[S2D] Debate 1: pobreza e precariedade

De esquerda a dereita: traballadora social, afectado, Marta, afectado, Manuela e Miguel Ángel

 

Cortizo Salgueiro, Noelia- S2D1

García Vegas, Cintia-S2D2

Gómez García, Silvia-S2D3

Gutiérrez Caneda, Beatriz-S2D4

López Fernández, Alejandro-S2D5

Mouriño Almeida, Jacobo-S2D6

O pasado 17 de marzo tivo lugar o primeiro círculo de lectura entre un grupo de voluntarios directamente relacionados co tema suxeito do noso estudo: a pobreza e a precariedade e o seu tratamento nos medios. Contamos coa presenza de dous afectados e tres persoas vinculadas á defensa dos dereitos dos cidadáns que se atopan nesta situación:  Miguel Ángel, voluntario da Asociación San Vicente, Manuela Caneda, profesional no ámbito da precariedade laboral e Marta, voluntaria no Centro Vieiro de Cáritas. Ademais, estivo tamén presente unha traballadora social que acompañou ós afectados para aportarlles seguridade.

A xuntanza, a cal tivo unha duración de máis de hora e media, realizouse nunha sala da Facultade de Filoloxía da USC.

Dende un primeiro momento os participantes mostraron o seu agradecemento por teren sido invitados e mostraron unha gran interese no tema. Destaca en xeral a gran participación de todos os membros, aportando diferentes noticias e puntos de vista sobre o tema, ao igual que as súas vivencias e anécdotas persoais. Aínda que nun principio mostráronse algo nerviosos, especialmente un dos afectados ó que lle custou moito abrise ante o resto dos invitados, enseguida estableceron unha conversa fluída e conectaron uns cos outros. Ó final do encontro, de feito, intercambiaron os seus datos persoais para manterse en contacto e colaborar xuntos xa que, tal e como eles mesmos apuntaron: “traballamos en ámbitos distintos, pero ao final podemos colaborar uns cos outros”.

Comeza o debate centrándose no tema da precariedade laboral e nas condicións en que en moitas ocasións teñen que traballar. O gran problema que se atopa hoxe en día nun traballo é que os xefes e demais non valoran os dereitos dos traballadores, simplemente ven a súa produtividade e nada máis, son vistos como axentes de consumo, como se mostra nun dos indicadores. Na conversa, saíu a relucir este tema de man dun afectado: “date conta por exemplo que ti estás nunha altura desde 7 plantas e a ti obríganche ter un arnés, é obrigatorio hoxe en día, tes que subir sen el porque obrígante, caes e a túa morte quen cha paga? quen lle da os cartos aos teus familiares?”. Acto seguido, Manuela, experta no eido da precariedade laboral, agrega “ claro.. a saúde e a integridade física non entran no contrato, non? as veces non hai nin contrato”. Tras poñer na mesa varios temas e noticias que a eles lles chamaron a atención durante a súa observación ós medios de comunicación, identificamos a súa principal preocupación: para eles a maioría quédanse na superficie como no caso desta noticia que en canto a les so ves números sen afondar na problemática, non afonda nos temas e non contan cos afectados. Sobre isto,  Manuela afirmou que “ se quedan no sensacionalismo e non consultan a tódalas partes implicadas”, demostrando así que para eles se produce unha falta de fontes afectadas nas noticias.

Tamén destacan o grave problema na parte de preprodución “ás veces bótase de menos traballo de investigación previo a tratar determinados temas xa que cada un vai ter a súa visión” interveu Manuela de novo. En ocasións todo queda na responsabilidade do xornalista como aclara un dos afectados “depende logo da profesionalidade de cada xornalista“, aínda que moitas veces non teñen en conta que a liña editorial é a que marca ao xornalista a ter que tirar por un lado ou por outro, e iso dificulta o traballo dos xornalistas que son os que teñen que dar a cara.

Avanzando o debate, destácase tamén a escasa humanización coa que os medios tratan a pobreza, sacando a relucir un exemplo dunha noticia sobre pobreza infantil. Fálanse de cifras e números que non permiten coñecer a situación dos afectados, senón que favorecen á ignorancia sobre o tema. Manuela afirma que “sae moita estatística na prensa sobre o tema da pobreza infantil”, pero non nega a necesidade de “facer un pequeno estudo ou falar con xente directamente implicada, como poden ser asociacións…” Os medios precisan dese factor humano para informar correctamente sobre a pobreza, pois a estatística non lle fai xustiza. Súmase a isto o xeito de nomear as persoas implicadas, tratándoas coma un colectivo e utilizando unhas denominacións despectivas para referirse a elas. Claro exemplo disto é o caso do diario El Correo Gallego, o cal tivo que ofrecer unha rectificación tras publicar unha noticia na que trataba as persoas sen recursos como “pés negros” (a noticia foi eliminada, pero está dispoñible a súa rectificación para consultas).

