LGBTI: Moito máis que unhas siglas

Imaxe: es.slideshare.net

Martínez Lorenzo, Inés – S2B5

LGBTI é o termo empleado para designar colectivamente a Lesbianas, Gais, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais. Ainda que xa se utilizaban as siglas LGB como sustituto da expresión “comunidade gai”, a prolongación deste termo comenzou a empregarse a partir dos anos 90. Considerase unha palabra moito máis ampla e concreta que homosexual ou gai, e é un símbolo de inclusión que axuda a integrar a aqueles individuos que foran marxinados sexualmente na comunidade global.
Estas siglas son o resultado de moitos anos de reivindicación, xa que hai que ter en conta que antes dos anos sesenta soamente había palabras despectivas para referirse a este colectivo. O primer termo ampliamente utilizado para denominar aos do “tercer xénero” foi “homosexual” en 1969, derivado despois a “gai” nos anos setenta. Pero esta palabra quedába corta, xa que non englobaba todos os colectivos de forma correcta. Inicialmente, o termo xeneralizouse a “gais e lesbianas”, pero esta agrupación derivou a numerosas tensións entre os homes homosexuais e as lesbianas feministas, que prefirieron centrarse na igualdade de xénero antes que nos dereitos homosexuais. A estes unieronselles os bisexuais e transexuais, que tamén querían formar parte da gran comunidade, o que nos anos setenta e oitenta levou a numerosos enfrontamentos, xa que os homosexuais consideraban que tanto transexuais como bisexuais non compartían as mesmas características como para formar parte do mesmo colectivo, e volvéronse moito menos tolerantes. Non é ata os anos noventa cando o termo LGBT inclúe co mesmo respecto a gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, e que actualmente está incorporando o “I” de Intersexuais.

A pesares de que o termo máis xeneralizado é LGBTI, existen moitas variacións deste. Algúns colectivos cambian a orde das letras, anteponiendo unha ou outra dependendo de a que comunidad queren darlle maior visibilidade. Unha destas variacións máis comunes é a de LGBT ou GLTB, a primeira cunha maior connotación feminista. As veces podemos atopar tres “T” (LGBTTTI) en vez dunha, para referirse a transexuais, transxéneros e travestis, ainda que cun so “T” referido a trans, xa se incluiría aos tres grupos. Tamén é moi común ver o termo cun “Q” adicional, referido a queer, que son aqueles que se están a cuestionar a súa identidade sexual ou de xénero. Noutras ocasións añádese un “P”, de pansexuaies, un “A” de asexuais, un “H” de heterosexuais aliados ou un “O” de omnisexuais. A orde das letras non é estándar, e incluso no propio colectivo non se pon de acordo, xa que cada comunidade ou persona o emplea do xeito que quere.

Nos medios de comunicación ainda se pode ver en moitas ocasións a palabra homosexual, ou incluso a expresión “comunidade gai”, para referirse a todo este amplio colectivo. A menudo, o motivo desto é o pouco coñecemento da sociedad do termo LGBTI, polo que o xornalista prefire utilizar a palabra homosexual para facilitar a comprensión ao lector ou espectador. A pesar disto, cada vez podemos atopar de forma máis frecuente o termo LGBTI na prensa.Por exemplo, El Pais creou o Diccionario de la diversidad, donde veñen explicados moitas das palabras relacionadas co colectivo LGBTI.

Críticas
O termo conxunto LGBTI non xenera un consenso entre todos, e creou numerosas críticas tanto entre membros que non forman parte da comunidade como os que sí. En primeiro lugar, algúns argumentan que as causas dos transxéneros e transexuais non son as mesmas que as dos homosexuais e bisexuais, xa que as personas trans ten que ver coa identidade de xénero e non coa orientación sexual como é no caso dos homosexuais e bisexuais. En moitas ocasións, os individuos dun grupo non cren que teñan ningunha relación co resto de comunidades englobadas, e poden atopar ofensivas as comparacións. E por outra banda, están aqueles que consideran que las personas intersexuais deberían de formar parte do grupo LGBT, e os que non.

