Compostela Diversa. I Reunión Círculo de Aprendizaxe

David Costoya López (S1C1)

Gemma Aguete Sancho (S1C2)

Juncal Álvarez Álvarez (S1C3)

Marta Eireos Curras (S1C4)

Lucía Casas Piñeiro (S1C5)

O venres 11 de marzo de 2016 tivo lugar a primeira reunión do noso circulo de aprendizaxe, Compostela Diversa, no que se tratou o tema da accesibilidade en Santiago de Compostela e a súa visualización e interpretación nos medios.

Os participantes de dito círculo son cinco persoas con distintos tipos de discapacidade: Tito Cabo, Toni López, María Jesús Pérez, María Dolores Piñeiro e Shaila Tarela. Todos eles víronse envoltos nunha dinámica conversa con diversidade de opinións e propostas.

Despois de debatir varias noticias que captaron a súa atención, decantáronse por analizar unha soa de entre todas as que decidiron amosar. Tratouse dunha noticia emitida polo xornal La Voz de Galicia do pasado 3 de marzo de 2016 encabezada polo seguinte titular: <<Aquí los discapacitados son los buses>>. A peza informativa trataba a accesiSin títuiijjiolobilidade do transporte urbano nas cidades galegas máis frecuentadas, centrándose máis concretamente en Santiago de Compostela. A noticia afirma que nove de cada dez autobuses están habilitados para persoas con discapacidade, mais seguen existindo denuncias ante as dificultades para usalos.

Despois de ter exposta a noticia e comentala brevemente, os membros do círculo analizárona en profundidade. Na súa análise vimos unha unanimidade en analizar a liguaxe usada na noticia, e en xeral, na prensa con respecto do colectivo de persoas con diversidade funcional. Outro aspecto que quixeron salientar os membros do círculo foi o tratamento anecdótico da prensa con respecto a este tipo de noticias que afectan a persoas con discapacidade, sen contextualizar demasiado a situación.

A raíz disto, comentáronse temas como a discriminación que sofre o colectivo por gran parte da sociedade, e as esperanzas na mellora da calidade de vida do colectivo no futuro,  as novas tecnoloxías. Sempre con respeto e amabilidade, todos os membros do círculo participaron creando múltiples situacións de controversia que xeraron un debate espontáneo, entretido e interesante.

Un dos temas que máis soaron no noso encontro foi o uso da linguaxe, tanto nos medios como no día a día das persoas que forman o círculo. A maioría dos presentes mantinañan a postura de que non servía para nada que os dominaran correctamente se, pola contra, á hora da verdade, os trataban <<como bultos>>, segundo eles mesmos definiron. Pouco ou nada avanzamos na sociedade cando nos encontramos cunha total desinformación a cerca da maneira na que afrontan os pequenos problemas cotiáns aqueles que, máis do que se desexaría, sobresaen no titular dunha noticia pedindo que se faga xustiza para desaparecer da memoria dos cidadáns ao día seguinte. Como dixo Toni, membro do círculo: <<Non hai ningún xornalista en España, ou casi ningún (non chega ao 0´2% dos profesionais) que teñan unha formación mínima en discapacidade. É dicir, refírome a unha formación mínima. Que saiba o que é un discapacitado. Que vira a alguén en cadeira de rodas e que compartira con el tres minutos da súa vida e, polo tanto, é moi difícil empezar a ter a sensibilidade suficiente para tratar ben a información.>>

IMG_5183
Tito e Shaila debaten aspectos da noticia

Cogami e a gran maioría de asociacións de apoio hacia as persoas con discapacidade poseen unha guía de estilo, que todos os xornalistas deberían usar. Non é aceptable adxectivar a ningunha persoa por norma xeral, polo que non é correcto dicir <<o discapacitado>> senón <<persoa con discapacidade>>, por exemplo. Non obstante, Susi, do noso círculo, que traballa en Cogami, admite que só recomenda o uso destos términos cando observa que a persoa mostra certo respecto. Así o comentou Susi.

Aquí atopámonos coas experiencias do noso círculo, sobre o que afirman case unicamente que, chegado o momento do trato cara a cara, pouco lles importa o nome co que os chamen. Mentres sexan respetuosos non hai ningún problema, pero non adoita ser o normal. No noso círculo, Tito comentaba: <<minusválido ou discapacitado… A min dame exactamente igual como me chamen, me refiro, eu o que busco é que me traten igual>>. Pois cando deben utilizar un transporte público ao que deben chamar con antelación para subir ca súa cadeira de rodas, como o tren, atópanse con situacións desagradables. Saben que non tardarán máis de dez minutos en subir ao tren, pero se non están alí presentes unha hora antes, saben que van ser tratados de forma despectiva, coma se de un paquete de carga fóra de horas se tratasen.

O xornalista, como factor da sociedade que debe promover un cambio favorable sempre na mesma, debe restablecer os valores que se perderon. Se hai algun modo de establecer un novo trato hacia calquera sector da poboación que se atope en desvantaxe á hora do trato que recibe, está en mans dos xornalistas. É por iso que resulta de vital importancia que na profesión xornalística se estuden os fenómenos que atañen á vida cotiá de forma correcta, para despois traspasar ese mesmo coñecemento á cidadanía empregando as palabras con sumo coidado e tendo sempre en conta o resultado que se espera obter. No círculo Toni afirmaba que: <<A xente na sociedade non ten nin moito menos integradas ás persoas con discapacidade, entón non as poden integrar no xornalismo>>. Porén, é posible que o xornalismo actúe como propulsor e inculque algún sentido de respecto na sociedade nese eido en particular. Se ben é certo que as palabras poden chegar a xerar conflictos cando non se utilizan como é debido, se ven reducidas a nada á hora da verdade se o uso cordial das mesmas queda anulado ao debido trato “físico” que se exerce hacia as persoas. Así se fixo ver na reunión, donde algúns dos integrantes do círculo se pronunciaron en canto ao uso da linguaxe cordial e ao trato non tan cordial que se adoita exercer sobre eles:

Susi: <<Primeiro, ante todo, é o trato e despois como me chamen>>.
Toni: <<Prefiro que me chamen cego e que non me discriminen, a que me chamen invidente e si>>.

O título da noticia, <<Aquí los dicapacitados son los buses>>, chama fortemente a atención e pode dar a impresión de violar algunhas das normas da linguaxe neste ámbito. Porén, a case todos os participantes pareceulles un bo titular. Non eran eles os discapacitados, senón os buses. Ademais, son conscientes de que necesitan un titular de impacto para chamar atención nestos asuntos. Aínda que había outras posturas, Toni comentaba: <<Como que os discapacitados son os buses se o 90% están adaptados? Os discapacitados serán os que xestionan os buses>>.

Por outra banda, Tito tiña curiosidade por saber, no caso de Toni ao ser distinto ao seu, se sufría discriminación positiva o se pola contra o trataban peor por ser invidente. Toni afirmaba rotundamente que o de que o sobrevaloren é mentira. Si recibe moitos comentarios do tipo <<eres un exemplo a seguir>>, pero el non se considera así. Mentres que recibe moitas mostras de discriminación, aprecia os pequenos detalles que demostran cando de verdade unha persoa mostra respecto e deixa de lado esas diferencias. Por exemplo, que se refiran a el como <<teu amigo o de Riotorto>> e non como <<teu amigo o cego>> xa quere dicir moito.

Na nosa reunión tamén puidemos apreciar por parte dos membros do círculo a súa visión dos problemas aos que a cotío se enfrontan.
No caso da noticia dos autobuses de Santiago de Compostela, puidemos comproboar por parte dos membros do círculo que utilizan o transporte público que esta situación de pouca adaptabilidade do transporte público para persoas que sufren algún tipo de discapacidade no é un problema recente, senón un problema que sempre estivo ahí.

Incluso os membros do círculo que non residen na área de Santiago de Compostela comentaron que é incluso máis difícil (cando menos imposible) cando se trata de utilizar o transporte público nos pequenos núcleos urbanos. Neste tema saíu a debate o grao de independencia que acada unha persoa con diversidade funcional, neste caso, falamos de que moitas persoas que teñen algún tipo de discapacidade física vense obrigadas a levar consigo o que definen como acompañante. A independencia, polo tanto, vese coartada pola dispoñibilidade da devantita persoa acompañante.

IMG_5190

  • Toni: <<O importante desa casuística que é: ¿Que esa señora poda acceder mañana ao bus ou que todo o mundo poda acceder con normalidade e sen necesidade de ir acompañado por ningúen habitualmente todos os días do ano en todas as cidades de Galicia?>>
  • Tito: <<Ir con un colega non é independencia>>.

Todos chegaron a acordo en que fai falla unha mellora do transporte público na cidade de Santiago de Compostela, sendo unánime a súa afirmación: todos os medios de transporte deberían estar adaptados, xa que é un problema que aínda segue sen solución e afecta a moitas persoas no día a día, non só é un problema aillado que lle afecta á protagonista da noticia.

Esta primeira reunión centrouse principalmente no problema de accesibilidade da cidade de Santiago de Compostela, aínda que, como sinalou Toni divertido, nos costaba centrarnos nun único tema, xa que todos tiñan un montón de anécdotas que contarnos. Esperamos poder tocar máis e diversos temas nas seguintes reunións. Ademais, pedímoslle a todos os membros que trouxeran un par de noticias que atoparan interesantes de comentar para próximos encontros, algo co cal estiveron de acordo.

IMG_5203Estamos seguros que a posta en común será realmente fresca e entretida e que xurdirán infinidade de ideas e argumentos novos. ¡Non podemos agardar! E, para rematar, preguntámoslle aos membros do círculo que lles parecera e como se sentiran durante a primeira reunión. Todos amosáronse encantados. Todos coincidiron en que o debate foi equilibrado e interesante e en que todos aprendemos moito de todos. Antes de marchar, Lolita alegou:  “Deberíamos reunirnos máis a miúdo”.

