“A pobreza son moitas cousas, pero o xornalista reduce o seu significado a unha”

Thinkstock

por García Vegas, Cintia – S2D2

Resulta complicado entender o que realmente é a precariedade e a pobreza se non o vives nas túas propias carnes. Moitas veces tendemos a estigmatizar e clasificar a un grupo de persoas polas circunstancias que os rodean, criticando  o seu xeito de [sobre]vivir e buscando culpables entre os que non o son. Pero non temos en conta que eles non elixiron estar en esa situación; nin en esa nin en ningunha semellante. Tamén pensamos que é unha liña no horizonte que nós nunca ímos alcanzar, que a nós non nos vai tocar. Equivocámonos.

Hoxe falo cunha persoa á que a vida non o tratou ben. Non fai falta dar nomes nin apelidos, nin tan sequera lugares, porque é outra das moitas voces que recorren as rúas da nosa cidade día tras día e que non se escoitan. Susurran e susurran e nós non lle facemos caso; porque xa haberá outro que se ocupe dese problema.

Mentres tanto, nós, xornalistas, cedemos a presión dos intereses económicos e políticos. Cedemos ante a liña editorial, ante a ideoloxía e ante calquera sinal de stop que se poña por diante. E tratamos o tema como algo lonxano, con medo de saírnos dos límites que se nos estableceron, e apagamos os susurros que gritan buscando a nosa axuda.   Ou os camuflamos, como nesta noticia do diario La Voz de Galicia, no que o xornalista leva a información ó seu terreo e non afonda nas consecuencias da mesma. En definitiva, desgraciadamente cumplimos cada un dos indicadores que estamos a estudar dende principios de curso.

Hoxe eu quero darlles voz a eses susurros grazas a participación da persoa que se senta o meu carón. Está nervioso por ser a primeira vez que se enfrenta a unha entrevista, xa que nunca tivo a oportunidade de denunciar ante os medios. “Silénciasenos, eu aínda que quera non podo acceder a un xornal. Nin sequera sei como tería que facelo. Se non tes cartos ou es unha empresa importante a túa voz non vale nada. Non vendes”, di mentres intenta frear o tremor das súas pernas. Invítolle a continuar, quero saber que pensa do papel da miña futura profesión, do papel dese 4º poder da sociedade que ás veces esquece cal é o seu fin; os medios quédanse curtos, limítanse a dicir catro palabras que se inventan e se a persoa morreu pois que mala suerte. Tiñan que ser máis elocuentes coas persoas e non entrar na clasificación. Utilizan a palabra “pobreza” pero carecendo moito do coñecemento do que iso significa. A pobreza son moitas cousas, pero o xornalista reduce o seu significado a unha e se acabou”. As súas palabras remítenme directamente a esta noticia publicada polo diario El Faro de Vigo e no que se trata o tema como un simple listado de números. ¿En qué nós estamos convertindo nós, os xornalistas, se a nosa labor a reducimos a copiar e pegar números dun informe?

Consulto gran cantidade de medios antes de preparar a entrevista, pero ningún me ofrece unha explicación sobre a realidade diaria das persoas que, como o home que se senta ó meu lado, están nunha situación de pobreza ou precariedade. Cómo é o seu día a día?, pregúntolle. Sorrí amargamente e, tras uns segundos nos que aproveita para coller aire, comeza a describir a súa realidade: “é moi duro, hai que buscarse a vida contínuamente. Sen recursos e, aínda por riba, o goberno apretou moito, pois non me queda máis remedio que vivir da chatarra e dalgún traballo dun veciño que che quere axudar”. Cóntame tamén que en varias ocasións tocoulle durmir na rúa “o momento no que te decatas de que tes que vivir á intemperie é moi duro. Tes frío, fame e medo, moito medo. A xente mírate mal e tes medo do que te poidan facer, porque ti estás alí, tirado na rúa, sen ningunha protección… e non sabes o que pode pasar. Pero o peor de todo é a soidade, o verte só e sen ninguén que te bote unha man. Aínda así, de vez en cando atópaste con xente que che axuda e volves  crer nas persoas”.

Defínese a si mesmo coma un parado de larga duración, ” hoxe en día, sendo albañil, coa crisis e a caída da construción… Ademais, tendo 50 anos pois xa nada…”  e recalca unha e outra vez a gran labor das asociacións que día tras día lles ofrecen axuda para facer a súa vida menos complicada. “Se non fora por eles, o noso día a día sería aplastante, sería como ter un pé enriba permanentemente. É un colchon, polo menos pódeste asear, tomar un café e despois, tamén , o cariño que che dan. Escóitante e iso vale moito”.

Unha pequena sinal de felicidade inunda o seu rostro. Quero deixar ahí a entrevista, evitando que esa felicidade se desvaneza. Antes de despedirnos fágolle unha última pregunta: ¿cal é o motor que lle impulsa día a día para seguir adiante? Bota a rir e contéstame “é o ser humano. Teste que levantar por moi mal que estes, tes que seguir avanzando coa ilusión de que a cousa cambie e mellore”.