REFERENCIAS

Arcoiris-lgbti.jimdo.com. (2016). L.G.B.T.I. – Página Jimdo de arcoiris-lgbti. [online] http://arcoiris-lgbti.jimdo.com/diccionario-gay/l-g-b-t-i/ [Consultado 29 Marzo 2016].
El Pais. (2015). Diccionario de la diversidad: ¿qué significa LGTBIQ?. [online] Elpais.com.co. http://www.elpais.com.co/elpais/salud/noticias/sexo-manual-diversidad-sexual [Consultado 29 Marzo 2016].
Pasto, Á. (2009). ÁGORA Club – “Organización de Derechos Humanos”: Que significa LGBT?. [online] Agoraclubpasto.blogspot.com.es. http://agoraclubpasto.blogspot.com.es/2009/06/que-significa-lgbt.html [Consultado 29 Marzo 2016].

Nuñez, S. (2016). ¿Qué significan las siglas LGBTTTI? El término para la comunidad no heterosexual. [online] Salvador Nuñez. http://salvadornuñez.com/gay-lgbt/que-significan-las-siglas-lgbttti-el-termino-para-la-comunidad-no-heterosexual/ [Consultado 29 Marzo 2016].

 

Revisión da editora: 03/04/2016 ás 19:22

Revisión GBO: 04/04/2016 ás 19:02 e segunda revisión 05/04/2016 ás 13:30

Publicación: 04/04/2016 ás 20:23

Advertisements

9 comentarios en “LGBTI: Moito máis que unhas siglas

  1. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    Os diferentes gustos sexuais non apareceron hai uns poucos anos, non son algo tan novo como para que nos sorprendamos ou nos escandalicemos. Xa na era antiga era sabido que existían diferentes condicións sexuais. No mundo grego a homosexualidade era vista como algo común e cotidiano. Foi, de feito, a famosa illa de Lesbos a que dou nome a unha das condicións sexuais máis coñecidas, o lesbianismo. É curioso que despois de máis de 2000 anos de historia se sigan poñendo en cuestión os dereitos de moitas persoas a expresar libremente a súa condición sexual.

    A homofobia, como o racismo vense constantemente no día a día. O colectivo LGBTI é o máis atacado en España segundo afirma o xornal ABC (http://www.abc.es/sociedad/20150828/abci-agresiones-homosexuales-homofobia-201508270937.html) Tanto minorías étnicas como persoas con preferencias sexuais diferentes son atacandos tanto verbal como físicamente pola nosa sociedade. (Véxanse estas noticias que ocorreron aquí en España: http://www.abc.es/madrid/20140922/abci-agresion-pareja-gays-201409221751.html

    http://www.infolibre.es/noticias/politica/2016/01/08/primera_agresion_homofoba_2016_madrid_43104_1012.html )

    E eu pregúntome: Qué fixeron esas persoas para merecelo, a caso elixiron eles ser negros ou homosexuais? E de facelo que problema hai? A sociedade despreza colectivos, ou crea colectivos aos que desprezar.
    Cando criticas ao colectivo LGBTI criticas a millóns de persoas, non a un colectivo só. Ás veces á xente olvídaselle que detrás de todo gran grupo hai un conxunto de individuos. Sempre se xeneraliza para o malo. Cando unha persoa de cor ou estranxeira comete algún delito sempre se tacha ao colectivo de delincuente. A ningúen lle sorprende que selle colgue a etiqueta de ladrón a un rumano, porque hai rumanos que rouban. Pero sen embargo ninguén tacha ao brancos de asasinos cando Hitler era branco e matou a millóns de persoas.
    Tamén ocorre ao revés, extráense cualidades dun individuo para etiquetar a un colectivo, pero só cando nos convén, é dicir, para o malo. Se un homosexual é prepotente tachamos aos homosexuais como tal. Se pola contra fora unha persoa moi agradable o máis seuro é que non dixésemos que o colectivo é agradable, se non que é unha característica persoal. E é que cando falamos de cualidades todas son persoais. É moi inxusta a forma de xuzgar de hoxe en día.

