Intersexualidade, a gran esquecida dos medios

                                                                                                         

Imaxe: Wikipedia

Losada Miguéns, María – S2B3

O colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais) queda moitas veces privado  da súa última letra (I), se nos referimos á aparición deste colectivo nos medios de comunicación.

O colectivo intersexual permanece na actualidade case oculto nos medios, e nas poucas ocasións nas que fai unha breve aparición, é cun tratamento pouco axeitado e cun vocabulario obsoleto que non facilita a normalización e aceptación do colectivo na sociedade.

 

O termo intersexualidade fai referenza a corpos con xenitais que non se corresponden cos tipos establecidos para “muller” e “home”. (aracelis). Tradicionalmente estas persoas foron reasignadas nunha idade moi temprana a un ou outro sexo, pola crenza e necesidade da sociedade de clasificar en “home ou muller” a todas as persoas. Porén producironse un grande número de erros na elección do sexo no que se facía a reasignación. Así mesmo as ciruxías aparexadas acarrexaron graves danos e incluso enfermidades tratando de mudar e eliminar órganos reprodutores sans. O movemento intersexual pretende na actualidade destapar os tabúes existentes e loitar polo dereito de decidir sobre a ciruxía e a súa sexualidade.

Porén a  intersexualidade aparece nos medios descontextualizada, sen facilitar ó lector, ouvinte ou espectador, a comprensión das noticias que a este grupo social se refiren. Así, este termo, pouco coñecido pola sociedade non é comprendido nin entendido polos receptores dunha información pouco rigorosa e que no mellor dos casos adica unha liña de información a abordar o concepto de intersexualidade.  Unha situación dende logo perigosa, posto que o descoñecemento dunha realidade é unha vía para a aparición de odio e rexeitamento cara ela.

Na meirande parte dos exemplos analizados nos medios de comunicación galegos e nacionais o tema da intersexualidade é tratado de pasada, e nin tan sequera resulta de relevancia no contido xeral da noticia. Aparece vinculado ás reivindicacións do colectivo LGTBI, e non individualizado. Nos poucos casos nos que a información é integramente sobre  a temática intersexual atopámonos con textos escuetos e sen contextualización, que presentan casos concretos e puntuais que non ofrecen unha visión xeral da situación do colectivo nin informan das súas reivindicacións.

Os medios galegos en concreto caen nun silencio e esquecemento aínda máis pronunciado no referente a esta realidade.  E existen tamén exemplos dun tratamento moi pouco rigoroso da intersexualidade, que se define e explica con demasiada lixeireza e nos que se bota man do o xa desbotado termo de “hermafrodita” e a catalogar de “home-muller” as persoas intersexuais. Existen casos nos que se aprecisa especialmente a falta de rigor e incluso o descoñecemento da realidade intersexual. O culme da falta de comprensión do tema é o seu remate “Manuel era en realidad Manuela”. Unha sentenza de todo desacertada, na que se confunden os termos de sexualidade e xénero, e que demostra que os medios precisan actualizar a súa comprensión da realidade LGTBI.

Casos como o da atleta sudafricana Caster Semenya, que apareceu nun grande número de ocasións nos medios de comunicación no ano 2009, debido a unhas pobras médicas que se lle realizaron e que amosaron que o seu corpo non posuía xenitais tipicamente femininos. As noticias sobre a deportista apostaron polo sensacionalismo con frases como “Caster Semenya non é un  home, pero tampouco é unha muller. Bueno, quizáis se poida dicir que Caster Semenya é unha muller pero tamén un home” . As noticias sobre a atleta calificabana de “hermafrodita”, e aínda hoxe cando se recorda o caso desta deportista se utiliza o mesmo termo.

Aprecianse ademais varios casos de interfobia, na redacción de noticias que aparentan ser plurais, e dan a versión dende varios puntos de vista, pero onde logo se cuestionan as motivacións das persoas intersexuais, pasando case á opinión nas liñas finais das publicacións.

Trátase xa que logo, dunha realidade que precisa con urxencia o rigor informativo e o esquecemento de tabús que aínda persisten para chegar á súa necesaria normalización.

