A desigualdade lexislativa no mundo

Imaxe de: Redacción BBC Mundo

Iglesias Hervella, Kelly- S2B1

En pleno século XXI custa crer que existen países nos que o feito de estar namorado ou sentirse atraído sexualmente por persoas do teu mesmo sexo poida ser motivo de condena penal. O caso do marroquí condenado a dous anos de prisión por iso mesmo fai apenas unha semana, acendeu todas as alarmas. Afondemos pois, a coñecer un pouco máis cal é la situación lexislativa actual vixente no mundo, que como xa adiantamos, dista moito de ser a adecuada.

En Marrocos, como a continuación veremos en varios países máis, a homosexualidade está expresamente castigada con ata tres anos de cárcere tal e como estipula  o seu Código Penal no artigo 489. A razón de este, perséguese a “comisión de actos contra natura con individuos del mesmo sexo”.

Baixo esta premisa foi condenado fai apenas un mes un marroquí homosexual que foi sorprendido por un grupo de veciños na súa habitación cando estaba nela coa súa parella. De modo inhumano comezaron a golpearlles ata  sangrar, para posteriormente “mostralos” polas rúas espidos.

A agresión que entón quedou  impune, con só (xa que para eles é considerada unha condena leve) dous meses de cárcere e unha imposición económica para un dos agredidos converteuse en viral fai apenas dúas semanas tras a difusión da súa gravación nas redes sociais. Tras isto, o segundo agredido presentouse de modo voluntario na comisaría, lanzando ó mundo o grito da inxustiza no seu país.

Pero tal y como afirma o xornal El Mundo ademais de estar penada legalmente, a homosexualidade tamén sofre as lacras dunha sociedade arcaica que os rechaza, mencionando o caso o pasado verán da agresión a un travesti (facendo o medio, na miña opinión, un uso inapropiado da linguaxe, xa que o termo correcto e sen connotacións sería transexual). O acceso a noticia queda dispoñible no seguinte enlace:

http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/28/56f95d18e2704e6a288b45a9.html

Foi coa visualización desta noticia coa que coñecín a realidade de Marrocos (ata entón descoñecida para min) en relación con este tema social. Realidade que non é nin moito menos descoñecida no mundo.

Como cada ano sucede, a Asociación Internacional de Lesbianas, Gays, Bisexuales, Trans e Intersex (ILGA) publicou durante o mes de maio o seu informe que recolle a situación legal das persoas LGBTI en cada un dos países pertencentes á ONU. O documento repasa a abrumadora e desesperanzadora lista de 75 países que aínda penalizan, a día de hoxe, as relacións entre persoas do mesmo sexo.

Acceso al 10° Informe de Homofobia de Estado de ILGA (disponible solo en inglés).

No primeiro informe elaborado pola ILGA no ano 2006, eran 92 os países e territorios nos que se perseguía legalmente ás persoas LGBTI. Entre as baixas da lista que se produciron no último año, destaca a da República Turca do Norte de Chipre, que en 2014 despenalizou as relacións homosexuais, sendo o último territorio europeo en facelo.

Tamén o fixo Mozambique no seu novo Código Penal, aínda que a discriminación social das persoas LGTB persiste; Lesoto e Santo Tomé foron outros dous territorios africanos que tamén eliminaron o ano pasado o delito de homosexualidade nas súas reformas lexislativas; o mesmo sucedeu en Palaos, o arquipélago situado no Pacífico Occidental.

A lista máis estremecedora é a dos países que castigan as relaciones homosexuais coa pena de morte: Mauritania, Sudán, Irán, Arabia Saudí e Yemen. A estes habería que sumar algunhas das provincias de Nixeria e Somalia onde se aplica a lei islámica, e os territorios de Iraq e Siria ocupados polo Estado Islámico.

En canto á rexión de Latinoamérica e O Caribe, os países con homofobia de Estado institucionalizada son: Antigua e Barbuda, Barbados, Belice, Dominica, Granada, Guyana, Jamaica, San Cristóbal e Nieves, San Vicente e las Granadinas, Santa Lucía, e Trinidade e Tobago.

