A influencia dos medios na familia

Castaño Gosende, Noelia-S1B1

Imaxe recuperada de Flickr

2520915316_57d015b2dd_o

O xoves 17 de marzo tivemos no centro Vagalume o primeiro dos tres debates que temos programado coas mulleres do círculo. O recibimento non puido ser mellor, amosáronse abertas e con ganas de falar, incluso se chegou a desviar o tema en algún momento pola lixeireza e confianza coa que ía o faladoiro. Puidemos ver as súas opinións sobre as noticias que tratamos e sobre o propio tratamento nos medios.

Unha das conclusións que sacamos despois desta charla é canto chegan a influír os medios nas vidas das persoas, e centrámonos  especialmente nelas.

“Un marido que manteña a familia,  fillos, nunha gran casa, sen traballar, saíndo de compras coas amigas…” Todos estes valores están na mente de moitas das mulleres do círculo. Indagando un pouco sobre o tema e por frases que elas nos dixeron chegamos á conclusión que todo é fomentado polos medios de comunicación. As famosas telenovelas fomentan un estilo de vida patriarcal que logo o seu público chega a imaxinarse coma o idóneo e fantástico, sen decatarse que moitas veces non chegarán a poder telo. O impacto da televisión na sociedade é enorme, e a súa influencia causa moitos deste problemas.

Para o doctor en psicoloxía social, Rafael Roda Fernández, os medios, especialmente a televisión, realizan operacións que fan que cada vez a persoa sexa máis infeliz mostrándonos artigos ou realidades que se nos son difícil de alcanzar creando o que se lle chama “o consumismo” a televisión sempre nos vai  a mostrar cousas que moitas veces non as necesitamos e ela fainos crer que así o somos.

Os grandes medios son un instrumento dominado polas grandes potencias, a nivel global son controlados polo Norte. Tal como están estruturados actualmente, estes medios de comunicación fomentan estilos de vida non sustentables, o militarismo, a crecente pauperización e patróns de consumo que converten ás persoas en consumidores, non só de bens senón tamén de ideas e ideoloxías: as mulleres, os nenos e a maioría dos homes permanecen invisibles e as súas voces non se oen. Isto é algo que vimos claramente nas opinións do círculo coas súas esxplicacións e aspiracións.

Hai unha falta de respecto particular pola integridade e dignidade das mulleres nos medios: estereotipadas e deshumanizadas, transformáronnos en obxectos. Existen milleiros de exemplos que demostran iso, un dos máis empregados é chamar “chicas” ás mulleres que exercen a prostitución.O uso excesivo da violencia nestes medios destrúe as sensibilidades de toda a humanidade.

Por estes motivos é esencial promover formas de comunicación que non só cuestionen a natureza patriarcal dos medios senón que ademais esfórcense por descentralizalos e democratizalos. Debemos crear medios de comunicación que alentan ao diálogo e ao debate: medios que favorezan ás mulleres e a creatividade popular: medios que reafirmen a sabedoría e os coñecementos das mulleres e que fagan das persoas suxeitos e non obxectos ou brancos dos medios de comunicación. Medios que sexan sensibles ás necesidades das persoas para que todos, inclusive as mulleres do noso círculo se sintan partícipes.

Referencias:

Anand, A., e Sally Burch,  (2000). http://www.womenaction.org/global/wmrep_sp.html. Women Action. [Consultado o 28 de marzo do 2016] (versión dixital)

Carolina Bejarano. (2012). La televisión y su impacto sociocultural. http://carobejarano1.blogspot.com.es/ [Consultado o 28 de marzo do 2016] (versión dixital)

Raquel Güereca Torres . FEMINISMOS, TECNOLOGÍA Y COMUNICACIÓN: LA CONSTRUCCIÓN DE UNA VOZ PROPIA EN LAS SOCIEDADES DE LA INFORMACIÓN. Guereca. [Consultado o 28 de marzo do 2016] (versión dixital)

Mujeres en Red. El periódico feminista. (2016). Mujeresenred.net. [Consultado o 28 de marzo de 2016] (versión dixital)

Día: 28/03/16

Horas de revisión e publicación:

Hora revisión editora: 21:15

Hora revisión GBO: 23:00

Hora publicación: 23:40

Modificación:

Día: 04/04/16

Hora revisión editora: 11:20

Hora revisión GBO: 11:40

Hora publicación: 12:06

 

Advertisements

6 comentarios en “A influencia dos medios na familia

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      A maioría das telenovelas siguen o típico patrón que indica que o amor doe, de que as mulleres teñen que ser preciosas para ser o desexo do home ao que aman. Todos estes valores son vistos polas súas seguidoras, as cales aspiran a ter algún día na vida o home que as manteña para ser felices de por sempre. Esta páxina, Scielo(http://www.scielo.org.co/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1692-25222011000100002), amosa datos de Arxentina e México na que respaldan a nosa postura.

      Non coñezo esa telenovela, pero paréceme unha moi boa forma de chegar á sociedade e facerlle ver outro tipo de vida máis realista. Sería un bo exemplo a seguir por parte para o resto do gremio.

      Día: 06/04/16

      Hora revisión editora: 19:00

      Hora revisión GBO: 19:05

      Hora publicación: 19:20

      Gústame

  1. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Sen lugar a dubidas, a televisión e os medios de comunicación son quizáis os principais actores que estan a cimentar a sociedade patriarcal na que vivimos. Sen ir tan lonxe como dis ti no artigo, ou exemplo máis claro podese atopar nos telexornais de todas as cadeas. Cando ocorren asasinatos machistas, estas adicanse a entrevistar aos veciños que vivian preto dás victimas e a contavilizadas privandolas de toda humanidade. O sensacionalismo e a tónica deste tipo de noticias. Tes toda a razón no teu artigo e é necesario que axiña haxa unha concienciación para que a sociedade decátese deste problema. Non obstante, a pesar de estar completamente de acordo co que dis, creo que o camiño para chegar a que o día de mañan podamos gozar duns medios de comunicación igualitarios é un camiño que ten que empezarse a construír dende abaixo. A sociedade machista é un problema estrutural e polo tanto, vos obxectivos para combatilo deben estar moi ben delimitados e ser ou suficientemente claros para que os distintos colectivos aúnen as suas forzas. E nisto, o movemento feminista debería, baixo o meu punto de vista, reflexionar seriamente. Non é de recibo que se pretenda cambiar os medios de comunicación mentres moitas mozas non son capaces de comprender que entrando nunha discoteca como Apolo, na cal se lles permite entrar de balde, están a favorecer esta sociedade patriarcal dá que falamos. Ou que as activistas de femen, en todo ou seu dereito de protestar como lles veña en gana, non teñan a suficiente visión como para adiantar que nesta sociedade, ensinar ou peito e contraproducente. Creo que, para eliminar ou sexismo nos medios de comunicación, primeiro hai que empezar por cousas máis sinxelas. Deixo adxunto un enlace que avala a miña opinión http://www.rebelion.org/noticia.php?id=177745

    Data de emisión do comentario: 06/04/2016- 09:23
    Data de revisión do GBO: 06/04/2016- 13:01
    Data de publicación do comentario: 06/04/2016- 14:45

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

      Toda estrutura ten uns cementos e os nosos están feitos de machismo. O básico e principal de todo é educar, facerlle entender aos máis pequenos, e xa non tanto, que o que están vendo e eles consideran como normal non é así. Criar con valores de igualdade espertará en nós unha nova visión do mundo, pero de que nos serve a educación e todo o traballo se logo os medios de comunicación imparten a diario o seu machismo? No referente á segunda parte do teu comentario, non considero feministas a persoas que non buscan a igualdade en tódolos ámbitos. Oportunistas quédalles mellor. Se ben queres o teu respecto para poder cobrar o mesma ca outra persoa de distinto sexo polo mesmo traballo, non te contradirás a ti mesma entrando nunha discoteca que trata ás mulleres por “obxectos”. Porque cando non pagas polo produto, o produto es ti. E oportunistas deste estilo hai unha chea deles, que consideramos heroes e modelos a seguir e non un principios básicos. E falando desta xente, déixoche unha noticia que recordarás sobre Alejandro Sanz, na que paraba nun dos seus concertos a un home que estaba maltratando á súa parella, http://www.elmundo.es/f5/2016/02/25/56cef90546163f7b768b462f.html Proclámase a favor da igualdade de sexos, pero emprega frases sexistas e contradise coas súas propias letras. Non é moi coherente, sen entrar ao debate de se unha persoa é capaz de decatarse entre tanta xente do que está a ocorrer entre dúas no medio do público. Todo moi cuestionable.