 

REFERENCIAS

Escabí, A & y Alfonso.(2015). Cuando los cuerpos engañan: un acercamiento crítico a la categoría de la intersexualidad. IJCHP, 6, 753-772. 29/03/2016, De Dialnet Base de datos.

García, J.(2014). Cirugía de normalización intersexual como crimen contra la humanidad. marzo,30,2016, de El diario.es .Sitio web: http://www.eldiario.es/contrapoder/Dia_Solidaridad_Intersexual_6_321677856.html

Vargas, E. (2011). Bases de la diferenciación sexual y aspectos éticos de los estados intersexuales. Rev. Reflexiones, 92, 141-157. 30/03/2016, De Dialnet Base de datos.

 

Revisión da editora: 31/03/2016 ás 20:00

Revisión GBO: 31/03/2016 ás 21:00 e segunda revisión 01/04/2016 ás 18:15

Publicado: 01/04/2016 ás 13:48

 

 

 

 

 

 

Advertisements

8 comentarios en “ Intersexualidade, a gran esquecida dos medios

  1. O principal problema dos medios de comunicación co colectivo intersexual é que a maioría de noticias relacionadas son de carácter sensacionalista ou morboso. Moitas persoas descoñecen o que é ser intersexual. Algúns falan de “hermafroditas”, termo considerado despectivo, e outros o relacionan coa transexualidad, cando non teñen nada que ver. Un de cada 2000 bebés nace cun problema de intersexualidad, aínda que este desenvólvese en distinto graos. As persoas intersexuales senten identificadas co xénero co que nacen, pero non cos xenitais que se lle asignaron cando os seus propios eran “confusos”. O saber distinguir estes conceptos xa non é só un labor dos medios de comunicación, senón da educación recibida nas aulas e nos fogares. Un neno que comprenda e normalice conceptos como homosexualidade, transexualidad ou intersexualidad, non presentará ningún tipo de rexeitamento no futuro. O problema aparece cando existe unha carencia de educación, non só en nenos senón tamén en adultos, e os medios colaboran embazándoa.

    Un claro exemplo é o que adxunta a miña compañeira no que se fala dos “hermafroditas do século XXI”, homes embarazados. O primeiro é que estes homes non son hermafroditas nin intersexuales, senón transexuais. Homes “atrapados” nun corpo de muller, que aínda conservan os seus órganos reprodutores femininos.
    Outro exemplo tivo lugar hai uns anos cando se empezou a sospeitar que Lady Gaga era intersexual, finalmente a cantante admitiuno, profundou no tema e algunhas das súas contestacións rozaron o sensacionalismo.
    Por último, está o caso de Taylor Lianne Chandler, que cando publicamente anunciou a súa presunta relación co Medallista de Ouro Olímpico, Michael Phelps, tamén fixo saber que naceu intersexual. Isto deu lugar a un bombazo mediático, cargado como sempre de críticas, morbo e sensacionalismo.

    http://www.vanguardia.com/historico/36787-se-é-verdade-son-hermafrodita-lady-gaga
    https://brujulaintersexual.wordpress.com/2015/02/03/intersexualidad-en-os-medios-de-comunicacion-por-amy/
    http://www.gizartelan.ejgv.euskadi.eus/r45-berdgint/é/contidos/informacion/identidade_de_xero/é_intersex/adxuntos/INTERSEXUALIDAD%20E%20ESTIGMA%20SOCIAL.pdf

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 16:57
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 18:35
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 19:34

    Gústame

  2. María Losada Miguéns S2B

    Bos días Ángela,
    A realidade sobre a educación en materia de diversidade e LGTBI, é un dos principais problemas da sociedade para achar unha normalización e asimilación doutras realidades que chocan cos valores imperantes e que se seguen a implantar e perpetuar no ensino.
    Dende logo, un cambio neste ámbito suporía un avance moi importante para que unha nova fornada de xornalistas, con ideas renovadas, e co respeto e asimilación da diversidade, comezase a realizar un traballo máis rigoroso e contextualizado.

    Son moitos os casos nos que a intersexualidade se trata de xeito equivoccado nos medios, o que contribúe de xeito inmediato a que a sociedade siga ignorando a realidade LGTBI, e en concreto a realidade intersexual, a máis descoñecida do colectivo.