Eu prométolle que a cousa mellorará, que as súas palabras serán lidas polo resto do mundo e que loitaremos por un xornalismo real. Temos que facelo.


Referencias:

Santiago La Voz (2015, 9 de decembro). El gobierno local pide tiempo para atajar el problema de la indigencia. LavozdeGalicia.es http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/12/08/gobierno-local-pide-tiempo-atajar-problema-indigencia/0003_201512S8C1992.htm 

Redacción Europa Press (2015, 10 de febreiro). Más de 672.000 gallegos están en riesgo de pobreza o exclusión. FarodeVigo.es http://www.farodevigo.es/galicia/2015/02/10/672000-gallegos-riesgo-pobreza-o/1181782.html 

Observatorio Cidadán da Comunicación (2016). S2D: indicadores. Observatorio Cidadán da Comunicación. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/s2d/ 

EAPN Galicia (2016). Entidades Miembro. http://eapn-galicia.com/es/-entidades-miembro/

Revisión GBO: 28/03/2016 ás 21:00, segunda revisión 30/03/2016 ás 11:48 e terceiira revisión 04/04/2016 ás 19:06

Revisión do editor: 30/03/2016 ás 17:08

Publicación: 04/04/2016 ás 11:59

Advertisements

7 comentarios en ““A pobreza son moitas cousas, pero o xornalista reduce o seu significado a unha”

  1. Feijoo García, Luis (S1D4)

    Os medios de comunicación masivos xogan un papel clave na sociedade moderna e convertéronse na vía máis utilizada polos cidadáns para ter acceso á información actualizada sobre o que ocorre no mundo. Iso transforma a estes medios en poderosos instrumentos, que ofrecen amplas oportunidades para potenciar procesos, visións e inclusive precipitar ou desencadear decisións.

    Con todo, comprobamos que os medios de comunicación en xeral non se fan responsables ou non miden adecuadamente o impacto e poder que teñen sobre a opinión pública. En relación á pobreza, atopámonos cotidianamente con prácticas informativas que dan conta do descoñecemento que existe sobre o tema. Así, con carácter xeral predominan os mesmos enfoques, incluso as mesmas imaxes.

    Para finalizar quixese sinalar que detrás de cada historia protagonizada por persoas en situación de pobreza, hai razóns, hai temas de fondo e hai solucións que se buscan cada día con moitísimo esforzo e dignidade. Cando os xornalistas só informamos sobre unha destas arestas, fallamos, non cumprimos coa nosa misión, probablemente só cumprimos co mercado, pero non logramos visibilizar e mostrar ao resto da sociedade unha parte do noso país que vive nas marxes da exclusión e a desintegración.

    Deste xeito, está en nós, xornalistas, a través do noso propio código ético tratar de mudar esta situación e mostrar a verdadeira historia que ten cada situación de pobreza visibilizando ao resto da sociedade aquela masa social que vive nas marxes da exclusión. Apoio do xornalismo real do que se fala no artigo.

    Revision GBO: 06/04/2016 11:40

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]
      Totalmente de acordo coas túas palabras. Detrás de cada noticia publicada, existe unha persoa en risco de exclusión ou pobreza. Unha persoa que chegou a esa situación debido a unhas causas que, en moitas ocasións, poco teñen que ver con ela. Véxase a crise, as políticas dos gobernos… circunstancias que ó fin e ao cabo non pudieron ser evitadas e que desembocaron na situación tan terrible á que agora se enfrentan. Os medios de comunicación, pola nosa banda, deixamos a un lado todos estes factores e só prestamos atención as cifras. Hoxe en día é máis importante- máis chamativo- dicir que 672.000 galegos están en risco de exclusión, que propor unhas solucións ou dar a coñecer as causas deste feito. É triste, pero é a realidade. Temos un claro exemplo desta noticia publicada polo diario Faro de Vigo no que as porcentaxes e os números ocupan toda a información: http://www.farodevigo.es/galicia/2015/02/10/672000-gallegos-riesgo-pobreza-o/1181782.html

      Revisión do editor:05/04/2016 14:36
      Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 16:45

      Gústame

  2. Fontela Alvelo, Lara (S2A2)

    As continuas información masivas dos medios de comunicación volvéronnos insensibles antes as desgrazas humanas tanto aos encargados de informar como ao público en xeral.

    Os xornalistas só buscan dalas noticias dunha maneira rápida, renunciando á búsqueda da verdade, moitas veces obrigados polas súas empresas as cales estás as ordes dos poderes públicos e económicos.

    O diñeiro manda e a dignidade do ser humán quedoy nun segundo plano. Estamos adormilados ante as calamidades, o bombardeo mediático fíxonos insensibles ao dor humán, tanto se se produce a centos de kilómetros como se o temos cercano e o podemos observar cada día.

