É racional o medo aos enfermos mentais?

María Aneiros Aneiros – S1A1

file_20130102115756
Axencia Ten!

Que pasaría se soubeses que o teu compañeiro de traballo ten unha enfermidade mental? Unha gran parte da sociedade diría que sentiría medo. Sentiría un temor a non saber se podería volverse agresivo en algún momento, ou facer algo perigoso para el mesmo, pero o certo é que este medo está completamente inxustificado.

Un estudo realizado hai uns anos pola universidade de New South Wales, en Sidney explica que as posibilidades reais de morrer a mans dun asasino descoñecido que padeza esquizofrenia son de unha entre catorce millóns, é dicir, é algo altamente improbable. Non quero afondar moito neste estudo pero recalcaba a idea de que de todos aqueles casos estudados, na metade deles, a ausencia de ningún tipo de tratamento ao longo das vidas dos enfermos, sumados a outras circunstancias agravantes como as condutas antisociais, estaban moi presentes e actuaron como detonante. Sendo tan reducido ese perigo, e máis aínda se subministramos aos enfermos os tratamentos efectivos, ¿Por que existe ese temor na sociedade?

Cando buscamos na sección de noticias de Google “enfermo mental” o primeiro titular que podemos ver di o seguinte:“Un enfermo mental incendia a súa casa e profire ameazas de morte”. Hoxe en día o periodismo que se realiza é un xornalismo “de titulares”, o  que significa que cando abrimos un xornal o que lemos son os titulares e só lemos a noticia enteira cando temos un interese especial nun tema. Para moitos lectores do Diario Córdoba, que é onde se publicou este titular en cuestión, o único que extraeran da noticia é que un enfermo mental causou un acto de violencia ao queimar a súa casa. Cando lemos a noticia e afondamos un pouco máis na información atopamos que o home non tiña a asistencia médica  especializada necesaria pese a que a súa familia afirmaba que tiña unha enfermidade, é dicir non estaba sendo medicado. O que queremos denunciar é que o máis correcto e respectuoso cara todos os enfermos sería que o titular non incluíse a condición do home, ao igual que non se inclúe o seu nome, para non criminalizar ao colectivo, e que se mencionase no corpo, xa que en efecto neste caso sería relevante, xunto coa información da falta de medicación. É mais, este caso podería servir para denunciar a falta de medios para diagnosticar este tipo de problemas e a falta de capacidade que teñen as familias para ocuparse deles.

O problema non é só que o primeiro titular sexa pouco apropiado, senón que os que veñen despois non son moito mellores, senón xulguen vostedes mesmos. Gustaríame comentar tamén o segundo titular, pois sitúa a un enfermo na posición de vítima, pero de vítima culpable dun acto atroz o que levou aos seus agresores á vinganza, pois creo que representa moi ben o odio e a incomprensión que sofren estes enfermos. O titular pertence a un periódico sudamericano, polo que fainos ver que este non é só un problema do noso país, senón un problema mundial, e di o seguinte: “Incendian a vivenda dun enfermo mental que matara a golpes a un neno de tres anos”

Estes dous son os titulares máis actuais do momento, pero o certo é que se botamos a vista atrás no tempo atopamos casos como o de GermanWings , no que un home, que os medios calificaron de louco perigoso e enfermo, pese a que superara as probas psicolóxicas para ser piloto de avión, estrelou un avión de pasaxeiros causando un gran número de mortes. Hai pouco que se cumpriu un ano desta traxedia e foron moitos os medios que adicaron algunha páxina ao seu recordo e a meirande parte deles avogaron por deixar constancia da necesidade do endurecemento das probas psicolóxicas para evitar que ninguén cunhas condicións mentais inestables poida pilotar un avión pero o certo é que este home non estaba diagnosticado de ningunha enfermidade mental e polo tanto tampouco tiña ningunha medicación para tratar ese posible problema.

OTAN SI
El Mundo

Creo que debemos facernos unha pregunta: Esta o perigo nos enfermos mentais ou na sociedade que non posúe os mecanismos apropiados para o diagnóstico e tratamento efectivo das mesmas?

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 06/04/2016 12:00
  • Hora de revisión do GTO: 06/04/2016 14:30
  • Hora de publicación: 06/04/2016 15:40
Advertisements

8 comentarios en “É racional o medo aos enfermos mentais?