Pero tamén, do lado máis esperanzador, o matrimonio entre persoas del mesmo sexo xa é legal en 18 países, catro máis que fai un ano, coa incorporación de Luxemburgo, Eslovenia, Finlandia (cuxa lei entrará en vigor en 2017) e Estonia (neste ano). Ademais, o Estado mexicano de Coahuila e 17 integrantes de EE UU aprobaron leis de matrimonio igualitario. Con elo, en Estados Unidos xa son 37 os Gobernos estatais que o permiten, 38 si se suma o distrito de Columbia.

Como podemos observar, o número de países que aínda penalizan a homosexualidade, a pesar de los avances existentes, sigue sendo elevado y aterrador. Cabe a pena alegar á esperanza de progreso e mellora e satisfacernos (en termos legais), por unha ocasión, da situación do noso país.

 

REFERENCIAS:

EFE/RABAT. (1/4/2016). El homosexual marroquí agredido y exhibido desnudo, condenado a dos meses de prisión. 28/3/2016, de El Mundo. Sitio web:

http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/28/56f95d18e2704e6a288b45a9.html

Leandro. (29/3/2016). ILGA lanzó el 10º informe de Homofobia de Estado en el mundo. Junio de 2015 de ILGALAC. Sitio web:

http://ilga-lac.org/ilga-lanzo-el-10-informe-de-homofobia-de-estado-en-el-mundo/

Emilio de Benito. (30/3/2016). Dieciséis países despenalizan la homosexualidad en nueve años. 15/5/2015 de El País. Sitio web: http://internacional.elpais.com/internacional/2015/05/15/actualidad/1431699610_221573.html

Europa Press. (31/3/2016). La homosexualidad es aún ilegal en 76 países en el mundo. 17/5/2010 de El Mundo. Sitio web:

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/05/17/solidaridad/1274111567.html

Redacción BBC Mundo. (1/4/2016). Los países donde ser gay es un delito. 20/12/2013 de BBC Mundo. Sitio web:

http://www.bbc.com/mundo/noticias/2013/12/131211_india_homosexualidad_global_am

 

Revisión da editora: 3/4/2016 ás 23:40 e segunda revisión 06/04/2016 ás 13:38

Revisión GBO: 3/4/2016 ás 9:35

Publicado: 06/04/2016 ás 10:10

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

20 comentarios en “A desigualdade lexislativa no mundo

  1. Como é que editor e coordinador deixan que se colgue esto así? Cantas veces quédanme por advertir o de “ler máis”, o de marcar os hipervínculos e o de revisar grallas, denantes de pendurar? MUDEN AXIÑA (estoume enfadando, de verdade). Que titular é ise?. Grazas.

    Liked by 1 person

  2. Laura Casal Tizado -S1A5

    Sempre é interesante dar a coñecer a situación legal dos colectivos en risco de exclusión social nos distintos países do mundo.
    Por sorte, estase avanzando moito neste sentido co colectivo LGTB, aínda que queda moito por andar (por exemplo, en España, as sancións por incumplir a lei de protección de liberdade sexual, en realidade, son nimias na práctica, e as agresións homofóbicas son moi, moi frecuentes -recordemos o recente caso á parella no supermercado da rúa Galeras, cerquiña da facultade-).
    Estes días os dereitos están de aniversario. Fai 15 anos da que, supostamente, foi a primeira voda homosexual da historia, en Ámsterdam, dúas mulleres celebraban o seu amor uníndose en matrimonio. Pero… serían as primeiras?
    Hai quen di que non, que as primeiras mulleres casadas legalmente foron nada mais e nada menos que GALEGAS, e que foi en 1901, en San Xurxo (A Coruña). Cóntanvos máis neste artigo, que me pareceu moi interesante. Podedes sacar unha boa entrada de aquí http://aliciag.crtvg.es/nin-en-holanda-nin-en-belxica-a-primeira-voda-do-mundo-entre-mulleres-foi-en-galicia-fai-115-anos-e-pola-igrexa/

