Entrevista ao grupo “Mocidade”

 

pdf-gnero-36-638Sambad Guillomía, Denise (S3E2) e Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

LGTB son as siglas que designan colectivamente a lesbianas, gays, bisexuais e persoas transxénero. Este termo é unha prolongación das siglas “LGB”, que á súa vez xa remplazaran á expresión “comunidade gay” cando este colectivo expresou que con iso non se reprentaba a todos os membros. É sen dubida un dos colectivos máis castigados segundo publicou o xornal ABC: http://www.abc.es/sociedad/20150828/abci-agresiones-homosexuales-homofobia-201508270937.html

Non hai moito tempo fíxose viral a noticia na que se relataba a agresión sufrida por unha parella homosexual no pleno centro de Madrid. Os afectados foron agredidos ao saír dunha discoteca por dous homes que se deron á fuga tras cometer o delito: http://www.abc.es/madrid/20140922/abci-agresion-pareja-gays-201409221751.html

Isto ocorreu a finais de 2014 pero o que máis preocupa é que vai en aumento. O colectivo LGTB denuncia que as agresions a homosexuais están a ser cada vez máis frecuentes, poñendo como exemplo a cidade de Madrid. Agora en 2016 as agresións séguense mantendo. Este xaneiro un mozo foi agredido tamén na capital española despois de insultalo chamandoo “maricón de merda”. A noticia recolle un dato preocupante e é que o 2015 foi o ano no que se contaron máis agresións a homosexuais da historia:http://www.infolibre.es/noticias/politica/2016/01/08/primera_agresion_homofoba_2016_madrid_43104_1012.html

Son só exemplos do que o colectivo do que falamos está a sufrir aínda a día de hoxe e en lugares como o noso país, e é este o colectivo que se defende no grupo de traballo S2B, a cuxas dúas compoñentes decidimos entrevistar dende este grupo de apoio: Xiana Meda e María Losada.

Unha das razóns polas que decidimos cubrir este tema é a atemporalidade e inmovilidade á que parece estar suxeito . A variedade de condicións sexuais cónstanos que está presente dende os comezos da humanidade, poñendo como exemplo á sociedade grega, que tomaba a homosexualidade con moita máis naturalidade que hoxe en día. Tanto nos países subdesenvolvidos, nos que se chega a queimar vivos aos sospeitosos de homosexualidade, como no noso entorno, no que as agresións verbais e físicas son aínda comúns, hai un gran problema coa concienciación e coa pemisibilidade cara as diferentes preferencias e variedades sexuais.

As razóns polas que elas decidiron facelo foi porque aínda que é unha realidade que se reivindica continuamente por parte do colectivo LGTB, os medios de comunicación seguen tratandoo con pouco rigor e cunha gran falta de contextualización. As entrevistadas disentían no que para elas resultou máis difícil ata o momento. A Xiana pareceulle que expresar con rigurosidade o que os membros do círculo trataban de expresar, sen deixar atrás ningún detalle foi o máis complicado. Non obstante María díxonos que o peor para ela foi combinar horarios e lugares cos membros do círculo para que foran adecuados para todos. Entre os membros atópase un da Coruña e varios con horarios case incompatibles, segundo as súas palabras.

Falando con elas sobre o traballo que levan feito informáronnos de que xa levaran a cabo unha gran labor de documentación sobre o tema, 6 artigos individuais e un círculo de debate. Fixéronnos saber tamén que o seguinte terá lugar o día 5 de abril.

Tivemos curiosidade acerca dos indicadores. (Aquí engadimos o enlace no que se poden ver os seus indicadores: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/s2b/ ) Sabíamos que eran importantes para facer os seus artigos e quixemos coñecer por qué estaban divividos en propios ou comúns. Xiana respostou: “Os indicadores dividímolos en xerais e propios a petición do coordinador, que así o esixiu. Non temos ningunha prioridade, para nós son igual de importantes e empregamolos todos por igual. Os indicadores serven para enfocar o traballo e ter unha pauta para analizar os diferentes elementos que se vaian tratando. Dentro do tema LGTBI nos escollimos os indicadores que consideramos máis útiles e oportunos. Empregamos os indicadores para analizar como se trata o tema que escollimos nos medios de comunicación. Así, nos artigos individuais botamos man deles para estructurar posteriormente o contido, e nos círculos, empregámolos para guiar aos participantes na información que buscamos tratar.” Por outra banda a resposta de María facíanos saber cómo os utilizaban segundo a súa importancia ou uso. “Os indicadores propios quizais os usamos máis porque son os máis enfocados ó noso tema en concreto e cremos que poden ser máis útiles á hora de analizar as noticias e informacións. Aínda que tampouco esquecemos os xerais porque os escollemos nós dun conxunto máis amplo adaptados ó noso tema”, respostou.

Traballar en grupo non sempre é fácil. Son moitas persoas intentando levar a cabo un mesmo traballo, por iso lles preguntamos cómo se organizaban dentro do grupo e qué labor concreta realiza cada unha. “Eu no meu caso levo as relacións cos distintos membros do grupo. Nalgúns casos eles pasanme as noticias primeiro para que eu as leve impresas, ou leve ó círculo o soporte audiovisual necesario para reproducilas. Ademais concreto as datas e encárgome de responder todas as súas dúbidas”, respondeunos María.