    Porén o colectivo intersexual está conseguindo paseniño avances importantes, como a consecución da inscripción como “sexo neutro” en Francía, que podes ver máis detalladamente no link que che deixo a continuación: http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/justicia-francesa-admite-inscripcion-sexo-neutro-para-intersexual-4587337
    Neste artigo, do xornal Público: http://www.publico.es/ciencias/intersexuales-genetica-gonadas-y-genitales.html atopamos un achegamento á realidade intersexual en España, e os procedementos legais que se levan a cabo tras o nacemento dun bebé intersexual. Pese a que se utilizan expresións como “cambio de sexo”, que sería mellor sustituir por outras como “reasignación”, resulta moi interesante ver como son os protocolos na actualidade.

    Un saúdo,

    Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 22:05
    Revisión da editora: 08/04/2016 ás 8:33

    Gústame

  3. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
    Pareceume moi interesante a túa publicación xa que, como ti dis, é un tema que non soe aparecer nos medios de comunicación e que admito que eu tampouco tiña moita información sobre el. Atopei máis información sobre a intersexualidade na páxina de Chueca: http://www.chueca.com/articulo/la-intersexualidad-y-el-derecho-a-la-busqueda-de-la-propia-identidad, e penso que che pode servir de axuda para futuros artigos. Ademais de explicar claramente o que é a intersexualidade, tamén aporta un documental que se emitiu na TVE en “La noche temática” onde se conta a testemuña dunha persoa que é intersexual e explica a súa situación. É preciso que o xornalismo aporte información sobre todos eses temas que afectan ás persoas e que por intereses particulares quedan relegados a un segundo plano.
    Por outra banda, tamén creo que é importante que os xornalistas contrasten esa información e que traten con diversas fontes de primeira man. Lendo a nova publicada no Diario de Cádiz (http://www.diariodecadiz.es/article/cadiz/2253206/las/varias/formas/tiresias.html) hoxe mesmo sorprendinme ao descubrir a desinformación que aportaba. Primeiramente empeñábase en suprimir o “i” final do denominado colectivo LGTBI e, supoñendo que o artigo pretendía reclamar unha maior visibilización deste sub grupo do colectivo coa excusa do seu Día da Visibilidade, isto supón unha incoherencia. Pero isto é debido a que a autora do artigo, Pilar Vera, determina que a intersexualidade é un tipo de transexualidade e aporta varias historias levadas ao cine ou ás series, que en moitos casos son de transexualidade e non de intersexualidade. Este tipo de prácticas xornalísticas incorrectas son as que fan que os cidadán sintan desconfianza polos medios, vendo en cada un unha versión distinta do mesmo feito sen saber a cal crer. Pola contra, si me pareceu interesante este outro artigo, algo máis antigo pero moito máis informativo de 20 minutos (http://blogs.20minutos.es/1-de-cada-10/2015/12/23/mutilizacion-genital-intersexualidad/). No texto primeiramente fala dos dereitos humanos e da influencia que ten a política para que se poidan protexer, facendo unha crítica ás políticas levadas a cabo en España durante a lexislatura do PP. É importante que os xornalistas, independentemente da súa ideoloxía, saiban cando deben criticar a un partido político en prol dos dereitos da cidadanía. Ademais, fala despois das correccións quirúrxicas que se lles fan aos nenos intersexuais ao nacer sen o seu consentimento e que no futuro teñen graves consecuencias. Isto, aínda que cada vez se procura alongar máis para que poidan decidir eles mesmos, so está prohibido en Malta, o cal fai que reflexionemos sobre a violencia destes actos de mutilación xenital e a súa legalidade. Está claro que as políticas deben cambiar pero os xornalistas deben estar preparados para atender a calquera problema da sociedade, protexer o seu dereito a comunicalo e contribuír a que os poderes muden a súa actitude respecto a temas coma este.

