Non hai festa para todos

Gemma Aguete Sancho – S1C2

image
Fonte da imaxe: acufenosyayuda.wordpress.com

¿Algunha vez vístedes a alguén en cadeira de rodas de festa? Dende logo, é unha imaxe moi difícil de ver na nosa sociedade actual. Os momentos de ocio para unha persona con discapacidade preséntanse habitualmente nos medios como algo exclusivo do que só forman parte as persoas con discapacidade.

É dicir, se queres indagar sobre como é saír de festa para alguén con problemas de mobilidade, a maioría de noticias que atopamos son noticias encabezadas por titulares coma “El Consejo de Discapacitados celebra hoy su fiesta provincial” do xornal Diario de León ou “Fiesta para los discapacitados”do Diario de Jaén.

O quid da cuestión non é que teña que haber festas específicas para o colectivo, é que o colectivo poda integrarse en todas as festas que queira. Este tipo de titulares poden dar a entender que os discapacitados só poden saír con discapacitados.

Os medios interpretan o ocio para persoas con discapacidade como “ocio exclusivo”. Nas noticias anteriormente mencionadas, comprobamos claramente a exclusión que hai tanto a sociedade coma os xornais. ¿Onde queda a integración se creamos festas excluíntes? Non se trata de crear eventos ou locais especiáis para persoas con discapacidade que se interrelacionan entre persoas con discapacidade, trátase de habilitar todos los eventos e locais para todos. Que un cego non teña que ir a unha festa de cegos cos seus amigos tamén cegos.

Estas noticias alaban os papeis dos concellos e as súas iniciativas promovendo así dunha forma positiva a diferenciación de colectivos. Non se trata de deixar de eloxiar e anunciar estas medidas, trátase de pedir outras máis efectivas e igualitarias.

Anteriormente á creación do círculo de debate “Compostela Diversa”, entrevistamos individualmente a cada un dos membros. Na entrevista tivemos o privilexio de profundizar en temas persoais e anécdotas do pasado. Con Tito e Shaila, o tema da festa era algo complicado. En primeiro lugar polo tema da integración. Tito sentíase observado e tratado dunha maneira especial polo mero feito de entrar no local en cadeira de rodas. Chegaban a invitalo a copas e a prestarlle antencións durante toda a noite cando el só pretendía pasar un rato tranquilo cos seus colegas, que por certo, non contan con ningunha discapacidade e non terían por que. Este é un estereotipo moi reafirmado na actualidade, se saes fora do círculo de amigos do teu colectivo rompes todos os esquemas.

Por outra banda, Shaila comentaba que tiña que mobilizarse dende onde estuvera ata os servicios do burguer King porque eran o únicos baños públicos habilitados á súa cadeira.

Sen embargo, unha iniciativa impulsada por Bilbao afirma que, según publica El País, “La fiesta también se disfruta en silla de ruedas”. A cidade vasca leva a cabo unha serie de proxectos para integrar e promocionar o ocio en todos os colectivos, sexan persoas con discapacidade ou non.

Algúns dos proxectos son o Musical Mamma Mia!, adaptado polo teatro Arriaga ás persoas invidentes, ou a comparsa Moskotarrak, que adaptou parte da súa barra á altura das persoas en cadeir de rodas.

Este tipo de iniciativas son moi importantes para a integración de todos, mais non nos debemos quedar ahí. Todas as cidades deben ser impulsoras de ditas actividades e habilitar cada recuncho e cada local para que a diversión non sexa cuestión de sorte.

Revision editor: 04/04/2016 17:30

Revision GBO: 04/04/2016 17:46 (Rechazada)

Revisión GBO 2: 04/04/2016 23:15

Publicación: 04/04/2016 23:26

Advertisements

6 comentarios en “Non hai festa para todos

  1. Pombo Silva, Cristina (S3E1)

    Estou totalmente de acordo contigo e coas inxustizas que seguen ocorrendo a día de hoxe coas persoas minusvalidas. Parece que en lugar de axudarlles e proporcionar unha mellor opción para todos, buscamos a exclusión destas persoas. De feito, hai unha frase moi célebre nos últimos meses na rede que fala da exclusión, xa non só dos minusválidos se non tamén de todo tipo de discriminacións.

    Tamén hai numerosas asociacións creadas co fin de poñer queixas sobre estas inxustizas, algunhas de elas son: Asociación de Lesionados Medulares y Grandes Discapacitados Físicos de Galicia http://www.aspaymgalicia.org ou Confederación Galega de Persoas con Discapacidade http://www.cogami.es/es/ onde levan a cabo procesos para mellorar a vida destas persoas e facer da súa inclusión algo de todos nós.

