A televisión en LSE

Rodríguez Arias, Icía – S3A3

rtve_lengua-signos
Fonte: appsmag.es

A modo de continuación co noso último artigo sobre a difusión nos xornais das persoas xordas, propoñemos unha revisión dos contidos televisivos que se ofertan hoxe en día e a súa accesibilidade a persoas xordas que empreguen a lingua de signos, tanto española como galega. De forma xeral atopámonos con que non todas as televisións cumpren as cotas establecidas e que en ocasións o formato deixa moito que desexar.

Actualmente a Televisión de Galicia 2 emite ás 15:30 cada día o Telexornal Mediodía en LSE, o informativo de maior audiencia e o máis destacado. Anteriormente, contaban co servizo de intérprete en “Bos Días” que era de menor duración. A nivel estatal, en decembro do ano pasado a canle 24 horas comezou a emitir o Telediario 1 con tradución en directo a LSE. En canto a cadeas públicas, a TV2 destaca fronte á TV1, contando con máis horas de programación en lingua de signos e incluso cun programa propio para xordos nos que o/a intérprete é a imaxe principal, que leva por nome “En Lengua de Signos”.

A “Ley General de Comunicación Audiovisual” estipulaba no ano 2010 que polo menos o 75% dos programas debían estar subtitulados e debía haber canto menos 2 horas de programación en lingua de signos á semana. Esta cifra aumenta ó 90% de subtitulación e ás 10 horas semanais de programación en LSE cando se trata de cadeas públicas. É complicado saber se hoxe en día se están a cumprir estas, posto que os últimos estudos sobre a incorporación da LSE á televisión datan do ano 2011. Estes eran elaborados pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións de España, que en 2013 pasou a ser parte doutra entidade. En Galicia tampouco se conta con ningún estudo que mida a inclusión da lingua de signos na televisión.

O Centro de Normalización Lingüística de la Lengua de Signos Española realizou un informe traballando en gran medida cos datos proporcionados polo CMT anteriormente mencionados, e chegou á conclusión de que as cadeas TVE, Clan, Tododeporte, FDF, Cuatro e Intereconomía no período 2010-2012 non cumprían coa normativa xa mencionada.

Captura de pantalla 2016-04-04 a las 19.27.59
Fonte: Informe Presencia de la LSE en la comunicación (extraído de La Sexta 3)

Nun cuestionario xerado pola mesma entidade, acadouse que hai certas preferencias no xeito de incluír a lingua de signos en televisión. De xeito xeral, prefírese que se poda desactivar ou activar a imaxe con lingua de signos, e que apareza a silueta da persoa no canto da mesma dentro dunha caixa, como se amosa na imaxe.

 

 

Ademais, as persoas xordas prefiren que o signante apareza como a imaxe principal e que sexa unha persoa xorda fronte a unha intérprete de signos ouvinte. A accesibilidade, neste caso, non é soamente pasar do oral aos signos, senón que tamén é comprender a cultura xorda e o xeito que as persoas xordas teñen de concibir a realidade. Como expón o xornalista Guillem Carles e se recolle neste estudo:

Debería existir un comité de ética que velara para que as televisións incorporaran a xornalistas xordos. É unha cuestión de sensibilidade, para non facer un uso prestado da lingua de signos.

A inclusión de forma correcta da LSE no eido audiovisual é unha necesidade, e aínda que estea acotada a súa presenza, non sempre se inclúe dentro das marxes da legalidade. Facer que iso sexa así é unha responsabilidade de todos á hora de esixilo, e especialmente, dos medios de comunicación audiovisuais. Non ter en conta a diversidade funcional das persoas á hora de comunicar imposibilita que a información chegue a un gran sector da poboación.


Referencias

BOE. (31/03/2010). Ley 7/2010, de 31 de marzo, General de la Comunicación Audiovisual. Boletín Oficial del Estado, 79, 30157. 03/03/2016, De BOE Base de datos.