    Sorprénde que tamén entre os propios membros do colectivo LGTBI existan distensións. Non me cabe na cabeza que as lesbianas e homosexuais desprecen aos transexuais ou bisexuais por exemplo. Apuntaches no texto que á hora de crear o colectivo houbo conflitos internos porque algúns sentían que os transexuais non eran iguais ca eles e por iso non debían estar representados no mesmo grupo. Todos somos iguais, pero temos gustos diferentes. Os homosexuais deben sentirse mal cando os tratan como seres diferentes, e por iso se tivo que crear o LGTBI, para reivindicarse. Que despois eles mesmos rexeiten a outras persoas con outras condicións paréceme indignante. Por sorte a día de hoxe atópanse no mesmo grupo, pero se fóramos máis permisivos e razonables non serían necesarios grupos nin colectivos que solo etiquetan e separan.

    Así mesmo a linguaxe pode ser unha arma se se utiliza dun xeito incorrecto. Se o colectivo do que tratamos non se sinte representado coa expresión “comunidade gay” os medios de comunicación deberían respetalo e axudar a concienciar a sociedade e así mesmo ensinala a respetalos. Os medios non fan unha boa labor ao manter ese termo para que a xente o entenda. Se o colectivo LGTBI saíra nos medios presentado como tal a xente acostumaríase a chamalo así, é cuestión de aprendizaxe.

    – Revisión do editor: 05/04/2016 18:07
    – Revisión do GBO: 05/04/2016 19:45
    – Publicación: 05/04/2016 20:00

    Gústame

    1. Como ben dis, Denis, a homosexualidade non é algo de agora, xa que nas primeras civilizacións existían relacións tanto entre homes como entre mulleres. Un claro exemplo é o que citas ti, o da famosa poetisa Safo de Lesbos, que escribía xa naquelas épocas sobre romances entre mulleres. É certo que na antiga Grecia a homosexualidade era tratada con total normalidade, de feito, o máis común eran as relacións entre hombes adultos e adolescentes. No caso das relaciones lésbicas, non está claro cómo se vían naquela época.

      En canto ó tema da homofobia, a pesar de que non o tratei no meu artículo, está claro que está moi presente na nosa sociedade e que podemos atopar moitas noticias na prensa. Sin duda, poderíamos facer unha gran listaxe de casos homófobos, que ocorren en todas partes do mundo, prácticamente todos os días. Véase esta noticia de tan sé quera unha semana en Miami. http://elpais.com/elpais/2016/04/01/videos/1459530292_748909.html

      Coincido totalmente coa reflexión que fas sobre cómo a sociedade tendemos a xeneralizar e a tratar a todos os individuos dun mesmo colectiva do mesmo xeito, e etiquetamos ás persoas por pertencer a un grupo ou a outro. Expresión como “os gais son todos unhas mariconas” pódense escoitar polas rúas con moita frecuencia, e incluso estamos acostumados a elas e non nos sorprenden, cuando son unha total falta de respecto, e desde o meu punto de vista, tamén o resultado dunha gran ignorancia. Parece mentira que no século XXI, aínda haxa tanta xente Cunha mente tan pechada, e que temas como a homosexualidad sexan menos respetados que fai miles de anos na antiga Grecia.

      O tema das distensións entre os miembros do LGTBI pode sorprender bastante, xa que un se pode preguntar cómo os individuos que son dun mesmo colectivo non están de acordo. De todos modos, en el caso que citas de los Intersexuais, non é que crean que son diferentes como persoas, sino que as causas non son as mes más, xa que as persoas trans teñen que ver coa identidade sexual, e as persoas homosexuales coa orientación sexual. De todos os feo tos, co paso dos anos, esas diferenzas entre os grupos do gran colectivo foron disminuíndo, xa non é como no caso dos anos 70, cando as lesbianas priorizaban a loita feminista fronte os dereitos homosexuais, agora,o LGTBI faise notar cada vez máis como colectivo, e non como diferentes grupos separados.

      Por último,referido ao emprego da linguaxe, creo que a labor da prensa é importantísima, xa que como ben dis, todo é cuestión de aprendizaxe. Por desgracia, que moitísima xente descoñece o termo LGTBI é unha realidade, e que ao preguntares non saben nin con que está relacionado. Pero é por ese mesmo motivo polo que a prensa podría ser unha gran axuda para a visibilización do colectivo LGTBI, e para que unha vez por todas cometemos a falar con propiedade.

