I Círculo de debate: Migración

Laura Parada Vila- S3B1
Ramón Rivas Pérez- S3B2
Eila Rodríguez Filgueiras – S3B3
Cristina Rodríguez Menéndez – S3B4
Nerea Sande Barbeito – S3B5
O pasado un de abril formouse o primeiro círculo de lectura para debater con persoas que viven o tema da inmigración de primeira man. Contamos con afectados e expertos: Guillermo Fernández, director da asociación Ecodesarrollo de Gaia, en Coruña, Djibril Fayes, orixinario de Senegal, que traballa como técnico da asociación Ecos do Sur e William, un mozo venezolano que leva varios meses no noso país.

Unha reunión que durou hora e media e que tivo lugar nunha das aulas que a asociación Ecodesarrollo prestounos amablemente.

O círculo transformouse nunha conversa amena de tres coñecidos que non tiveron reparos en compartir a súas vivencias durante o seu proceso de mudar de país ao mesmo tempo que tamén critican o feito no que algúns medios publican noticias nas que os protagonistas son inmigrantes.

Para empezar, cada un dos afectados contounos un pouco como foi a súa experiencia persoal. Tanto William como Djibirl defenden que os inmigrantes non son malas persoas, pero a falta de papeis para poder traballar de forma legal fixo que se dedicasen a calquer cousa. “Hai toda unha historia detrás de cada un de nós, a realidade témola dentro, nós sabemos que somos xente honrada que queremos saír adiante”. Pero o problema que nomea Djibirl está nas miradas da xente, e en consecuencia nos medios. Porque os medios estigmatizan ao colectivo dos inmigrantes, intentan que os tomemos a cada un como un todo.

Tamén houbo críticas para o sector político. Guillermo, director da asociación, leva moitos anos escoitando todas as historias da xente que á axuda, polo que ten unha idea conformada da realidade e do que se agocha no contexto da inmigración. “Todo isto é consecuencia do neocolonialismo”. Guillermo explica que as persoas que conseguen emigrar son os máis listos do seu país, polo que é unha forma de desarmar aos pobos e de facer que sexan máis débiles. “Os senegaleses máis intelixentes están vivindo en Francia, mentres que Senegal vaise debilitando como país”.

En canto a falta de visibilización que os medios cometen con este colectivo, Djibril cóntanos un exemplo que coñece moi ben. Un grupo de mulleres senegalesas formaron unha asociación en España, para poder ofrecerlles aos seus fillos un futuro mellor. Ningún medio de comunicación fíxose eco desta nova iniciativa que ten o obxectivo de poder mellorar as relacións de integración entre españois e africanos. Tamén William, aporta a súa visión do tema, dicindo que nos medios de comunicación “nunca ves unha persoa de cor traballando nunha oficina ou na administración pública”. Polo que para eles resúltalle complicado ofrecerlle a os seus fillos unha visión de continuidade no país no que están a vivir.

En relación ao tema da visibilidade Guillermo, como director dunha ONG, está moi descontento coa falta de presenza destas asociacións nos medios. “Nunca somos noticia. Dende o 2006 ata o 2010 tivemos a máis de 150 senegaleses vivindo neste local, e tamén intentábamos que se integrasen no país. Pero durante eses catro anos ningún medio de comunicación interesouse por sacar á luz a nosa labor nin a situación que estes inmigrantes estaban a vivir, nin recibimos axudas económicas”.   E é que as ONG para os inmigrantes son o seu principal apoio, Djibril cóntanos que cando chegou a España unha ONG axudouno co idioma. Durante meses foi a un curso para poder aprender español, e así puido encontrar traballo e integrarse mellor no país. Pero como vemos ningunha ONG sae nas noticias relacionados con este colectivo.

Outro exemplo claro de que os medios non teñen ningún tipo de reparo con este colectivo, está na utilización das palabras que os xornalistas utilizan. Por exemplo nunha noticia na que no subtítulo descríbese a experiencia dun español que  viaxa a un campamento de refuxiados para axudar, como unha aventura. Neste sentido Guillermo, fai unha análise do termo aventura. “O termo aventura identificábase con algo descoñecido, pero agora úsase para describir actividades de ocio, polo que non se debería utilizar neste caso. O feito de viaxar a outro país para poder axudar non debe ser ningunha aventura, debería ser unha experiencia, pero nunca unha viaxe de ocio que é como se pode interpretar este título”.

En canto ao tema dos refuxiados os tres teñen claro que falta información sobre a situación que están a vivir 11 millóns de desprazados. Aos tres chámalles a atención que en ningún medio haxa mención ao por qué desa situación. Como afectados, eles coñecen o contexto da marcha do seu país, e tamén saben que en toda inmigración están presenten outros factores dos que eles non son responsables. Guillermo destaca que Estados Unidos e outros países da Unión Europa foron os causantes do inicio da guerra en Siria. Unha guerra que está provocando a situación de miseria de millóns de persoas, pero parece ser que non son suficientes xa que os medios obvian o tema da guerra e soamente se centran en traxedias e mortes. O director da asociación Ecodesarrollo afirma que “non se trata de refuxiados, se non que son espoliados por nós”.

Neste tema Djibril, tamén nos aporta a súa propia experiencia. O que provocou a inmigración en Senegal foron as guerras e tamén a falta de recuperación tras elas. “Non había un traballo sostible, existían pequenas fabricas pero soamente dispoñían dunha parte da cadea de montaxe, xa que na maioría dos casos o produto era rematado en Francia”. A falta de traballo xunto coa nula educación coa que contaba o país, provocou que moitos senegaleses como Djibirl tivesen que emigrar.

Por último os tres aportáronnos unha nova idea sobre o análise dos medios: a liña editorial. “Os medios de comunicación son empresas, e como tal están atadas de pés e mans aos intereses dos directivos” explica Guillermo. “Incluso La Sexta que se podería caracterizar como un medio máis social e de esquerdas, á hora de tratar estes temas funciona como os demáis”.  Unha idea que Djibril tamén comparte: “Formamos parte dun sistema e os medios de comunicación están influenciados por intereses económicos en canto a falar de certos temas”. “Contar cousas positivas sobre nós, non vende, o que lles permite gañar cartos son as traxedias e as mortes”.

Despois de todo, o que nos queda claro é que a inmigración non é algo que se faga por gusto, existen moitas causas que na maioría dos casos, os propios afectados non teñen culpa, e que por outra parte os medios de comunicación son os encargados de que esas causas non saian á luz ou que queden esquecidas.

Grazas ao círculo podemos ter unha visión máis próxima do pensamento dos afectados sobre o traballo dos medios de comunicación. Falta o labor social, entrevistar ós propios protagonistas, non só afectados se non tamén asociacións como as distintas ONG que existen no noso país que fan moito por axudar e integrar a este colectivo. Outro apunte que nos deixa o círculo é a liña editorial dos medios de comunicación. Por exemplo os medios que se consideran máis de esquerdas e de promoción da labor social, cando teñen que cubrir estas noticias parecen esquecerse da súa propia ideoloxía.

Por iso queremos incluír un novo indicador á hora de analizar o tratamento da inmigración por parte dos medios de comunicación:

  • Falta de seguimento da liña editorial de algúns medios de comunicación.

Revisión do editor: 21:38

Revisión do coordinador: 22:10

Advertisements

2 comentarios en “I Círculo de debate: Migración

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s