Testemuñas sen fala

Parada Vila, Laura – S3B1

Fonte imaxe: BBC

Milleiros de persoas chegan cada días aos países europeos fuxindo do seu pasado, coa esperanza de poder conseguir algo mellor para eles pero sobre todo para os seus fillos. Os medios fanse eco destas noticias pero sempre do lado negativo, das cifras e as mortes, reflectindo deste modo unha concepción negativa sobre o asunto da inmigración que os lectores captan e asimilan.

Como consumidores de información debemos ser críticos coa prensa. Non todo o que se publica está contrastado. Cada vez a precariedade é maior, pero os lectores non deberían percibir iso. No tema da inmigración, a prensa presenta varias lagoas. Partindo do simple feito de utilizar as palabras. Para empezar debemos deixar claro que xuridicamente os inmigrantes sen papeis non son persoas ilegais, se non que deben ser definidas como persoas irregulares debido a falta de documentos oficias que acrediten a súa nacionalidade no país no que están a vivir. Ademais como dixo esta avogada, Susana Chiarotti na Conferencia Hemisférica sobre Migración Internacional:

« No puede haber personas ilegales. Eso sería una negación a los contenidos de la Declaración Universal de Derechos Humanos, que en su artículo primero plantea que todas las personas nacen libres e iguales en dignidad y derechos. Sin embargo, en la actualidad, en muchas ocasiones, las mercaderías tienen más estatus que las personas».

Pero como vemos todos os medios utilizan o termo ilegal para referirse a eles. Parece que na prensa o único que vale é que son persoas á marxe da lei que veñen ao noso país co obxectivo de “roubar o que nos pertence”. Senón, de que maneira a prensa unicamente publica noticias de asasinatos, roubos ou demais actos ilegais relacionados sempre cos inmigrantes? Desta maneira crean na sociedade un ambiente de repulsa contra este sector. Porque tal é como nolo contan son sempre números e nacionalidades, pero nunca persoas cos seus nomes e apelidos. Unha masa ao fin de contas, un colectivo único, sen importar experiencias persoais. Os medios engloban coa palabra inmigrante ilegal a todo aquel que represente unha ameaza para o país. E nunca vemos a súa visión sobre esa tortura que viven día a día, rexeitan a fonte de primeira man. De forma que non nos contan a información real, fáltanos a parte máis importante, os protagonistas, saber o porqué, o quen e o como. É dicir que os medios homoxeneízan ao colectivo dos inmigrantes, toman un solo caso para definir a todos os individuos.

Por outra parte tamén é importante a falta de continuidade nos medios sobre este tema. Todas as noticias que se publican nos distintos medios galegos sobre a inmigración son sempre iguais e impersoais. Os medios estáncanse nas traxedias e obvian os pequenos éxitos das persoas que conseguiron o que viñan buscando cando decidiron abandonar o seu país. Quizais un dos poucos exemplos que coñecemos de “final feliz” dunha familia de refuxiados sexa a de Osama, máis coñecido na prensa por ser o refuxiado que recibiu unha patada por parte dunha periodista. Facendo unha procura en google para encontrar noticias relacionadas atopamos que na primeira páxina todos os enlaces aos que podemos acudir son de xornais online que levan por título: “el sirio pateado”, “el refugiado sirio”, “final feliz del refugiado pateado”. Adxectivos que crean una imaxe de debilidade e inferioridade sobre Osama. A realidade é que a prensa continuo con esta historia porque saíu a luz por algo inhumano que fixo unha periodista. Se ese feito non acontecese, probablemente ninguén sabería que Osama está traballando como adestrador dun equipo de fútbol en Getafe.

Polo o que podemos observar os medios de comunicación unicamente teñen unha dirección en canto a información sobre inmigrantes. Mostrar a parte máis dramática e triste da situación destas persoas. Ao mesmo tempo que non se afonda nin nas historias persoais de cada familia inmigrante para coñecer mellor o por que da marcha do seu país. Non contextualizan as condicións persoais de cada persoa, polo que todos forman parte dun todo igual, non hai diferenzas. Os inmigrantes son protagonistas das noticias que os medios publican pero non son considerados para eles fontes de información.

Referencias:

BAELO, Patricia. Alemania detiene a 40 inmigrantes ilegales tras las agresiones a mujeres. La Voz de Galicia. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/01/18/alemania-detiene-40-inmigrantes-ilegales-tras-agresiones-mujeres/0003_201601G18P20992.htm>

Cientos de refugiados logran cruzar de Grecia a Macedonia. La Voz de Galicia. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/03/14/2000-refugiados-logran-cruzar-grecia-macedonia/00031457969079283925889.htm>

II Congreso Internacional  Universitario Géneros, Feminismo y Diversidades. Gefedi. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://www.gefedi.una.ac.cr/index.php/15-conferencistas/34-susana-chiarotti>

INMIGRANTES ILEGALES: CONCEPTO INFAME. RESPONSABLES Y DESHONRADOS. Portaljurídico. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://portaljuridico.lexnova.es/articulo/JURIDICO/134593/iv-inmigrantes-ilegales-concepto-infame-responsables-y-deshonrados-pena-perez-alejandro-revi>