      Revisión da coordinadora: 08/04/2016 ás 19:58

      Gústame

  2. Aixa Rodriguez Carballo S3D2

    Como ven dis o tema deste grupo é moi criticado pola sociedade, incluso se critian entre os membros do propio grupo. Hai cantidade de comentarios en contra de gais, lesbianas, homosexuais, bisexuais, transexuais, etc. o certo é que non entendo porque os critican xa que os iguais que o resto da xente pero con ideas sexuais diferentes. Igualque hai xente que é vexetariana e outra no, igual que hai xente que lle gusta a praia e a outra a montaña. Non vexo razón de crítica.
    Este tema leva tratándose moitos anos por eso non entendo como despois de tanto tempo se siga criticando, como despois de tanto se siga despreciando a xente con outras ideas ou incluso haxa xente que chega a dicir que están enfermas.
    Día a día intentase loitar contra as diferentes desigualdades, pero a evolución é moi costosa xa que é moi diferente cambiar o pensamento das persoas. Ten moito mérito o que tempo que levan loitando e reivinndicándose estas persoas por conseguir un grupo así e por ser recoñecidas na sociedade. Aínda así falta moito progreso, por desgraza.
    O que non me parece lóxico é que existan críticas entre os membros do grupo, porque os que non queren que bisexuais ou transexuais entren nese grupo non sei porque loitan contra o resto da sociedade se despois eles fan o mesmo e rexeitan a outras personas. Non vexo nada de malo porque se unan todos, porque hai unha cousa que todos teñen en común loitar porque as súas ideas sexuais sexan recoñecidas.
    Deberían deixar as disputas internas e unirse, xa que canto maior sexa o colectivo máis fácil será reivindicarse, canta maior xente se una máis progreso.
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/01/08/madrid/1452292107_598613.html
    Fago referencia a esta noticia porque me parece impresionante que a día de hoxe sigan ocorrendo estas cousas, que un rapaz reciba unha paliza antre críticas como “maricón de mierda”. Finalizarei con unha pregunta: Supostamente somos unha sociedade aberta e progresista, é certo que isto é así ou solo é apariencia e segue senfo conservadora?

    Data de emisión do comentario: 05/04/2016- 18:53
    Data de revisión do GBO: 05/04/2016- 19:32
    Data de publicación do comentario: 05/04/2016- 20:34

    Gústame

    1. Está claro, que a homosexualidad foi é sigue sendo un tema moi criticado por gran parte da sociedade. Tal como dis, Aixa, é certo que este tema leva tratándose moitísimos anos, o que é lóxico, xa que os diferentes gustos sexuais existen desde as primeiras civilizacións.

      A homofobia sufriu unha gran evolución ao longo do tempo. Na antigüedade, eran moi tolerantes e aceptaban a homosexualidade sen ningún tipo de problema. Persoaxes como Safo de Lesbos o Alejandro Magno tiñan relacións con persoas do seu xénero. É na época da Inquisición, na Idade Media, cando a homosexualidade comeza a ser perseguida. Entre os séculos V e XVIII considerábase un pecado nefando é o castigo era a tortura ou a pena capital. Tamén na época do nazismo, fascismo e franquismo, as persoas homosexuais eran perseguidas e castigadas. Na Alemania nazi, experimentaban cos homosexuais nos campos de concentración para atopar o “xen da homosexualidade” e atopar unha “cura”, xa que se consideraba unha enfermidade como ben dis ti. Actualmente, parte da sociedade avanzou, e a homosexualidade e moita máis aceptada, aunque debería de serlo aínda máis. Hay que ter en contra que a separación da Iglesia e Estado é a aparición e fortalecemento do movimiento gai, foron decisivos para este cambio e aceptación.

