Os estereotipos do colectivo xuvenil na prensa e no medio audiovisual

Casas Da Rocha, Paula- S1E4

fisica-o-quimica

Fotografía recuperada de Diario Ya

Nos anteriores artigos falábamos da discriminación e a criminalización de diversos grupos minoritarios por parte dos medios de comunicación,sobre todo cando se trata de historias protagonizadas pola xuventude. Os mozos temos impostas sobre nos diversas etiquetas que criminalizan e prexudican a imaxe do noso colectivo. Neste artigo imos centrarnos no porque desta imaxe e que actitudes favorecen a que se implante na nosa sociedade.

Hoxe en día, os mozos temos sobre nos diversos estereotipos que supostamente nos definen. Durante a nosa infancia suponse que só nos interesa xogar. A partir dos 14-15, momento no que entramos na adolescencia, presuponse que só nos interesan as festas, o sexo ou rebelarse en contra do mundo. Pero,¿ son esas as nosas principais preocupacións e inquietudes? ¿ Que favorece a que se pense así? Antes de nada, debemos ter claro que en determinadas etapas da nosa vida interésanos máis unhas cousas que outras, pero iso non debe definir as expectativas nin a forma de ser dun colectivo.

Durante a adolescencia ten lugar gran parte do noso desenvolvemento físico, psicolóxico e social. Nela comezamos a ter as primeiras experiencias tanto no ámbito persoal como no profesional. Polo tanto, é normal que esas experiencias teñan moita importancia nesa etapa da nosa vida pero iso non significa que todos os mozos teñamos as mesmas preferencias.Haberá mozos que neses anos queiran só preocuparse por pasalo ben e divertirse; outros elexiran centrarse mellor nos estudos e prepararse para o futuro; algúns querran centrarse nun deporte e deixar os estudos e outros preferiran mezclalo todo e vivir as máximas experiencias posibles. E son tan respectables unhas opcións como outras pero as actitudes das diferentes persoas que forman o colectivo non poden definir ao colectivo enteiro xa que moitos non se sentiran identificados e ,nalgúns ocasións, incluso poden chegar a sentirse ofendidos.Pero,¿ que favorece a que se manteñan eses prexuízos sobre nos?

En primeiro lugar temos aos medios de comunicación e o tratamento informativo que fan das informacións relacionadas co colectivo xuvenil. Moitos medios de comunicación adoitan enfocar a información sobre a mocidade centrándose nas etiquetas impostas e que prexudican a imaxe do colectivo. Segundo o estudo realizado por José Antonio Alcoceba e Gladys Matheus sobre como tratan os medios a información sobre a xuventude podemos obter conclusións moi interesantes. Unha delas son os ámbitos temáticos entorno aos que se constrúe o universo mediático xuvenil. Entre eles destacan o ámbito sobre hábitos de vida saudable onde prevalece normalmente o carácter negativo( alcol, drogas) mostrando unha imaxe inmadura con respecto aos factores de risco desas sustancias. Outro ámbito temático son os temas relacionados co ocio onde , nalgunhas ocasións ,se mostra unha imaxe superficial do colectivo. Na seguinte noticia recollida pola Voz de Galicia podemos observar como os mozos aparecen como delincuentes e persoas inmaduras.

Ademais do tratamento informativo que fan os medios de comunicación sobre as noticias relacionadas coa xuventude, tamén atopamos contidos audiovisuais que favorecen a que os prexuízos que recaen sobre o noso colectivo se afiancen.Como exemplo deste tipo de contido audiovisual temos a serie de Antena 3 ” Física o Química” que se emitiu entre 2008 e 2012 e que tivo unha gran acollida. Nela mostrase as vivencias de alumnos e profesores no instituto Zurbarán. Na serie podemos observar como aparecen todos os estereotipos mencionados anteriormente: drogas, sexo, festas, alcohol, inmadurez,superficialidade… A emisión de dita serie tivo moitas críticas e incluso se propuxo a súa cancelación pola imaxe que se estaba ofrecendo dos mozos e profesores. Neste artigo do xornal El Paíspodemos observar como numerosas organizacións piden que se deixe de emitir ao mostrar ” conductas y una visión perjudicial de alumnos y profesores” e afirmar que ” su argumento se limita a cuestiones de sexo y violencia y transmite una conducta deformada”. Seguindo co medio audiovisual tamén nos atopamos con programas de entretemento como “Mujeres, hombres y viceversa” , ” Gandía Shore” o ” Gran Hermano” onde se poden observar comportamentos e actitudes que os medios e a sociedade vinculan a todo o colectivo xuvenil cando, en realidade, as persoas que aparecen neses programas representan a unha pequena parte da sociedade e do colectivo.

Pero a pesar de que existen programas e contidos audiovisuais que prexudican a imaxe dos mozos tamén existen aqueles nos que se intenta mostrar as realidade sociais e normalizar a situación de grupos minoritarios, sobre todo cando os mozos son os protagonistas. Sen ir máis lonxe, a serie que utilizamos para exemplificar a información anterior mostra realidades sociais de grupos minoritarios co obxectivo de mellorar a súa situación na sociedade. Representan condutas como o abuso escolar, os trastornos alimenticios, o racismo, as humillacións que sofren as persoas homosexuais,etc. Nesta noticia de Faro de Vigo , observamos como a Secretaría del Plan Nacional del Sida premia a serie por plasmar a vida e as situacións as que se ten que enfrontar unha persoa cunha enfermidade crónica, como no caso da serie onde aparece unha mestra portadora do virus Sida. Continuando coas boas críticas a serie, as asociacións de homosexuais tamén premiaron a serie por incluír na súa trama relacións homosexuais e por contar nun dos seus capítulos coa presenza de membros de asociacións LTGB.

Tanto os medios de comunicación como os medios audiovisuais debemos de ser conscientes de que temos unha gran influencia sobre a sociedade. Da cordo con isto, debemos ter coidado en como tratamos e como enfocamos a información, sobre todo a relacionada cos grupos minoritarios xa que son colectivos máis sensibles a opinión pública.Polo tanto, debemos evitar erros como utilizar etiquetas para referirnos a un colectivo porque, seguramente, a maioría das persoas que formen ese grupo non se sintan identificadas con elas.

Referencias:

Alcoceba, J. (2010, 01). El discurso mediático sobre los jóvenes en España.Disertaciones. Obtenido 03, 2016, de http://erevistas.saber.ula.ve/index.php/Disertaciones/article/view/695/669

Costa, B. (2016, 03). Cambados da la batalla al botellón.La Voz de Galicia. Obtenido 03, 2016, de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2016/03/24/cambados-da-batalla-botellon/0003_201603A24C5992.htm

EFE. (2010, 09). “Física o Química”, ¿una serie “iconoclasta”?.Faro de Vigo. Obtenido 03, 2016, de http://www.farodevigo.es/television/2010/09/14/fisica-o-quimica-serie-iconoclasta/472846.html

Gallo, I. (2008, 02). La serie que engancha a los jóvenes y asusta a los padres.El País. Obtenido 03, 2016, de http://elpais.com/diario/2008/02/22/radiotv/1203634801_850215.html

García,A.(2010).La juventud en los medios. injuve.es.Obtenido 03,2016 dehttp://www.injuve.es/sites/default/files/revista68_4.pdf

Horas de publicación e revisión:

Revisión do editor: 01/04/2016-17:30

Revisión do GBO: 01/04/2016-17:45

Hora de publicación:01/04/2016-18:15

Advertisements

10 comentarios en “Os estereotipos do colectivo xuvenil na prensa e no medio audiovisual

  1. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Boas Paula, tes moita razón co que publicas. Desgraciadamente na nosa sociedade tendemos a xeneralizar todo canto podemos, é por iso que o primeiro co se relaciona a xuventude é sexo, alcohol ou malos comportamentos. O peor de todo é que os que pensan desta maneira non se decatan de que tamén pasaron por esa etapa e non por iso foron criticados. No momento en que os medios entran en xogo, esta mala imaxe comeza a estenderse por todas partes, facendo incluso aos propios xóvenes dubidar sobre eles mesmos. Coincido contigo en que hai que ter moito coidado coa información que se publica e coa maneira en que se fai. Se os medios deciden darlle máis importancia e poñer máis atención á parte negativa desta etapa, a sociedade deixará de ver o lado positivo, e posteriormente todos aqueles adolescentes que estudan e traballan non se verán comprendidos nin apoiados pola sociedade. Isto é un problema moi grave.

    http://adolescenciayjuventud.org/es/publicaciones/monografias-y-estudios/item/jovenes-y-medios-de-comunicacion-el-desafio-de-tener-que-entenderse

    Adxunto aquí unha páxina moi interesante, pois amosa que non todo na xuventude é negativo nin moito menos. Segundo os últimos estudios do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud, hai moitos datos que nos poden permitir abrir a porta á esperanza. Por exemplo, a disposición dos xóvenes a seguir estudando ou a traballar aproveitando calquera oportunidade como unha forma de afirmar que son conscienes da situación e que están dispostos a asumir as súas responsabilidades.

    Un saudo!

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 12:01
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 12:32
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 13:05

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4
      Ola María!Grazas polo teu comentario. Estou totalmente de acordo contigo cando afirmas que :” se os medios deciden darlle máis importancia e poñer máis atención á parte negativa desta etapa, a sociedade deixará de ver o lado positivo”. Os mozos temos moito que aportar a sociedade, igual que os demais colectivos, e non é xusto que só se mostre esa imaxe negativa de nós xa que non todos nos comportamos así e,incluso algúns, poden sentirse ofendidos con ditas etiquetas. Como ti ben dis, isto pode chegar a afectar a confianza dos mozos en si mesmos e, chegaría a incluír,que tamén afecta a confianza dos pais cara os fillos que estan pasando por esta etapa. Por último,paréceme moi interesante tamén o traballo que adxuntas o comentario xa que amosa o lado que nunca aparece nos medios e que deixa patente que somos moito máis que os estereotipos que nos impón a sociedade. Grazas polas túas achegas. Un saúdo!

      Gústame

  2. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5

    Estou totalmente de acordo co teu artigo Paula. A influenza que os medios de comunicación teñen sobre as persoas é brutal, moitas chegan a pensar que aquilo que sae no telediario é a realidade mesma, e que non hai outra cara da moeda. Chamémoslle ignorancia ou simplemente indiferenza por descubrir o que realmente acontece ao noso redor. O que hai que ter claro é que todos somos prexuiciosos, vivimos nun mundo onde se nos din que unha serie de persoas por levar unha gorra na cabeza e unhas cadeas colgadas ao pescozo son delincuentes, e se ademais, son os medios de comunicación os que transmiten esta información, repentinamente formamos unha idea equivocada desas persoas na nosa cabeza. Quizáis isto se deba á pouca capacidade para elexir o que pensar por nos mesmos, esa capacidade que se foi perdendo ao longo do tempo, a medida que a televisión e os programas informativos comezaron a ter unha importancia significativa na vida das persoas. Porque é habitual escoitar “cando chego a casa e poño a televisión o que menos me apetece é que me conten problemas…é máis doado ver programas de humor que me entreteñan” e isto é un dos motivos polos que programas como “Gran Hermano” ou “Mujeres Hombres y Viceversa” teñen tanta audiencia.

    Na miña opinión os medios de comunicación non reflexan en realidade o que é ser adolescente, trátase máis ben de dictarlles a estes o que é e o que debe facer un adolescente. Provocan unha modificación na conducta con programas impactantes e excitan as emocións e pasións con series. Sen embargo non todas as persoas responden da mesma forma aos esforzos da televisión por persuadilas. A manipulación varía dependendo da idade, o estado anímico, o sexo, o nivel cultural, a personalidad, as costumes e moitas outras cousas. Sen embargo, hai empresas informativas que toman conciencia do seu traballo e deciden comprometersee evitar crear estereotipos sobre a xuventude. Deixo aquí a noticia na que se amosa que empresas participaron e cales son os seus obxectivos: http://www.20minutos.es/noticia/2131663/0/medios-comunicacion/acuerdo-evitar-estereotipos/adolescentes-jovenes/
    E como unha pequena reflexión, non nos esquezamos que as imaxes non van dirixidas ao noso consciente, senón ao noso inconsciente.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 15:32
    Data de revisión do GBO: 1/04/2016- 18:05
    Data de publicación do comentario: 1/04/2016- 19:55

    Gústame

    1. Casas Da Rocha,Paula- S1E4

      Ola Tatiana! Moitas grazas polo teu comentario. Estou moi de acordo con todo o que afirmas nel. Vivimos nun mundo onde prevalece o prexuízo e este ,en moitas ocasións, esta potenciado polos medios de comunicación e o medio audiovisual. Por iso mesmo, as persoas que traballan nestes medios deberían ser conscientes da influencia que teñen os seus contidos sobre a sociedade e a capacidade de reforzar os estereotipos que recaen sobre un colectivo que, na súa maioría, non os define. Por outro lado, tamén me parece moi interesante a túa opinión sobre a influencia e a capacidade de manipulación que teñen tanto os contidos audiovisuais como os escritos.Por último, gustaríame resaltar a túa reflexión final que me parece moi acertada e un final que leva a reflexión.De novo, moitas grazas polas túas achegas! Un saúdo!

      Liked by 1 person

  3. Casas Fontán, Alicia- S1D3

    “Un estereotipo es la percepción exagerada y con pocos detalles que se tiene sobre una persona o grupo de personas que comparte ciertas características, cualidades y habilidades, y que busca «justificar o racionalizar una cierta conducta en relación con determinada categoría social»”. Así define este artigo [http://estereotiposyadolescencia.blogspot.com.es/] o estereotipo. Eu non sei se a percepción é sempre esaxerada, pero do que estou case cen por cen segura é de que sí é pouco detallada.
    Tamén teño bastante seguridade ao afirmar que a adolescencia é unha etapa complicada e esencial para definir quen queremos ser. Aínda que se cambie, ter algunha idea para darse conta de que non importa estar perdido.
    Un estereotipo non creo que axude,
    E menos un estereotipo cruel que reduce a mente dun adolescente a porros, sexo e videoxogos.
    Series coma Fisica o Química son un exemplo de que, unha vez máis, a televisión contribúe a que perdure un estereotipo que, dende logo, non é desexable.
    Eu non me sinto nin me sentín identificada ni con Ruth, nin con Cabano, nin con Gorka. Porque sí vin a serie, e en vez de axudarme a sobrelevar unha etapa complicada, facíame sentir rara por non sentirme identificada polo estereotipo que se reproducía.
    Hai que ter coidado cos contidos na televisión, As consecuencias poden sesr complicadas e máis se se está nunha etapa complicada.
    Deixo por aquí un pdf que creo, ten contidos interesantes: http://www.euskomedia.org/PDFAnlt/congresos/17/02270248.pdf

    Revisión GBO: 08/04/2016 11:33

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4
      Ola Alicia! Grazas polo teu comentario. Paréceme moi acertada a definición que aportas da palabra estereotipo xa que reflicte perfectamente o que se esta facendo coa imaxe dos mozos nos medios de comunicación e nos contidos audiovisuais . A maior parte da sociedade ten esta percepción esaxerada e pouco realista do que somos e isto acaba influíndo na forma na que nos ve a sociedade. Como ben afirmas co exemplo da serie Física e Química que se mencionou no artigo, creo que moi poucos adolescentes nos sentimos identificados coa imaxe que ofrece esta serie sobre os mozos e os seus intereses. Unha serie que se supoñía tiña que ser o reflexo desta etapa converteuse no maior escaparate para manter e intensificar unha imaxe que pouco ten que ver coa nosa realidade. Moi interesantes as túas achegas Alicia, grazas de novo polo teu comentario. Un saúdo!

      Gústame

  4. CAMPOS CASTELOS, PATRICIA – S1A4

    Ola Paula! En primeiro lugar moi boa entrada e tamén que estou dacordo con todo o que dis. Como adolescentes que aínda somos non me parece ben, dende o meu punto de vista, que nos clasifiquen de ‘ni-nis’ xa que non toda a xuventude nos dedicamos a non facer nada, posto que moitos buscamos ter un futuro e ser alguén o día de mañá. Os medios de comunicación deben de deixar de lado estes estereotipos xa que estas noticias as están empezando a consumir os preadolescentes e os poden levar por un mal camiño.

    – Revisión editor: 20/04/2016 10.07
    – Revisión coordinador: 20/04/2016 10.15
    – Publicación: 20/04/2016 10.26

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula-S1E4

      Ola Patricia! Grazas polo teu comentario. Os medios tenden a utilizar características dos individuos para referirse a todo un colectivo creando así unha imaxe que para nada ten que ver coa realidade :Isto provoca, como ti ben dis ,que moitos mozos non se sintan identificados coa imaxe que se ofrece e que nalgúns casos se sintan ofendidos. Os medios deben ter en conta que a imaxe que ofrezan dos mozos vai ter unha repercusión na sociedade e influirá na percepción que teñan deles.
      Por outro lado,como mencionas ao final do comentario ,estes estereotipos poden crear una imaxe falsa do que é a adolescencia nos mozos que aínda non entraron nela. Isto pode provocar que eles pensen que esas actitudes son as normais na adolescencia e poden levalos ,como ti afirmas, por uns camiños que non so os máis adecuado.Un saúdo!

      Liked by 1 person

  5. Boas tardes, Paula!

    O primeiro decir que coincido contigo con todo o que dis no teu artigo. Sen dúbida a xente tende a xeneralizar e a etiquetar as persoas dependendo do colectivo ao que pertencen. Os xóvenes son un destes grupos que moitas veces queda desafavorecido, xa que na gran maioría dos casos, como ven ti dis, trátsenos a todos iguais, como adolescentes rebeldes, que non saben que hacer nin como actuar e que por iso van en contra do mundo. Do mesmo xeito que expós no texto, habitualmente relaciónase con drogas, sexo, alcohol, problemas de personalidade ou en casa, inseguridades…cando desde logo, dende o meu punto de vista, os adolescentes somos moito máis que iso, ademáis de que cada un é diferente, e pensando igual que ti, a uns lles gusta a festa, e outros, en cambio, preferen concentrar a súa etapa da adolescencia nos estudos e no seu futuro.

    Deixoche esta noticia sobre o botellón, unha cuestión moi relacionada coa xente moza, onde se xeraliza e se fala da xuventude como colectivo, cando moitos mozos, estou segura, tan se quera probaron aínda nunca o alcohol. Creo que é un claro exemplo do que ti falas sobre o tratamento da información por parte dos medios sobre a mocidade.

    http://www.20minutos.es/noticia/2653035/0/binge-drinking-alcohol/atracon-etilico-juvenil/adolescentes/

    Por último, coincidir, unha vez máis, coa túa reflexión final. Os medios de comunicación e os audiovisuais teñen unha gran influenza sobre a sociedade, polo que en vez de crear máis estereotipos, deberían de acabar con toda clase de etiquetas.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:12

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4

      Ola Inés!
      Grazas polo teu comentario. Como ti ben afirmas, a nosa sociedade caracterízase por xeneralizar as calidades dun individuo a todo o colectivo.O gran culpábel e o que potencia esta actitude coas súas actividades son os medios de comunicación. Coa túa noticia, que fai un pésimo tratamento do colectivo xuvenil mostrándoos como persoas perigosas, rebeldes e que so lles interesa o alcol mostrando así unha imaxe xeral dos mozos que non ten nada que ver coa súa realidade. Non podemos negar que hai un sector da xuventude que é así e so lle interesa a festa,pero non podemos xeneralizar a que todo o colectivo xuvenil se comporte e pense así ,sobre todo os medios.
      Os medios de comunicación deben ser conscientes, en primeiro lugar ,que moitos mozos poden sentirse ofendidos co tratamento que fan e a imaxe que mostran deles e, por outro lado, deben ser conscientes dunha vez que teñen unha forte influencia sobre a opinión pública e as informacións que mostran non fan máis que prexudicar a imaxe da xuventude cando para nada son así. Grazas de novo polo comentario.

      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s