  1. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Coma case sempre os medios de comunicación, coa motivación de vender máis xornais e coseguir máis audiencia, fan calquera cousa para facer máis “atractivas” as suas noticias inpregnandolas de tintes sensacionalistas e buscando o morbo nas audiencias. Coma ben dis, os enfermos mentais non son ni moito menos unha excepción a regra. Non obstante, non estou de acordo co que dis ao principio do artigo. Non considero nin moito menos que a maioria das persoas sintan medo ante alguen que sofra algún tipo de patoloxia mental no seu entorno. A pesar de que a moita xente lle guste o lles parezan máis atractivos os contenidos con matices sensacionalistas nos medios de comunicación, considero que non somos tan susceptibles cando temos ante nos a unha persoa que sufre dunha enfemidade deste tipo. Empatizamos moito máis cos enfermos que fai anos atrás (ainda que quede moito por facer). Se os medios de comunicación, e sobre todo, as institucións sanitarias que se encargan de tratar a este tipo de enfermos cambiasen a sua forma de tratar a esta xente, a integración estaria moito máis preto de nos. http://www.msssi.gob.es/ciudadanos/saludMental/docs/Salud_Mental_Guia_de_estilo.pdf

    Data de emisión do comentario: 06/03/2016- 11:43
    Data de revisión do GBO: 06/03/2016- 12:48
    Data de publicación do comentario: 06/03/2016- 15:17

    Gústame

    1. Quero deixar claro que, como digo no meu post, os datos cos que dis non estar de acordo sobre que a meirande parte da xente ten medo a este tipo de patoloxías, non son invencións mías, senón que son datos dun estudo oficial cuxo enlace tes no artigo, ademáis é de dicir que eu mesma vin isto en primeira persoa xa que cando comentamos en clase cal ía ser o tema do noso traballo foron moitos os comentarios recibidos do tipo: E non é perigoso? Non tedes medo? etc. Pode que te serprenda igual que me sorprendeu a min pero o certo é que aínda que a labor de sensibilización mellorou moito o proceso de integración na sociedade destas persoas aínda queda moito por facer.

      Gústame

  2. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola María! Sen dúbida, este é un tema no que hai que pararse, xa que os prexuízos que o envolven son de tales dimensións que chegan a distorsionar a propia realidade. Sobre todo por parte dos medios xa que, dun xeito ou outro son eles quen nos inculcan en parte ese medo irracional ou esa serie de prexuízos ilóxicos.

    Ademáis de todos eses prexuizos, e analizando as noticias e temas que mencionas, podemos darnos conta moi facilmente de que teñen un nexo común: o sensacionalismo. Un sensacionalismo que hai que evitar a toda costa se queremos informar, se queremos ter rigor, se queremos facer ese xornalismo de verdade. Pero nestes casos, parece que o morbo, que os click na noticia son o que importan, cando o que debería de importar é a estigmatización pola que están a pasar as persoas con enfermidades mentais, que os tratan como tolos. En vez de tratalas como se merecen, persoas totalmente normais cunha ou outra doenza.

    Por sorte xa existen colectivos que denuncian estas ultraxes, asociacións que traballan a prol da dignificación das persoas con enfermidades mentais e que levan a cabo campañas ou proxectos para que o resto das persoas aprendan ou se den conta da súa verdadeira situación, e do trato que estas merecen ter, moi alonxado do que teñen en moitas ocasións.

    En Galicia unha das máis importantes é Feafes, que leva a cabo motias de esas campañas de concienciación, xornadas sobre temáticas máis concretas e un longo etcétera. Por exemplo hoxe mesmo están a levar acabo unhas xornadas en Santiago de Compostela. Ademáis na súa páxina web podedes a topar bastante información ademáis das propias noticias que publicas Maria na que recalcan, esa confusión, esos prexuizos dos que antes falabamos. E aclaran moitos termos e situación que a xente confunde continuamente. Deixote o enlace por se te é de axuda para próximas publicacións, xa que penso que poder ser interesante, ademáis de que poderiavos por en contacto con profesionais para algunha entrevista, ou para dubidas máis concretas que teñades.
    http://feafesgalicia.org/ES/content/salud-mental

    Tamén creo que é importante destacar que ter unha enfermidade mental non é antónimo de levar unha vida normal, e aínda que nos deberían de server como exemplo todas as persoas anonimas que hai con elas e que teñen sua familia, seus fillos, sua normalidade, deixovos un enlace no que aparecen moitas celebridades que sofren enfermidades mentais e que levan unha vida de éxito. Como por exemplo Angelina Jolie, Hemingway, Marylin Monroe ou Woody Allen. http://feafesgalicia.org/ES/celebridades/personas-celebres-con-enfermedad-mental

    Outra asociación é Itinera, coa que colaboran estudantes da USC de psicoloxía en materia de voluntarios, cos que tamén podería ser interesante falar para ver e comprender o importante de que este colectivo non se cerre, e siga a súa vida, e as súas relacións co resto de persoas que non padecen esas enfermidades. Tamén organiza cursos e seminarios, como este fin de semana, no que dará comezo seu V curso de voluntariado en saúde mental.
    http://www.asociacionitinera.com/contacto.html
    http://feafesgalicia.org/ES/noticia-detalle/Itinera-organiza-su-V-Curso-de-Voluntariado-en-Salud-Mental

    Espero que te sexa de axuda, un saúdo María!

