Reportaxe: Anteproxecto Lei de Acuicultura

Carmen Badía Deltell – S1D2-  y Alicia Casas Fontán -S1D3-

PLAN DE ORDENACIÓN DE ACUICULTURA LITORAL EN TERRA

O sector do Mar de Galicia é estratéxico na economía local polo empleo directo que xera: máis de 33.000 postos de traballo. Mais tamén están implicadas as empresas destinatarias dos nosos productos, e as empresas proveedoras de servicios e suministros mediante actividades auxiliares e de apoio. A isto hai que engadir a enorme contribución que supón no turismo pola gran importancia do sector gastronómico na sociedade galega.

“Un país no que as pescarías, e a industria de transformación asociada, inflúen no 80% dos 56 sectores productivos gallegos e representan nada menos que o 10% do produto interior bruto” (Álvarez-Salgado, X. Antón “A investigación na oceanografía das rías galegas” Xunta de Galicia, 2001)

A conselleira do Mar Rosa Quintana, propuxo a comezos de xaneiro o Plan de Ordenación da Acuicultura Litoral en Terra, que foi derogado o 23 de febreiro. Que os propietarios de terras que se neguen a vender serán expropiados a favor das empresas de acuicultura intensiva ou a eliminación da necesidade de informe previo de incidencia ambiental e a posibilidade de instalar plantas acuícolas en espazos naturais protexidos, foron algúns dos puntos máis polémicos do anteproxecto. A limitación de competencias dos concellos para decidir sobre a implantación de ditas industrias por ser consideradas de incidencia supramunicipal, preocupa a bateeiros, mariñeiros e mariscadores. O día 27 de febreiro en Santiago de Compostela, estes grupos de traballadores saíron á rúa para demostrar o seu desacordo co anteproxecto co lema “En defensa do mar”. Ademáis disto pediron a defensa do cerco e a pesca artesanal.

POR QUE PROTESTAN OS BATEEIROS?

“O 40% do mexillón comercializado en Europa é galego, iso supón o 20% mundial.” (Antón Salgado, Investigador do  CSIC).

En toda Galicia hai máis de 3.500 bateas, de 500 m² cada unha. Unha corda por metro cadrado fai un total de 500 cordas por batea, polo que cada unha delas produce 75 toneladas de mexillón ao ano. Máis do 69% das bateas atópanse en Arousa. Esta ría é o primeiro produtor mundial de proteína de orixe marino por metro cadrado.

O sector do mar entende que a Lei favorece a acuicultura intensiva a escala industrial, pero tamén protesta polo feito de que protexa e incentive a acuicultura multitrófica integrada.

Captura de pantalla 2016-04-01 a las 18.25.52

A acuicultura multitrófica integrada consiste en reunir nunha mesma instalación varios cultivos de distintos escalóns da cadena trófica. Por exemplo, rodaballos, mexillóns e algas. Un rodaballo aliméntase de pienso, que contén fariñas de pescado e “aditivos artificiais”. Unha parte destes piensos é inxerida polos rodaballos, mais outra parte vai ó fondo do mar e outra é inxerida polos mexillóns (especie filtradora). O investigador do CSIC Antón Salgado opina que “O impacto está pouco estudiado, o impacto sobre a  calidade organoeléctica e alimentaria do mexillón”. O gurú deste tipo de cultivo é o canadiense Thierry Chopin (http://www2.unb.ca/chopinlab/), doutorado en Ciencias Políticas pola Universidade de París. As implicacións medioambientais ou de sanidade animal e humana non están todavía evaluadas, aínda que se diga que se reduce o impacto contaminante. O anteproxecto autoriza ademáis todo tipo de variedades taxonómicas, incluso foráneas ou exóticas. Con todo, un gran número de investigadores da Xunta de Galicia defenden esta novedosa técnica de  cultivo. http://www.magrama.gob.es/es/pesca/temas/acuicultura/AMTI-INTERACTIVO_tcm7-249772.pdf

Greenpeace manexa como alternativas a esta acuicultura intensiva a pesca e o marisqueo artesanal, que son a corazón do sector pesqueiro en Galicia e o motor das comunidades costeras dada a súa importancia socioeconómica. As súas técnicas de extracción dos recursos marinos teñen un impacto moi baixo no medio e respectan os ciclos biolóxicos. A portavoz de Greenpeace Santiago, Carmela Darriba Ferradás, cóntanos que “A Asociación cree que tanto o goberno de España coma as Autoridades Autónomicas deben apoiar e promover a pesca artesanal como modelo para o futuro dos océanos e as comunidades costeiras, en liña ademáis co que marca a Política Pesquera Común da UE. Esta reivindicación se apoia no informe Empleo a bordo (Impacto socioeconómico un modelo pesqueiro sostenible), no que trátase como, a través de oito medidas, crearían cerca de 60.000 postos de traballo (directos e indirectos) no sector da pesca e 4.000 millóns de euros no período 2013-2023. En concreto coa pesca artesanal crearían 20.478

