Coñece ós xitanos antes de xulgalos

Carrera Álvarez, Jesús- S1E3

SECRETARIADO

Fotografía propia

O día internacional do pobo xitano conmemorase o 8 de abril. Esta data recorda o primeiro Congreso Mundial Romaní/ Xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se creou a bandeira e o himno xitano. A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro que simboliza o camiño dende a India e a liberdade. O himno xitano, Gelem Gelem( Anduve, anduve) foi composto por Jarko Jovanovic e recorda os xitanos e xitanas vítimas do nazismo.

En primeiro lugar, debemos ter en conta de que no se pode xeneralizar e iso pasa cando se fala da comunidade xitana, sobre todo nos medios de comunicación.É fundamental á igualdade, que todos os sectores profesionais contribúan a combater a discriminación sendo estes os principais actores na creación da imaxe social da comunidade xitana.Tamén debemos facer referencia ao establecido na declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, documento no que se establecen dereitos tan importantes como á vida, á igualdade, á liberdade, o dereito a un nivel de vida adecuado que asegure a saúde e o benestar, o dereito á educación , a tomar parte na vida cultural da comunidade, etc.Fronte a estes dereitos, prohibe a tortura, os tratos crueis, inhumanos e degradantes.

En segundo lugar, debemos ser conscientes de que os que máis sofren esta discriminación son os mozos deste colectivo. Destaca o tratamento que fan os medios de comunicación no que o colectivo aparece moi castigado no momento de redactar a noticia con términos que non son os máis adecuados. Por exemplo, cando utilizan as palabras etnia ou raza facendo referencia a súa cultura ou colectivo cando en realidade non o é; a palabra “ reyerta” para darlle un enfoque negativo cando se tratan de informacións de xitanos poidendo utilizar outras expresións como enfrontamento. Nos medios de comunicación soen saír titulares como “ Un clan gitano hace explotar el coche de una familiar rival” ou “ Posible ajuste de cuentas entre familias de etnia gitana”cando podería titular “ Estalla un artefacto en un coche”.

Na discriminación, non se debe xeneralizar pero a sociedade soe facelo cando se trata da comunidade con programas de televisión como” Gipsy Kings” xa que moitas persoas deste colectivo non se identifican cos perfís que saen en dito programa.  A comunidade xitana ronda os doce millóns de persoas en Europa. Non todos son familia, nin viven todos xuntos, non todos teñen os mesmos hábitos e costumes., moitos deles estiveron acompañados de procesos migratorios a gran escala.A súa chegada a España data cara 1425 e nos demais países onde se foron asentando co paso do tempo son rexeitados pola sociedade maioritaria polas condicións de pobreza, marxinación e exclusión social.En canto a igualdade, ata á Constitución de 1978 non se lles recoñece a igualdade plena de todos os españois. É a primeira introdución nas leis españolas dunha garantía de convivencia e cidadanía, con tódolos dereitos para os xitanos, obxectivo que estiveron perseguindo durante moito tempo.

Os medios de comunicación, sobre todo a prensa escrita utiliza unha serie de términos que non son os adecuados contribuíndo así á perpetuación da imaxe social dun grupo, desempeñando un importante papel á hora de xerar actitudes tanto positivas como negativas cara outras culturas. É por iso que os medios de comunicación( prensa, televisión,radio, internet) poden e deben contribuír a mellorar a imaxe dunha comunidade moi rexeitada pola sociedade.

Referencias:

CET.(2008, 05). Explota un artefacto bajo el coche de una familia por un posible ajuste cuentas.El Mundo. Obtenido 03, 2016, de http://www.elmundo.es/elmundo/2008/05/03/espana/1209830988.html

El Correo.(2009, 09). Un clan gitano hace estallar el coche de una familia rival.El correo de Andalucía. Obtenido 03, 2016, http://elcorreoweb.es/historico/un-clan-gitano-hace-estallar-el-coche-de-una-familia-rival-NEEC135190

Pereda, R. (1978, 05). El Ayuntamiento de Burgos, contra la escolarización de los gitanos.El País. Obtenido 04, 2016, de http://elpais.com/diario/1978/05/19/ultima/264376801_850215.html

-Romani, U. (2005, 06). Gelem, Gelem.Unión del Pueblo Gitano. Obtenido 04, 2016, de http://www.unionromani.org/gelem.htm

Secretariado Gitano.(2015, 12). “Palabra de Gitano” y ” Los Gipsy Kings”, dos programas de TV contestados por las entidades gitanas.Fundación Secretariado Gitano. Obtenido 04, 2016, de www.gitanos.org/actualidad/dossieres/115502.html.es

Secretariado Gitano.(2015, 12). ¿ Qué es el 8 de abril?.Fundación Secretariado Gitano. Obtenido 04, 2016, de www.gitanos.org/8deabril

Horas de revisión e publicación:

Revisión do editor: 06/04/2016- 10:00

Revisión GBO: 06/04/2016-10:15

Hora de rexeitamento:

        1º rexeitamento:06/04/2016- 10:20. Este artigo foi rexeitado ao non focalizar ben o                 tema.

