As opcións ante a dependencia das persoas con enfermidade mental

Casal Tizado, Laura – S1A5

cuidado_mayores.jpg
Getty Images

Unha persoa en situación de dependencia é aquela que por razón derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutra persoa ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria, ou no caso das persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual, doutros apoios para a súa autonomía persoal.  As actividades básicas da vida diaria (ABVD) son as tarefas que permiten a unha persoa desenvolverse con autonomía e independencia: coidado persoal, actividades domésticas básicas, mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordes e tarefas sinxelas…

Actualmente, en España hai máis de 1.180.000 persoas en situación de dependencia recoñecida. Un 2,5% da poboación española non pode desenvolver as ABVD sen apoios de maior ou menor intensidade. Ante esta situación, hai xa nove anos, aprobouse a lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención das persoas en situación de dependencia. Esta lei ten como obxectivo “o establecemento de medidas adecuadas de prevención, rehabilitación, estímulo social e mental” e a “promoción das condicións precisas para que as persoas en situación de dependencia poidan levar unha vida co maior grao de autonomía posible”. Nembargantes, logo de nove anos, non podemos dicir que a lei se execute de maneira exemplar, se observamos os datos.

evolucion derecho atencion
XVI Dictamen do Observatorio da LAPAD

Neste momento, nove anos despois da implantación da LAPAD, un terzo das persoas dependentes non recibe ningunha prestación ou servizo do sistema de atención á dependencia aínda cando ten pleno dereito ás mesmas. Será porque non as necesitan? Das case 400.000 persoas desatendidas, un 27% son dependentes con grado III ou con grado II.  O sistema de información e asesoramento sobre este tipo de axudas está moi mal estruturado, que se combina co labirinto burocrático para dar lugar a unha situación totalmente lamentable.
Aínda que no 2015 volven producirse incrementos significativos de persoas atendidas, coincidindo coa entrada ao sistema de todos os dependentes de grao I, haberá que valorar se este cambio de tendencia (a positivo) é realmente un cambio de tendencia ou simplemente é un espexismo producido pola entrada de novos expedientes. Por outra banda, son importantísimas as graves desigualdades entre territorios, tanto en cobertura como en modelos de xestión.

As opcións para as persoas con enfermidade mental en calidade de dependentes son moi poucas. Cando falamos de enfermidade mental grave ou en estado de dependencia, moitas veces pensamos directamente nun réxime de control baseado no internamento nun centro psiquiátrico. Pero, moitos son os que manteñen que nos psiquiátricos están aquelas persoas que non poden acceder a outros tipos de coidados máis normalizados (como por exemplo os familiares ou os residenciais), e non só os casos máis graves. Mentres a enfermidade se atope controlada e co tratamento e os servizos sociais axeitados, non ten por que ser necesario o internamento nun centro especializado.

A opción que se supón máis interesante, é a da convivencia en familia, se esta se atopa en condicións favorables de poder atender adecuadamente as necesidades da persoa dependente e, por suposto, se conta cos recursos necesarios. Pero, por norma xeral, neste punto atopámonos con varios problemas: por un lado, a falta de formación por parte da persoa que coida á persoa en condición de dependencia, se é un familiar o que se encarga da axuda nas ABVD, e, por outra, nas dificultades económicas que carrexa contratar a unha ou máis persoas especializadas ou formadas en coidados a persoas dependentes. Debemos ter en conta que o gasto medio do estado por persoa dependente é de algo menos de 7.000€ ao ano, uns 580€ ao mes, que non chegan nin para un soldo mínimo a xornada de 8 horas. Por outro lado, enfrontámonos a un problema de xénero en materia de dependencia: as mulleres convértense en coidadoras non por libre elección, senón por imposición económica e social, mentres os homes non asumen o papel de coidador, relegando as funcións á muller, de maneira discriminatoria.

Logo de nove anos da implantación da LAPAD, non podemos dicir que a situación das persoas en situación de dependencia é boa. Non podemos dicir que mellorou, sequera notablemente, a calidade de vida dunha minoría social que non pode facer fronte aos gastos de coidado, cuxos familiares teñen que recorrer a empregarse a media xornada ou a deixar os seus empregos para ocuparse dos seus coidados por mor de non poder permitirse uns coidados especializados. En dúas lexislaturas,  nove anos e seis ministros, non se conseguiu potenciar a autonomía, cumprir a lei nin garantir os dereitos das persoas no Estado Español.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 4/4/2016 20:00
  • Hora de revisión do GTO: 4/4/2016 21:15
  • Hora de publicación: 4/4/2016 23:20
Advertisements

3 comentarios en “As opcións ante a dependencia das persoas con enfermidade mental

  1. Natalia Yáñez Vila – S3C5

    Vexo que o teu artigo está moi ben argumentado, pero como non falas do tratamento dos medios sobre a situación de carencia de axudas dos enfermos mentais ocupeime de buscar un pouco de información.

