A pobreza e a desinformación

Fonte: jrmora.com

López Fernández, Alejandro-S2D5

A pobreza sempre estivo presente, exposta a ollos de calquera persoa mínimamente consciente do que ocorre no mundo. Trátase dun tema imposible de ocultar pero moi sinxelo de manipular, de terxiversar ata reducir a súa importancia a unha simple anécdota da que ninguén ten culpa. Esa temible capacidade de dominio sobre a opinión pública xorde dos medios de comunicación, o cuarto poder de cuxa influencia os máis necesitados tampouco poden escapar.

Tal e como afirma Gonzalo Fanjul, un dos fundadores do proxecto especializado na pobreza “Por Causa”, a presenza deste tema nos medios é superficial, confusa e fragmentada. O xornalismo atópase nunha profunda crise, tanto económica como de valores, o que en certa medida supón unha perda de profundidade e calidade dos contidos. Nunha sociedade que cada día se atopa máis insensibilizada, que amosa unha inusitada indiferenza ante toda desgraza distante da súa zona de confort, o papel dos medios debería ser o de humanizar. A solución á pobreza require de empatía e do estudo de casos concretos que logren sensibilizar á audiencia, pero a crise do xornalismo impide unha maior investigación nesta problemática. No seu lugar obtemos cifras, números e porcentaxes que soben e baixan e que, ao final, non nos din nada. Artigos coma este fomentan a desinformación da cidadanía, que non é realmente consciente do que implican os datos. Non podo negar a relevancia de que o 20,8% da poboación galega presente dificultades para chegar a fin de mes, ou de que o 35,4% dos menores de 16 se atopen en risco de exclusión, pero un simple número segue sen facer xustiza a súa situación. Falta, precisamente, o factor humano.

Os medios de comunicación tradicionais tenden a reducir todo o que supón a pobreza a simples datos. E esta ausencia de experiencias reais e de contacto directo cos afectados non só trae consigo un proceso de deshumanización, senón que tamén ocasiona unha falta de contexto. Aquí temos outro artigo da Voz de Galicia onde a UXT sitúa a tasa de pobreza e de exclusión social na comarca de Deza no 22,5%. De novo, toda a noticia xira en torno á cantidade de persoas que carecen dos recursos necesarios para levar unha vida digna, e aínda que os datos son importantes, non deberían convertirse no centro de atención. A gran maioría de artigos presentes en case todos os xornais desvincúlanse dos casos concretos, agrupando a todos os afectados e as súas condicións nunha única cifra; evitan as causas e consecuencias dos números na súa vertente máis humana. Xorde así una clara tendencia cara a descontextualización e, en consecuencia, cara una crecente insensibilidade por parte da sociedade.

Esta deshumanización pode implicar a súa vez unha degradación da dignidade dos implicados; en ocasións, a pobreza xa non supón un problema para os afectados, senón que os propios afectados pasan a ser o problema ou, con sorte, un mal menor. Convértense nunha molestia, nun elemento máis de todo aquilo que sobra e non se necesita. Forman parte da “cochambre”, e o importante xa non é loitar pola súa integración na sociedade nin tampouco coñecer a súa situación, senón limpar os desperfectos que os rodean. As casas abandoadas e o lixo convértense no único problema, e as persoas que se ven obrigadas a vivir nesas condicións, unha mera consecuencia.

Os medios tradicionais consolidan esta visión da pobreza, cuxo principal problema reside na pasividade daqueles que poden axudar. Se ben é certo que a indiferenza cidadá permite o mantemento desta situación, é o xornalismo actual o que impulsa esa despreocupación xeneralizada. A deshumanización do tema, sumado á falta de contexto e información que está a sufrir, deriva no gradual descoñecemento da situación dos afectados. Ao final e como noutros tantos casos, pode que a ignorancia sexa a verdadeira “cochambre” desta sociedade.