      En España, particularmente, cambiou moitísimo a situación: pasou de perseguir a homosexuais a ser un dos países máis tolerantes do mundo coa homosexualidade. De feito, Marcos Paradinas escribiu “El fin de la homofobia”, onde narra toda esta evolución. Déixoche este enlace de “El plural” no que aparece un resumo do libro e un pequeño fragmento.
      http://www.elplural.com/2016/02/07/como-espana-paso-de-lobotomizar-a-los-gays-a-ser-el-pais-mas-tolerante-del-mundo-con-la-homosexualidad

      En canto as disputas entre eles, está claro que ambas coincidimos en que é mellor cunear forzas e loitar polos seis dereitos en vez de enfrontarse entre eles. De todos modos, cada vez o LGTBI móstrase máis como un colectivo, e non se presentan tanto como grupos separados. Actualmente hai moita más unión e xa non é como nos anos 70 cando gais e lesbianas enfrontábanse polas loitar feministas.

      Por último, rematarei coa miña reflexión sobre a pregunta que plantexaste. De de o meu punto de vista sí que somos unha sociedade progresista e abierta, cada vez máis tolerante é cunha mente máis aberta, pero tamén creo que hai algúns individuos e incluso institucións que teñen que cambiar a súa forma de pensar, xa que que ou atrasada naquelas épocas nas que a Iglesia reinaba e a sociedade era puramente conservadora.

      Gústame

  3. Aixa Rodríguez Carballo S3D2

    É tan triste pero a vez tan certa a historia que contas das persoas que non seguen unha tendencia sexual que fosen tan mal tratadas na época do nazismo e do franquismo. Por iso tamén me sorprende a xente que as discrimina hoxe en día en pleno siglo XXI. Parece imposible que exista xente que se rebaixe a esos niveis e intenten facerlle a vida imposible a este grupo.
    Parece moi interesante o resumo de este libro, pero aínda así, a pesar da evolución sego pensando que quedan moitos pasos por dar. Hai moita xente que ten que cambiar a súa forma de pensar respecto a ese grupo, ou aínda que non lle guste polo tanto non ataque contra ela.
    Este é un artigo no que se profunciza sobre os homosexuais na época nazi.
    http://notasentrevistas.blogspot.com.es/2010/09/los-nazis-homosexuales.html

    Gústame

    1. Estou totalmente dacordo contigo Aixa. Parece mentira que unha sociedade que avanzou tantísimo en aspectos non so tecnolóxicos sino tamén sociais, siga permitindo este tipo de discriminacións. Ainda hai moitas cousas que cambiar.
      O artigo é moi interesante, xa que me segue a sorprender o trato dos nazis hacia os homosexuais, ainda que hai que ter en conta que os nazis exercian este tipo de discriminación a todo ser que fora distinto a eles.
      Moitas grazas pola túa aportación. Saúdos.

      Revisión da coordinadora: 18/04/2016 20:53

      Gústame

  4. Ola Inés! Con respecto o que dixeches sobre que a palabra gai era usada de forma despectiva durante os anos setenta, creo que aínda úsase na actualidade neste sentido. De feito, é moi común oír os nenos dicíndose os uns a outros “non seas gai”, cando algún deles non se atreve a facer algo que conleve algún tipo de perigo. Algo similar puiden ver eu no meu círculo con respecto os xordos, con expresións como “facerse o xordo” ou “ facer oídos xordos”. Tanto as expresións referidas os xordos como ós gais deberían ser eliminadas xa que estamos ofendendo a un colectivo sen darnos apenas conta. Esta nova http://www.lanacion.com.ar/1875753-lanzan-la-primera-encuesta-nacional-sobre-bullying-a-jovenes-lgbt-en-las-escuelas é un claro exemplo do bullying que poden sufrir algunos nenos nas escolas en relación con este tema. Os medios de comunicación tampouco evitan este tipo de expresións, http://www.elnortedecastilla.es/castillayleon/201604/20/herrera-advierte-puede-hacer-20160420125348.html, que como dixen, ofenden a estas minorías.
    Con respecto á loita da maior parte das lesbianas polo feminismo, adxuntoche este artigo que pareceume moi interesante http://www.eldiario.es/zonacritica/miedo-feminismo_6_457814257.html
    Revisión editor: 27/04/2016 16:30
    Revisión coordinador: 27/04/2016 17:00
    Publicación: 19:00

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s