“Maiores” e medios de comunicación

Negreira Chaves, Isabel. S2C5

Eduardo Manzana. ABC.es
Fotografía: Eduardo Manzana. ABC.es

O colectivo de persoas da Terceira Idade non fai uso dos medios de comunicación dunha maneira crítica (conclusión obtida dos Círculos de Comunicación) para eles son unha ferramenta de información que os conecta co mundo. Esta comunicación traspasa as súas limitacións funcionais xa que pódese atopar nos seus propios fogares. O avance das novas tecnoloxías pon cada vez mais preto a información e substituíndo, en moitos casos, a comunicación verbal persoal que se veu moi restrinxida por esas limitacións físicas que os alonxa das súas familias e amigos.


A televisión segue a ser a primeira fonte de información, xunto coa radio e a prensa escrita.

Co paso do tempo as persoas queren formar parte activa da comunicación, non queren ser meros espectadores, e chegado o momento, no que dispoñen de tempo libre, atopan en internet un mundo de información e comunicación cheo de posibilidades.
Para acceder ás novas tecnoloxías é importante a colaboración dos fillos que actúan coma fío condutor entre o pasado e o presente.
Comprobouse que o uso de novas tecnoloxías mantén o ritmo da actividade dos centros do linguaxe exercendo unha mellora funcional da lectura, memoria e visión das persoas maiores.
“El tópico del abuelo al que se le regala un móvil y nunca aprende a usarlo cada vez es más eso, un tópico. Día a día descubrimos a personas mayores que usan, aprovechan y disfrutan de las ventajas de la informática e internet. De hecho, les proporciona un medio de formarse, relacionarse y estar informado a pesar de las posibles limitaciones físicas de movilidad. La informática e internet permiten que los mayores formen parte de una sociedad en que evoluciona sin cesar; aumenta su autonomía y autoestima, y promueve las relaciones familiares y entre generaciones, sin importar la distancia o los horarios. No en vano, el primer acercamiento de las personas mayores a internet es la necesidad de mantener el contacto más cercano con los hijos o nietos que se han trasladado a otras ciudades o países.”
A través do Plan Avanza o goberno consegue, entre 2006 e 2011, situarse como o país que mais ha mellorado na UE no acceso e utilización das novas tecnoloxías, con un avance do 40% . No caso dos maiores de 55 anos partíase dun atraso moi grande (en 2005 o 86% de eles non habían accedido nunca a Internet), algo que tras una inversión de 70 millóns de euros ha levado a que o porcentaxe se reduza ao 64%. Aínda así as estadísticas sitúannos moi por debaixo da media europea.
Internet representa unha maneira de axudar a enfrontarse a uno dos maiores problemas da sociedade actual: o illamento e a soidade. Internet es unha nova forma de comunicarse e de facer sentirse máis vivos e útiles ao s maiores. É unha enorme fonte de servizos e un canal de comunicación entre toda a sociedade, con un gran potencial para eliminar barreiras.

Referencias:

ABC

Mapfre

Netdoctor

Plan Avanza

Indicador estudado:
– Autodeterminación das persoas: Restarlle relevancia á capacidade das persoas para defender os seus dereitos.
– Concepción do valor dos anciáns: Importancia da transmisión transxeneracional de experiencias e coñecementos.
Revisión do editor: 03/04/2016
Revisión do coordinador: 03/04/2016

Publicada: 04/04/2016

 

Advertisements

3 comentarios en ““Maiores” e medios de comunicación

  1. Cortizo Salgueiro, Noelia – S2D1
    Pensar nos maiores como persoas que están desinformadas cada vez soa máis lonxe. Miras ao teu redor, e si, sempre hai algunha avoa ou algún avó que di “eu non me quero meter niso porque só trae problemas” e por unha parte non lles falta razón, xa que a comunicación en persoa estase perdendo e ata as cousas máis importantes das nosas vidas son contadas mediante un WhatsApp, é dicir estase a dar outro tipo de comunicación interpersoal. Sen embargo, son moitos os maiores que xa teñen un móbil con acceso a Internet, unha conta de Facebook e lles gusta oír a radio no móbil mentres van dar unha camiñata, como podemos observar nesta noticia. É certo tamén que para controlar estas tecnoloxías, como ben dixeches, dependen moito dos máis novos, é dicir, dos fillos e dos netos, pero isto serve de unión entre eles. Os maiores están cada vez máis metidos neste mundo entón, pregúntome eu: para quen están quedando os medios convencionais (prensa escrita, TV, Radio) a día de hoxe? E sobre todo, canto se estima que tardarán en desparecer estes soportes físicos? Se na actualidade, xa diminiu a cantidade de persoas que ven en prime time un porgrama, e ata os maiores. Falando cunha señora de 70 anos dicía que prefería que as súas netas lle descargasen unha película que ía habela esa noite en lugar de esperar para vela, e así será coa parte informativa, as noticias acabaremos querendo velas no momento que teñamos libre e non cando é a hora do telexornal ou do noticieiro no caso da radio. As persoas maiores están cada vez máis integradas no “novo” mundo e isto está poñendo, en parte, en perigo os soportes físicos dos medios de comunicación.

    Revisión da coordinadora: 08/04/2016 ás 15:25. Segunda revisión 11/04/2016 ás 19:21
    Revisión do editor: 11/04/2016 ás 12:41

    Gústame

  2. O futuro é algo incerto. A día de hoxe a televisión é o medio de comunicación de masas seguido por internet, a radio e a prensa( http://www.aimc.es/-Datos-EGM-Resumen-General-.html). As novas tecnoloxías vanse impoñendo xa que van medrando exponencialmente pero é de esperar que dispoñamos de espazo para todos. A comunicación téndese a especializar e o usuario decidirá que medio usará e cánto esta disposto a pagar por él.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s