O bilingüismo, un esforzo de comunicación social

Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

Dibujo 2

Fonte uterluz.org

Xa existen algunhas iniciativas en práctica en España para integrar a linguaxe de signos, coma os talleres educativos de Arteixo propostos pola Federación Gallega de Asociaciones de Personas Sordas, FAXPG, que explica esta nova do diario La Voz de Galicia, publicada o 27 de marzo, na que Emma Blanco Díaz, poñente, fala dos problemas de comunicación e integración dos xordos.

A mesma nova comenta tamén como a propia Emma Blanco atopa que os avances tecnoloxícos facilitan a comunicación. Por exemplo a nova start-up valenciana Visualfy do 2 de abril, saiu fai pouco nos medios como unha revolución que axudará a integrar os 360 millóns de xordos cos que convivimos.

A pesar disto, atopámonos nunha situación na que empregamos todas a ferramentas comunicativas para a integración?

A comunicación é posible pola interacción e grazas as capacidades comunicativas das persoas entre sí (do mesmo xeito que a comunicación afunde as súas raíces no entorno social que a estimula, xunto con outros factores coma o contexto). Entón, o colectivo xordo, que carece de capacidade comunicativa vocal, está destinado á exclusión social?

Os cativos con incapacidade para a fala producen e aprenden a súa linguaxe de signos da que xa falamos en entradas anteriores. O desenvolvemento desta linguaxe varía especialmente na chamada etapa precursora da linguaxe.

Fillos de pais xordos, expostos á fala, desenvolven esta capacidade pero sen a mesma competencia en todas as áreas da lingua (Ramirez Goicoechea, 2011). Socializados na linguaxe convencional de símbolos (LSE neste caso) apréndena sen dificultade, coma linguaxe natural exhibindo estructura sintáctica e morfolóxica pero aínda con ensinanza especializada non conseguen comunicarse coa mesma eficacia que aqueles que aprenden LSE de pais xordos tamén non expostos á fala. É dicir, a non exposición a un sistema convencional de comunicación (visioxestual neste caso) limita algunhas capacidades lingüísticas polo que a comunicación entre ouvintes-xordos queda en desventaxa.

Un estudo de Strong y Prinz indicou que existe unha relación tamén entre as habilidades en ASL (American Sign Lenguage pur Linguaxe de Signos Americana) e a capacidade de ler e escribir en inglés e outro estudo (Hoffmeister y colegas,1997) apuntou que un coñecemento avanzado do ASL, e do inglés, facilita o desenvolvemento das capacidades de lectura e escritura en inglés.

Pódese extraer disto que unha educación bilingüe LSE- español pode ser algo proveitoso para os nenos de forma cognitiva, pedagóxica e psicolóxica. A pesares disto, non é raro atopar situacións de non integración dos nenos xordos entre os seus compañeiros porque dito bilingüismo non existe na comunidade ouvínte (na comunidade xorda é máis común en casos de padres xordos-fillos ouvíntes).

Existe unha clara barreira comunicativa entre persoas xordas e persoas ouvintes e unha das solucións propostas polo círculo de lectura crítica foi exactamente este bilingüismo que axudaría a unha mellor integración do colectivo.

A propia Confederación Estatal de Personas Sordas, CNSE, indica na súa “Guía de Educación Bilingüe para niños y niñas sordos” que “a comunidade xorda aposta polo bilingüismo bicultural en educación, facilitando o dominio de ambas linguas, o coñecemento e a aceptación cultural.”

Este enfoque educativo é un modelo renovador e axustado ás necesidades e derechos do alumnado xordo.

 

Referencias:

Abadía Beltrán, M. et al. (2016). Guía de educación bilingüe para niños y niñas sordos. [online] Fundación CNSE. Available at: http://www.fundacioncnse.org/imagenes/Las%20portadas/pdf/guia_educacion_bilingue.pdf [Accessed 4 Apr. 2016].

Acosta, S. (2016). Aprender a integrar en el cole mediante el lenguaje de los signos. [online] Lavozdegalicia.es. Available at: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/arteixo/2016/03/27/aprender-integrar-cole-mediante-lenguaje-signos/0003_201603H27C9991.htm [Accessed 3 Apr. 2016].

Arrieta, E. (2016). Visualfy: tecnología para integrar a la comunidad sorda. [online] Expansión.com. Available at: http://www.expansion.com/economia-digital/2016/04/02/56fbc1cce2704e65698b457d.html [Accessed 5 Apr. 2016].

Hoffmeister, R.J. et al. (1997). English reading achievement and ASL skills in deaf students. In R. Hoffmeister, P.A. de Villiers, E. Engen, and D. Topol (Eds.), Boston University Conference on Language Development 21 Proceedings (pp. 307-318).