      Día: 13/04/16
      Hora revisión editora: 19:00
      Hora revisión GBO: 19:10
      Hora publicación: 21:20

      Gústame

  2. Casas Fontán, Alicia- S1D3

    Que a televisión é fundamental na nosa concepción sobre a vida é un feito do que creo que non cabe dúbida. Se cadra habería que falar máis ben de material audiovisual en lugar de televisión pola gran influencia que ten tamén o cine nas nosas vidas; mais está claro que a televisión dun xeito especial pola súa presencia no día a día da maioría das persoas.
    Paréceme interesante a achega sobre as telenovelas, marcadas por unha linguaxe e unha trama cargada de machismo. Tramas que, case na súa totalidade, mostran sempre a mulleres en relación a homes, nunca en relación a elas mesmas. Sendo un home só unha pequena parte na vida dunha muller… Mostran vidas de mulleres sumisas, as nenas ven esas vidas reflexadas na pantalla e asumen esas vidas como as correctas e adecuadas. E perdura e perdura o modelo patriarcal.
    Hai unha excepción que recordo ver cando era nena, Rubí se chamaba. Falaba dunha muller “descarada” que, aínda que lonxe de ser o prototipo de muller telenovela (romántica que busca ao seu príncipe e se deixa dominar), trataba sobre unha muller que só busca os cartos e en relación a eles o amor. A sintonía é ilustrativa https://www.youtube.com/watch?v=R_g92AQK_uo:”Es una descarada por ser la más hermosa, no tiene casi nada pero le gusta la vida cara. Y a mí me gusta ella y sé cuánto me ama. Sé que sueña conmigo pero amanece en otra cama. El dinero le robó su corazón”.
    O que está claro é que ningún dos guionistas destas telenovelas leu a Virginia Woolf,
    Deixo por aquí unha “conferencia” de Camila Bossa, unha actriz galega que fala do papel da muller na ficción galega. Unha perspectiva feminista dunha actriz que parece que non para, pois a CRTVG non deixa de emitir series nas que aparece (Mareas vivas, Matalobos). Mais a realidade é ben diferente… Di Camila que a partir de certa idade e certo peso as actrices xa non teñen “dereito” a saír na televisión:
    http://tv.uvigo.es/video/index?mm_id=13714
    É tamén de recoñecer o apunte respecto a serie na qeu traballou, A mariñeira, na que excepcionalmente, se pon na pel dunha muller con inquedanzas políticas e culturais. Un tipo de muller que debería ser reflexedo con máis frecuencia no panorama actual.

    Revisión GBO: 08/04/2016 11:38

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

      “Al solicitar las mujeres el acceso al poder, las estructuras de poder usan materialmente el mito de la belleza para impedir el avance de las mujeres”. Non creo que ningún dos guionistas que escriben ningunha das telenovelas que tratamos neste post tivera nas súas mans a Virginia Woolf.
      Apoio a opinión de Camila Bossa sobre a infantilización das mulleres nas series televisivas. Unha conferencia moi interesante en contido, un reflexo máis da nosa machista e patriarcal sociedade que obriga ás mulleres a ser o obxecto eterno de desexo para os homes. Déixoche un arquivo no que con datos concretos amosa a situación da muller no traballo laboral. http://pendientedemigracion.ucm.es/info/ec/jec8/Datos/documentos/comunicaciones/Feminista/Larra%F1aga%20Mercedes.PDF . Cabe destacar a salientable desigualdade que existe en España en comparación con outros países europeos.

      Día: 13/04/16
      Hora revisión editora: 19:00
      Hora revisión GBO: 19:10
      Hora publicación: 21:20

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s