Teñen os maiores capacidade de autorrepresentación?

Lois Barcia, Mélani S2C1 

Imaxe tomada da RTVE

Os seres humanos atendemos ás nosas necesidades a través da cooperación social pero, a pesar dos anos de evolución, non conseguimos un grado de cohesión total, de forma que moitas persoas quedan desarraigadas da comunidade. É o caso da terceira idade na nosa sociedade, pois é evidente que se infravaloran as súas competencias e se lle nega a capacidade de autorrepresentación. Este feito podemos velo habitualmente nos medios de comunicación e para estudalo partiremos da seguinte noticia: Denuncian el robo de votos a ancianos en una residencia religiosa de Teruel

O caso chegou á fiscalía a pesares de que a familia do ancián que revelou o acontecido non quixo denunciar. E foi mellor así, pois trátase dunha vulneración de dereitos, aínda que para familia non tivo demasiada importancia, precisamente por ser unha persoa maior a afectada. O máis alarmante do asunto é que o ancián declarou que se lle negaran as medicinas ata que firmase un documento, é dicir, aproveitaron a súa situación vulnerable para poder actuar. Trátase dun asunto moi grave pero que os medios non explotaron demasiado quizais por “falta de interese” ou por “non ser un feito suficientemente noticiable”.

Nas últimas décadas, a competición electoral reflicte no noso país un profundo conflito xeneracional e esta noticia é unha mostra do intento de toma de control por parte das “novas xeracións”. Non debemos esquecer que porque unha determinada ideoloxía sexa a máis frecuente entre as persoas de máis de 65 anos, non debemos restarlle importancia e infravalorar a súa toma de decisión como se por ter unha idade avanzada perdesen todo tipo de facultade de decisión. De feito, hai estudos e noticias que sinalan que os máis xóvenes son o que mostran menos predisposición a votar e os que menos coñecemento das eleccións teñen; mentres que o colectivo de máis de 65 anuncia un grande interese e coñecemento das eleccións. E non é cuestión de primar a importancia da terceira idade fronte as novas xeracións, senón de tratar de forxar unha comunidade máis unida na que se fomente a cohesión entre os seus individuos e non a marxinación de certos grupos sociais.

É certo que en moitas ocasións, chegados a unha idade, as persoas se volven dependentes, pero non debemos confundir as limitacións fisiolóxicas coa capacidade de autorrepresentación (exceptuando os casos de enfermidades mentais), especialmente se se trata de política, xa que estamos nunha democracia.

 

Indicador estudado: -Negar a capacidade de autorrepresentación dos grupos vulnerabilizados, establecendo unha representación externa aos mesmos.

Revisión do editor: 18:00

Revisión do coordinador: 18:30

30/03/2016

Advertisements

5 comentarios en “Teñen os maiores capacidade de autorrepresentación?

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    Interesante debate o que se abre neste post, posto que en cadas eleccións son numerosos os caso de “carrexamento de anciáns” para ir votar e denuncias de cambios de papeletas aos colectivos da terceira idade. Na Voz de Galicia califícano xa coma “un clásico”. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/elecciones2015/2015/05/24/carrexo-votos-clasico-jornadas-electorales-galicia/00031432477543098295732.htm
    En Praza Pública elaboraron unha reportaxe con esta prácticas centrados no Partido Popular en Ourense http://praza.gal/politica/9369/asi-carrexa-o-pp-votos-de-ancians-en-ourense/
    É certo que hai persoas que por problebas de mobilidade, sobre todo nos pobos, que non poden desplazarse ata os colexios electorais e dependen de outras persoas para que as leven a depositar os seus votos. O problema está cando os afiliados dos partidos levan a estar persoas intencionadamente para “roubarlle” o voto e beneficiarse desta situación. Quizáis sería interesante a existencia da figura de persoal encargado do desprazamento destas persoas pero de forma regulada e sen intencións de gañar o voto.
    En canto ao tema das persoas que teñen algún tipo de minusvalía intelectual e que non poden exercer o seu voto en plenas facultades, creo que é un asunto bastante escabroso, xa que saíron á luz historias de que en ocasións os familiares destas persoas “votaban” por eles. Deberíase estudar unha posibilidade para evitar este tipo de prácticas ilegais.

    Revision GBO: 01/04/2016 18:48

    Gústame

  2. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    Moi boa información a recollida neste artículo, creo que este tema debería ter unha maior profundidade nos medios de comunicación e polo tanto no conxunto da soceidade, como ben di a miña compañeira, ás veces non nos damos de conta da inxustiza que se lles fai aos nosos veteráns polo simple feito de ser maiores.

    O caso da compra de votos é un dos casos nos que se aproveitan deles, por exemplo con non darlles as pílulas que precisan, polo que eles vense na obriga de facelo. É de interese a pasividade que amosan os seus familiares ao percatarse da inxustiza que se estaba a cometer, parece como que dun certo xeito non lle dan a mesma importancia de decisión que ao resto de poboación máis xoven.

    Son numerosos os casos que saiorn a luz sobre compra de votos a persoas maiores, pero ainda así o seu eco nos medios de comunicación foi mínimo, e as proptestas en canto a este tema case inexistentes.
    http://www.eldiario.es/politica/polemicas-compra-votos-elecciones_0_392661703.html , nesta nova fálanse de 9 casos de compra de votos, con videos onde se amosa que en numerosos casos os anciáns non están nas capacidades psicolóxicas de ir votar e son ¨arrastrados¨ polas súas enfermeiras aos colexios electorales.

    En definitiva débense incrementar as medidas legais que busquen a erradicación deste fenómeno, e unha maior difusión do tema nos medios de comunicación.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 15:01
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 16:02
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 16:48

    Gústame

  3. Lois Barcia, Mélani – S2C1
    As vosas achegas sobre outros casos similares ao que foi tratado no meu post, son moi interesantes pois demostran a delicada situación que sofren os anciáns en canto ás eleccións. En primeiro lugar pola infravaloración das súas capacidades, a pesares das experiencias vitais que nos poden transmitir; e en segundo lugar pola manipulación das súas decisións políticas, sendo tan válidas ou máis que as das novas xeracións. Apoio o voso punto de vista de que é necesaria algún tipo de regulación para estes casos, que dende o meu punto de vista, son de grande importancia. A dificultade está en levalo á práctica, xa que os problemas da terceira idade son considerados menos relevantes, en parte por causa dos medios de comunicación.

    Gústame

    1. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

      Gracias pola túa resposta Mélani, efectivamente sen ningún tipo de regulación que ampare a situación dos máis maiores, non poderá ser posible que se garantan os seus dereitos maís fundamentais, polo que esperemos que os medios de comunicación fagan una boa presión social para obrigar as altas institucións do estado a tomar cartas no asunto.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s