Referencias:

Couce, Beatriz. 2015. “Uno de cada cuatro ferrolanos está en riesgo de pobreza o de exclusión social”. lavozdegalicia.es. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2015/12/30/cuatro-ferrolanos-riesgo-pobreza-exclusion-social/0003_201512F30C4991.htm

El Correo Gallego. 2015. “Un 20,8% de los hogares gallegos tiene dificultades económicas para llegar a fin de mes”.El Correo Gallego – Diario De La Capital De Galicia. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/aumenta-pobreza-espana-bajar-ingresos-personas-un-2-3/idEdicion-2015-05-26/idNoticia-934206/

Gallego Salvá, Sandra. 2013. “«Los medios tratan la pobreza de forma confusa y superficial»”. Ethic.es. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://ethic.es/2013/11/%C2%ABlos-medios-tratan-la-pobreza-de-forma-confusa-y-superficial%C2%BB/

La Voz de Galicia. 2015.”UGT cifra en el 22,5 % la tasa de pobreza y exclusión social en Deza”. lavozdegalicia.es. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2015/10/31/ugt-cifra-225-tasa-pobreza-exclusion-social-deza/0003_201510D31C3993.htm

Sincronía. 2016. “«La pobreza no es lo mismo que la miseria. Quien la padece siente vergüenza»”. Sincronia.org. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://www.sincronia.org/voces/jesus-martinez/

Varela Texto, Suso. 2015. “La cochambre convive a pocos metros con el vino y las tapas”. Lavozdegalicia.es. Consultado o 28 de marzo de 2016: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/12/27/cochambre-convive-pocos-metros-vino-tapasrinconada-minola-murallarua-catedralrua-falcon/0003_201512L27C2993.htm

Revisión do editor: 29/03/2016 ás 14:28

Revisión GBO: 29/03/2016 ás 16:00 e segunda revisión 30/03/2016 ás 17:00

Publicación: 30/03/2016 ás 13:05

Advertisements

11 comentarios en “A pobreza e a desinformación

  1. Iciar Rubio Rodríguez S3D4
    Como ben expón o texto os medios de comunicación non reflicten verdadeiramente o problema da sociedade cando nos referimos a pobreza. Limítanse a darnos cifras e deixan as historias reais, as impactantes, totalmente de lado. Isto podemos comprobalo botándolle un simple vistazo a xornais nacionais como pode ser El Pais, que publicou fai uns meses este artículo. http://politica.elpais.com/politica/2015/06/05/actualidad/1433502782_556542.html
    Na red política El Universal numerosos expertos opinan e informan sobre diversos datos de pobreza e a situación actual dos nenos que a sofren, entre eles destacamos a Jorge Chávez Presa que afirma que “Parece que lo único que estamos haciendo es cultivar la pobreza, cultivar números de pobreza, en lugar de graduar a todas estas personas y familias para que dejen de serlo´´. Coma Jorge Chávez moitos de nos pensamos que a atención debería centrarse máis na erradicación de pobreza e menos na cría desta. http://www.redpolitica.mx/contenido/expertos-opinan-sobre-pobreza
    España está en pleno crecemento económico e social pero só algunhas comunidades como Cataluña decidiron firmar un pacto pola infancia no que piden un pacto estatal parecido o que no seu momento se fixo coas persoas maiores no pacto de Toledo, e dicir, que todos os gobernos póñanse a traballar priorizando esta parte da sociedade. Parece que os gobernos cren que un neno é responsabilidade exclusiva das súas familias, pero isto non é de todo certo. Toda a sociedade debe traballar para que a situación dos nenos mellore. Se nós dámoslle un bo presente elen daranos un bo futuro.