Francisco Utray. (2014). Diversidad funcional, lengua de signos y televisión en España. 03/04/2015, de Usal Revistas Sitio web: http://revistas.usal.es/~revistas_trabajo/index.php/2172-9077/article/view/12244/12597

Jordi Serrat Manén. ( 5/11/2012). Una aproximación a los referentes informativos de las personas sordas. Revista Española de Discapacidad, 1, 16. 3/04/2016, De CEDD Base de datos.

Mª Esther Gil Sabroso. (2015). Informe: Presencia de la Lengua de Signos Española en la Televisión. 03/04/2016, de CNSE Sitio web: http://www.siis.net/documentos/documentacion/Informe.%20Presencia%20de%20la%20Lengua%20de%20Signos.pdf

  • Revisión do editor: 04/04/2016 19:34
  • Revisión do GBO: 04/04/2016 19:45
  • Publicación: 04/04/2016 20:10

 

Advertisements

7 comentarios en “A televisión en LSE

  1. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Icía!
    O tema a debater neste post paréceme moi interesante, ademais de que afecta á calidade de vida de unha gran cantidade de persoas. Claramente, a linguaxe de signos, é unha forma de comunicación coma calquera outra lingua e non debería excluírse de ningún ámbito que a implique.
    Como moi ben explicabas no post, son moitos os avances respecto a este tema, xa que a Ley General de Comunicación Audiovisual estipulaba a subtitulación dos programas. Aínda que isto non se queda alí: nestes artigos dos xornais galegos La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2016/02/15/estrada-convierte-hollywood-audiovisual-personas-sordas/0003_201602P15C2993.htm) e o Faro de Vigo (http://ocio.farodevigo.es/tv/noticias/nws-140885-la-asociacion-idendeaf-rueda-o-grove-primera-serie-lenguaje-signos.html), introdúcesenos a unha nova forma de utilizar a lingua de signos.
    “Para hacer posible el acceso al audiovisual de las personas sordas se ha creado en A Estrada la asociación Idendeaf, que se dedica a la producción y formación audiovisual en lengua de signos. Su objetivo es formar a personas sordas para que ellos mismos se conviertan en creadores audiovisuales y llenen el enorme vacío que existe en la oferta para este colectivo.”
    Tanto na Estrada coma no Grove este proxecto audiovisual para persoas xordas foi levado a cabo polo grupo Idendeaf, unha asociación sen ánimo de lucro dedicada exclusivamente a crear contenidos audiovisuais en lingua de signos.
    “Hay que aclarar que Idendeaf se presenta como “una asociación que nace con la idea de acercar el audiovisual a las personas sordas y de fomentar entre este colectivo una identidad propia, la llamada identidad sorda”.
    A súa intención é “crecer profesionalmente siendo una asociación para la producción y formación audiovisual para sordos, trabajando con sordos y formándolos en el sector e integrándolos en un mundo todavía desconocido para ellos”.
    Esta é a páxina de Idendeaf, Icía, creo que pode proporcionarte moita información: http://idendeaf.com/
    Por outra banda, xa que estamos a falar de medios nos que debería incluírse a lingua de signos, paréceme importante citar tamén Internet. Canto máis pasa o tempo, máis importante se fan os ordenadores e, polo tanto, Internet. Así que, non debería reivindicarse incluír a lingua de signos nos vídeos audiovisuais de Internet? Creo que este tema xa foi tratado anteriormente polo teu grupo de traballo, pero paréceme importante volver a facer un chamamento.
    Como conclusión só quero engadir a miña total concordancia coa opinión que deches no post, Icía. É importante ter en conta a diversidade en calquera ámbito (e máis aínda nunha sociedade con cada vez máis xente xorda), isto non é problema e responsabilidade completa dos medios de comunicación, se non de cada un de nós.

    – Revisión do editor: 05/04/2016 11:45
    – Revisión do GBO: 05/04/2016 20:18
    – Publicación: 05/04/2016 21:06

    Gústame

    1. Boas, Eva.
      Paréceme moi interesante o traballo que está a desenrolar Idendeaf, pero xa o coñecía. De feito, un dos membros do noso círculo é un actor da serie que levan a cabo.
      Claro que se debería reivindicar moito máis, o que pasa é que é un colectivo xa illado polas súas propias características. Como dis, claro está que temos que poñer todos da nosa parte.