    Gústame

    1. Bos días Laura,
      moitas grazas pola túa aportación. Eramos coñecedoras da versión que afirmaba, como dis, que a primeira boda homosexual se dera en Ámsterdam, pero non da versión que relata ter lugar en Galicia.
      Marcela e Elisa segundo explica o teu enlace, casáranse 100 anos antes ca a parella de Ámsterdam, como deixa recollido o rexistro civil. Pero como sempre, non é ouro todo o que reloce. E é que, para posibilitar este enlace, Marcela desapareceu e voltou “convertida” en Mario. Un engano que, semellando seguir o guión dun bo filme, acabaríase por descubrir e pasaría a supor unha odisea para ambas. Perseguidas polos medios de comunicación, pola policía e desprezadas socialmente, Elisa e Marcela tiveron que fuxir varias veces do país, pasando dende Portugal a Arxentina.
      Un tormento que, tras o seu paso, deixou ver a realización dun soño para o seu tempo, a libertade dun amor que, aínda que de modo encuberto, deu luz á historia.
      Moitas grazas de novo pola aportación, dende logo un artigo moi interesante.
      Por outra parte, e centrándome na primeira parte do comentario, tes toda a razón Laura.
      A pesares de ter unha das lexislacións máis avanzadas en canto á LGTBI se refire no noso país, a realidade dista bastante de ser ou cumprir as normas lexistaltivas.
      Todos os días, por desgraza, prodúcense actos homófobos que deixan ver aínda unha sociedade que non avanzou de todo, dunha lacra social que nos persegue.
      Paréceme interesante darlle luz á recente lei aprobada no Estado de Misisipi, que, amparándose na libertade relixiosa, permite negar ós homosexuais o matrimonio, a adopción, os servizos sanitarios e incluso despedilos, non contratalos ou, entre outras medidas, non permitirlles ó acceso ó alquiler dunha vivenda.
      Ante ista aberración, activistas na loita polos dereitos deste colectivo, como a coñecida presentadora americana Ellen DeGeneres están a realizar campañas e empregar a posibilidade de expansión ó mundo que a televisión ofrece para loitar e intentar lograr que esta lei retroceda.
      Déixoche aquí o enlace ó artigo no que se explica esta lei, e no que está o discurso mencionado por Ellen no seu programa. Non ten perda.
      Tal e como di, “Creo que é importante que recordemos que parecémonos máis do que nos diferenciamos”. Un saúdo.
      http://elpais.com/elpais/2016/04/07/estilo/1460029726_281357.html?id_externo_rsoc=FB_CM

      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 08/04/2016 ás 15:39

      Gústame

  3. Kelly: un pequeno comentario, ou unha pregunta: desde que posición estas a falar cando dis que hai desigualdade na legislación de diferentes países? Non abondo máis no tema, para que poidas desplegar a túa resposta. Dime. Grazas.

    Gústame

    1. Boas, desculpa polas posibles dúbidas que o escrito poida causar.
      A realización do artigo tiña como finalidade coñecer cal é a diferente situación lexislativa no tocante ó LGTBI no mundo.
      Tal e como se observa tras a lectura, aínda existen gran número de países nos que esta é penada con cárcere (así se pode verificar no informe do ILGA adxuntado no artigo).
      É nesa vontade de comparar aquelas lexislacións nas que ésta é legal e as que pola contra non o son, na que empreguei o termo “desigualdade”, xa que non existe un consenso mundial no ámbito legal.
      Se é preciso modifico o titular da entrada, que quizáis non é o máis adecuado. Grazas!

      Revisión da editora: autora e editora son a mesma persoa
      Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 22:30

      Gústame

  4. Taboada González, Ángela. S3C3

    Debo recoñecer que antes de ler este post de Kelly non tiña nin idea da lexislación homófoba existente en tantos países do mundo. Desgraciadamente esta adoita coincidir con países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento. Concretamente chamoume a atención a cantidade de países africanos que condenan o amor, de feito, África pódese considerar o peor lugar do mundo para ser gai. Son case 40 os países onde ser homosexual é delito e aínda que esta situación mellorou nos últimos anos (como comenta a miña compañeira) sen dúbida os pasos son moi moi lentos. Segundo o islam, unha das relixións maioritaria nos países deste continente, é ilegal que os homes se “comporten como mulleres” ou se vistan como tales e viceversa. Así pois, en países nos que o peso da relixión é tan forte e o de educación tan débil é moi común atopar actitudes homófobas entre os seus habitantes.

    Indagando sobre o tema atopei o ocorrido hai case un ano en Gambia, onde Yahya Jammeh, que controla o poder desde 1994 afirmo: «Se ti es un home e queres casarche con outro home en Gambia, collereiche e cortareiche o pescozo. Así ninguén máis se fixará en ti, e ningún home branco poderá facer nada». Con todo, isto non é un caso illado, poucas semanas despois en Kenia, o vicepresidente William Ruto dixo que na sociedade do seu país «non hai lugar para a homosexualidade». Polo que fun lendo nestes países chegáronse a publicarse listas de homosexuais en portadas de revistas, o que case recordo a un “top ten” dos criminais máis buscados. Ademais, tras a publicación das mesmas producíronse asasinatos e agresións.

    Por último, abrindo un pouco máis o obxectivo, teño que dicir que nos atopamos ante o problema de sempre, aberracións cometidas en países subdesarrollados afogados por tradicións relixiosas e unha falta abafadora de cultura e educación. Con todo, debemos reflexionar ata que punto temos licenza para entrar nun mundo que non é o noso impoñendo as nosas leis e costumes. Aínda que o fin sexa beneficioso para a sociedade, a fin de contas debemos deixar que cada cidade, país ou continente evolucione dunha forma coordinada e que os avances culturais sexan acompañados dos económicos. Non podemos impoñer a unha sociedade a aceptación social dos homosexuais, a legalización do divorcio, o dereito á escola… cando día a día deixamos que os seus nenos morran de fame.

    http://www.bbc.com/mundo/internacional/2010/05/100519_homosexualidad_ilegal_js.shtml
    http://www.abc.es/internacional/20150514/abci-homosexuales-africa-violaciones-201505141027.html
    http://factoides.com.ar/post/11400150623/homosexualidad

    Data de emisión do comentario: 06/03/2016- 17:32
    Data de revisión do GBO: 06/03/2016- 18:32
    Data de publicación do comentario: 06/03/2016- 19:59

    Gústame

    1. Bos días Ángela,

      moitas grazas polos enlaces á artigos que aportaches, a súa lectura foi moi interesante para afondar máis sobre este tema.
      Coincido totalmente co teu pensamento.
      Tal e como se menciona,na maior parte de países de maioría musulmana a homosexualidade perséguese legalmente e tamén é severamente penalizada. En total, os países nos que isto sucede son 8: Afganistán, Arabia Saudí, Irán, Mauritania, Pakistán, Sudán, Yemen e algúns estados do Norte de Nixeria. Ademais disto, a marcada estigma social e o rechazo maioritario que as parellas homosexuais sofren dentro do seu entorno e comunidade.

      Cabe destacar tamén, que as execucións que no seu nome se producen nestos países son sempre públicas, a modo de exemplo a seguir para a cidadanía.
      Neste enlace dáse paso a un blogue no que se comentan numerosos estudos realizados sobre a homosexualidade e o islam. A súa visualización paréceme moi interesante: http://islamgay.blogspot.com.es/

      Mencionable é o caso de Irán, tal e como se comenta nunha das entradas, xa que dende 1979 a homosexualidade está perseguida con pena de morte. Segundo varias organizacións de Dereitos Humanos, máis de 10000 persoas poderían haber sido condeadas a morte dende ese tempo, ó rredor de 4000, gays e lesbianas ós que se lle negou o dereito á vida pola súa orientación sexual.
      Para finalizar, unha reflexión que me acompañou durante todo o tempo de documentación sobre o tema. E non é outra que cómo tratar unha relixión, xa que o islam é igual de respetable que outras, aínda que dende o mundo occidental e distinto ó seu, moitas das súas ensignias ou crenzas nos poidan parecer inhumanas, incoherentes e aterradoras, como é o caso da lexislacion LGTBI.

      Revisión da editora: a autora é a editora (hora de publicación, hora de revisión).
      Revisión da coordinadora: 08/04/2016 ás 15:17

      Gústame

      1. Creo que a túa reflexión é totalmente normal á hora de tratar un tema como leste. Aínda que non esteamos de acordo con algunhas pautas do Islam deberiamos preguntarnos sen temos algún dereito para modificalas ou destruílas. Con todo, estou segura de que non todos os musulmáns, nin a maioría, rexeiten ou castiguen a unha persoa pola súa orientación sexual. Non é a primeira vez que escoito, que para moitos dos seus practicantes, o Islam é unha relixión baseada no amor e a tolerancia, manchada pola radicalización e a Yihad. Un saúdo.

        Liked by 1 person

  5. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Bos días Kelly. O primeiro que quero dicir é que quedei realmente sorpendida ao ler a túa publicación, pois non sabía que a homosexualidade seguía a causar problemas tan graves en tantos países. Tendemos a ter en conta a parte positiva, é dicir, os 18 países no que xa é legal o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pero olvidamos moi facilmente todos aqueles nos que a condición homosexual se castiga de maneira moi dura. Buscando sobre o tema atopei esta noticia:

    http://www.estrelladigital.es/articulo/tema-estrella/homosexualidad-mundo/20140430180741194365.html

    O primeiro que me chama a atención é o titular ” Los peores lugares del mundo para ser gay”. Como se ser homosexual fora unha elección, como se estas persoas non tiveran dereito a nacer en calquera esquina do mundo e ser respetadas e comprendidas. Un titular que deixa moito que desear. Por outro lado o contido é estremecedor. Comparto o fragmento inicial: “Un hombre anónimo, presuntamente homosexual, fue quemado vivo en Uganda ante la mirada indiferente de sus vecinos; el joven Ahmed acaba de ser condenado a muerte por sodomía en Sudán. Al otro lado del mundo, en Rusia, grupos de neonazis propinan brutales palizas a jóvenes gays con total impunidad; Simone se quitó la vida a los 21 años tras arrojarse al vacío empujado por la homofobia que padecía en su entorno”.

    Os movementos sociais da diversidade sexual foron os principais promotores do cambio político e social necesario para que se garantice o respecto, os dereitos e se celebre a diversidade sexual como un valor positivo. É por iso que unha loita continuada provocaría que pouco a pouco novos países vaian legalizando algo tan real e normal como é o feito de ser homosexual.

    http://www.emol.com/especiales/2015/actualidad/internacional/matrimonio-homosexual/index.asp

    Deixo este enlace dun mapa que amosa a situación actual de todos os países do mundo.

    Un saudo!

    Data de emisión do comentario: 08/04/2016- 12:01
    Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 12:56
    Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 13:16

    Gústame

    1. Boas noites María,
      pois sí. A realidade é aínda así de cruel no referente a este tema. Eu quedei igual de impresionada á hora de documentarme sobre as lexislacións existentes.
      Cabe lugar á esperanza e a un progreso que, paseniño, como podemos ler, vaise conseguindo.
      É un asunto complicado, xa que a maioría dos países nos que esta está prohibida e penada legalmente son de maioría islámica, entrando xa nas premisas que unha relixión como o islam establece, premisas que han de ser respetadas aínda que non compartamos.
      Por outra parte, moitas grazas pola peza infográfica que adxuntaches no comentario, é moi clara e permite ver a golpe dun vistazo como un tema que debería tratarse con toda a normalidade e libertade que merece, aínda está sen unha lexilación existente en moitos países.
      Así, pasando por Rusia, chamoume a atención o conxunto de leis que como din aprobou no 2003 Putin e que penalizan a aqueles que promovan relacións entre persoas do mesmo sexo.

      Por último, coincido totalmente co teu asombro e indigación ó ler o titular do artigo que nos amosas, pero, por desgraza, a existencia deste tipo de usos inadecuados da linguaxe en temas como éstes é moi frecuente nos medios de comunicación.
      Este é xusto un dos indicadores cos que traballamos nos nosos círculos de lectura.
      Pero se xa unha linguaxe e expresións correctas están en maior ou menor medida establecidos no caso da homosexualidade, esto non sucede así co caso da transexualidade.
      Nos nosos círculos contamos coa prestixiosa presenza de Antía Fernández, primeira transexual federada nun deporte galego.
      A cantidade de novas que Antía nos achega sobre tratamento inadecuado das súas palabras nos medios de comunicación é abrumadora. Déixoche aquí o enlace ó noso primer círculo de debate, no que se trata este indicador. Merece a pena:

      Sen ir máis lonxe, o xoves lía unha noticia en La voz de Galicia na que se entrevistaba a Isaac Pico Tenreiro,o sexto menor transexual en Galicia, concretamente en Ferrol. A súa lectura chamoume a atención, rompendo o curso de normalidade, cando vin a pregunta que o xornalista lle postula, que non é outra que: “¿no temes que puedas comprobar que te has equivocado?”.
      Creo que é unha pregunta fora de lugar, ilóxica, de pouco tacto e totalmente incorrecta. A transexualidade e o proceso de reasignación son decisións e temas de extremada delicadeza e sensatez. Non é algo co que “te poidas equivocar”. Como tantas veces Antía repite nos círculos, non te sintes pertencente a outro sexo, sabes que eres del”.
      Queda aquí o enlace á noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/04/07/temo-equivocarme-decides-contar-transexual-tienes-claro/0003_201604H7P60994.htm
      Como vemos, aínda queda moito por avanzar, e polo menos no campo xornalístico, esperamos contribuir a súa mellora. Podemos e debemos.
      Mil gracias de novo!

