Tecnoloxía e discapacidade

Marta Eireos Currás – S1C4

informatica-y-discapacidad

Fonte imaxe: www.usach.cl

 

Segundo a Organización Mundial da Sáude (OMS), o 15% da poboación mundial posúe algún tipo de discapacidade. Dito doutro xeito, arredor de 900 millóns de persoas en todo o mundo son persoas con discapacidade. Estas persoas poden ver reducidas as súas posibilidades, tanto profesionais como personais. Sen embargo, grazas ao continuo avance e desenrolo das tecnoloxías, estas persoas consiguen avanzar cada día un paso más en prol da completa integración social.

O mundo avanza; iso está claro. E, paralelamente ao mundo, ás tecnoloxías crecen e avanzan. Fai uns anos parecía prácticamente imposible que unha persoa que padecese algún tipo de discapacidade puidese empregar un ordenador, por exemplo. Hoxe en día é algo completamente habitual. As empresas desarrollan sistemas de acceso e diversas aplicacións para axudar a facilitar a inclusión das persoas con discapacidade no mundo laboral.

Fai uns días, o periódico dixital ABC de Sevilla publicaba unha noticia titulada deste xeito Un servicio de orientación laboral para las personas con discapacidad en Utrera”. Este artigo contános unha iniciativa tomada por unha asociación de discapacitados da localidade para conseguir a integración laboral. Recentemente, xurden numerosos artigos que tratan de novos programas e iniciativas orientadas a lograr a implicación total das personas que padezan algún tipo de discapacidade no mundo laboral. Nalgúns casos, as noticias adoitan ser tratadas de forma irreal, que no se adapta á realidade que viven estas persoas no seu día a día. Noutros casos, as noticias son tratadas de xeito paternalista ou compasiva, o cal tampoco é correcto.

Na actualidade, as adaptacións tecnolóxicas permiten as persoas con discapacidade ocupar postos de traballo dos que fai uns anos estaban apartados e, o máis importante, a mellorar a súa calidade de vida. As persoas con algún tipo de discapacidade atopan na tecnoloxía o apoio perfecto para levar unha vida más plena e independiente. Ademais, estas tecnoloxías non só favorecen a incorporación das persoas con discapacidade ao traballo, senón que axudan a evitar desigualdades. Estas tecnoloxías encárganse de reducir as posibles dificultades de audición, visión ou mobilidade de diversos xeitos.

Por exemplo, para persoas con problemas de mobilidade existen mesas regulables ou rampas. Para persoas con discapacidade visual existen lectores de pantalla ou impresoras de braille. E, para persoas que sufren de problemas de audición, a solución podería ser unha prótesis auditiva ou intérpretes en linguaxe de signos.

E isto non é todo. Cada día saen ó mercado novas aplicacións para todo tipo de móviles que pretenden suplir os diferentes tipos de deficiencias. Por exemplo, para persoas con mobilidade reducidade, Accesibility é a solución ideal, xa que dispón de un sistema de xeolocalización e realidade aumentada que informa sobre o lugar no que se atopa o usuario. E, para persoas con problemas de visión, poderíamos destacar ONCE Citat-Metro, que ofrece información útil sobre as líneas de metro de toda España.

Esto son só algún dos exemplos más salientables das novas aplicacións ou gadgets que xurden co obxectivo de facer a vida dunha persoa con discapacidade más fácil. O dito anteriormente, o mundo avanza, e nós, avanzamos co mundo. Pero non debemos esquecer que todas estas novas tecnoloxías persiguen á integración total das persoas con discapacidade, pero todo este esforzo e investimento é inútil se os medios de comunicación continúan a tratar as persoas que sufren de discapacidade como se fosen “unha lastra”.

O tratamento que os medios de comunicación dan ás discapacidades e as persoas que sufren dela leva sendo moitos anos unha preocupación importante para as institucións europeas e españolas por varios motivos: Por unha parte, pola súa falta de adecuación á sociedade contemporánea. Por outra, polo seu exceso de esteotipación e superficialidade.

A todo esto hai que admitir que a imaxe das persoas con discapacidade polos profesionais dos medios mellorou bastante nas últimas décadas, especialmente de cara ao tratamento informativo da discapacidade en sí mesma. Pero aínda non é suficiente. ¡Basta xa de irrealidades e paternalismos!

 

REFERENCIAS:

Hora de revisión do editor: 1/04/2016 17:20

Hora de revisión do GBO: 1/04/2016 18:30

Hora de publicación:1/04/2016 18:50

Advertisements

2 comentarios en “Tecnoloxía e discapacidade

  1. Feijoo García, Luis (S1D4)

    Parece importante facer un inciso normativo en relación con este asunto.

    As Administracións públicas teñen a obriga de promover que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais das webs públicas sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

    Así, os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) deben estar escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

    A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

    Documentación a ter en conta:

    • Recomendacións de accesibilidades do Consorcio da Web – W3C, que explica as razóns de cada recomendación: https://www.w3.org/TR/WCAG10/
    • Técnicas de accesibilidade do Consorcio da Web – W3C, que explica como implementar cada recomendación: https://www.w3.org/TR/WCAG10-TECHS/
    • Iniciativa de accesibilidade do Consorcio da Web – W3C: https://www.w3.org/WAI/

    Revisión GBO: 04/04/2016 13:06

    Gústame

  2. Marta Eireos Currás – S1C4

    ¡Ola, Luís!

    Moitas grazas por comentar e por deixarnos esas referencias que sen dúbida serán de axuda. É verdade que no meu artigo non profundicei no tema legal, pero acabo de botalle un vistazo aos teus enlaces e son de gran interese. Alégrame ver que a Administración Pública preocupase polo tema de accesibilidade as novas tecnoloxías. Deste éxito, será máis fácil acadar a igualdade. ¡Un saúdo!

    Revision GBO: 04/04/2016 23:26

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s