      Gústame

  2. Vivimos nun mundo cada vez máis actualizado no que os cidadáns temos acceso a todo tipo de actividades e cubrimos as nosas necesidades. Pero a pesar desta apariencia, as persoas con algunha discapacidade, neste caso auditiva, non gozan de moitos privilexios ao que o resto poden acceder.
    Dende fai varias décadas, parece que os medios de comunicación están ao alcance de todos, pero non é así. Algo tan básico como ver a televisión ofrece dificultades para as persoas xordas, cando sería moi sinxelo satisfacer esta necesidade, cada vez máis esencial. O máis grave desta situación é que é ignorada pola maioría da poboación e pouca xente ten a iniciativa de resolver este problema.
    Calquera industria cultural debería ofrecer un produto accesible para todas as persoas, independentemente de se ten algunha discapacidade. Non debería ser necesaria ningún tipo de lexislación ou normativa, simplemente deberiamos ser máis humanos e ter en conta que o público é moi heteroxéneo en todos os sentidos. Ademais, se se trata dunha industria, a súa finalidade debería ser chegar ao maior número de persoas.
    Parace incrible que nunha sociedade tan avanzada que loita pola igualdade, haxa este tipo de condicionantes que crean diferenzas e limitacións para moitas persoas. Que se trate só dunha “pequena” porcentaxe da cidadanía non significa que non sexa unha gran cantidade de xente que ten as mesmas necesidades intelectuais e ociosas que o resto.

    Atopei un estudo interesante sobre a accesibilidade das persoas con discapacidades auditivas á televisión, centrándose na TVE: file:///C:/Users/Toshiba/Downloads/Dialnet-LaAccesibilidadAlMedioAudiovisualParaPersonasSorda-4962626.pdf

    Confío en que continuemos avanzando en todos os eidos, con respecto a esta problemática, en especial nos medios de comunicación.

    Gústame

    1. Coincido totalmente co que ves comentando, moitas grazas pola túa aportación, Mélani. Ás veces obviamos a certos colectivos nos medios, e hai que tratar de ser o máis rigurosos para que todo o mundo poda formarse unha opinión crítica.

      Gústame

  3. Figueroa Torres, Iria – S2A1

    Boas, Icía. Aínda que desde logo o tema aquí analizado dá para moito, eu quereríame centrar na alternativa que supoñen os subtítulos e que adoita ser a máis doada para implantar para os medios, ademais de seren activábeis e desactivábeis segundo a preferencia do espectador na inmensa maioría de canles das actuais televisións.
    Isto pode facer que vexamos como totalmente innecesaria a incorporación aos programas dun intérprete de linguaxe de signos, mais o certo é que a lingua de signos é o xeito natural de comunicación para as persoas xordas, e polo tanto a súa incorporación é o único que realmente pode romper as barreiras de accesibilidade destes colectivos ao audiovisual. Estiven a ollar un informe sobre a inclusión de avatares intérpretes de linguaxe de signos na televisión dixital (http://www.cibersociedad.net/congres2009/es/coms/inclusion-de-avatares-interpretes-del-lenguaje-de-signos-en-la-television-digital-llamada-a-la-definicion-del-estandar-dvb-sl-dvb-signed-language/364/) e realmente quedeime con esa idea: o subtitulado é realmente a opción máis empregada polos medios por ser a máis cómoda para eles, pero realmente non cumpre a esencial función de normalizar a linguaxe de signos, obxectivo no que os medios de comunicación tamén deben de ser un exemplo.

    Gústame

    1. Exacto Iria, como ben comentas é a opción máis doada pero non a máis acertada. Segundo algunhas enquisas, as persoas xordas prefiren que esta opción (a do intérprete) se poda desactivar tamén, posto que hai contidos para os que si os precisan, como poden ser os informativos, e outros nos que non, como pode ser na retransmisión dunha competición deportiva.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s