Ramírez Goicoechea, E. (2011). Etnicidad, identidad, interculturalidad. Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces. (pp. 101-105).

Strong, M., & Prinz, P. (1997). A study of the relationship between ASL and English literacy. Journal of Deaf Studies and Deaf Education, 2(1), (pp. 37-46).

  • Revisión do editor: 06/04/2016 19:22
  • Revisión do GBO: 06/04/2016 20:00
  • Publicación: 06/04/2016 20:12
Advertisements

6 comentarios en “O bilingüismo, un esforzo de comunicación social

  1. Para a autora e o editor: en primeiro lugar, por favor citen as datas dos xornais no texto; cando se queira referenciar a autores varios, envez de colegas utilízase et alii, non é bibliografía senon referencias o que utiliza a autora… por favor, muden estas cuestión de forma que xa deberán estar asimiladas.
    Doutra parte: non creo que haxa que argumentar que a comunicación ten a súa base nas capacidades, senon na interacción posible, que é diferente. Outra apreciación (na mesma frase): o entorno social non é o único que (pode) estimular a comunicación, senon tamén o contexto.
    Grazas.

    Gústame

  2. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    As persoas coma nós, ás que nunca nos faltou de nada estamos acostumados a leva a cabo actos da nosa vida cotidiá aos que non lle damos importancia. Saír a tomar un café, ir a un concerto ou ver unha película no cine é para nós do máis normal do mundo. Agora pensade que rompedes unha perna, e que só por iso a partir dese momento che quitan todos esos “privilexios” que antes non valorabas.
    Isto é o que lles ocorre ás persoas con discapacidade auditiva, non son diferentes a nós, pero a eles hai certos desos privilexios que non lles están permitidos. E non é que ninguén llos prohiba se non que a sociedade indirectamente provoca que non poidan desfrutalos, porque o mundo está feito para as persoas con todas as capacidades intactas.

    Xa non pensemos en ir tomar algo a un bar, pois unha persoa xordomuda pode comunicarse co camareiro e pedirlle un café posiblemente sen ningún problema. Pero cómo pode esa persoa comunicarse con calquera descoñecido na calle? Son poucas as persoas que coñecen a linguaxe de signos polo que a comunicación, en xeral, para eles é moi complexa. Debe ser moi frustrante que ninguén logre entender o que estas a dicir, sobre todo se é por unha necesidade. Por isto hai pouco creouse un diccionario multinacional de lingua de signos: http://politica.elpais.com/politica/2015/06/24/actualidad/1435181660_693552.html

    Antes mencionei o cine como unha actividade que unha persoa con discapacidade auditiva non pode disfrutar coma nós. Ben é certo que existen salas de cine con subtítulos, pero como é a calidade dos mesmos? Dise que unha película hai que vela en versión orixinal para non perder matices. Nós vemolas dobradas e o colectivo a tratar ten que ler os subtítulos dobrados, polo que matices xa non debe quedar ningún. Todos sabemos que na maioría dos casos os subtítulos son pouco fieis ao guión e non acordan adecuadamente coas imaxes. Hai que engadir que a maioría dos estrenos e películas proxectadas no cine non ten subtítulos polo que o abanico de posibilidades destas persoas redúcese enormemente.
    Se falamos de nenos a cousa é aínda máis grave. Os rapaces teñen que ver os seus programas favoritos subtitulados non sempre de forma eficiente. A isto hai que engadirlle que a velocidade á que van aparecendo é demasiado elevada, polo que a un neno dunha idade non moi avanzada élle case imposible seguir o argumento. O problema é que a ley non protexe adecuadamente a estos mozos xa que non exercen un control demasiado exhaustivo do tema.
    Aquí unha noticia que trata de maneira máis amplia este asunto: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/22/television/1395519553_238166.html

    Creo que é deber de todos que nos concienciemos en que este sector da poboación debería ter moitas máis posibilidades para algo tan simple e básico como é a comunicación, ben entre persoas, ben coa cultura e demáis.
    Estaría ben, ademáis, contar co punto de vista dalgún afectado, que sempre nos pode dar unha visión nova, e o máis importante, persoal e razonada.
    Aquí déixovos un enlace no que coñeceredes a historia dunha rapaza que, tras nacer con xordeira e grazas a un implante coclear, puido escuitar a canción que o seu propio pai lle compuxera: http://elpais.com/elpais/2016/02/24/tentaciones/1456315785_800341.html

    – Revisión do editor: 07/04/2016 12:30
    – Revisión do GBO: 07/04/2016 12:45
    – Publicación: 07/04/2016 13:07

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Estou de acordo contigo, