Os xornais ignoran as axudas que frenan a discriminación dos xordos

Viqueira Giovachini, Mikaela. S3A6

Fonte da imaxe: Flickr.com

A pesar de crer na bondade dos rotativos, nun acto por solidarizarse coas minorías sociais que loitan por recoñecer os seus dereitos, a moitos deles utilizan esta problemática como excusa para cuestionar e criticar ás institucións gubernamentais, ignorando por completo aos verdaderos afectados do asunto. As víctimas principais das historias adoitan quedar relegadas a un segundo plano.

Analicemos, pois, o caso dun estudante ao que non admitiron nun programa curricular de gastronomía por non evidenciar, tal e como declara a propia universidade, “suficiente claridad en la orientación y vocación profesional”, causa que o Tribunal de Xustiza colombiano analizou ata dar coa verdadeira razón: un erro na expresión comunicativa. A acusación versa sobre dúas vertentes: por unha banda, a exclusión social que recibe o protagonista por parte da institución debido á falta dun profesional que facilite a interacción entre ambos suxeitos e, por outra banda, o tratamento mediático que recibe o suceso acontecido.

En primeiro lugar, a academia vulnera os dereitos do alumno pola incerta fiabilidade que a intérprete, nesta caso a súa sogra, presentaba á hora de traducir as súas palabras na entrevista, posto que pensaban que manipulaba as palabras do alumno. Neste sentido, cabe destacar o feito de que a propia universidade non dispuña dun intérprete que puidese facilitar a comunicación, e así transmitir seguridade na interpretación realizada.

É por isto que se chegou a tal estado de confusión entre o estudante e a directiva universitaria, posto que non se asegurara un fluxo comunicativo honesto. Tal e como establece Paul Watzlawick no seu libro “¿Es real la realidad?”(pág. 8):

“la misión del intérprete se reduce a ser un eco fiel. No puede intervenir activamente en el curso de los hechos […]. Las dos partes contratantes dependen de él, porque es su única posibilidad de entendimiento y, de otro lado, ninguna de ellas puede controlarlo”.

No tocante aos medios, o tratamento informativo non conta coas declaración que da a víctima, polo que se encontra silenciada ante a súa propia problemática, exclúeselle como fonte informativa, a pesar de ser a protagonista. No artigo, o autor adícase a denunciar o trato que recibiu o alumno por parte das autoridades, pero réstalle importancia a como puido sentirse nese momento a persoa.

Os medios adícanse a recoller sucesos que afectan a diversas entidades ou a algún que outro particular afectado en temas que a sociedade ignora ou descoñece. Sen embargo, os rotativos non redactan coa finalidade de denunciar a situación do afectado, senón que aproveitan para facer unha crítica á xestión económica que realizan as altas esferas gubernamentais, por desatender ás necesidades que presentan os diversos colectivos.

Este feito pouco favorable para os medios, tórnase nun factor de gran relevancia que aporta tanto credibilidade na composición do texto, como un tratamento máis xusto cara as persoas que se ven envoltas nun trato totalmente inmerecido.

Doutro xeito, frente ás grandes cabeceiras, existen alternativas que informan sobre actos organizados para o fomento da linguaxe de signos. Así, DifuSord, creouse coa intención de difundir noticias de grande interés que envolvesen ao entorno das persoas con disfunción auditiva. Malia ser unha grande iniciativa, pechou os seus servizos o pasado ano, ante a falta dunha directiva que fixese frente á súa atención. A Confederación Estatal de Personas Sordas aboga dende 2007, á súa vez, por un rotativo informativo en formato dixital diseñado exclusivamente para lectores xordos chamado El Faro del Silencio. Trátase dunha revista on line especializada en temas que recollen eventos e organización que se adican a sinalar a importancia da Linguaxe de Signos.

Lonxe do mundo da información, o humor e o entretemente fan fronte á marxinación dun colectivo, tras habilitar unha web seriepara xordos, Mírame cuando te hablo, un proxecto audiovisual de Idendeaf (asociación para a formación e produción audiovisual en Linguaxe de Signos) que, tal e como eles mesmos aseguran, na súa páxina oficial “responde a una fuerte demanda de contenidos de entretenimiento por parte de las personas sordas (…)”. Un reto técnicamente posible que nos permite saltar as barreiras que existen para as audiencias que sofren discapacidade auditiva e que, actualmente, non teñen a posibilidade de acceder con plenitude ao entretemento televisivo ou cinematográfico.

BIBLIOGRAFÍA:

Ávila Palacios, R. (2015, 27 de noviembre). El derecho de los sordos a educarse. Elespectador.com. Recuperado de: http://www.elespectador.com/noticias/judicial/el-derecho-de-los-sordos-educarse-articulo-602085

Botrán, C. (2015, 15 de octubre). La webserie para sordos despierta conciencia social. Elcorreogallego.es. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/la-webserie-para-sordos-despierta-conciencia-social/idEdicion-2015-10-15/idNoticia-958159/

CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas). (2015, marzo). El Faro del Silencio. Cnse.es. Recuperado de: http://www.cnse.es/uploaded/publicaciones/27052015160408_6696.pdf

CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas). Publicaciones > Revista Faro del silencio. Cnse.es. Recuperado de: http://www.cnse.es/faro.php

DifuSord. Difusord.org. Recuperado de: http://www.difusord.org/

IDENDEAF (Asociación para la formación y producción audiovisual en lengua de signos). Idendeaf.com. Recuperado de: http://idendeaf.com/

IDENDEAF (Asociación para la formación y producción audiovisual en lengua de signos). Miramecuandotehablo.com. Recuperado de: http://miramecuandotehablo.com/

Watzlawick, P. (1979) ¿Es real la realidad? Recuperado de:  https://docs.google.com/file/d/0B3biPk8dPbCxTG4yTVZzX0JFS3c/view?pref=2&pli=1

 

 

  • Revisión do editor: 31/03/2016 20:00
  • Revisión do GBO: 31/03/2016 22:00
  • Publicación: 31/03/2016 23:59
Advertisements

8 comentarios en “Os xornais ignoran as axudas que frenan a discriminación dos xordos

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    Gustaríame facer fincapé no primeiro parágrafo, pois é unha actitude xornalística que pode palparse nun sen fin de noticias. Téndese moito a indagar sobre un tema non por informar ou, como podería ser neste caso, por aportar unha serie de melloras, senón simplemente por criticar ferozmente á competencia. Desta forma, a noticia acaba carecendo da profundidade que se merece. Quédase na superficie; na crítica excesivamente vehemente e –como case todas as críticas excesivamente vehementes- non construtiva.
    Un exemplo moi notorio disto, por moi trivial que pareza, dáse nos diarios deportivos españois. Nos catro de máis tirada, para máis inri. Dous do Barça e dous de Madrid –de forma máis ou menos disimulada-, como saberá calquera que os lera un par de veces. Pois ben, nestes diarios, ademais de converter en invisibles aos demais equipos –e demais deportes-, as informacións do conxunto rival utilízanse maioritariamente en busca do seu desprestixio. E as veces de forma descarada. Creo, vaia, que é algo que calquera lector deportivo sabe. Vale, da igual, tan so é fútbol. Pero, posto o exemplo, extrapolemos estas actitudes as demais ramas do periodismo. Coidado.

    Revisión GBO: 01/04/2016 22:36

    Gústame

    1. En efecto, Adrián. Sen dúbida o fútbol é un claro exemplo de práctica errónea do xornalismo, posto que todos os días, houbese ou non xornada, vemos constantemente novas que envolven aos dous equipos máis grandes (Real Madrid e Fútbol Club Barcelona), dándolles prioridade polo mero feito de que sempre levaron a dianteira ao longo da historia, nunca mellor dito, en canto a títulos e a materia económica se refire. Sen embargo, non hai nin un só diario que informe sobre, por exemplo, a crise do Valencia, un equipo con moita historia, ou sobre a temporada sobresaínte do Atlético de Madrid.
      Ou, sendo máis xenéricos, decoñecemos bastante sobre a situación doutros deportes. Sen ir máis lonxe, o campeón do mundo de patinaxe artístico non foi portada nos medios tras o triunfo. Diarios como o Marca (http://www.marca.com/multimedia/primeras/16/04/0403.html) insistiron en que a victoria dos merengues era máis importante que o espectáculo que realizara Xavier Fernández sobre a pista de xeo.
      Trasladando esta problemática da prensa informativa, o fútbol podería ser aquilo que os medios mostran todos os días: as caras dos famosos e a xente coñecida; a polémica (por ínfima que sexa) que suscitan as súas palabras ou cuestionar calquera acción que realicen. Pero, pola contra, a voz dunha minoría; unha brillante exhibición condecorada e admirada por gran parte da sociedade, apágase, silénciase e queda no olvido, como se non significase para nada. Así, vemos como na práctica, as grandes cabeceiras fan uso dos valores noticia.

      Gústame

  2. Fontela Alvelo, Lara. S2A2.

    Boas Mikaela,

    Noraboa polo post, paréceme un tema a tratar moi interesante. A noticia do estudante que nos presentas paréceme realmente increíble. Todo o mundo debería ter dereito a poder recibir unha educación digna, non por ser xordo se é menos persoa.
    Como ti ben dis, os medios de comunicación non tratan o tema como é debido, en moitas ocasións descoñecemos o que sucede. O noso compañeiro Adrián comenta algo que a día de hoxe é moi certo: “simplemente criticar a competencia”.
    O tema que nos presentas paréceme un tema grave no que os medios deberían indagar en profundidade e sobre todo dar a coñecer como se senten esas persoas que non son aceptadas por ter esa discapacidade.

    Un saúdo.

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

      Boas Lara,
      En primeiro lugar, quería agradecerte o comentario. Vexo que mostras moito interés nas túas liñas. Este exemplo que tan chamativo te resulta, sérveme para ilustrarte outro. A pesar de que se trata dun medio internacional, o subtítulo da información o di todo; unha nova onde a educación dos xordos volve a poñerse en custión. Ao “non dispoñer de suficientes intérpretes”, a escola non pode asegurarlles unha educación de calidade, rasgo esencial, posto que non son persoas inferiores nin superiores a ninguén ((http://elcomercio.pe/lima/sucesos/ninos-sordera-estado-no-garantiza-su-educacion-secundaria-noticia-1880580).
      O problema, pois, reside na falta dun intérprete ou persoa que facilite a comunicación e, polo tanto, permite que o coñecemento chegue ás mentes destas persoas. Gustaríame, ao mesmo tempo, compartir contigo un artigo que lin fai pouco acerca dun estudo realizado pola Universidade de Granada. Nel, analízase a importancia dun profesional capaz de signar as conversacións que ambos suxeitos rexistran, facilitando así o exercicio (http://noticias.universia.es/vida-universitaria/noticia/2005/07/28/606552/importancia-interprete.html).
      Así, os medios deben recoñecer a Lingua de Signos para poder acercar máis as igualdades entre persoas.
      Tanto esta situación, como a anterior exposta no artigo, non fan máis que recalcar a labor tan relevante nas nosas vidas dun intérprete. Xa non só por facilitar a comunicación, senón polo estado de confusión que pode crearse á hora de establecer unha conversa. Se te interesan os posibles estados de confusión que se poden establecer entre individuos, recomendo o libro de Watzlawick, “É real a realidade?” que adxunto a continuación (https://docs.google.com/file/d/0B3biPk8dPbCxTG4yTVZzX0JFS3c/view?pref=2&pli=1).
      Outro aspecto a ter en conta é o medo que temos cando se nos acerca unha persoa xorda. É dicir, non sabemos como actuar para dirixirnos a eles por temor a que resulte de complicación extrema establecer unha conversa. A consecuencia deste feito, desencadea nun aislamento do colectivo que imposibilita a súa integración na sociedade. Este é o nodo de desigualdades.
      Debemos, para concluír, ter en conta de que non todos os discapacitados auditivos teñen o mesmo grao de audición e destreza xestual ou labial. Polo tanto, é necesario tentar, nun primeiro momento, chegar a un acordo dialectal para entendernos. Quizá poderíamos sorprendernos da nosa capacidade. O problema é que nunca sentimos a necesidade porque a vida nos deu todo un pouco máis sinxelo…

      Revisión editor: 20/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/04/2016 15:00

      Gústame

  3. Martínez Graña, Paula – S2B4

    Bos días, Mikaela:

    Para os medios de comunicación, as persoas deberían ser o máis importante. Mais, a análise demóstranos que non é así. Os interese económicos e políticos sempre antepóñense aos humanos. A continuación, adxunto unha noticia na que destaco o seguinte fragmento: “El buen periodismo debe ser independiente de los poderes políticos y de los económicos, debe perseguir la verdad y servir a los ciudadanos y a nadie más”.

    http://hipertextual.com/presentado-por/vodafone-one/spotlight-periodismo

    Cando afirmamos que os medios traballan para os cidadáns, non debemos esquecernos das minorías. No caso do noso Círculo de Lectura, traballamos co colectivo LGTBI que, ao igual co voso Círculo, loita polos dereitos que son inherentes ás persoas polo mero feito de selo.

    Un saúdo!

    Publicación: 21/04/2016 17:31

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 18:57

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6
      Ola Paula,

      Grazas por comentar e sobre todo, pola ligazón tan útil que me estás a aportar. Lémbrasme ós profesionais da comunicación da importancia do oficio, unha tara que, como ben apuntas, a día de hoxe non practican a diario. É un factor que en ambos artigos de lectura podemos detectar con moita facilidade.

      Temos claro, na teoría, que os medios e os seus traballadores deben aterse a unha serie de criterios que non se rexen segundo a liña editorial do medio, senón polo feito que aconteceu e o seu entorno. É dicir, que o xornalista non é quen decide que valores noticia ten a infomación que debe cubrir, senón os factores do seu entorno son aqueles que deciden a relevancia que debe cobrar nas portadas.

      Nas grandes cabeceiras non o podemos apreciar. Polo tanto, quen debe dar exemplo de bo xornalismo, non leva á práctica as normas básicas para realizar un contido honesto, veraz e obxectivo.

      A ideoloxía política agora, é quen marca a axenda informativa que interiorizará o xornal. Só hai que ver a portada de xornais como ABC (http://prnoticias.com/prensa/20141719-abc-partido-popular-moncloa) ou La Razón (http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/mantiene-electorado-segun-sondeo-razon-3880543), que teñen unha liña moi marcada. Tanto, que ás veces o titular é tan absurdo como o da ligazón só para constatar a súa inclinación.

      Todo isto leva a unha espiral de manipulación mediática para os consumidores. É así como as liberdades dunha persoa son oprimidas, posto que se deixaron influenciar por pezas preparadas a favor dunha determinada forma de pensar. Aínda que pensemos que a pluralidade de medios é necesarias, debemos ter en conta a bondade das persoas que manexan a información. É dicir, coidar e preocuparse polo destinatario, non por inculcar os teu s valores. Esa non é a labor do xornalista.

      Unha definición apropiada de xornalista sería a que aporta este xornal, no que sinala que a súa labor “está asociada á investigación de noticias ou problemáticas de interese público e actualidade a través de diversas fontes verificables para a súa difusión”. Así, o xornalismo “consiste en recoletar, sintetizar, xerarquizar, e publicar información relativa á actualidade. Para cumprir coa súa tarefa, o xornalista consulta fontes verificables ou recorre á súa propia testemuña” (http://www.ecured.cu/Periodista).

      Revisión editor: 22/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/04/2016 15:00

      Gústame

  4. Rivas Pérez, Ramón. S3B2.

    Completamente de acordo. Resulta triste á vez que frustante que os medios amosen tan pouca iniciativa á hora de tratar temas tan sensibles coma este. Quédome, en especial, con esta frase do teu artigo:

    “Os medios adícanse a recoller sucesos que afectan a diversas entidades ou a algún que outro particular afectado en temas que a sociedade ignora ou descoñece”.

    Creo que este enunciado representa á perfección un grave problema que non só afecta ás persoas con discapacidades auditivas, senón a moitos colectivos minoritarios da nosa sociedade. Os medios de comunicación limítanse a publicar feitos como se fosen repartidores de McMenus, sen ter en conta a importancia e impacto que teñen os seus textos. En definitiva, os xornalistas esquécense por completo de tratar ao protagonista ou aos protagonistas desta clase de noticias de forma humana. Por exemplo, nesta nova de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/15/expertos-demografia-piden-atraer-inmigrantes-incentivar-natalidad/0003_201604G15P10992.htm) fálase dos inmigrantes (foco do proxecto do meu grupo) como se fosen máquinas. Fálase do que poden facer eles por nós, sen ter en conta a súa situación persoal nin, como sucede na noticia que ti mencionas no teu artigo, a reacción que os inmigrantes terán ao ler o texto.

    Xa está ben. É por este tipo de actitude pola que o periodismo está tan mal visto pola nosa sociedade. É hora de cambiar, e de empezar a trata aos protagonistas dos feitos como verdadeiras persoas, seres humanos, e nón meros obxectos.

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6
      Ola Ramón,
      Grazas por comentar. Gústame que compartas a miña visión e, ademais, que sexas tan crítico coa situación. Trátase dun asunto necesario para nós, posto que vamos a ser futuros comunicadores e debemos empezar, canto antes, a intentar facer ben o noso traballo.
      A noticia que me mostras é produto da sociedade patriarcal e mentalidade tradicional que asedia a toda unha sociedade vulnerable. Ás veces, co lixeiro toque de enxeño e arte da escritura , somos capaces de debuxar entre liñas unha certa aparencia ideolóxica política que poida satisfacer as nosas necesidades persoais, esquecendo por completo a nosa labor como profesionais, informar.
      Pola contra, Compostela Aberta e diversos grupos municipais, pecharon un acordo entre eles para promover unha iniciativa que poida beneficiar a exclusión e o duro castigo que os inmigrantes sofren na sociedade actual (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/11/04/foro-da-inmigracion-promueve-mocion-santiago-ciudad-libre-racismo/0003_201511201511041446645009306.htm . Trátase dunha moción na que se comprometen a liberar a capital galega do racismo que asedia á cidade. Esta proposta cobra máis valor cando se leva a cabo nun lugar que vive, en gran parte, dos peregrinos que visitan os seus recunchos.
      É evidente que o panorama non é tan malo como noutro anos, décadas ou séculos. Non obstante, isto non supón que teñamos que relaxarnos. Os inmigrantes, como vemos, aínda seguen sendo un sector moi discriminado da sociedade. Móstroche aquí un caso dun inmigrante ó que lle deron unha malleira. Uns dos agresores, posto que considero que gravar o feito é formar parte da agresión, líbrase da prisión, acción que considero inxusta. Aquí comezan os problemas, se non somos capaces de castigar de raíz, que futuro queremos?
      (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2016/01/18/joven-grabo-difundio-agresion-racista-metro-libra-carcel/00031453130089947619452.htm)
      Isto non só acontece en España, senón tamén noutros países do mundo, como expón a Voz de Galicia aquí, o asegurar que na Alemaña estendeuse o racismo nun 40%.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/08/23/violencia-racista-crece-alemania-40-ano/0003_201508G23P21991.htm). Paréceme un dato sorprendente, non solo polo feito de que abarca a moita xente, senón porque o goberno non está actuando para palialo.
      Debemos conseguir que esta inxustiza social cale na poboación e sexa consciente dunha vez do dano que provocamos a estas persoas cando reciben un trato inferior, ou incluso, menosprézante. Como sinala a noticia de enriba, a unión fai a forza , e Compostela Aberta soubo reaccionar ante a chamada de colectivos que pedían a berros unha necesidade para poder avanzar socialmente.
      Un saúdo!

      Revisión editor: 25/04/2016 21:00
      Revisión coordinador: 25/04/2016 21:15
      Publicación: 25/05/2016 22:00

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s