Mozas e meretrices

Costa Iglesias, Nerea-S1B2

Imaxe recuperada de: http://www.periodistadigital.com

A semana pasada tivo lugar o primeiro Círculo de Aprendizaxe sobre o tratamento nos medios da prostitución. As achegas que fixeron as mulleres que participaron  no debate sobre isto, poñía de manifesto a falta de interese dos medios de comunicación en contrastar as súas noticias coas protagonistas dos feitos.

Tamén puidemos comprobar que son un colectivo invisibilizado e que algunhas delas teñen unha visión desigual da sociedade, na que aceptan os roles de xénero impostos que sen dúbida se ven acrecentados pola prensa ou a televisión.

Coñecida é a doble moral dos medios de comunicación que nas súas páxinas de sucesos, porque  case todo relacionado coa prostitución vén tratada nesta sección, informan sobre a caída dunha rede de trata de blancas e denuncian a situación de escravitude que sofren estas mulleres. Mentras, nas páxinas finais publicítanse servizos sexuais de prostitutas que moitas veces están nas mans das mafias. Tal e como critica o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia no seu último informe, nos 15 medios galegos cos que se traballaron só dous non contaban con anuncios de contactos. Dita publicade é como mínimo degradante para a muller, pero por se non fora abondo, o verdadeiro trato vexatorio vén dado polas imaxes que se utilizan para acompañar o texto. Estas fotografías supoñen unha obxectualización do corpo da muller nas que se amosan como reclamos sexuais e nas que a representación é  básicamente xenital.

O diario online Galicia Confidencial recolle a publicación de dito informe e realiza unha crítica aos medios tradicionais galegos por recibir máis subvencións públicas cando adoptan unha postura sexista. Ademais, tanto este medio como o CPXG denuncian a linguaxe coa que veñen redactos os anuncios de contactos ou que por exemplo La Voz de Galicia ou Faro de Vigo encadren estes contidos nunha sección chamada “relax”, un eufemismo a todas luces innecesario.

Outro exemplo máis do emprego da linguaxe aparece nesta noticia de La Voz de Galicia ou de El País que trata sobre unha conferencia que tivo lugar na UNED de Lugo impartida por  Montserrtat Neira, unha muller que se dedica a prostiución por vontade propia e Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona. Nos artigos refírense a ela como “meretriz” e “prostituda de luxo”, publican o que cobra ou comentan cun ton despectivo que practica relacións sexuais con persoas discapacitadas tanto psíquica como psicoloxicamente. Por outro lado o contido da noticia tampouco é o máis acertado. O  foco da noticia debería estar na charla en si ou do que alí se falou, xa que poucas veces se escoita a algunha prostituta explicar abertamente a súa profesión. En cambio preferiuse a morbosidade  e a revelación de datalles íntimos da súa vida, de onde eran seus pais, porque entrou na prostitución, se ten ou non fillos… Aspectos do seu ámbito privado que non aportan nada e que lle restan importancia ou feito do que se está a tratar.

Isto demostra que algúns medios de comunicación utilizan o tema da prositución como máis lles convén, creando polémica e politizando as noticias co fin de polarizar a sociedade. Exemplo disto é a recente noticia que recolleron varios xornais sobre a prostitución no polígono Marconi en Madrid. O diario ABC informa sobre as denuncias dos veciños e empresarios da zona que se queixan dos problemas que trae consigo a prostitución e a mala imaxe que dan exercendo a prositución “ a plena luz do día diante dos colexios”. Malia que se di que o número de mulleres se reduciu no último ano reclámase máis presencia policial ao concelleiro Guillermo Zapata, responsable desa zona e dun goberno contrario á ideoloxía do xornal. O feito parece máis ben unha excusa para criticar as prácticas do consistorio con respecto a este ámbito, que aínda que sexan xustificadas debería tratarse doutro xeito. Cabe dicir que en ningún momento se contrastou a noticia con ningunha prostituta, as que se referiron durante todo  artigo como “chicas”.