      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Gústame

  6. Carrera Álvarez, Jesús – S1E
    (publico eu no seu lugar por problemas técnicos)

    Como ben dis, estamos en pleno século XXI, e é normal ver mozo-mozo ou moza-moza, collidos da man, bicarse, etc. actos normais aos ollos de calquera que o acepte, non todos, pero unha gran mayoria si: http://www.elmundo.es/madrid/2016/01/21/56a0cfcee2704e01358b459b.htm
    Se nos remontamos á época grega ou romana, non estaba mal visto e falamos de fai dous mil anos: http://www.ambienteg.com/historia/la-homosexualidad-en-la-roma-antigua-1a-parte-gays-ilustres-en-la-historia/

    En España, en 1954, criminalizouse ao homosexual incluíndoo na lei de Vagos e Maleantes, unha norma que foi substituída en 1970, polo perigo social até ben entrada a democracia: http://www.publico.es/espana/homosexuales-yugo-franco.html

    Concluíndo, cada país ten as súas leis e son soberanos, mientra eles non as queiran ou poidan cambialas, non hai nada que facer. Marrocos non asinou a declaración de Dereitos Humanos de 1948: http://www.eldiario.es/desalambre/Marruecos-organiza-derechos-humanos-ONG_0_328967905.html

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 20:50
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 21:00
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 21:19

    Gústame

    1. Boas noites Jesús (Mauro),
      moitas grazas polos enlaces aportados. Todos son de gran relevancia e interese no asunto a tratar. Chamoume a atención de forma negativa, o tratamento informativo que, tal e como se apunta neste enlace, se realizaba por parte dos medios de comunicación en 1966 cara á homosexualidade:

      “Alguien apunta que pudiera tratarse de un homosexual, aunque parece que este extremo podría ser descartado, elucubraba una crónica de julio de 1966 sobre el presunto autor del asesinato de tres jóvenes en Benidorm”
      http://www.publico.es/espana/homosexuales-yugo-franco.html

      Por outro lado, e enlazando coa túa idea sobre a homosexualidade na Idade Media, ¿coñeces o que eran as vodas de semellanza?

      Pois nada máis e nada menos que o termo que a igrexa cristiá empleaba para enlazar en matrimonio a persoas do mesmo sexo. Situámonos nos aposentos do século XIII. E é que, como ben dis, moitas son as persoas que descoñecen o contexto social e legal que os homosexuais posuían na Idade Media. Ademáis de non ser mal vista, non estaban perseguidos e gozaban dos mesmos privilexios co resto de cidadáns. A pesar de que a igrexa obviaba que entre as persoas que se unían baixo este tipo de enlaces houbera relacións sexuais, considerábanas como unións de hirmandade, amor platónico e produto dunha amizade moi forte. É curioso como a día de hoxe, evolucionamos a mellor en infinidade de aspectos e noutros, desafortunadamente, foise a peor.
      Deixo aquí o enlace ó sitio web onde se explica detalladamente en qué consistían estas vodas de semellanza, termo que rescatou o historiador e escritor Boswell. Non ten perda:
      http://lesbianas.about.com/od/Libros/a/Matrimonios-Homosexuales-En-La-Edad-Media.htm

      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 16/04/2016 ás 15:28

      Gústame

  7. Gutiérrez Caneda, Beatriz S2D4

    Ola Kelly. Resultoume moi interesante o teu artigo sobre todo por que non pensaba que a día de hoxe a homosexualidade seguise sendo criminalizada en tantos países. Na miña opinión existe unha clara invisibilización deste problema por parte dos medios. Si que atopamos noticias en canto a el pero só cando acontece unha traxedia como a que lle sucedeu á parella homosexual marroquí da que se fala na noticia que nos traes. Na maioría dos casos non se vai á raíz da cuestión, producíndose unha clara descontextualización. Por outra banda, aínda que xa se aprobou en 18 países o matrimonio homosexual e cada vez en máis países se tenda á legalización da homosexualidade, incluso en occidente estamos lonxe dunha igualdade real. Este feito queda demostrado coa seguinte noticia que publica ABC (http://www.abc.es/estilo/gente/20140603/abci-novio-jennifer-lopez-travesti-201406031612.html) na que se fai referencia a un “travesti”. Para empezar e como ti comentabas, non se debería empregar esta palabra e por outra banda, é un dato que non aporta nada. Se a protagonista da noticia tivese nacido nun corpo de muller non se tería especificado, polo que explicar que é transexual é unha clara discriminación.