Revisión editor: 31/03/2016 19:45

Revisión GBO: 31/03/2016 23:09

Advertisements

7 comentarios en “Compostela Diversa. I Reunión Círculo de Aprendizaxe

  1. O círculo comeza andar e con calidade nas observacións presentadas, non obstante requírolles unha revisión do texto no que se atopan moitas grallas. Por favor modifiquen, e revisen tamén as entradas dos audios, xa que por exemplo o de Susi non baixa ben e atráncase. Revisen os hipervínculos. Grazas.
    PS.- Os editores e coordinadores teñen que ler e comprobar antes da súa autorización para publicar, reitero.

    Gústame

  2. Por certo no titular debe por: “… circulo de aprendizaxe”, non de lectura crítica, para diferencialo dos que recibimos de fóra. Aproveito para suxerirlles que si algún dos membros do círculo seu quiere facer algunha colaboura escrita ou gráfica vehiculicen a súa proposta de publicación. Ben lles rendirá.

    Gústame

  3. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)
    No meu punto de vista, creo que foi un éxito rotundo o sacado en claro desta entrevista, os tecnicismo para referirse aos invidentes ou discapacitados están nunha posición de importancia moito menor que o tratamento que reciben.
    En canto a perda de valores creo que é moi importante a profundización que lle destedes, pouco a pouco estamos vendo que a educación cívica que temos vaise perdendo e debemos ser conscientes diso.
    En canto ao transporte urbano en núcleos que están fóra das cidades,e as queixas que amosan os usuarios, debense tomar medidas legais que garanticen o bu funcionamento da normativa vixente que obriga a que tódolos transportes públicos deben estar condicionados para persoas con calquera tipo de discapacidade
    Retomando o tema da educación creo que este é un tema que se debe profundizar. En 1998 a Unión Europea dictou unha Recomendación aos Estados membros sobre a creación dunha tarxeta de aparcamento para as persoas con movilidade reducida. Esta tarxeta permite á persona discapacitada, ou a persoa que a/o acompañe aparcar sen ser multada nas zonas restrinxidas de todolos paises.
    Esta iniciativa foi aplaudida por toda a sociedade, a mesma que está a cometer estos actos de inxustiza, é esa a perda de valores que eu comentaba.
    Se se tivo que implantar a existencia de este tipo de prazas especiais é por unha necesidade real, non para que cadaquén poda aparcar o seu coche nunha praza que non lle corresponde. A multa ás veces non fai entender a xente o que fai mal, creo que tamén deberíanse facer horas de servizos socias en hospitais ou Asociacións adicadas a axudar a xente con movilidade reducida, para que se den de conta de que ao aparcar nesas zonas estáselles privando dun dereito.
    Atopei unha páxina onde se amosa a normativa para a obtención das tarxetas para poder aparcar nestas zonas restrinxidas nas diferentes ciudades da xeografía española, e creo que pode ser de interese.
    http://www.ocu.org/coches/nc/informe/tarjetas-de-aparcamiento-para-discapacitados388034
    http://www.disabledpark.com E sobre este tema tamén creouse unha aplicación que axuda a buscar prazas de aparcamento para persoas con movilidade reducida e así poder aforrarlles tempo de busca, creo que é unha gran inicitaiva que debe darse a coñecer.

    Data de emisión do comentario: 08/04/2016- 19:21
    Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 20:01
    Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 20:23

    Gústame

    1. Gemma Aguete Sancho – S1C2

      Moi bos días Adrián! En primeiro lugar grazas polo teu comentario, a verdade é que tes toda a razón. O tema dos tecnicismos sempre está presente nas nosas reunións e sempre acabamos chegando á mesma conclusión: primeiro é o trato. Mais, como se pode comprobar, os medios dánlle unha importancia maior aos eufemismos. Non se paran a pensar no lugar no que deixan ás persoas con discapacidade, establecendo moitas veces unha denominación “exemplar” pero creando diferenciacións significativas ou degradantes.

      A única forma de cambiar isto é, como ben dis, a educación cívica, que só se pode conseguir mediante proxectos de concienciación cidadá dende cativos. Trátase de cambiar as mentalidades da poboación e iso é un tema moi complicado. Temos establecida unha xerarquía de comportamento que nos dificulta o ver a unha persoa con discapacidade coma un igual.

      O tema dos transportes é un tema que xera moita polémica. Lolita, por exemplo, pediunos que investigasemos cales eran os autobuses nos que podía subir, porque, aínda por riba de non estar todos habilitados, as persoas non contan con información suficiente para saber cal é a liña que poden coller.

      En canto ás prazas de aparcamento, é algo moi intereante, de feito, Tito sempre comenta con nós algunha das súas vivenzas ao volante. Recordo que a primeira vez que nos reunimos con el, previamente a crear o círculo, díxome: “Quedamos na zona vella, así ves o ben que o teño que pasar aparcando”. Mesmamente o outro día David acompañouno ao coche despois da segunda reunión e quedou abraiado vendo as dificultades coas que contaba xa de primeiras para subir a este. A aplicación podería ser de gran axuda, de feito, recomendarémola no grupo para que non teñan que perder tempo buscando un lugar axeitado.

      De novo, moitísimas grazas polo teu comentario e as túas recomendacións.

      Un saúdo!

      Revisión GBO: 14/04/2016 12:16

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s