Referencias

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia,. (2016). OS ANUNCIOS DE SEXO DE PAGO NA PRENSA GALEGA. ANÁLISE DO CONTIDO E ANÁLISE DO DISCURSO. Retrieved from http://www.observatoriodosmedios.org/imxd/noticias/doc/1290077246capitulo4_informe.pdf

Moreno, I. (2010). El País, El Mundo y La Vanguardia se forran con los anuncios de sexo :: Periodismo :: Prensa :: Periodista Digital. Periodistadigital.com. Retrieved 30 March 2016, from http://www.periodistadigital.com/periodismo/prensa/2010/03/25/el-pais-el-mundo-y-la-vanguardia-se-forran-con-los-anuncios-de-putas.shtml

Revisión da editora: 19:00

Revisión do GBO: 19:30

Publicación: 20:11

 

 

 

Advertisements

4 comentarios en “Mozas e meretrices

  1. Casas Fontán Alicia- S1D3
    Paréceme interesante a achega sobre a dobre moral nos medios, que nos lembra que non hay que esquecer como se financian. Outro punto importante creo que é a morbosidade dos medios ao tratar un tema tan controvertido como é a prostitución, unha morbosidade que dende logo non cumpre ningún manual de boas prácticas no xornalismo. De feito, o concello de Barcelona publicou o ano pasado un manual con recomendacións para comunicadores e medios sobre o correcto tratamento da prostitución sexual; un manual que dende logo non se debe levar moito á práctica. Exemplo disto é o punto 6: Non banalizar nin facer sensacionalismo ou apoloxía en torno a prostitución.http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article81750
    Atopei unha entrevista realizada a Mamen Briz, do Colectivo Hetaira, que podería resultar de interese. Nela, Mamen Briz afirma que ” Hay una diversidad enorme de medios de comunicación y profesionales muy distintos, también. Falta quizá gente especializada y que se exprese con el rigor suficiente que merecen éste y otros muchos temas. Esto unido a las prisas con que muchas veces se trabaja impide que las informaciones sean más rigurosas. Pero no ocurre sólo en prostitución. Es extensible a otros ámbitos. Por lo general hay mucho ruido pero se comenten errores que muchas veces tiene que ver con no contrastar las informaciones. Esto sucede especialmente cuando se dan cifras. Hay ejemplos deleznables de reportajes y otros que han sido realizados con mucha profesionalidad, objetividad y sobre todo escuchando a las protagonistas. Estos son los imprescindibles.” http://www.colectivohetaira.org/web/documentos/251-tratamiento-de-la-prostitucion-en-los-medios-de-comunicacion.html

    Revision GBO: 01/04/2016 22:30

    Gústame

    1. Costa Iglesias, Nerea-S1B2
      Como xa se dixo o tratamento dos medios de comunicación con respecto a prostitución é deficiente tanto no abordamento do tema como na profundización. Por iso vexo necesario que haxa unha referencia específica nos libros de estilo sobre como informar con rigurosidade e desde unha perspectiva de xénero. Por exemplo nun do xornais de referencia españois como é El País, non hai unha soa referencia a este colectivo a pesar de que son fontes de noticias recurrentes.

      Coincido no dito por Mamen Briz do colectivo Hetaria cando di que faltan xornalistas formados que traten a prostitución sen caer na morbosidade. Aínda que non creo que a rapidez e a inmediatez coa que traballan os medios sexa unha excusa. Si que é verdade que para que unha noticia esté ben documentada, se consulten todas as fontes implicadas e se busquen as causas máis alá de informar dos feitos, necesítase tempo. Pero que a actualidade mande non quita que unha nova teña que ser sensacionalista. A linguaxe respetuosa e un tratamento coidado non están reñidos co rtimo dunha redacción.
      Revisión do GBO: 04/04/2016 11:15
      Publicación: 04/04/2016 11:40

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s