    Data de emisión do comentario: 29/03/2016- 23:32
    Data de revisión do GBO: 30/03/2016- 00:23
    Data de publicación do comentario: 30/03/2016- 18:28

    Gústame

    1. Ola Iciar, como ben dis as cifras e a estatística predominan sobre a realidade da pobreza, o que favorece á ignorancia e á pasividade da poboación. Este superficial tratamento da información dáse en case todos os xornais de España, tal e como exemplificas nese artigo de El Pais. Deixo dúas noticias, de La Voz de Galicia e do Faro de Vigo respectivamente, que amosan a falta de contacto directo cos afectados. Os números son importantes, pero non o mellor reflexo da terrible situación que viven todas esas persoas carentes de recursos.
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/02/10/128-millones-espanoles-riesgo-pobreza-exclusion/00031423566961692876512.htm
      http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/10/15/poblacion-riesgo-pobreza-niveles-historicos/1332161.html
      Quédome coa frase coa que pechas o teu comentario, pois resume en poucas palabras o perigoso da pobreza infantil, sobre todo en España. Segundo a organización Save The Children, España se constitúe como o segundo país europeo con máis nenos e nenas baixo o umbral de pobreza, un dato desolador que, como xa comentas, poucas comunidades están dispostas a solucionar.
      https://www.savethechildren.es/publicaciones/pobreza-infantil-y-exclusion-social-en-europa
      Un saúdo!

      Revisión do editor: 04/04/2016 ás 14:14
      Revisión da coordinadora: 04/04/2016 ás 19:19

      Gústame

  2. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Ola Alejandro, moi interesante a túa publicación. Estou de acordo con moitas das cousas que dis, comezando pola manipulación dos medios deste tipo de situacións. Sen embargo, penso que a insensibilidade non é xerada por eles. Aínda que os medios nos informasen da realidade sen perder detalle e deixaran atrás calquera tipo de manipulación, seguiriamos sen reaccionar. Tendemos a pensar que todo o que lemos na prensa, ou vemos na televisión non nos incumbe a nós. O primeiro que sentimos cando os medios nos informan dalgún acontecemento relacionado coa pobreza é mágoa ou lástima, pero non imos máis alá, é dicir, non profundizamos no tema. Vivimos nun círculo vicioso no que os medios nos dan a coñecer situacións ante as cales non reaccionamos, polo tanto nada cambia e continuan informando sobre o mesmo buscando unha resposta pola nosa parte que nunca chega.

    “Nuestra convicción es que el periodismo debe romper cada día más con la visión basada en un concepto de pobreza elaborado desde la distancia, el desconocimiento o la indiferencia, donde las personas en situación de pobreza, exclusión y vulnerabilidad son presentadas como sujetos colmados de carencias, problemas y patologías sociales, con poca capacidad de aportar al país y a la sociedad, inclusive al mejoramiento de sus propias vidas. Esa noción es equívoca y perjudicial para nuestro desarrollo”. Este fragmento forma parte da páxina á cal podes acceder a partir deste enlace http://www.comunicacionypobreza.cl/conocenos/nuestra-mirada-sobre-la-pobreza/

    Cun contido realmente interesante, trata de relacionar a pobreza cos medios, centrándose en como a sociedade percibe ás persoas que se atopan nesa situación.

    Un saúdo.

    Data de emisión do comentario: 30/03/2016- 15:45
    Data de revisión do GBO: 30/03/2016- 17:59
    Data de publicación do comentario: 30/03/2016- 19:48

    Gústame

    1. Ola María, coincido contigo na existencia dun círculo vicioso no que tanto os medios de comunicación coma a propia sociedade alimentan esa insensibilidade. Sen embargo, penso que son os xornalistas os que teñen a capacidade de xirar as tornas, e polo tanto deben dar o primeiro paso para rematar con esta desinformación. Se nós só sentimos mágoa ou pena polas condicións de vida da xente sen recursos, é precisamente polo tratamento que os medios fan deste tema, superficial e desligado do contacto de persoas reais. Con cifras e números lógrase a pasividade, mesmo con datos tan sorprendentes coma os desta noticia de 20minutos.es:
      http://www.20minutos.es/noticia/2579829/0/arope/maximos-pobreza-espanoles/2014/
      O 29,2% da poboación española se atopa en risco de exclusión. A estatística impacta no momento, pero cae no olvido ao pouco tempo. Os números son importantes, pero sen a voz dos afectados nunca lograremos unha verdadeira implicación no tema. Por último, resultoume de gran interese a páxina que deixabas no teu comentario, na cal tamén se recalca a necesidade de que os protagonistas do feito formen parte directa da noticia.
      Un saúdo!

      Revisión do editor: 04/04/2016 ás 14:14
      Revisión da coordinadora: 04/04/2016 ás 19:11

      Gústame

  3. Senra Rivas, Mara (S3C2)

    Ola Alejandro! A verdade é que estou bastante de acordo co teu artigo, tristemente, xa que os medios faian continuamente, pero cando se fala de pobreza os erros e a falta de dignidade e sensibilidade multiplicase por mil.
    Gustaríame lanzar unha pregunta, xa sabendo que o 80% dos medios non empatizan por así decilo coa pobreza, o 20% restante que si o fai, ¿Faino de verdade? É decir, ese xornal, ese canal, esa emisora, ¿fan algo por mudar as situacións das que falan? Non teñen porque ser grandes sumas de diñeiro nin grandes donaciós se non pequenas cousas,por exemplo, ¿publicitarían gratis no caso, algunha actividade, mercadillo, acto de ese colectivo (colectivo que gañaria coa publicidade) a cambio de nada?

    Falar é fácil, comprometerse é o complicado. Pois mentres non haxa un compromiso real, os libros de estilo servirán de moi pouco. Por eso ademáis de tratar a este colectivo dunha maneira canto menos digna e respetuosa hai que pasar a acción. Xa que estou segura e coñezo moitas maneiras de facelo.

    Por outro lado, se no voso círculo ou vos mesmos coñecedes algunha situación de discriminación a este volectivo por parte do estado, do concello, dos poderes públicos etc sería interesante falalo coa Valedora do pobo, xa que leva moitos temas relacionados coa pobreza e as personas en risco de exclusión. Aquí podes ver alguns dos temas máis cocnretos que leva e que vos podenser utiles para o voso traballo.

    Informe Extraordinario: “Las personas sin hogar en Galicia” http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/
    Informes Anuales http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/
    http://www.valedordopobo.gal/es/documentos-descargables/

    Tamén é moi interesante e de gran axuda EAPN-Galicia, xa que levan todo o relacionado coa exclusión e a pobreza, e teñen moita documentación e sempre ganas de botar unha man.

    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Hacia-un-Bienestar-Infantil-en-Europa.-Gu%C3%ADa-Pobreza-Infantil-en-Europa.-EAPN-Europe.-2014.pdf
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Propuestas-TSAS-estrategia-inclusi%C3%B3n-social-2020-en-Espa%C3%B1a-EAPN-Espa%C3%B1a.-2010.pdf
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Promover-la-participaci%C3%B3n-de-personas-en-situaci%C3%B3n-de-pobreza.EAPN-Espa%C3%B1a.-2009.pdf
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Participaci%C3%B3n-das-persoas-en-situaci%C3%B3n-de-pobreza-e-exclusi%C3%B3n-social.EAPN-Espa%C3%B1a.pdf
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Colectivos-en-risco-de-exclusi%C3%B3n.-EAPN-Galicia.pdf
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Personas-sin-Hogar.EAPN_Madrid.pdf
    https://sinbarrerasagareso.wordpress.com/manual-de-estilo/

    Un saúdo!!

    Data de emisión do comentario: 31/03/2016- 17:45
    Data de revisión do GBO: 31/03/2016- 19:11
    Data de publicación do comentario: 31/03/2016- 20:10

    Gústame

    1. En primeiro lugar, moitas grazas pola gran cantidade de enlaces e información que achegas, nos serán moi útiles no desenvolvemento do noso traballo. En canto a túa pregunta… hai que ter en conta que actualmente case calquera acción leva certo interese detrás. Poucas persoas, e moito menos empresas (un medio de comunicación é, ao fin e ao cabo, unha empresa máis que busca o máximo rendemento) actúan sen esperar recibir nada a cambio. Nun negocio a solidariedade non existe, e o xornalismo non ía ser menos, por desgraza. Temos que valorar se a fin xustifica ós medios, se somos capaces de aceptar que o interese económico dunha empresa sempre estará por riba de calquera outra cousa. No mundo no que vivimos hoxe en día, o diñeiro é poder. Ademais, en moitas ocasións o xornalismo trata casos concretos de pobreza criminalizando aos afectados, sen investigar por que se atopan nesa situación. Non existe interese en afondar nesta problemática, e cando o hai, considérase un único punto de vista.
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/16/multan-dos-indigentes-infringir-ordenanza-convivencia-toural-porta-do-camino/0003_201602S16C3998.htm
      No referente a situacións que se poderían falar coa Valedora do Pobo, efectivamente no noso Círculo saíron certos problemas relacionados coa escasa organización do Concello sobre os servizos sociais, e que dificultan o traballo das distintas asociacións.
      Un saúdo!

      Revisión do editor: 04/04/2016 ás 14:14
      Revisión da coordinadora: 04/04/2016 ás 19:07. O autor foi avisado de que se inclúan hipervínculos.

      Gústame

  4. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Estou dacordo contigo Alejandro, e tamén co comentario de María. A sensibilidade de cada un non é xerada por un medio senón que é xerada por un mesmo. Eu penso que o problema a día de hoxe e que estamos tan acostumbados a ver cousas negativas nos medios ou mesmo en cine, que parece que agora somos inmunes a este tipo de situacións. A pobreza existe pero se non a vivimos na nosa pel non vai connosco, somos egoístas e consumistas. Escoitamos gran variedade de opinións respecto o tema, dende que a pobreza é necesaria na sociedad coma que pode erradicarse totalmente, pero o que é innegable e que todos saímos a rúa e vemos a pobreza cos nosos propios ollos, unha dosis de realidade continua que fai que evadirse sea cada vez máis difícil.

    Eu penso que pode exisitir un equilibrio económico en todas as clases, de forma que non exista unha diferencia tan grande entre as clases altas e as clases baixas, pero nos medios fálase máis dos homes máis ricos do mundo que das persoas más pobres, simplemente porque é o que interesa. Este artigo de El País é bastante interesante e pode que che interese http://elpais.com/elpais/2016/01/18/planeta_futuro/1453117220_404103.html. De todos modos comparto a túa opinión e gustoume a relación pobreza-periodismo. Un saúdo.

    Revisión GBO: 01/04/2016 22:33

    Gústame

    1. Ola Carmen, é certo que gran parte da nosa cultura contribúe a esa inmunidade ante todo tipo de violencia e inxustizas, ben a través do cine, ben a través da literatura ou da publicidade. Sen embargo, e como xa comentei con María, penso que debido ao gran poder que posúen deberían ser os medios os primeiros en actuar,os que mediante o tratamento das noticias logren sensibilizar á poboación. Ese círculo vicioso entre produtores e consumidores da información está aí, non se pode negar; pero é a crise que está a experimentar o xornalismo o que, en gran medida, impide un cambio nesa perigosa pasividade xeral.
      Tal e como reflexa o artigo que aportas, as desigualdades son cada vez maiores, a todos os niveis. Deixo outro artigo de El País onde se concreta mediante unha pirámide moi sinxela a distribución da riqueza e que evidencia o innegable:
      http://economia.elpais.com/economia/2015/10/13/actualidad/1444760736_267255.html
      Lograr o equilibrio entre todas as clases require un cambio dende a base, un proceso tan difícil coma necesario para frear esta crecente desigualdade. Sen ir máis lonxe, o modelo económico predominante no mundo é unha das principais causas desta situación, pois permite a supremacía do diñeiro por riba da propia persoa. Deixo tamén un enlace ao informe de Oxfam no que en parte se sustentan ambos artigos: https://www.oxfam.org/es/sala-de-prensa/notas-de-prensa/2015-01-19/el-1-mas-rico-tendra-mas-que-el-resto-de-la-poblacion
      Un saúdo!