    Revisión do editor: 18/04/2016 ás 11:26
    Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 20:11

    Gústame

    1. Bos días Bea,

      Coincido contigo totalmente, basta con documentarse algo para decatarse do avance necesario que aínda nos queda por realizar.
      Como ben dis, nos medios de comunicación o emprego dunha linguaxe inadecuada en canto ó contexto LGTBI se refire, é constante. O exemplo da nova que nos compartes é o máis habitual. Así pois, este é un dos indicadores nos que o noso círculo de lectura máis incurre, e e que é aterrador que, dende unha profesión que tanto impacto ten na sociedade como pode ser a nosa, se cometan este tipo de aberracións.
      No noso primeiro círculo, no que contamos coa prestixiosa presenza de Antía Fernández, primeira transexual federada nun deporte en España, analízase en profundidade esta linguaxe inadecuada nos medios. Déixoche aquí o enlace ó círculo. Deixa moito para pensar:

      Por outra banda, outro indicador que tamén mencionas é o da descontextualización, á que tamén se incurre moito no tratamento de temas noticiosos relacionados có LGTBI.
      É moi importante recalcar a necesidade de esta, xa que, tal e como debatimos en clase, é imprescindible tanto para a comunicación personal como intercomunitaria.

      Antonte lín, por últmo, unha noticia que me deixou bastante mal corpo. No programa Pasapalabra, de Telecinco, no tan coñecido rosco, un concursante contestou a:
      “Con la T: poéticamente mujer homosexual”: Travesti.

      A resposta, irónicamente, causou a risa do público e do presentador, que, risueño, lle comunicaba que a súa resposta era incorrecta. Debía ter contestado con TRÍBADA.

      O peor de todo, é que, dende o Twitter do programa, esa mesma noite, despedíanse cun: Nos vamos a cenar una tortilla.
      A min dende logo, deume para pensar e reflexionar un bo rato. O peor é que este tipo de actos sigan sucedendo hoxe en día, e que pasen por alto con tanta facilidade.
      Aquí tes o enlace á nova, cómpre lelo:
      http://www.lavanguardia.com/television/20160419/401211793256/pasapalbra-tortillera-respuesta.html
      Mil grazas por todo Bea!

      Revisión da editora: a autora é a editora
      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:46

      Gústame

      1. Gutiérrez Caneda, Beatriz- S2D4

        Ola Kelly resultoume moi interesante ver algún anaco do voso círculo de aprendizaxe. A verdade é que traballamos con indicadores moi similares. En canto á noticia que adxuntas, resulta incrible que en pleno século XXI sigan pasando estas cousas. Está claro que o concursante non pensou dúas veces a súa resposta e isto é quizais o máis preocupante. A homofobia e a discriminación están tan presentes na nosa sociedade que xa as temos asumidas como algo “normal”. Os medios de comunicación deben de ter especial coidado cando tratan temas nos que existe certa discriminación xa que un mal tratamento da información pode contribuír a manter ou incluso a aumentar esta marxinación. Este foi o caso dalgunha noticia publicada polo xornal El Correo Gallego, na que o xornalista se refería aos afectados pola pobreza co termo “pés negros”. Afortunadamente a noticia foi retirada e agora podemos ler unha rectificación (http://www.elcorreogallego.es/opinion/cartas-al-director/ecg/rectificacion/idEdicion-2015-12-18/idNoticia-970162/)

        Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:13
        Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

        Gústame

  8. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

    Boas Kelly, moi interesante artigo e comentarios. O tema da lexislación pode parecer a primeira vista menos relevante ca outros aspectos pero a aceptación dunha determinada conducta é moito máis rápida ó ir da man da lei. É dicir, aínda que creo que a lexislación non implica que a poboación acepte, neste caso a homosexualidade, creo que compre un papel importante na non-criminalización desta. Nos casos de países que mencionas onde a homosexualidade é un crime, a aceptación desta vai ser menor.

