“Teño familia, pero é como se non a tivera”

Víctor Leonel Juan Martínez

Por Noelia Cortizo Salgueiro (S2D1)

 

Tras mostrarse na maioría dos xornais as visións de estatísticas, datos e información sobre galas benéficas e recollida de roupa, xoguetes ou comida, vamos a mostrar a dura realidade da falta de recursos da man dun protagonista, é dicir poderemos ter en conta unha fonte de primeira man.

Estamos cun rapaz novo, corenta anos, o cal leva percorrida Galiza en busca de traballo e de axudas nas distintas asociacións que hai nas cidades.  Cun pouco de inseguridade e sen ter claro se contar as súas penas,  comezamos falando de como é vivir un día a día sen ter case nada. “O meu dia a día a día é coma o de calquera, coma vós, movéndome buscando traballo, repartindo currículums e bueno… pouco máis che podo dicir, é así o meu día a día…”. Sendo  moi complicado mostrar as trabas que lle xorden cada xornada e todo o que ten que sufrir por non atopar algo que lle poida dar seguridade para seguir adiante e saír dese furaco negro no que está metido e que moitos medios ocultan. Falando de como chegou a esta situación, di, “pois mira, pois igual, crisis, eu estaba traballando hasta día de hoxe pero xa che digo a crisis e tamén moitas (outras) cousas. Eu tiña o meu piso e con esto perdino todo” e vemos como a crise e o gran problema de moitos. E este é o agora que están a vivir varias persoas e sobre todo desde a recesión económica, como se pode ver nesta noticia, e é que desde os inicios deste período a pobreza foi en aumento, e con respecto aos países de Europa, España cada vez está nun dos peores rangos.

Ten que ser terrible ter que verse así, despois de ter unha vida máis ou menos acomodada, e chegar a non ter case nada. De feito, coma neste caso, moitas persoas non imaxinaron nunca ter que durmir na rúa, de feito, para admitilo cun “si, tiven que durmir na rúa” agocha a cabeza, como se fose unha vergoña, e máis ben debería ser todo o contrario, coa cabeza erguida asumir a valentía de que aquí segue levantándose cada mañá. En canto á familia, que en moitas ocasións son quen salvan as persoas de ter que chegar a quedarse soas e sen nada, a súa non o fixo, e con seguridade afirma “teño familia, pero é como se non a tivera”. Seguir adiante, sen ter en quen refuxiarse é moi difícil, mais como ben di “hai que seguir por supervivencia” ese é o motor que o fai levantarse cada mañá coa esperanza de atopar un traballo ou un pequeno sustento. E se falamos das axudas que reciben e se é beneficiario das mesmas di “non, a min non me benefician en nada”. Con toda a dureza da sentenza. E todos pensamos en que aínda que non eliminala por completo, os gobernos si poderían facer moito máis do que están facendo e deste xeito non habería o nivel de pobreza que se palpa na sociedade. De feito aquí neste artigo informativo móstrase claramente como é posible acabar con ela.

Chegamos ao final, querendo mandar unha mensaxe á sociedade: “a min gustaríame que en verdad cambiaran moitas cousas, que a xente que en verdad está tirada na calle e que está pasando moitas necesidades, xente coma nos, e vamos a ver, rapaces nenos pois estivera mellor.” Cando chega a quenda dos nenos o ton vóltase máis serio se cabe e afirma que para el é triste ver aos cativos pedindo ou en malas condición alimentarias. De feito, nestoutra noticia podemos ver como a pobreza infantil desde a crise está sendo un tema escabroso para a sociedade, sendo as persoas máis fráxiles as que acaban sendo prexudicadas dos actos dos maiores, e mostrando unha vez máis o sufrimento dos débiles.

Ao marchar, el non quixo irse sen mostrar o seu agradecemento por darlle voz e escoitalo. “É a primeira vez que alguén dos medios de comunicación me deixa mostrar o que penso”, dixo, e máis tranquilo, foise. Queda patente entón como viven estas persoas e como a falta de recursos fai dunha vida feliz, unha vida chea de trabas e de inquedanza polo que pasará mañá.