    Xa centrándonos no eixe da festa, o que comentas das persoas onde se lles favorece algúns aspectos como a esa persoa que lle invitan a unha copa simplemente por encontrarse nunha cadeira de rodas, paréceme moi incómodo, se eu estivese nese lugar, gustaríame que me tratasen da mesma maneira ca os demais. É por iso que a búsqueda de igualdade debe estar presente en todos os aspectos que nos afectan pero tamén en outros secundarios como a festa. Todo o mundo debe poder entrar nunha discoteca e que a súa condición física non supoña un problema ou un risco. E quen din nunha discoteca, di a un concerto, teatro, pub, centro comercial, cine…

    Cando falas das festas organizadas especificamente para persoas con discapacidade asómbrame que estas cousas ou eventos existan, ¿Como se pode organizar unha festa só para discapacitados? ¿Que fin ten esa festa ou cal é o fin que buscan? O peor, paréceme a min, é que se algunha persoa sen ningún tipo de problema vai a esa festa, será recibida cos brazos abertos, por que eles saben o que é sentirse discriminados, pero ¿Por que a sociedade xeneralizada ten que ter ese rexeitamento hacia o distinto ou simplemente o diferente?

    Recordo un día no meu pobo, nas súas festas de verán, e na verbena, sitio onde va todo o mundo na noite, encontreime a un chico novo, mais ou menos da miña idade, nunha cadeira de rodas e recordo ver a unha muller bailando con el. Chamoume a atención, tanto a min como a outros, por como o mozo bailaba, seguramente me gañaría bailando.

    Ademais da festa, paréceme incrible que hoxe en día aínda existan edificios de entidades públicas onde as persoas con mobilidade reducida non podan moverse con facilidade. O mellor exemplo que podo poñer e creo que é o máis alarmante é a situación actual de esta xente co Hospital de Álvaro Cunqueiro en Vigo. Estas persoas teñen serios problemas para chegar hasta as instalacións, e tendo en conta que é un Hospital, este tema debería estar considerado de primeira man, porén, non o fixeron, e agora hai miles de casos na cidade e arredores que se encontran nesta situación. https://www.vigoe.es/vigo/local/item/8840-asi-es-el-acceso-al-cunqueiro-en-silla-de-ruedas

    – Revisión do editor: 05/04/2016 17:57
    – Revisión do GBO: 05/04/2016 21:38
    – Publicación: 05/04/2016 22:22

    Gústame

    1. Moi boas tardes Cristina! En primeiro lugar grazas polo teu comentario e alégrome de que estés dacordo con que tales feitos xeran exclusión e discriminación. As asociacións que aportas para denuncialo serían de gran axuda, de feito, xa estamos en contacto con Cogami para denunciar este tipo de feitos.

      Atópome totalmente dacordo con que sería unha situación incómoda o saír de festa e recibir un trato especial, a min ocorreríame o mesmo. Xa que nomeas o cine, precisamente hoxe á mañá tivemos a segunda reunión do cículo de debate e Shaila queixabase da pésima accesibilidade do cine de Cancelas, no que só podía ver as películas en primeira fila. Cando interpuxo unha queixa, sabes cal foi a resposta?: “As salas están adaptadas para ver perfectamente en primeira fila”. De modo que ten que conformarse con ver unha película incómoda no cine ou vela na casa.

      Con respecto ao das festas do teu pobo, desexo que algún día a imaxe de ver a unha persoa en cadeira de rodas de troula e bailando coma un máis non fose un feito chamativo, senon algo común na sociedade. Por desgraza, segue sendo algo que chama moito a atención.

      Tamén estou ao tanto das pésimas condicións do Hospital Álvaro Cunqueiro. Dende logo, é unha vergoña que unha construcción nova non conte nin cos requisitos mínimos que debería ter todo edificio público.

      Moitísimas grazas de novo. Saúdos!

      Revision GBO: 06/04/2016 20:15

      Gústame

  2. Aixa Rodriguez Carballo S3D2

    Estou moi de acordo coas túas palabras xa que é totalmente certo o que dis, porque ocorre cada vez que decidimos salir de festa.
    É moi raro atoparse con alguén nunha discota en cadeira de rodas, a alguén cego ou con algunha minusvalía, por desgraza. Digo por desgraza porque non é xusto que eles non disfruten coma nos sendo igual de persoas, están no seu dereito de bailar, disfrutar, beber e estar nun ambiente nocturno como un máis. Ante esto hai un problema por parte dos locais, moitos deles contan con escaleiras e non están adaptados a xente minusválida, pola tanto non poden entrar, o primeiro que se lle debería esixir a un local cando decide abrir é que teña unha entrada adpada para minusválidos e unhas condicións adaptadas a eles ante calquera saída de emerxencia. Se todos as discotecas, bares ou pubs estiveran acondicionados para eles a cousa xa sería diferente.
    Paréceme increíble leer titulares como os que hai nesta entrada referentes a festas para persoas con discapacidades físicas, en que mundo vivimos para que se poida permitir isto? Por que hai que facer unha festa especial para eles se son unha persoa máis? E outra barbaridade é que lle presten tanta atención ao rapaz que vai en cadeira de rodas mencionado no texto, trátano coma un necesitado, coma si el non soubese disfrutar da festa por si so, eses descoñecidos que igual o están atendendo coa súa boa intención do mundo non se dan conta de que en realidade o poden facer sentir como alguén diferente e que non pinta nada nese sitio. Faranlle sentir que estorva porque ten que depender da xente.
    Ante o caso da rapaza que non teña baños habilitados a súa cadeira retomo o tema de antes, o problema da falta de locais acondicionados a estas persoas. O s baños dos locais solen ser pequenos, algúns con escaleiras outros de difícil acceso. Ante esta situación reitérome no dito anteriormente co tema da entrada, é necesarios que en primeiro lugar se adapten os locais para que estas persoas poidan entrar.
    Deixemos que eles disfruten igual ca nos, que cumpran o seu dereito a ter unha vida digna, a disfrutar unha noite cos amigos nunha discoteca.
    http://www.lavanguardia.com/local/20121201/54356830883/3-aniversario-discoteca-discapacitados-sant-cugat.html
    A noticia anterior é un exemplo máis de titulares que discriminan a discapacitados, nel celébrase o terceiro aniversario dunha discoteca que o último domingo de cada mes abre as súas portas para persoas discapacitadas. Para empezar UN DOMINGO FESTA NUNHA DISCOTECA? paréceme unha falta de respeto que sexa un domingo, un día que non é para saír de festa, e so un ao mes. Esa discoteca debería estar aberta para todas as persoas, sen facer distinción.
    Se buscamos noticias sobre esta situación aparecen moitas con titulares semellantes algo que me parece unha tremenda falta de respeto.

    Data de emisión do comentario: 05/04/2016- 18:20
    Data de revisión do GBO: 05/04/2016- 19:01
    Data de publicación do comentario: 05/04/2016- 19:33

    Gústame

    1. Moi boas tardes Aixa! Grazas polo teu comentario e por apoiar a miña indignación ante tales feitos. Tes toda a razón con que o problema principal é a adaptabilidade dos locais. Tal vez se houbera máis locais habilitados non se tería que recurrir a crear eventos e festas especiáis só para persoas con problemas de mobilidade.

      O tema do trato tamén é relevante. Se lle damos a Tito un trato de favor por estar nunha cadeira de rodas el pasará automáticamente a sentirse inferior aos demáis, cando el o único que quere é sentirse igual ca todos os demáis.

      Todos temos dereito a festexar pero non só cos membros dun mesmo colectivo e nunha festa especial. É por iso que me chama moito a atención a noticia que me recomendas. Quen sae un Domingo? Aínda que saíra xente, realmente é necesario? Acaso non pode estar o teu local habilitado e recibindo a persoas con discapacidade tódolos días?

      O mellor vai ser habilitar a mentalidade das persoas para que despois se poidan habilitar os locais.

      Grazas de novo pola túa axuda. Un saúdo!

      Revision GBO: 06/04/2016 20:11

      Gústame

  3. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola Gemma!

    Qué interesante o que retratas nesta entrada, a verdade que á hora de falar dos discapacitados, e das súas dificultades, centrámonos en cousas ccomo acceder a lugares públicos, autobuses urbanos etc e deixamos de lado o lado recreativo e da diversión. Como si ser discapacitado, ou ir en cadeira de rodas fose sinónimo de aborrecemento e estas persoas non disfrutaran da festa como o resto de nós. É indigante porque a duras penas se plantexa tan se quera nada de esto.

    Estou tamén de acordo cos comentarios das miñas compañeiras, ademáis da exclusión que produce o facer festas especiais para discapacitados, o cal é lamentable, xa que son persoas como somos todos e merecen, xa non é merecer, teñen que ter odereito de festexar con todo o mundo, e non separados, porque os lugares de festa, bares discotecas etc non están acondicionados. E aínda por riba, celebrar estas festas excluíntes días como poden se domingos, cando o día seguiente hai que traballar ou estudiar e ir á clase. Paréceme, dende longo unha falta de respeto, ainda que non me sorprende, non me sorprende non porque non sexa un acto bárbaro e lamentable. Se nón porque coñezo a actitude de moitos empresarios da noite e traballadores, que tratan con constante desprezo as persoas, e xa nin quero imaxinar como tratarían a unha en cadeira de rodas.

    Lembro por exemplo, unha vez no que uha amiga se fixera un esguince, unha tonteria, non comparable con ter unha discapacidade, e levaba muletas, pois polo simple feito de levar muletas non a deixaron pasar a unha discoteca, alegando o porteiro que se se caía ou lle pasaba algo a ver quen se facía responsable. E eu me pregunto, pois o mesmo que se me caio eu ou calquera sen ningún problema. É unha situación vergoñenta, xa que discrimina completamente ás persoas con calquer tipo de impedimiento na súa movilidade.

    Ademáis se nos damos conta, aínda non ser todos os locais nocturnos, a meriante parte deles atópanse en baixos, é dicir, para acceder a eles en moitas ocasions hai que facer uso dunhas longas escaleiras, moitas veces ata perigosas, e nunca na vida vin que ningunha tivese o aparato necesario para que as persoas con cadeira de rodas puideran acceder. Creo que igual que se esixe actualmente ós negocios unha remodelación ou unha reforma para que todas as persoas podan entrar, que teñan total accesibilidade tería que extrapolarse ás discotecas e bares nocturnos, xa que todos somos persoas, e todos merecemos disfrutar dun rato de música e diversión cos amigos.

    Por outro lado sería interesante porse en contacto con Cogami, http://www.cogami.es/es/, e saber se algún dos seus membros se encontrou nunha situación así, e saber como a solucionou ou como o trataron pola súa condición. Tamén sería util para denunciar feitos como estos utilizar Cartas ao Director dos xornais xa que teñen gran seguimiento por parte dos lectores, e por ultimo tamén é interesante a páxina Change, a través da cal se poden recoller firmas e face peticións de todo tipo de denuncias ou problemas, e que en moitos casos coa presión que fan, xa que acaban moitas nos medios se consegue o obxectivo. https://www.change.org/es

    Un saúdo Gemma!

    Data de emisión do comentario: 06/04/2016- 12:45
    Data de revisión do GBO: 06/04/2016- 15:52
    Data de publicación do comentario: 06/04/2016- 16:36

    Gústame

    1. Boas tardes Mara! Tes toda a razón, prestamos atención a moitas cousas e sempre deixamos de lado o tempo de lecer, que é tamén moi importante para todos. Os momentos de ocio e diversión son algo do que non tería por que prescindir ninguén, mais esquecémonos de todas esas persoas que non poden asistir ao mesmo pub que nós.

      Non só o local debe estar adaptado, tamén ten que estar adaptado o persoal de traballo, como ti dis. Non é normal que te traten de mala maneira, estando ou sin estar atado a unha cadeira. O caso da túa amiga paréceme algo incrible, ahí atopamos unha proba clara da discriminación que hai polas noites. Por non falar de que aínda que a túa amiga puidera pasar, non podería seguramente baixar todas as escaleiras que soen ter moitos locais, os cales atópanse en sotos.

      Todos temos dereito a disfrutar e de pasar uns momentos agradables cos nosos amigos, mais, como xa lle comentaba ás túas compañeiras, é imposible para todos se non existen lugares adaptados a todo tipo de persoas.

      En canto ás túas recomendacións, a verdade é que sería moi interesantes revisar algunhas Cartas ao Director para atopar queixas e ademáis buscalas tamén pola páxina Change. Con Cogami, infórmote de que xa estamos en contacto. De feito, foron eles quen nos facilitaron persoas para crear o círculo de Debate xunto coa ONCE. Tito e Shaila, pertencen precisamente á asociación e contáronme moitas das súas experiencias.

      Moitas grazas polo teu comentario e as túas suxerencias. Un forte saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s