    O País explica nesta noticia http://elpais.com/diario/2011/04/11/sociedad/1302472803_850215.html que moitas persoas non acceden a este tipo de axudas porque as descoñecen ou por estigma social. Isto quere dicir que o problema non só se atopa na deficiencia da lei que os protexe, senón en que, como xa falamos noutras ocasións está mal “visto” pola soiedade padecer unha enfermidade deste tipo. Culpabilizamos a aqueles que a sofren, como se estivera nas súas mans evitalo, cousa que xamais se nos ocorrería facer cun enfermo de cancro ou de corazón, por exemplo.

    Aquí outro exemplo do tratamento dos medios: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/08/actualidad/1365451355_580267.html
    Xa o titular paréceme discriminatorio “Ellos se ocultan, el sistema les olvida” non todo o colectivo se oculta, non teñen por que facelo, e estas palabras prexudican no sentido de que o resto das persoas nos fagamos a idea equivocada de que son persoas antisociais, que levan unhas vidas raras e á marxe do mundo. Outra cuestión é que é unha nai, polo tanto unha muller, a que está preocupada polo destino do seu fillo. Como ben dis, este tipo de cargas, por chamalo de algún modo, sempre recaen sobre as mulleres. Cando nunha familia hai unha persoa dependente tenden a ser elas as que se preocupan por buscar solucións ou por coidalos.

    E para rematar, deixo unmenlace relacionads coas enfermidades mentais. Fala do concepto “locura” a través do tempo, que non sempre foi visto como algo negativo, xa que algúns escritores e artistas o consideraban como unha faceta que os facía mellores profesionais. http://blogs.publico.es/joseba-achotegui/2016/04/03/cervantes-y-shakespeare-cuando-la-locura-no-era-ruido-cerebral-a-eliminar/

    E por último para aqueles que aínda dubiden que se poda levar unha vida normal con transtornos mentais,deixo tamén unha lista con famosos que padecen algún. http://www.publimetro.cl/nota/showbiz/15-famosos-con-trastornos-mentales/oEpnhv!9a9fyL6tT1afle3UbHqWdg/

    Data de emisión do comentario: 06/04/2016- 09:10
    Data de revisión do GBO: 06/04/2016- 9:37
    Data de publicación do comentario: 06/04/2016- 10:57

    Gústame

  2. Ola, Natalia.
    En canto ao teu primeiro enlace aportado, podo dicirche que ten algúns erros de denominación, como a substantivación das persoas na súa enfermidade (“bipolares”), que non me gusta. O problema máis grave que vexo neste artigo é que encargarse de que as persoas con enfermidade mental cheguen a coñecer as prestacións non é competencia de Feafes, por exemplo, senon da administración pública española. Diso, non falan. Por outra parte, hai un anaco no que fan referencia a unha cita de José Manuel Ramírez, presidente da Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servicios Sociais, que di “Esa es la razón de que algunos de ellos acaben, en ocasiones, abandonados en la calle, o en la cárcel, cuando tienen conductas violentas”, ademais de mencionar que fai falta un seguimento para que as persoas non perdan ou abandonen as axudas. Volvemos ao tema da criminalización por parte dos medios de comunicación: as persoas con enfermidade mental NON SON PERSOAS VIOLENTAS NIN INÚTILES.
    En canto ao segundo enlace aportado, pídoche que leas o post da compañeira Patricia sobre as imaxes que crean estigma, na que se atopa esta imaxe que ilustra a noticia. Unha persoa berrando detrás dunha saba? Ilustramos outro tipo de noticias con posados melancólicos ou terribles? Deixemos de crear estigma incluso coas imaxes que utilizamos, por favor, as persoas con enfermidade mental son persoas coma ti e coma min. Prométoche que se as ves pola rúa non as distingues.
    En canto ao terceiro enlace, penso que non é moi apropiado neste contexto, pois eu creo que fai máis ben alusión ao termo “loucura” como algo así como o que che pasa cando non segues a norma establecida, e non cando tes unha enfermidade mental. Por outra banda, recordemos que nos mesmos puntos da historia que se mencionan neste artigo, había persoas con enfermidades mentais atadas a camas ou a cadeas ao ar libre coma cans. Polo que, de que non había que eliminar a “loucura”, nada.
    E en canto ao terceiro enlace, xa puideches ler a miña entrada sobre este tema, pero creo que deberías revisar a que tipo de “revistas” online te remites, porque aquí hai casos que se comentan que non están confirmados nin contrastados, senón que son simples especulacións que nalgún momento fixo a prensa rosa.

    Un saúdo

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s