 

Referencias:

 

Revisión do editor: 04/04/2016 ás 14:11

Revisión GBO: 30/03/2016 ás 11:42 e 04/04/2016 ás 18:45

Publicación: 04/04/2016 ás 12:18

Advertisements

4 comentarios en ““Teño familia, pero é como se non a tivera”

  1. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5
    É triste leer historias como estas, e aínda é máis triste saber que son milleiros as persoas que viven situacións iguais ou semellantes no noso país. En España hai máis de 11,5 millóns de persoas en risco de pobreza ou exclusión social. A crise económica empobreceu España, e sobre todo aos nenos españois. Son cada vez máis os menores pobres e, coa recesión, aumenta tamén a posibilidade de que dita pobreza se faga crónica, e que nunca sexan capaces de saír dela. Un de cada tres nenos vive por debaixo do umbral da pobreza e un de cada 10 é pobre severo, isto significa que a súa familia subsiste con menos dun tercio da renta media. Sen embargo, dita situación parece que non toca o corazón dos nosos políticos. O Partido Popular considera que abrir os comedores sociais durante a época do verán para atender a nenos que viven en familias con risco de exclusión ou en situacións de pobreza non é axeitado, posto que podería xerar excesiva visibilidade a estes casos e discriminación. E a solución non considero que sexa quitarlle aos máis ricos para darlle aquilo que necesitan os máis pobres. As persoas traballan e froito do seu esforzo conseguen grandes riquezas, a solución é sen dúbida xerar postos de traballo e baixar os impostos que o goberno nos impón a tódolos cidadáns. Deixo un enlace onde aparecen cinco gráficos nos que se representa moi ben a situación de pobreza que existe en España: http://www.europapress.es/sociedad/noticia-situacion-pobreza-espana-graficos-20150210191938.html

    Fai un par de semanas os medios de comunicación informaban indignados polo acontecemento sucedido en Madrid no que un grupo de holandeses tiraban unhas moedas ao chan a uns indixentes aos gritos de “olé”. A policía trata de ocultar a pobreza que se vive en grandes cidades españolas como é Madrid, e dalle máis importancia ao acto que ao contido en sí. Non podemos dubidar que pobreza existe en calquera lugar do noso planeta, grandes grupos de indixentes que no pasado contaban con traballo e incluso con máis dunha carreira universitaria atópanse agora nesta pésima situación na capital española. Os medios de comunicación son moi partidarios, na miña opinión, de dirixir a súa mirada á pobreza doutros países, aos refuxiados que escapan da guerra, mentres a nós dinnos que todo está ben. ¡Non nos deixemos enganar máis! ¡Basta xa de tanta hipocresía! Os europeos non son tontos e cando chegan a cidades como Barcelona ou Madrid observan a pobreza que se vive, por moito que os medios fagan esforzos por ocultala.

    Data de emisión do comentario: 05/04/2016- 20:00
    Data de revisión do GBO: 05/04/2016- 20:32
    Data de publicación do comentario: 05/04/2016- 21:29

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario Tatiana. Esta é unha historia que podería refrexar a outras tantas que como ben dis están afectando a 11.5 millóns de persoas na actualidade, no noso país. Tras consultar o link que me deixaches, confirma o que eu digo, a pobreza é un tema que nos está afectando hoxe en día e que queren ocultar. Por aparentar que España é un país rico non quere dicir que así o sexa. O dato que quizais me chame a atención é o de que os menores de 30 anos son os máis afectados pola crise. É así é posto que moitos estudantes rematan as súas carreiras universitarias e non saben que facer. Pensan que a única saída está en irse ao extranxeiro. Ben é certo que esto aumentou desde o comezo da crise. E tamén é triste a cifra que mencionaches da pobreza infantil, que foi tratada no artigo da miña compañeira Silvia. Os máis indefensos sempre son os máis perxudicados e isto é algo inxusto, posto que eles non tiveron a oportunidade de nada e quitáselles todo.

      Voltando un pouco a o que queren ocultar os políticos, e ao exemplo que puxeches de que veñen os extranxeiros e o que semella é que queren ocultarlle a realidade, e dalles vergoña que lle dean os seus cartos, que prefiren, que os invirtan para darlle ganancias a eles? Coma sempre é un xogo no que sempre saen gañando os mesmos, e trátase de favorecer ao que máis ten en lugar de tratar de equilibrar a balanza para que non haxa tanta diferencia entre as clases sociais, que cada vez semella ser maior e isto suporía un paso cara atrás e non avanzar que é o que se debería facer.