    Gústame

    1. María Losada Miguéns – S2B

      Moitas grazas pola túa achega Antía. Dende logo o tratamento dos medios de comunicación no tocante á intersexualidade deixa moito que desexar. É unha realidade máis común do que se adoita pensar, pero que debido á situación de exclusión e esquecemento á que é sometida non é coñecida nin correctamente tratada.
      Pero, por desgraza, e como reflexionas no teu comentario, os medios de comunicación non son os únicos que marxinan a este colectivo. As lexislacións e os protocolos médicos seguen sen estar adaptados á diversidade na meirande parte dos países, onde prima a necesidade de encadrar ós individuos no xogo binario de home-muller, sen contemplar outras situacións. É por iso polo que as organizacións humanitarias denuncian estas situacións de inxustiza social en países considerados avanzados.
      Deixoche este interesante artigo, que trata sobre a realidade do activismo intersexual, as súas dificultades, e crítica conxunta da operación perinatal para outorgarlle un sexo o bebé e as discusións sobre se realmente é necesario outorgarlle un sexo ó bebé no momento do nacemento, se sería mellor falar dun “terceiro sexo” ou se directamente se podería eliminar a distinción de sexo como requisito imprescindible para inscribir un nacemento.
      http://www.lamarea.com/2015/06/21/la-i-de-intersexualidad/

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 12:15

      Gústame

  4. Ricardo Baloira Armas – S1E1

    Bos días, María.

    Moi interesante o teu artigo, ademais de que nos permite coñecer mellor o que realmente significa ser unha persoa intersexual, tendo en conta o desinformados que nos teñen os medios de comunicación con respecto a este término.

    Por fortuna, a pesar do silencio ou tratamento superficial que lles dan moitos medios aos intersexuales, contamos con páxinas en Internet onde podemos informarnos sobre este término e saír do descoñecemento e ignorancia que nos fai catalogar aos intersexuales como “hermafroditas”.

    https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/001669.htm

    Con todo, inflúe que os medios non traten este tema a fondo á hora de que sexan máis coñecidos os intersexuales. Esta despreocupación por parte dos medios permite que aínda existen varios mitos sobre estas persoas, chegando a recoller unha páxina de Internet ata nove mitos achega dos intersexuales que aínda perduran na sociedade.

    http://www.isna.org/node/7

    En resumo, é urxente que se leve a cabo un tratamento da intersexualidad nos medios pois, sempre que sexa realizado con motivo de informar e non de estigmatizar, será de gran axuda a que este sector sexa coñecido e aceptado pola sociedade. Achego un enlace a un arquivo de interese para aqueles que queiran coñecer máis achega da intersexualidad.

    http://www.scielo.br/pdf/cpa/n24/n24a13.pdf

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 22/04/2016- 11:30

    Data de revisión do GBO: 22/04/2016- 12:00

    Data de publicación do comentario: 22/04/2016- 12:10

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María S2B3
      Moi boas Ricardo
      Moitas grazas pola túa achega. Coincido contigo na necesidade de que os medios de comunicación estén máis informados sobre a intersexualidade cando a tratan, xa que en moitas ocasións nas noticias atopamos confusión e prexuízos e non información rigorosa.
      O emprego do termo hermafrodita, por exemplo, non é respetuoso coa dignidade das persoas intersexuais, e pese ós esforzos do colectivo por mudalo, seguese a empregar con frecuencia. Tratase dun concepto desactualizado e nada rigoroso, que non se corresponde coa realidade á que se refire.
      http://www.diaadia.com.pa/primer-plano/dana-un-sexo-por-definir-291460
      Por isto mesmo me parecen moi interesantes as achegas que fas no teu comentario, incorporando información sobre a realidade intersexual, e tamén sobre as distintas formas da mesma, que non son tratadas en case ningún caso nos medios de comunicación. Ademais, agradezo a túa achega dos principais mitos sobre a intersexualidade. O xornalista debe coñecer os prexuízos e as falsas realidades, para superalas, e non repetilas e perpetualas. A achega de expertos, e sobre todo o contacto directo coas persoas e non só con notas de prensa ou institucións pouco especializadas solventarían moitos destes problemas.
      Un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 19:25

      Gústame

  5. Casas Da Rocha,Paula-S1E4

    Ola María!

