A falta de contextualización no tratamento da pobreza e a precariedade na prensa

Viñeta de El Roto para El País

Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6
O tratamento da pobreza e a precariedade nos grandes medios de comunicación destaca en primeiro lugar por ser moi escaso en relación ó seu volume e relevancia. Sen embargo, cando si que aparece, adoita ser presentado dunha forma descontextualizada; sen atender as súas causas e consecuencias, xeralizando, sen consultar a visión dos afectados ou omitindo datos, presentando unha información perxudicial para as persoas sen recursos e demasiado doce para empresas e gobernos.


Esta indulxencia cara o poder en detrimento das vítimas da pobreza apreciase claramente en novas como esta, de La Voz de Galicia, cuxo titular reza: “Ourense estrena un programa de La Caixa para reducir la pobreza infantil”. A bondade reflectida ó longo da nova obvia que a entidade bancaria figura entre as catro máis desafiuzadoras, e que durante a crise efectuou miles de despidos a pesar de multiplicar varias veces os seus beneficios. Esta falta de contexto leva a unha percepción errónea do papel dos bancos na loita contra a pobreza e as súas responsabilidades.

As veces a falta de contexto va máis alá e non só hai unha distorsión dos datos senón unha falta de contextualización absoluta, coma nesta brevísima nova publicada por ABC sobre a precariedade laboral entre as camareras de hotel. No texto, acompañado dun video que ofrece idéntica información, meramente fálase de que as susoditas camareras sofren unhas precarias condicións de traballo, sen atender as posibles causas da sua situación, por exemplo, o marco político e laboral vixente. E por suposto, salvo sorpresa, o seu problema será olvidado en cuestión de días e non volverá a sair na prensa.

Un caso aínda máis extremo desta falta de contextualización con causas e consecuencias, e que neste caso reproduce unha imaxe inxustificadamente negativa das vítimas da pobreza, e o de esta nova publicada de novo por La Voz de Galicia: “Otra muestra de incivismo de los sin techo del toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago“. A pesar de facer referencia a un caso aislado , o artículo transmite unha visión claramente negativa sobre os sen teito, ignorando totalmente a perspectiva do resto dos afectados necesaria para unha correcta contextualización do feito. Xa non é so que non falan sobre a pobreza; e que cando o fan, é case peor.

 

Referencias

Salvados por “La Caixa”. (2015). 750 despidos, 690M € beneficios y 500M € Obra Social. 31/03, de Salvados por “La Caixa” Sitio web: https://salvadosporlacaixaono.wordpress.com/2015/06/09/750-despidos-690m-e-beneficios-y-500m-e-obra-social/

CCOO. (2016). No aceptamos 3002 despidos. 31/03, de CCOO Sitio web: http://www.ccoolacaixa.net/web/aspnet/document.aspx?id=5597&sec=73702

Ribalaygue, Jordi. (2013). La PAH declara a Bankia, BBVA, La Caixa y Santander como los bancos más desahuciadores. 31/03, de El Mundo Sitio web: http://www.elmundo.es/cataluna/2013/12/17/52b04c3d268e3ea4058b457f.html

La Voz de Galicia. (2016). Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago. 31/03, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm

ABC. (2016). Las camareras de hotel denuncian precariedad laboral. 31/02, de ABC Sitio web: http://www.abc.es/espana/abci-camareras-hotel-denuncian-precariedad-4786201681001-20160304032100_video.html

Fina Ulloa. (2016). Ourense estrena un programa de La Caixa para reducir la pobreza infantil. 31/03, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/03/23/ourense-estrena-programa-caixa-reducir-pobreza-infantil/0003_201603O23C3991.htm

Revisión do editor: 31/03/2016 ás 18:31

Revisión GBO: 31/03/2016 ás 22:42 e segunda revisión 04/04/2016 ás 19:00

Publicación: 03/04/2016 ás 19:45

 

Advertisements

3 comentarios en “A falta de contextualización no tratamento da pobreza e a precariedade na prensa

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Os medios de comunicación alertan e mostran realidades sociais que os gobernos queren ocultar ou prefiren ignorar, conseguen que as autoridades actúen e mobilizan a persoas, grupos ou empresas. Isto fan, ou deberían facer. O que si está claro é que inflúen, son un reflexo da sociedade, e se se criminaliza a un colectivo nas noticias, os receptores de información serán criminalizadores dese colectivo.

    Penso que sería interesante que enfocásedes certa parte do voso traballo de maneira positiva. É dicir, sabemos que as cousas están mal, e sabemos o por qué, pero é importante especificar o “como?”. A ética do xornalismo non só obriga a realizar o traballo con rigor, senón que tamén demanda a necesidade de especialización dos profesionais no tema do desenvolvemento social e a pobreza, como eixo dunha posible contribución dos medios á mellora da situación, pero tamén como unha oportunidade real de satisfacer os obxectivos que os mesmos medios impoñen aos seus xornalistas: ser preferidos polos seus receptores. Estas son só algunhas das ideas que se extraen do traballo de María José Rubio que vos deixo a continuación para descargar, titulado “La ética periodística en el tratamiento de la pobreza”. Aínda que o texto está plagado de exemplificacións da situación en Chile e Sudamérica en xeral, penso que a maioría dos planteamentos poden estenderse ao noso entorno. https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=14&ved=0ahUKEwiaqqDvkPjLAhUEpB4KHVAbBigQFghvMA0&url=http%3A%2F%2Fwww.uchile.cl%2Fdocumentos%2Fla-etica-periodistica-en-el-tratamiento-de-la-pobreza_49536_5.pdf&usg=AFQjCNHJ760oi0o3HUYFD9Xh5ACZ57B3Vw&cad=rja

    O que vos deixo a continuación non é un caso tan sangrante como o da noticia dos sen teito do Toural, pero aínda así é outro exemplo máis de noticia descontextualizada e confusa, neste caso por incluír moitos datos estatísticos e non aportar ningún tipo de conclusión que aclare a pesada información recibida. Son cifras que poderían ter sido útiles, entre outras cousas, se foran relacionadas coas posibles causas. Este é o enclace do artigo do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/02/09/crece-pobreza-mayores-espanoles/1401460.html

    Como axuda para documentarse sobre o tema pode servirvos o programa de Salvados que tratou sobre a precariedade laboral, que está colgado en Youtube e vos deixo tamén por se fora do voso interese: https://www.youtube.com/watch?v=3zBYawAkZ0o

    Non obstante, unha das cousas que máis me chamou a atención cando estiven tratando de documentarme para comentar a vosa publicación foi o achado da páxina web da Alianza Comunicación y Pobreza, que nada mais entrar recibe aos seus lectores coa frase “Pobre el que no cambia de mirada”. http://www.comunicacionypobreza.cl/conocenos/nuestra-mirada-sobre-la-pobreza/ Nesta publicación apóstase por un cambio de perspectiva no propio concepto de pobreza para así despois modificar o modo no que se trata o tema nos medios de comunicación. Ambos vedes un problema, pero eles trátano de maneira diferente, polo que sería cando menos atractivo que contrastásedes a vosa opinión con outras como esta.

    http://miedodelmedio.blogspot.com.es/2006/11/la-pobreza-y-los-medios-de-comunicacin.html
    Tamén atopei unha publicación dun blog (o link é o anterior) no que se trata precisamente a relación dos medios de comunicación e a pobreza, como é tratado o tema polos profesionais da información e cales son as consecuencias deses desatinos. Ademais, o autor do texto da a súa opinión sobre cal debería ser o papel dos comunicadores con respecto a este asunto e incluso cita solucións para o correcto tratamento destas información. Trátase dunha perspectiva máis parecida á vosa, pero pode asistirvos para dar forma ás vosas publicacións futuras.

    Sei que vós vos centrades na solución dos problemas dos medios á hora de tratar a información sobre precariedade e pobreza, pero deixo unha conclusión a sabendas de ser ilusoria. Existe verdadeira pobreza no noso país ou se trata dun problema exótico e propio de nacións afastadas con institucionalidade débil, líderes corruptos e carencia de recursos? Miramos os datos, e sabemos que si existe, pero sen embargo seguimos sen ser plenamente conscientes, probablemente porque os que temos que reaccionar vivimos tan ben que preferimos permanecer inmóbiles. Logo, por que estaríamos chamados os xornalistas a contrubuir á erradicación da pobreza? Ou máis realistamente, a contribuir á erradicación da pasividade ante a pobreza? Son preguntas complexas, que en absoluto pretenden desviar a responsabilidade real dos medios a tratar con precisión e respecto calquera información.

    Hora de revisión do editor: 21.30 h.
    Hora de revisión do coordinador GBO: 21.40 h.
    Hora de publicación: 21.59 h.

    Gústame

    1. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

      Ola Rita, moitas gracias pola tua aportación e sobretodo por esa documentación adicional que atopaches. Respecto ó do enfoque positivo, eu penso que é precisamente a falta de contextualización das noticias sobre a pobreza o que impide identificar as causas políticas e económicas e polo tanto o como solucionar o problema. E por suposto que gustar ós lectores é un obxectivo do xornalismo, pero iso non debería sobrepasar o ámbito estético ou estilístico, porque se non vóltase unha faceta máis da mercantilización da información que só beneficia ás grandes empresas propietarias dos medios.

      Só evitando esta inxerencia dos grandes poderes económicos na comunicación, o cal eu penso que pasaría por un maior control político democrático sobre os medios, poderemos conseguir unha concienciación real que permita unha resposta da sociedade. Por sorte ou por desgracia, os medios, especialmente os grandes, teñen unha influencia enorme no modo de pensar da poboación, por eso penso que é 100% tarea nosa combatir esa pasividade. Un saúdo!

      Revisión do editor: 07/04/2016
      Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 22:15

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s