Por outro banda, os participantes do debate afondaron un pouco máis na descontextualización da información debido ao medio no que se publica e a súa liña editorial. Miguel e Manuela coinciden en que é necesario contrastar datos de distintos xornais ou programas para lograr unha visión obxectiva do tema, pois a ideoloxía distorsiona ós feitos. Miguel decidiu exemplificar esta descontextualización baseándose no caso dos refuxiados, pois “dependendo do medio que o trate póñenlle un acento ou outro […], son os propios xornalistas os que están influenciados pola ideoloxía e pola maneira de expresarse, enfocando un tema dun xeito ou doutro.” Manuela, pola súa banda, procura unha solución a este problema mediante unha maior independencia dos medios, que “non deberían estar sempre detrás dunha ideoloxía e dunha liña editorial que vai en contra ou a favor da persoa, faga ben ou mal as cousas”. Os membros do debate opinan que as ideas nas que un medio de comunicación se escuda traen consigo un sesgo da información, dificultando a interpretación dos sucesos en favor do sensacionalismo. “Parece que hai que ver cinco teles e ler oito periódicos para sacar unha conclusión”, comenta Manuela á vez que resume con poucas palabras a esencia desta problemática.

Criticouse tamén, a falta de contextualización dalgunhas informacións publicadas e a necesidade dunha maior e máis rigorosa investigación xornalística, xa que provocan discriminación por asociacións e prexuízos. Manuela apuntaba que “o que ocorre é que os medios de comunicación se quedan moito na superficie”. Falando precisamente de accidentes laborais por falta de prevención, un dos afectados que participou na xuntanza comentaba que “o periódico mesmo non colabora, quédase moi curto, limítase a dicir catro palabras que se inventan e si a persoa morreu pois que mala sorte”, queixándose da falta de contextualización e profundización. Neste caso, ese home non morreu por causas naturais, faleceu ó acceder a traballar sen unhas medidas de seguridade obrigatorias por medo a perder o seu traballo e quedar na rúa. Realmente, se temos toda a información, vemos que non é un accidente, é algo perfectamente evitable. Manuela tamén comentaba que aparte da contextualización  “ás veces bótase de menos traballo de investigación previo a tratar determinados temas”. Un dos afectados tamén quixo subraiar isto que comentaba Manuela, sinalando que se tende a  colectivización e non se fai uso dos termos de xeito correcto:  “nós vemos como utilizan a palabra “pobreza” pero carecendo moito do coñecemento do que iso significa. Pobreza son moitas cousas: crueldade, abandono… dise que hai falta de oportunidades… A palabras en si é moi ampla e as veces o xornalista solta palabras segundo o seu gusto, sen dicilo todo completo. Reduce o significado a pobreza e se acabou”.

Cando sae o tema das trabas que se lle poñen as persoas, é dicir o referente para acceder aos medios, un dos afectados mostra as súas queixas “eu se quixera denunciar, qué pasos tería que seguir? Os xornalistas non o facilitan. Eses mendigos serían xustamente os que deberían denunciar o feito de que se lles gravase e son os que menos medios ou coñecementos teñen para facelo. Cómo cheguei eu a esta situación? Entéranse por terceiras persoas.” Ao igual que cando Marta mostra as súas queixas polo tratamento da prensa co tema das persoas sen recursos que viven na Praza Toural xa que na noticia se quería prexudicar a súa imaxe polo feito de ter que facer as súas necesidades na rúa e isto é debido a falta dunha persoa que defenda os dereitos da cidadanía nos medios “Dende Cáritas dicíamos: “mira como están tratando isto…” Peregrinos ou cidadáns que gravaban eses vídeos e o publicaban nas redes sociais.” Todo isto ven enmarcado polo contexto na noticia que puxeron sobre a mesa para debater en canto a como se ven refrexados na prensa, e como os denominan de xeito un tanto despectivo e que para eles é ofensivo.

Outro dos problemas que foron manifestados durante o debate foi a invisibilización da realidade das persoas afectadas, dende as que se atopan nunha situación de pobreza extrema ata as que se atopa nunha situación de precariedade laboral. “Parece que non pasan porque xustamente estas cousas non saen nos medios”, apuntaba Marta. Isto tradúcese en que os seus problemas e demandas ven restada a súa relevancia ante os ollos da sociedade, chegando, en moitas ocasións, a non ser nin tan sequera coñecidos. A propósito disto, as dúas persoas afectadas que nos acompañaban coincidiron na idea de que o problema principal reside na forma en que os medios de comunicación “venden a situación” e que é necesario, polo menos, unha ferramenta que lles permita denunciar a súa situación: “os medios poderían denunciar ós abusos, para evitar que, por exemplo, unha persoa con un fillo estea contratado por un salario mínimo por dúas horas e traballe quince”.