ANÁLISE DOS MEDIOS

A prensa galega mostrou nos seus contenidos información acerca do anteproxecto, pero os xornais que fixeron un seguimento máis exhaustivo foron La Voz de Galicia, El Faro de Vigo e o Diario de Arousa, este último por motivos que xa mencionamos anteriormente relacionados coas bateas. Neles explícase principalmente o que aconteceu co Plan, fálase dos seus rexeitadores, as manifestacións e o papel do PP, sobre todo de Rosa Quintana e Alberto Núñez Feijoo. Pola contra o xornal ABC adicouse máis ás problemáticas entre partidos a raíz deste Plan en lugar de centrarse nel e nas súas conscuencias no medio marítimo. O seu tratamento da Anteproxecto da Lei de Acuicultura deixa entrever a liña editorial do xornal.

“De ahí que el portavoz de asuntos pesqueros del PPdG, José Manuel Balseiro, apuntara en su intervención que “Socialistas y nacionalistas están tristes porque a ellos les interesaba que el anteproyecto siguiera adelante” y se hubiera seguido incrementando la tensión en las rías”. (11/02/2016, Xornal ABC) http://www.abc.es/espana/galicia/abci-no-habra-ley-acuicultura-hasta-sector-marisquero-apoye-201602111224_noticia.html

Referencias

La Voz de Galicia. 2016. “Numerosos colectivos exigen la retirada del anteproyecto de la ley de acuicultura” lavozdegalicia.es. Consultado 25 de marzo de 2016. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/01/17/numerosos-colectivos-exigen-retirada-anteproyecto-ley-acuicultura/0003_201601G17P39991.htm

ABC. 2016. “No habrá ley de Acuicultura hasta que el sector marisquero la apoye” abc.es. Consultado 25 de marzo de 2016. http://www.abc.es/espana/galicia/abci-no-habra-ley-acuicultura-hasta-sector-marisquero-apoye-201602111224_noticia.html

Faro de Vigo. 2016. “El sector del mar gallego toma hoy las calles de Santiago en defensa de su futuro.” farodevigo.es. Consultado el 25 de marzo de 2016.  http://www.farodevigo.es/mar/2016/02/27/sector-mar-gallego-toma-hoy/1412549.html

La Voz de Galicia. 2016. “La Xunta paraliza la ley de acuicultura por la rebelión de cofradías y bateeiros.” lavozdegalicia.es. Consultado 25 de marzo de 2016. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/01/28/xunta-paraliza-ley-acuicultura-rebelion-cofradias-bateeiros/0003_201601G28P35991.htm

La Voz de Galicia. 2016. “Rosa Quintana anuncia la retirada del borrador de la Lei de Acuicultura” lavozdegalicia.es. Consultado 25 de marzo de 2016. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/02/23/rosa-quintana-anuncia-retirada-borrador-ley-acuicultura/00031456216803499538326.htm

Diario de Arousa. 2016. “Las cofradías pasan a la acción contra la Lei de Acuicultura y convocan una manifestación” diariodearousa.com. Consultado el 25 de marzo de 2016. http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/cofradias-pasan-accion-lei-acuicultura-y-convocan-manifestacion/20160123232529134665.html

Faro de Vigo. 2016. “Feijóo paraliza la tramitación de la Lei de Acuicultura a la espera de apoyos del sector”. farodevigo.es. Consultado el 25 de marzo de 2016. http://www.farodevigo.es/galicia/2016/01/27/xunta-frena-tramitacion-ley-acuicultura/1393207.html

Alonso Pintos, Serafín.  Ferreiro, Manuel. L.Axeitos, Xosé. Monteagudo, Henrique. Neira Vilas, Xosé. Revista Galega de Cultura Grial. Septiembre 2006“Cen anos coa Real Academia Galega” (nº 171)

Grial”, Revista Galega de Cultura (Tomo 171)

Revisión editor: 1/04/2016 19:00

Revisión GBO: 1/04/2016 19:20

Advertisements

Un comentario en “Reportaxe: Anteproxecto Lei de Acuicultura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s