      Revisión do editor: 04/04/2016 ás 14:14
      Revisión da coordinadora: 04/04/2016 ás 19:00

      Gústame

  5. Marina (S2A3)

    O meu compañeiro Alejandro expón a sinxeleza coa cal os medios de comunicación tratan a pobreza, e a tendencia que teñen a manipular o que cubren sobre este tema. As novas que se ofrecen acostuman a estar encasilladas nesa mirada superficial de cifras e vólvense insensibles con unha realidade tan dura. Esta tendencia tan pouco empática está, cada vez máis, xeneralizada. O factor humano, o cal deben incorporar os xornalistas, desaparece por completo. E así, a cidadanía, xoga cos medios de comunicación no mantemento desta lacra social que é a pobreza, deste atraso que é seguir permitíndoa.

    Nese punto nos atoamos tamén moitas veces no noso círculo de debate. Os medios son, en moitos casos, partícipes e cómplices dun proceso de manipulación e semellan para os poderes unha ferramente moi poderosa. Debemos frear, nese proceso social de loita contra a pobreza, o papel que xogan perniciosamente os medios e reformular o seu traballo como un espello veraz da realidade, de denuncia, e non como un aparello máis para manipular o que a sociedade sabe ou non sobre un tema.

    Na reformulación do traballo e nas causas deste mal trato informativo atopeime con unha charla TED que examinaba o coñecemento da pobreza e apuntaba cousas moi importantes.

    Nas diferentes preguntas coas que comeza o conferenciante, compara un ensaio base realizado en Suecia e alí mesmo e saca en conclusión a grande ignorancia ou a carencia de datos correctos que ten a sociedade. Tras toparse con esta situación, pregúntase qué está pasando na sociedade para que esté coñecemento tan superficial ou simplemente carente sexa tan evidente. Atopámonos que a sociedade en xeral, especialmente EEUU e Europa donde conflúe a maior parte de información, ten unha meirande parte das súas ideas “preconcebidas” e acaban tendo un gran descoñecemento da realidade, do presente. Cando busca entre os motivos polos cales esta desinformación está xeneralizada atopa, entre outros, que os medios de comunicación están moi pouco formados en determiandos temas, como a pobreza, e que eso convirte as súas informacións en falsas. É así como os medios, como a CNN citada no video, empregan a terminoloxía da pobreza e enfocan o tema con moita sinxeleza chegando a crear ideas preconcebidas na sociedade ó longo dos anos.

    En conclusión o video remata dicindo que “cando a sociedade se de conta do que realmente está sucedendo, poderán entendelo” facendo unha apelación á pedagoxía que se debe realizar nos medios de comunicación para que a pobreza, e outros tantos temas, sexan tratados con realidade, coñecemento e xustiza.

    Liked by 1 person

    1. Ola Marina, moitas grazas por deixar no teu comentario unha charla tan interesante coma amena. Resume en gran medida a desinformación que está a sufrir a nosa sociedade, a ignorancia que os medios de comunicación impulsan. A escasa formación dos xornalistas en determinados ámbitos contribúe, dende logo, á superficialidade coa que se trata a situación dos afectados. Precisamos dun cambio total que procure ese absoluto reflexo da realidade, o que implica dar máis voz aos implicados para romper esas ideas preconcebidas. Nesta páxina web explícase dunha forma moi sinxela os principais problemas que os medios de comunicación norteamericanos presentan no tratamento da pobreza, e que a súa vez consolidan o descoñecemento do tema.
      http://everydayfeminism.com/2013/09/poor-people-in-the-media/

      Un saúdo!

      Revisión do editor, 06/04/2016 ás 00:10
      Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 16:50

      Gústame

      1. Grazas Alejandro polo enlace, é de probeito para sacar un esquema claro aínda que só dé perfil ós medios norteamericanos, neste caso.
        Aprobeitando este apunte, gustaríame remarcar a necesidade de estudo de moitos outros medios fora de Europa e EEUU, donde se centra case todo o fluxo de información, para buscar na distinción outras novas formas de presentar a información. Sería interesante ver como tratan a pobreza os propios países que sufren esa situación ou, neste caso, como tratarían o tema unha propia comunidade con pobreza, os directamente implicados nela. Sería interesante o aprendizaxe no tratamento de determinados temas para construír unha solución pronta para un traballo rexenerado dos xornalistas.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s