Manuela apoiou tamén esta idea, expoñendo un exemplo dun caso que lle acontecera hai 15 días: ” Ti aínda que queiras publicar unha noticia e teñas os datos e nalgún momento sexan a favor duns traballadores que teñan unha situación precaria, se mandas iso a prensa non sae porque no vende. “.  O mercantilismo, segundo Manuel, é o desencadeante deste problema, xa que “é  unha cousa que non marca a noticia pola noticia, senón que marca a noticia polos intereses que ten detrás. “

No referinte á vontade da presenza do feito nos medios, dende o comezo do debate Manuela e un dos afectados fixeron notar como o que aparece nas noticias son únicamente datos superficiais ou que chaman a atención, pola vontade do medio de resultar o máis comercial posible, e non coa vontade de dar voz e visibilizar os problemas dos afectados e as asociacións. Miguel apunta ademais que isto débese á mercantilización da información ó estar en mans das grandes empresas. Isto apreciase claramente no exemplo dun dos afectados, que afirmou que a prensa estaba máis interesada en sacar ós sen teito mexando na rúa, reforzando unha percepción social negativa, que as causas da súa situación.

Outra característica relevante do tratamento da pobreza e a precariedade nos medios que foi tratada foi a homoxeinización e colectivización dos afectados (xa exposto algún exemplo con anterioridade), sen ter en conta as súas circunstancias individuais. Este feito foi destacado por Marta e Miguel ao comentar unha das noticias que trouxeron, titulada “El indigente que da clases recibe un alud de trabajos el fin de semana”, que suxire a percepción inicial das persoas sen recursos coma xente inculta e que resulta fora do normal que de clases, cando a pobreza e unha circunstancia que lle pode pasar a calquera en calquera momento, teñas ou non titulacións universitarias. Así mesmo, coma destacou un dos afectados, a pobreza ten diferentes formas e causas, e os medios adoitan simplificala e aglutinar a todos os afectados nun mesmo saco cando non debería ser así.

En conclusión: os participantes do círculo coinciden en que a labor dos medios de comunicación alónxase do seu obxectivo principal (a denuncia social) e en que é necesario dar un paso máis aló e comezar a facer un maior esforzo de investigación previa (contextualización, consecuencias, precedentes, causas…), así é que foi un dos temas máis recorridos ao largo do debate. Inciden tamén na necesidade de empregar unha linguaxe coherente e correcta en referencia ó tema, xa que en moitas ocasións son os propios xornalistas os que dan lugar a prexuízos e estigmatizacións e é un feito que os afectados resaltaron posto que en moitas ocasións séntense ofendidos. Así mesmo, insisten no limitado espazo que se otorga a estas noticias e na marcada influencia dos intereses políticos e económicos á hora da redacción.

A propósito das observacións do material aportado polos membros do círculo (noticias de distintos xornais), propóñense tres novos indicadores que se suman ós xa existentes para as análises posteriores, todos eles enmarcados dentro do ámbito do “tratamento da información nos medios”:

  • Falta de investigación previa, xeneralización e superficialidade
  • Influencia da liña editorial do medio no tratamento do tema
  • Abandono da labor social dos medios de comunicación a favor dos intereses políticos e económicos.

 

MATERIAL TÉCNICO EMPREGADO:

  • Gravadoras de voz (4)
  • Cámara fotográfica réflex Canon 1200D
  • Cámara EVIL Sony Alpha 5000.

 

REFERENCIAS:

Congostrina, Alfonso L.. (2016). El indigente que da clases recibe un alud de trabajos el fin de semana. 17/03/2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/01/catalunya/1456863767_533921.html

Europa Press. (2015). Expertos analizan en Santiago la pobreza como una “lacra social evitable”. 17/03/2016, de Europa Press Sitio web: http://www.europapress.es/galicia/noticia-expertos-analizan-santiago-pobreza-lacra-social-evitable-20150610112128.html

Europa Press. (2015). Más de 672.000 gallegos están en riesgo de pobreza o exclusión. 17/03/2016, de Faro de Vigo Sitio web: http://www.farodevigo.es/galicia/2015/02/10/672000-gallegos-riesgo-pobreza-o/1181782.html

La Huerta, María de. (2014). La pobreza infantil aumenta seis puntos en Galicia desde 2007 y supera ya el 22%. 17/03/2016, de La Opinión Sitio web: http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/03/11/pobreza-infantil-aumenta-seis-puntos/819585.html

Redacción. (2015). Rectificación. 17/03/2016, de El Correo Gallego Sitio web: http://www.elcorreogallego.es/opinion/cartas-al-director/ecg/rectificacion/idEdicion-2015-12-18/idNoticia-970162/

S2D. (2016). S2D. 31/3/2016, de Observatorio Cidadán de Comunicación Sitio web: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/s2d/

 

Revisión do editor: 07/04/2016 ás 12:26

Revisión GBO: 01/04/2016 ás 18:33 e segunda revisión 04/04/2016 ás 18:50

Publicación: 04/04/2016 ás 12:00

Advertisements

12 comentarios en “[S2D] Debate 1: pobreza e precariedade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s