    Pareceume realmente moi interesante o teu artigo porque falas da parte dun colectivo que apenas se menciona nos medios de comunicación,o que da lugar ao descoñecemento sobre o concepto da intersexualidade. Recoñezo que eu mesma tampouco coñecía a realidade social deste grupo e o teu artigo axudoume para informarme sobre el e para saber como tratar as noticias que teñen como protagonistas a persoas intersexuais.Pola contra, isto non acontece nos medios. Como ti ben afirmas, practicamente non existen noticias onde se trate unicamente ao colectivo intersexual e cando saen nos medios, non se realiza da maneira que debería de facerse dando máis importancia as outras siglas, máis integradas na sociedade. A consecuencia principal desta desinformación é que a sociedade non coñece a súa existencia e polo tanto ignoran a súa realidade social. Isto pode dar lugar a situacións de illamento, discriminación ou rexeitamento total do colectivo.

    Igual que se pide que se tolere e respecte aos outros integrantes do colectivo LGTBI, tamén debemos facer un esforzo para que o colectivo intersexual apareza máis nos medios de comunicación,cunha información ben tratada e que mostre a realidade deste colectivo sen caer en estereotipos ou imaxes irreais, como acontecen noutros colectivos ,o que provoca que moitas persoas teñan información e unha percepción equivocada deste grupo.Adxunto un pdf onde fala máis en profundidade da intersexualidade e o estigma social (http://www.gizartelan.ejgv.euskadi.eus/r45-berdgint/es/contenidos/informacion/identidad_de_genero/es_intersex/adjuntos/INTERSEXUALIDAD%20Y%20ESTIGMA%20SOCIAL.pdf).

    Por outro lado, penso que para frear esta desinformación, ademais dos medios, é necesario que no ámbito educativo se tomen medidas e se cre unha sinatura ou se dean charlas para que os mozos coñezan este colectivo e as posturas que defenden, para evitar así a desinformación existente con respecto a este colectivo e incentivar así a tolerancia e o respecto cara o grupo.

    Ademais de para informar a sociedade, os medios de comunicación debemos formar, para evitar situacións de illamento e discriminación e potenciar a tolerancia e o respecto cara os colectivos minoritarios. Pero isto non o conseguiremos se os medios seguen mostrando esa imaxe estereotipada destes colectivos ou, como no caso das persoas intersexuais, non os visibilizan para que a sociedade se informe e vexa con total normalidade este colectivo.
    Grazas de novo por amosar a realidade e abrirnos os ollos ante a falta de información e o mal tratamento que os medios de comunicación están facendo con esta parte do colectivo LGTBI. Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 24/04/2016- 20:00
    Data de revisión do GBO: 24/04/2016- 21:00
    Data de publicación do comentario: 25/04/2016- 9:30

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María S2B3

      boas tarde Paula, dende logo estou moi dacordo contigo. O colectivo intersexual, e dende logo o menos coñecido dos que conforman a comunidade LGTBI, e considero a educación unha ferramenta fundamental para mudar os prexuízos existentes con este colectivo. A igualdade conseguese comezando dende os colexios e institutos, e na formación non só académica, senón tamén dos fogares e das demais institucións.

      É precioso aumentar os esforzos nos proxectos educativos. En moitas ocasións, se ten comentado que o descoñecemento xera desconfianza e prexuízos.

      A intersexualidade é unha realidade pouco coñecida, e que precisa de maior difusión. Os medios de comunicación teñen tamén entre as súas funcións a formación de opinión pública, polo que é preciso que ofrezan un marco máis rigoros cando traten temas relaciónados con este grupo.

      Deixoche a continuación unha noticia que considero un exemplo, de case ausencia de contexto, simplificación e visión pexorativo do colectivo. Neste caso, tratase á persoa intersexual como un “bicho raro”, non se aportan datos, non se explica claramente que é ser intersexual ou o que pode implicar e un longo, etc.

      http://www.antena3.com/noticias/mundo/drama-personas-intersexuales-anos-tenia-barba-menstruacion_2016042500126.html

      Cando os medios, comprendan que profundizar na realidade LGTBI antes de contala, é vital para a integración do colectivo, conseguirase avanzar.

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:15

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s