II Círculo de Debate. Terceira Idade.

Imaxe previa ó II Debate

Este post ten como finalidade a análise tanto do contido como da forma das conversas que tiveron lugar no noso Círculo de Lectura, o cal levamos a cabo na facultade de Ciencias da Comunicación da USC o pasado xoves 10 de marzo.

Antes de profundar nas conclusións que obtivemos, é mester lembrar que os integrantes deste debate foron persoas pertencentes á Terceira Idade, cuxos nomes son: Carmen Albores, Jorge Negreira, Benancio Martínez, Manolo Martínez e José Filloy. Ademais disto, tamén merece mención a interese mostrada pola totalidade dos membros do grupo tras a realización da primeira charla, o que axilizou o proceso para reunirnos de novo.

Para o desenvolvemento do traballo foi preciso ter como referencia tres dimensións nas que se inclúen tres indicadores (xa explicados anteriormente nun post desta mesma plataforma). Desta forma, na primeira parte deste segundo encontro, tivo especial relevancia a dimensión correspondente á concepción do valor dos anciáns para a sociedade. Así, a nosa única participante feminina, Carmen, comezou recoñecendo que a terceira idade si que supón unha presión para o sistema sanitario e económico, o que provoca unha preocupación para a sociedade, sobre todo se temos en conta a cantidade de recursos necesarios para tratar as enfermidades propias deste colectivo. Resumindo esta idea, e en palabras da propia interlocutora: “Es gente [os anciáns] que demanda muchísima atención, muchísimo medicamento, mucho gasto de mucho tiempo y cuanto más se vive es peor, pero también ocurre que eso preocupa a las sociedades”. Esta visión coincide plenamente cun dos indicadores inseridos na dimensión citada con anterioridade: A valoración dos anciáns como unha carga económica, por unha parte para o país e por outra para a economía familiar. En contraposición á idea proposta por Carmen atopamos a de José Filloy, que asegura que “cotizou para moita xente”, co que pretende dicir que non supuxo un gasto para o país, senón máis ben un beneficio.

A partir deste momento, a conversación xirou en torno á economía. Discutiuse sobre os sistemas tributario e de pensións españois e as condicións de traballo que tiveron durante a súa vida laboral os participantes do grupo. Sobre este último punto, Manolo defendeu que antes a xente vivía ó día, posto que moitos traballaron sen seguro e sen preocuparse polas pensións que terían no futuro, poñendo o seu propio exemplo: “Mucha gente, por ejemplo yo, he trabajado durante diez años sin estar asegurado. ¿Eso quiere decir que yo he perdido diez años de cotización? Pues si, lo que pasa es que por circunstancias determinadas, como yo empecé a trabajar joven, yo llegué a mis treinta y tantos años laborales”. En relación con isto, falou da ignorancia dos traballadores da época e da desinformación que existía, o que levaba ós empresarios a aproveitarse dos propios asalariados. Esta desinformación viña dada tanto dos sindicatos como dos medios de comunicación, que non estaban ó servizo da cidadanía, dado que seguían os intereses das clases dominantes. Ademais, Carmen manifestou que o quid da cuestión non radica na cantidade de traballadores e de xubilados senón no modo no que se estruturan estas pensións.

Despois disto, pasouse a falar das axudas sociais, tema no que os participantes se puxeron de acordo para criticar a inxustiza existente no reparto das pensións, pois para eles hai unha diferencia moi pequena entre os traballadores que máis cotizaron e os que menos o fixeron. En palabras de José Filloy: “No considero lógico que una persona que no ha cotizado porque es un vago o por lo que sea cobre casi tanto como un señor que cotizó durante veinte o treinta años”. A resposta de Manolo a esta declaración foi a carencia de información na actualidade por este tema, o que nos levou a centrar a nosa atención nun novo indicador, non visible ata agora neste debate, que se atopa incluído na dimensión do tratamento informativo. Este indicador é o do tratamento superficial e espectacularizante da información: enfatizar as compoñentes dramáticas ou excepcionais dunha información para causar un maior impacto, sen engadiren estas informacións relevantes para a comprensión dos feitos.

Puidemos observar que, ó tratarse do segundo encontro, os vínculos se afianzaron. Quizais isto foi debido á copresenza física e á circularidade da comunicación que houbo que houbo na primeira das reunións. A linguaxe corporal mostrou unha maior confianza, así como tamén un maior grao de comodidade que facilitou a conversación e fomentou a sinceridade, dando lugar en algún momento conflitos e breves discusións nos que non se respectou a quenda de palabra. A pesar destas discrepancias existentes, a conversa foi fluída durante todo o transcurso (probablemente a causa da interobxectividade) e non houbo faltas de respecto entre os integrantes do Círculo.

Os xestos tamén foron moi relaxados, posto que se compartiron miradas de complicidade e incluso se tocaban entre eles para apelar ós seus compañeiros. Así, e da mesma forma que ocorreu despois da primeira cita, o nivel de confianza aumentou entre os membros, que mostraron en reunirse unha vez máis para seguir falando sobre a realidade deste colectivo vulnerable e do tratamento que existe nos medios. Nesta nova charla non trouxeron ningún tipo de noticia, polo que se baseou nas experiencias persoais, o que levou a un desenvolvemento cun ton máis espontáneo.

Para facilitar a comprensión deste texto, decidimos sintetizar as reflexións e as conclusións ás que chegamos nos seguintes puntos:

  1. Algúns integrantes do grupo séntense presionados tanto polo Estado como pola sociedade, ademais de desprazados polos medios de comunicación (todo isto referido ó plano económico).

  2. Outros integrantes do grupo falan da xenerosidade interxeneracional e da súa importancia como contribuíntes durante a súa vida laboral e incluso na actualidade.

  3. A terceira idade sente que segue existindo unha desinformación por parte dos medios de comunicación de masas ó non falar dos pensionistas como anteriores cotizadores.

Audio completo: https://youtu.be/Bg3XpY5hjc4

Revisión do editor 15:50

Revisión do coordinador 16:00

06/04/2016

Advertisements

3 comentarios en “II Círculo de Debate. Terceira Idade.

  1. Por favor citen autores e interlocutores deste debate. Curioso que non haxa ningún hipervínculo, tendo a opción de recoller citas do propio son do debate. Ao meu ver ten relativo interese este debate se non se parte de novas recllidas nos medios, ainda coma pretexto para iniciar un debate. Ollo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s