A súa compañeira insistiu en que máis alá da labor individual, intentan traballar en equipo e facer un traballo equitativo. “Traballamos por igual”, afirmou.

En canto ao seu método de traballo afirman que tentan facer un bo traballo en equipo pero organizado. Individualmente elixen as súas publicacións pero consultandoo co resto do grupo para non repetir temáticas e enfoque Xiana añade que é un método estricto e deben acadar os obxectivos marcados, máis alá diso non impoñen nada, aseguraba.

En canto nos falou de cumprir os obxectivos preguntámoslles cales eran as metas principais e en qué debían centrar o seu esforzo. María respondeu rapidamente: “Realmente están saíndo cousas interesantes nos círculos. Decatámonos que o tratamento dos medios é un tema que preocupa notablemente ó colectivo LGTBI. Moitos dos membros xa tiñan noticias gardadas ou coñecían información que non foran correctas. Realmente estamos aprendendo sobre terminoloxía que se debe empregar e a maneira correcta de contextualizar así como algunas expresións que se utilizan comúnmente nos medios e que analizadas poden resultar ofensivas.” A súa compañeira mostrou o seu acordo ca resposta e engadiu que na súa opinión crían que podían aportar frescura ao tema, datos actualizados, visibilización e puntos de vista interesantes a través dos membros dos círculos.

Cando se lles preguntou como foi falar cos membros do Círculo, ambas afirmaron que a experiencia estaba a ser moi boa. Destacaron a amabilidade dos invitados, que aínda que ao principio tiñan medo de que non quixeran comprometerse, logo colleron confianza e fixeron os debates moi amenos. Ademáis cóntannos que tiveron un alto índice de respostas positivas e en pouco tempo sentíronse cercanas aos participantes.

Quixemos coñecer os problemas para poder reunir a todo o círculo nun mesmo lugar a unha mesma hora, debido á dificultade que supoñe combinar horarios e demáis. Ademáis diso hai que ter en conta a dificultade que poden ter estes rapaces para moverse con facilidade, debido á carencia (na gran maioría dos casos) de coches e outros medios. Elas contáronnos que o círculo se relaiza en Santiago, polo que non teñen que saír da cidade, aínda que unha participante reside en Coruña, pero non lles mostrou problema para acudir. As persoas que nos puxeron trabas por temas de desprazamentos ou horarios non están a participar nos círculos, só contamos con aquelas que lles viña ben e estaban dispoñibles” engadiron.

Para rematar a entrevista fixémoslle unha pregunta máis persoal acerca do traballo que levan a cabo. Quixemos coñecer cal foi a experiencia que máis destacan de todo o que levan feito, ademáis do que iso lles aporta. Xiana mostrou gran interese polo círculo e o que iso lles enseñou. Opina que o traballo estivo ben analizado e se está a levar de xeito encamiñado. Fíxonnos saber que o seguinte círculo será o día 5 de abril e xa teñen todo preparado.

A súa compañeira por outra parte respondeu: “O que estamos a aprender, tanto do tratamento do colectivo LGTBI nos medios como da súa diversidade e pluralidade”

Dende o grupo de apoio esperamos que este grupo cumpra o seu obxectivos e que a súa experiencia sexa o máis enriquecedora posible, que fagamos por evitar que no noso país continúe esta situación vergoñenta.

De feito, non só ocorre no noso país, o xornal 20 minutos publicou este mes pasado unha noticia sobre unha agresión a homosexuais en Marruecos. A parella que se atopaba nunha casa foi agredida con armas blancas que lle provocaron diversas feridas a parte de ter a cara ensangrentada. Os agresores obligáronos a saír desnudos á rúa tras quitarlle a saba que os cubría: http://www.20minutos.es/noticia/2706401/0/homosexuales-agredidos/casa-marruecos/homofobia/

En outros países do mundo, xeralmente menos desenvolvidos os sospeitosos de homosexualidade son torturados ou queimados vivos, por exemplo. É o caso de Uganda no que unha atrocidade así ocorrei hai non tanto. Por inhumano que estos feitos nos parezan en Uganda a homosexualidade está condeada por lei con cadea perpetua. A noticia, acompañada dun vídeo nalgúns casos, volviuse viral e escandalizou a medio mundo: http://www.vanguardia.com.py/v1/index.php/component/k2/item/14545-queman-vivo-a-un-homosexual-en-uganda

  • Revisión do editor: 04/04/2016 23:09
  • Revisión do GBO: 05/04/2016 18:08
  • Publicación: 05/04/2016 22:55
Advertisements

Un comentario en “Entrevista ao grupo “Mocidade”

  1. O comezo e partes desta entrevista son cuspidiños aos publicados por Inés o día de onte sobre LGBTI. Mudar axiña, buscar outras fontes e diferenciar as formas.. Xa. Atentos editores e coordinadores aos cambios.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s