A mesma lupa para todos

Álvarez Martínez, Adrián – S1B3

ptorstitucion-masculina
Imaxe recuperada de: https://criterionoticias.wordpress.com

No noso círculo de aprendizaxe sobre a prositución, a totalidade de compoñentes son mulleres. Un dos temas que se trataron no debate foi a diferencia salarial, na que todos coincidiron que se precisaba un cambio. Mais o patrón de corte amosaba unha serie de ideais contrarios ao outro xénero dentro deste gremio, todos relacionados coa orientación sexual dos prostitutos.

Se ben falamos do papel maquillador que presentan os medios de comunicación conforme a práctica da venta de sexo, existe tamén unha discriminación cara os varóns, que malia non estar tan presentes na prensa, ocupan as mesmas seccións —actualidade e contactos—  que as mulleres. Cunha maneira de xulgar que tende a situalos na súa maioría como homosexuais, e que, deixa unha parte que exerce a profesión por vontade propia. O uso eufemístico ao que se ven xulgados os homes debido a súa orientación sexual, apréciase en titulares coma “De chapero a presunto asesino” de La Voz de Galicia, que conta o asasinato de Tomas Milia. Precisamente tralo tráxico suceso, dúas semanas máis tarde publicaríase neste mesmo xornal, o caso dunha serie de individuos de etnia rumana, que se adicaban á extorsión de homosexuais nunha determinada zona do río Miño. Ademais de citar o tráxico homicidio, compara a prostitución masculina coa actividade de contactos en internet, e enlaza directamente a práctica dun acto delituoso, co sexo de pago.

Outro dos cravos que se lles atribúe aos varóns que practican a prostitución, é o consumo de sustancias estupefacientes. A politoxicomanía é un ancoraxe dirixido ao sector homosexual neste gremio, que actúa como prexuízo non só polo calibre contra a saúde pública co que contan as drogas, senón que se lle incumben rasgos como a luxuria. Amais axuda a considerar aos individuos como posibles transmisores de enfermidades sexuais; esta situación trátase no filme gañador de tres premios Oscar, Dallas Buyers Club, onde o protagonista infectado polo virus sida é acusado de manter relacións cun home. Neste artigo de El Correo Gallego, fálase por medio da asociación Faraxa do mercado co que conta este xénero, nel chama a atención un dos ladiños empregados, Venezolano de 19 años, que case semella unha falacia racial, situando aos rapaces desa idade que residen no noso país nun grupo en risco de exclusión social.

Volta á temática económica, si é certo que existe unha desigualdade salarial en canto a homes e mulleres, segundo informes de CCOO e a UGT, os varóns gañan un 35% máis debido á maior oferta no xénero feminino. Os datos proveñen desta nova de El Correo Gallego, no que simplemente o titular supón dende a análise eufemísitica, un micromachismo.  É certo que os homes contan cunha situación de mellor trato conforme ao outro sexo, pero seguen sendo vítimas doutros estereotipos, para coñecer máis sobre a situación dalgúns varóns nesta profesión, resultou interesante o análise dun articulo de Sabela Corbelle, no que titula que “La calle se masculiniza”, o documento pertence ao diario El Progreso e fala neste caso dun escort de luxo, que ten coma clientes, mulleres dun alto poder adquisitivo, pero practica a prostitución, porque así o desexa.

Referencias:

Esteves, Felix (2012) Blogspot, Prostitución masculina y homosexualidad. Retrieved 6 April 2016 from http://minimosymaximos.blogspot.com.es/2012/12/prostitucion-masculina-y-homosexualidad.html

De Benito, Emilio. (2010). El País, La prostitución de ellos: más oculta, menos esclava :: Prensa :: Periodista Digital. Elpais.com. Retrieved 6 April 2016, from http://elpais.com/diario/2010/09/04/sociedad/1283551201_850215.html

Día: 06/04/16

Horarios de revisión e publicación:

Revisión da editora: 16:00

Revisión do GBO: 17:15

Publicación: 18:28

Advertisements

3 comentarios en “A mesma lupa para todos

  1. Álvarez Álvarez, Juncal (S1C3)

    Ola, Adrían,

    este colectivo masculino parece sufrir unha grave discriminación, cun emprego da linguaxe totalmente irrespetuoso cara á súa persoa inxustificado. Aínda que gañen unha porcentaxe máis que as mulleres na súa mesmo traballo, de fronte tanto aos medios como ás persoas parecen ser moito peor. Con constantes faltas na linguaxe e unha ignorancia e pasotismo total cara á súa propia autodeterminación, concordo con que seguen sendo vítimas de graves estereotipos tal e como apuntas.

    Facer simples procuras de google sobre “prostitución masculina” lévache a páxinas insospeitadas onde isto faise patente (http://www.burbuja.info/inmobiliaria/temas-quentes/386024-hai-discriminacion-cara a-mariconas-que-se-prostitúen-tips-leccións-de-estaistica-insaid.html). Parece que a propia ignorancia e odio que se aprecia na xente traspásase aos medios. Vexo necesario un cambio de mentalidade.

    Revisión GBO: 26:04/2016 1:37

    Gústame

    1. Adrián Álvarez Martínez S1B3

      Moitas grazas polo teu comentario Juncal, como ben dis o cambio de mentalidade precisa de ser inminente, pero non sóamente por parte da prensa, senón por parte de toda a cidadanía. Os erros relacionados con comentarios sexistas, ou a emprega de lenguaxe abusivos resultan case unha constante nas publicación deste grupo de atención prioritaria.

      Con respecto o enlace que compartiches, resulta simplemente unha vergonza que un titular dese calibre poida aparecer na rede. Espero como ti dis que a situación cambie. Neste enlace de Vice [http://www.vice.com/es_mx/read/la-dura-vida-de-los-chavos-buena-onda] ofrécesenos unha mirada con máis perspectiva do caso deste colectivo.

      De novo grazas polo teu comentario!

      Hora de revisión do editor 0:34

      Hora de revisión do coordinador:0:45

      Hora de coordinador: 1:19

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s