    Data de emisión do comentario: 06/04/2016- 12:45
    Data de revisión do GBO: 06/04/2016- 13:03
    Data de publicación do comentario: 06/04/2016- 15:36

    Gústame

    1. Moitas grazas Mara, sen dúbida é iso o que nos queremos transmitir e, como xa mencionaron os meus compañeiros en outros post,estamos en contacto tanto con Feafes como con Itínera, ademais de con Andaina, que traballa en zonas do rural, pois é moi importante que as axudas que estas organizacións achegan aos enfermos non se limite só as cidades, senón que chegue a todos os puntos posibles.

      Gústame

  3. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Boas María, chamoume moito a atención a túa publicación. Para comezar voume quedar coa pregunta que fas ao principio de “que pasaría se soubeses que o teu compañeiro de traballo ten unha enfermidade mental?”. Probablemente sentiriamos medo como dis ti, pero e se nunca o souberamos? Ese medo non existiría. O que quero dicir con isto é que non debemos ver ás persoas con enfermidades mentais como xente violenta simplemente polo feito de saber que teñen ese problema. Sen embargo, esa é a imaxe que temos destas persoas principalmente polo tipo de noticias que publican os medios sobre elas. O que debemos ter moi en conta é que as persoas así precisan de atención medica especializada e digamos que non actúan desa forma por vontade propia. Quizáis sexa máis preocupante a xente que é violenta de maneira consciente e sen ter diagnosticada unha enfermidade deste tipo. É por iso que os medios deben ter especial coidado co que publican, pois a maneira de facelo vai repercutir na forma de pensar da sociedade, xerando estereotipos e malas interepretacións. O sensacionalismo que buscan os medios está composto de pasos en falso nunha sociedade na que a realidade queda oculta por medo a non ter a repercusión suficiente. Polo tanto, debemos tratar de pisar firme sen deixarnos levar por titulares morbosos que so buscan que pensemos de forma equivocada.

    https://obertament.org/es/sala-de-prensa/salud-mental-y-medios-de-comunicacion

    Quédome con esta frase do enlace tan interesante que deixei: “Según los estudios elaborados por todo el mundo, desde un punto de vista científico no hay datos que puedan establecer un vínculo entre las problemáticas de salud mental y los actos violentos o peligrosos. Las personas con problemas de salud mental acostumbran a ser más víctimas que no perpetuadoras de violencia”.

    Un saudo!

    Data de emisión do comentario: 06/04/2016- 10:56
    Data de revisión do GBO: 06/04/2016- 13:23
    Data de publicación do comentario: 06/04/2016- 17:31

    Gústame

    1. Boas! Dende o meu grupo queremos transmitir a idea de que é indiferente que unha persoa teña ou non unha enfermidade mental e que o saibamos ou non non debe afectar á forma na que a vemos. Porén, cremos que a solución non se atopa na ignorancia, senónna comprensión. Cremos que esta xente non ten por qué agochar a súa enfermidade, senón que é labor dos que o rodea facer que esta dolencia non lles importe e non afecte ao seu comportamento cara eles.

      Gústame

  4. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Ola María. A lectura do teu artigo pareceume, cando menos, interesantísima. As cuestións que vas plantexando ao longo do texto invitan a unha, baixo o meu punto de vista necesaria, reflexión profunda sobre o tema. Como ben apuntas, o medo aos enfermos mentais está máis que inxustificado, o que realmente debería asustarnos son todas esas enfermidades que non teñen tratamento nin cura. O primeiro que debemos facer é normalizar a enfermidade mental na sociedade e tratar de desmontar tódolos prexuizos relativos a ela. Temos que ter en conta que un enfermo mental cunha medicación constante e pautada está perfectamente capacitado para desenvolver a súa vida con normalidade. Aproveito para dar resposta á cuestión que plantexas ao final do teu traballo: esta o perigo nos enfermos mentais ou na sociedade que non posúe os mecanismos apropiados para o diagnóstico e tratamento efectivo das mesmas?, baixo o meu punto de vista, e sen lugar a dúbidas, o problema está na sociedade e debe ser solucionado dende ella.
    Achego un artigo moi interesante no que se afirma que o medo aos enfermos mentais provoca que o colectivo sufra, en gran medida, o problema da crise económica: http://www.abc.es/sociedad/20150519/abci-estigma-enfermedad-mental-201505182021.html. Espero que che sirva de axuda, saúdos.

    Data de emisión do comentario: 08/04/2016- 17:32
    Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 19:21
    Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 20:18

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu enlace Sandra, foi de feito esta noticia a que inspirou o comezo deste post. Pareceume tan interesante como a ti porque creo que reflicte moi ben a idea de que podes pasar toda a vida traballando ao lado dun enfermo mental sen sabelo e sen que exista ningún problema, porén en canto as palabras “enfermidade mental” colócanse enriba da mesa todo cambia.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s