Mueren 400 inmigrantes por el naufragio de una embarcación en el Mediterráneo. La Voz de Galicia. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/04/14/alertan-posible-naufragio-400-personas-mediterraneo/00031429029857219728370.htm>

Seminariocomunicación1. Cine e Teatro: caricaturas da nosa inmigración. Común e persoal. [Consulta: 29 marzo 2016]. <https://comunepersoal.wordpress.com/?s=inmigraci%C3%B3n>

SIGNO, María. Alarma en Italia ante una nueva avalancha de pateras con 4.000 inmigrantes en 48horas. La Voz de Galicia. [Consulta: 29 marzo 2016]. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/04/10/alarma-italia-ante-nueva-avalancha-pateras-4000-inmigrantes-48-horas/0003_201404G10P25996.htm>

Hora de publicación: 21:07
Hora revisión do editor: 17:09
Hora de revisión do coordinador: 17:30
Advertisements

4 comentarios en “Testemuñas sen fala

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    Interesante artículo de actualidade sobre o tema dos refuxiados. Este é outro exemplo de negar a capacidade de autorrepresentación dos grupos vulnerabilizados, establecendo unha representación externa aos mesmos. Os refuxiados son denominados como un grupo homoxéneo do que non se afonda máis ca nas cifras de víctimas de mortes, accidentes ou travesías. As noticias limítanse a ofrecer datos e cifras, tratando a estas persoas, como ben dices, peor incluso que mercancías. É incrible o rebunbio que se monta cando acontece un atentado, como en París ou en Bruselas, e o pouco que parece importar que Europa atente contra a vida de miles de persoas que o único que buscan é alonxarxe da guerra e da miseria e obter unha oportunidade de vivir.
    Deixo aquí o link do programa de Salvados que tratou o tema dos refuxiados, é que paréceme interesante, xa que intenta ir máis aló das cifras http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-6-sin-noticias-europa_2015111300468.html

    Revision GBO: 01/04/2016 22:27

    Gústame

    1. Parada Vila, Laura – S3B1

      Totalmente de acordo. O problema é a falta de humanidade que hai nos medios. Unicamente publícanse noticias que nos poderían afectar xeograficamente, pero non se teñen en conta outros atentados que se producen día sí e día tamén en Siria, por exemplo,
      neste titular: Los atentados de Bruselas devuelven a Siria al primer plano de la UE.
      (http://internacional.elpais.com/internacional/2016/04/01/actualidad/1459514599_746693.html ).
      Pódese ver a intención de culpar a Siria como o responsable dos atentados en Bruselas, cando nese país son continuos os asasinatos en masas. Nesta noticia o xornal El País, victimiza á Unión Europea como un axente que non ten “voz propia no conflito”, pero a realidade é que sí que podería intervir para poder acabar con toda esta situación.

      Revisión GBO: 04/04/2016 12:20

      Gústame

  2. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4
    Estou de acordo contigo, Laura. Para empezar, ninguén debería empregar a palabra “ilegal” para referirse a un inmigrante. As persoas non son “ilegais”. Empregando ese termo o único que se consegue é crear unha visión negativa destas persoas nos lectores como dando a entender que veñen “a quitarnos o que é noso”, como escoitamos ás veces a certas persoas. Noutros casos, cando se fala de actos negativos e ilegais como asasinatos, roubos etc. o primeiro que aparece no titular, como nesta noticia do diario ABC (http://www.abc.es/espana/madrid/abci-rumana-43-anos-primera-muerte-violencia-machista-madrid-2016-201601042037_noticia.html) é a nacionalidade dos implicados. Neste caso trátase da vítima. Se fose unha muller española, a súa nacionalidade non se publicaría. Os medios de comunicación colectivizan e criminalizan aos inmigrantes facendo que os relacionemos con sucesos violentos como a violencia de xénero ou os roubos. Como consecuencia créase unha visión pexorativa dos afectados nos lectores e un distanciamento emocional entre a poboación nacional e eles. Os xornais e demais medios de comunicación deben ter en conta estes dous grandes problemas á hora de tratar noticias nas que haxa afectados implicados.

    Revisión do editor, 04/04/2016 ás 23:13
    Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 13:20

    Liked by 1 person

    1. Parada Vila, Laura – S3B1

      Así é Beatriz, os medios utilizan ao colectivo dos inmigrantes có fin de trasmitir unha imaxe de pena e de inferioridade de todas estas persoas, pero sen afondar nas causas ou nas experiencias persoais de cada un. Os inmigrantes son vistos como unha forma de chamar a atención, debido aos titulares alaramantes que utilizan, como por exemplo nesta noticia de La Voz de Galicia: Cientos de refugiados logran cruzar de Grecia a Macedonia. ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/03/14/2000-refugiados-logran-cruzar-grecia-macedonia/00031457969079283925889.htm )
      Como vemos non temos documentación sobre os inmigrantes soamente noticias dramáticas e cheas de mortes.

      Revisión GBO: 05/04/2016 10:37

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s