         2º rexeitamento: 06/04/2016. Este artigo foi rexeitado ao faltarlle hipervínculos

Hora de envío da versión final: 06/04/2016-21:30

Publicación: 06/04/2016- 21:52

Advertisements

3 comentarios en “Coñece ós xitanos antes de xulgalos

  1. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    En efecto, eu diría que a xitanofobia e a forma de racismo máis extendida no noso país con diferencia, o cal reflíctese claramente nos medios de comunicación, que ademais perpetúan esa discriminación. Coma sempre, a sociedade e os medios culpa ás vítimas da pobreza, como pode ser por desgracia o colectivo xitano en españa, en vez de ás suas causas políticas e económicas. Porque a pobreza ocasiona casi inevitablemente marxinalidade e delincuencia, independientemente de que quen a sufre sexa europeo, africano, xitano ou sudamericano.

    Esta xenofobia tan prevalente na nosa sociedade da lugar a titulares tan cuestionables coma o de este artigo de La Razón, que titula “Una mujer casada por el rito gitano pide una pensión de viudedad”, case culpando á vítima, en vez dun moito máis lóxico “Negan a unha mujer o seu dereito a unha pensión de viuvedade por estar casada polo rito xitano”: http://www.larazon.es/sociedad/una-mujer-casada-por-el-rito-gitano-pide-una-pension-de-viudedad-HF12357505#.Ttt1iWOIVfeqo6B. Por cousas coma esta é esencial que sigamos a visibilizar estas inxustizas.

    Revisión do editor: o autor é o editor
    Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 22:37

    Gústame

    1. Resposta de Jesús Carrera (por motivos técnicos non pode facelo el mesmo):
      Xeneralizando, pódese dicir que aínda non estamos á altura, por iso debe ser a maioría social a que rexeite o racismo, o fascismo, a homofobia, a islamofobia, a gitanofobia e outras formas de discriminación a austeridade supuxo unha caída do nivel de vida da poboación. Este rexeitamento só denúnciano tres de cada dez vítimas. É a sociedade en masa a que ten que responder, xa que estes actos ou outros, se non se actúa xeran máis rexeitamento. Nos medios de comunicación, sobre todo en prensa escrita, aparecen titulares como o que achegas, que ben se podía darlle un enfoque máis humano que xenófobo.
      É cada individuo o que achegue o seu granito de area para que se fagan cumprir os seus dereitos e ser conscientes de que non ser así, non se logra.

      Gústame

  2. Iglesias Hervella, Kelly-s2b1

    Bos días Jesús,

    Dende logo, a lectura do teu artículo pareceume relamente interesante.
    Non coñecía moitos aspectos da comunidade xitana que explicas nel.
    E é que, moitas veces tendemos a xeneralizar, e inclúome nisto, nas súas características, debido en gran parte ó papel e visualización que os medios de comunicación dan deles. Isto débese a que, non chegan moitas veces a visualizar a súa posición de forza e influenza como cuarto poder na sociedade.
    Os titulares que aportas sobre a linguaxe inadecuada que nos medios se emprega cara este colectivo son escandalosos, pero por desgraza, unha realidade moi actual. O emprego deste tipo de linguaxe é un dos indicadores que no noso grupo de debate tamén mencionamos, e e que é relamente importante e unha pena que se incurra nel vindo da profesión que tanto valoramos.
    Documentandome un pouco acerca disto, atopeime con esta noticia, que dende logo, pareceume alarmante:

    http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/11/actualidad/1360588638_179631.html

    Nela afírmase que dende 2011 á 2012 o número de casos de discriminación en prensa ó colectivo xitano medrou case nun 20%. Incúrrese no caso do emprego de palabras como colectivo en vez de comunidade; asimilación en lugar de convivencia; patriarca por home de respeto; raza por etnia e clan por familia.
    A súa lectura é moi interesante.
    Moitas grazas pola información achegada.

    Revisión da editora: a autora é a editora

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 14:13

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s