    Respaldo a opinión de que é necesario cambiar esta situación e os xornalistas xogamos un papel importante. As vidas das persoas non poden ser soamente o recheo dunha noticia que ao día seguinte olvidaremos.

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      O problema e que hoxe en día a vida das persoas “non vende” e, moito menos, os seus problemas. As necesidades dos cidadáns quedaron eclipsadas por outras noticias que reflicten os intereses das grandes esferas. Ti non podes consultar un medio para saber qué problemas ten a cidadanía porque, sinceramente, o único que vas a atopar son noticias sobre o ben que fan o seu traballo X persoas ou o mal que o fan X persoas. De feito, se tes a sorte de poder atopar unha información sobre, por exemplo, a precariedade, a pobreza, os desahucios… o único que vas a poder aprender son cifras. As persoas quedan reducidas a simples cifras e os seus problemas, as súas vidas, móstranse como unha soa. A outra opción é que atopes estudos- como este recén publicado baixo o título “Infancia, pobreza e crisis económica” ( https://obrasocial.lacaixa.es/deployedfiles/obrasocial/Estaticos/pdf/Estudios_sociales/vol40_es.pdf ) – que te permita ter unha visión máis realista do que realmente pasa. De novo, estes estudos non son recollidos polos medios, e tampouco permiten ver como é o día a día dos milleiros de cidadáns que están en risco de exclusión ou dalgún tipo de perigo.

      Revisión do editor: 07/04/2016 ás 11:27
      Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 11:50

      Gústame

  3. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Moi interesante o teu artigo Cintia, non podo estar máis de acordo con el. A visión que ten a sociedade sobre as persoas en situación de precariedade e especialmente dos senteito está repleta de prexuízos. Dende que están así porque queren ata que é o que se merecen por gastar os cartos en alcohol e drogas. A realidade é ben distinta e nos ensina que unha serie de desafortunadas circunstancias poden levarte a perdelo todo e que un día podemos ser nós un deles. A historia que contas é unha proba disto, a crise económica truncou o seu destino. As circunstancias para estas persoas son realmente difíciles e en vez de facilitarlles as cousas, complicamos aínda máis as súas vidas porque os prexuízos crean barreiras que os apartan e os conducen á exclusión. Isto fai que moitas persoas cando se atopan na rúa cunha persoa en situación de precariedade, sintan indiferenza. Os medios de comunicación son os que precisamente acentúan esta indiferenza a través da forma que teñen de plasmar as noticias deste colectivo. Isto tamén ocorre con outros colectivos, como o estudado no noso grupo de traballo: os inmigrantes. Tanto as persoas en situación de pobreza, como os inmigrantes, son invisibles para os medios, son para eles un número máis, non contan a súa realidade, os seus problemas e as súas demandas, non lles dan voz pese a ser os verdadeiros protagonistas. Porén nesta tormenta, afortunadamente poden verse raios de luz a través da acción levada a cabo polas asociacións solidarias, como destaca o protagonista do teu artigo. Creo que sería do voso interese, coñecer á asoaciación Boanoite: http://www.boanoite.es/. Son un grupo de persoas novas que de forma altruísta percorren as rúas das cidades de Coruña e Santiago, repartindo comida entre as persoas senteito. Ademais, rehabilitaron unha casa para as persoas en proceso de reinserción social, facilitando as súas vidas e a busca dun emprego. Está na mans de todos, mellorar a vida destas persoas e loitar por un mundo máis xusto e igualitario.
    Revisión da editora: 19:55
    Revisión do GBO:19:58

    Liked by 1 person

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]
      Ola Cristina, grazas por ler o artigo!

      A propósito do tratamento dos medios, que como coincidimos ambas, non é o adecuado, quéroche deixar un caso recente que apareceu nos medios. Como saberás, na praza do Toural viven un grupo de persoas sen recursos, sen ningún lugar a onde ir e que teñen que pasar día e noite na rúa. Ben, pois durante a Semana Santa en sinal de protesta (e para chamar a atención dos medios) orinaron na rúa mentres pasaba a procesión. Non defendo nin a súa actitude nin a da xente presente no acto, pero quero deixarte o link da noticia que se publicou na Voz de Galicia onde o importante era que interrumpiron a procesión, non que estean na rúa día tras día. Tamén che deixo o link dun artigo de opinión sobre o mesmo feito onde o tratamento da realidade é totalmente distinto. Podes xulgar por ti mesma.
      Link da noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm
      Link do artigo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/03/29/ultimo-pipi-sara-toural/0003_201603S29C2995.htm

      Así mesmo, agradecerche a información sobre a asociación Boa Noite, non sabíamos da súa existencia e son unha boa fonte para o noso estudo. Déixoche eu este outro listado das asociacións relacionadas co voso tema en Compostela, esperando que vos sexa de axuda: http://www.papelesespana.com/asociaciones/la-coruna/santiago-de-compostela/

      Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 09:22
      Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s