      Revisión do editor: 06/04/2016 ás 18:50
      Revisión da coordinadora: 06/04/2016 ás 10:06

      Liked by 1 person

  2. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

    Como di Tatiana é triste ler historias coma estas, que, como ben comentas, son cada vez máis comúns na nosa sociedade especialmente nos últimos anos. En Galicia as cifras aumentaron case de forma expoñencial como se fala neste artigo de EuropaPress (http://www.europapress.es/galicia/noticia-mas-672000-gallegos-estan-riesgo-pobreza-exclusion-15700-mas-2009-20150210134050.html).

    Aínda así paréceme moi importante recalcar un aspecto concreto que esta entrevista reflicte ben que é “a vergoña de ser pobre”. Xa indicas ti que non é razón de vergoña, todo o contrario pero, estamos nunha situación na que a nosa sociedade está moi enlazada coa criminalización da pobreza e isto paréceme un tema a tratar moi importate. Esta criminalización da víctima deriva tanto dos problemas cos mercados económicos como do paulatino desmantelamento do estado social. Esto leva a unha construción social na que as clases marxinais tornan en “peligrosas”. Non ocorre solo coas personas pobres, tamén con inmigrantes e outras minorías.

    Os medios somos unha das causas de maior peso na situación de criminalización de colectivos minoritarios. A pobreza en concreto vese moi afectada pola concepción capitalista que existe do mercado, “se non tes diñeiro é porque non traballas o suficiente”. Neste artigo de opinión (http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/04/actualidad/1349374997_487382.html) a xornalista Milagros Pérez Oliva falaba desta criminalización, desde “se es pobre é porque queres” que explica de onde nace esta creencia e como os politicos e os medio temos unha importante labor para mudar as cousas ó mudar o noso discurso.

    Do mesmo xeito este artigo (http://www.elplural.com/2012/08/17/los-pobres-y-la-culpa) fala tamén desta culpa, da búsqueda de causantes da crise e de como desprazamos lentamente o dedo para apuntar outros que non son o governo, cando é este o que ten maior control sobre a economía do país. Así a crise, non ten responsables, e a pobreza é culpa soamente de non traballar duro.

    Por último creo que teño que engadir que ademáis desta concepción que temos do traballo e da pobreza, o papel dos xornalistas pode ser criticado por non darlle voz ós afectados, algo que tamén mostra esta publicación cando o entrevistado indica que nunca antes lle preguntaran pola súa historia. A ausencia da versión dos principales protagonistas da noticia alonxa as noticias da veracidade e da obxetividade, deixando ós colectivos minoritarios nunha situación de desequilibro.

    – Revisión do editor: 14/04/2016 09:23
    – Revisión do GBO: 14/04/2016 09:35
    – Publicación: 14/04/2016 10:06

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario. Si é certo que esta entrevista foi a mostra clara de que a xente sen teito sente vergoña do que lle tocou vivir, cando non debería ser así. Estou totalmente de acordo co aspecto que dis que están sendo tratados como grupos marxinais cando non pode ser así. Son persoas coma nós, que o día de mañá, podemos estar na mesma ou peor situación que eles. E o concepto de persoas perigosas vese sobre todo cando unha nai vai cos seus cativos e lle di “non te achegues a ese” de forma despectiva, e outros moitos xestos que se poden observar. Como dis, a pobreza está medrando cada vez máis en Galiza, pero iso non sae nos medios de comunicación. Parece que todo vai a mellor cando non é así, e cada vez son máis os que teñen que acudir a pedir axuda para poder comer un día ou para non durmir na rúa.
      Os medios de comunicación xogan un papel fundamental na sociedade, e sen querer ou querendo condiciónana en moitos aspectos. Calquera que vexa unha noticia deste tipo, dando voz a unha persoa que está contando a súa historia, que mostra a súa opinión, creará moita máis conciencia que outras moitas noticias que en moitas ocasións deixan en mal lugar a estas persoas e incluso os chaman “pés negros” e doutras formas ofensivas. E doutro xeito tamén fan ver o que mencionaches, que a crise non causa pobreza simplemente é porque non traballan, cando en realidade é o que están desexando, atopar un traballo co que poder vivir, e ata lles dan igual as condicións en moitas ocasións.

      Revisión do editor: 18/04/2016 ás 11:26
      Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 20:35

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s