    Aquí en España temos unha lei de matrimonio do 2005, sendo o cuarto país en lexislalo a nivel mundial, pero xa se fixo camiño antes. Dende 1978 a homosexualidade deixa de ser delito. Pouco menos de carenta anos máis tarde un 88% da poboación española acepta a homosexualidade, poñendonos en cabeza a nivel mundial. Pero para isto fixo falta un duro traballo de asociacións sociais coma el Front d’Alliberament Gai de Catalunya (FAGC) ou o Frente Homosexual de Acción Revolucionaria (FHAR).

    Agora que xa existe no noso país unha lexislación este colectivo está respaldado, máis aceptado e máis integrado. Máis só un 19% do mundo ten unha lexislación positiva coa homosexualidade. Este artigo de xuño de 2015 do Washintong Post, (https://www.washingtonpost.com/graphics/world/gay-rights/) xunto co teu artigo, foi para min unha chamada de atención. Os países que prohíben gañan por maíoría aplastante ós países no que o matrimonio homosexual é legal.

    Teño que engadir ó teu artigo un par de actualizacións. O matrimonio homosexual xa é legal en todos os Estados Unidos dende o 27 de xunio do ano pasado. Aquí unha nova sobre está histórica decisión do Tribunal Supremo: http://internacional.elpais.com/internacional/2015/06/26/actualidad/1435327649_177772.html. Sumase así ó total de 20 países que aceptan o matrimonio homosexual. Ademáis o caso de Eslovenia foi revocado en decembro do ano pasado como se indica aquí: http://internacional.elpais.com/internacional/2015/12/20/actualidad/1450648264_614707.html e tan só fai cinco días aprobouse en Colombia http://internacional.elpais.com/internacional/2016/04/07/colombia/1460039385_837414.html

    O panorama lexislativo cambia moi rápidamente, pero este mapa está actualizado so fai uns días http://elpais.com/elpais/2015/05/21/media/1432230538_572904.html?rel=mas

    De todos xeitos, son boas novas e parece que lentamente conseguimos avanzar máis seguen sendo 88 os paises que criminalizan o matrimonio homosexual. Como ti ben dis, queda moito por facer, moita aceptación que, esperemos, chegará e sempre, á man da lexislación pertinente que axude ás persoas do LGTBI a ter os mesmos dereitos que os demáis.

    Data de emisión do comentario: 12/04/2016- 20:50
    Data de revisión do GBO: 12/04/2016- 21:20
    Data de publicación do comentario: 27/04/2016- 11:15

    Gústame

    1. Bos días Lucía,

      moitas gracias polo teu comentario e pola actualización das leis expostas no artigo. E é que, no tocante ó mundo lexislastivo, as normas cambian paulatinamente, grazas en gran parte ó esforzo e loita do colectivo.

      Tal e como aportas, o matrimonio homosexual foi aprobado nos EEUU, aínda que en moitos estados existan leis homófobas como é o caso do estado de Missisipi.
      Nel, o seu gobernador firmou unha lei que permite ós propietarios de comercios e ós funcionarios públicos non atender ás parellas homosexuais en base ás súas crenzas relixiosas, desencadenando, como é lóxico, miles de críticas por parte da comunidade LGTBI.
      Déixoche aquí o enlace a un artigo do xornal El País no que se explica ben en que consiste esta lei: http://internacional.elpais.com/internacional/2016/04/11/estados_unidos/1460390383_524110.html

      É necesario loitar por un cambio ante accións desgarradoras coma a anterior. E, nesta loita, como en moitas outras, os medios de comunicación e os seus traballadores podemos xogar un papel moi importante e forte. Así, destaca na loita polos dereitos homosexuais en EEUU a figura da presentadora e comediante Ellen DeGeneres, figura da que, seguramente, xa escoitahces falar.
      Por se queres máis información sobre a súa labor, aquí está o meu último artigo no que falo principalmente, da súa cooperación có colectivo:
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/unha-loita-publica-e-comun/

      Mil gracias bonita!
      Revisión da editora: a autora é a editora

      Revisión da coordinadora: 27/04 ás 16:01

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s