de acceder ao transporte público, pero á Valedora do Pobo, xa lle chegaron varias queixas sobre problemas similares en Santiago. Por un lado, hai liñas que non contan coas medidas e o necesario para que podan montar persoas con discapacidades físicas nin tampouco case carriños con meniño, que é o que denuncian ante a Valedora e por outro lado e apartir do estudo do caso, o equipo que traballa coa Valedora, deuse conta que ademáis de non estar todos equipados, os que están en teoría equipados, estanos insuficientemente ou mal. Polo que actuaron de oficio e denunciaron estos feitos ante o Parlamento de Galicia. Se no teu círculo precisades información de este tipo, podedes porvos en contacto conmigo e eu os poría coa Valedora.

    Mentres, deixovos uns enlaces que vos poden ser de axuda a hora de facer novas publicacións ou debatir sobre o tema.

    http://www.eldiario.es/retrones/manual-estilo-discapacitados-periodismo-minusvalidos_6_193590667.html

    http://www.cogami.es/es/difusion/sala-de-prensa/guias-de-estilo-para-periodistas/decalogo-sobre-discapacidad/

    http://www.cogami.es/es/difusion/sala-de-prensa/guias-de-estilo-para-periodistas/tratamiento-de-la-discapacidad-en-los-medios-de-comunicacion/

    http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/

    http://www.valedordopobo.gal/es/conoce-nuestras-recomendaciones/

    Un saúdo Juncal!

    Data de emisión do comentario: 31/03/2016- 15:56
    Data de revisión do GBO: 31/03/2016- 16:45
    Data de publicación do comentario: 31/03/2016- 19:39

    Gústame

    1. Ola, Mara, pois eu vexo de forma clara que se no canto do Langui, quen parase eses autobuses fose alguén descoñecido non sairía nos xornais. Quizais nun local. El mesmo avergoñábase publicamente de que tivese que saír alguén famosos e premiado para que tomasen un pouco de atención a este asunto. Aínda así, é unha sorte que isto sucedese, xa que a partir del si que se está dando cobertura a outra xente descoñecida cos mesmos problemas. De feito, aínda que el si logrou unhas positivas consecuencias desde as súas protestas, aínda non é así no caso doutras. Pois parece que estas empresas de transportes móvense máis por vergoña (que ande publicando alguén coñecido sobre as súas faltas nas redes sociais) que por moralidade.

      Cambiando de tema, si, quizais sexa necesario poñer en contacto ao círculo coa Valedora do Pobo, pois tamén sufriron a circunstancia de ter que deixar pasar buses, se non me equivoco. En canto ás ligazóns pois moitas grazas! Os manuais xa os coñecía (salvo o do eldiario.es), certamente non é difícil informarse sobre a linguaxe para usar. Na entrada do diario paréceme que se dá un caso curioso, o de que se enfaden pola linguaxe tal como descríbeo, pois na nosa experiencia, aínda que nos fan recomendacións, non hai maior drama cando cara a cara póidaseche escapar algún termino. E o resto de artigos lereinos con máis calma e pasareille algún ao meu círculo que lles poida interesar.

      Un saúdo!

      Revision GBO: 04/04/2016 23:11

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s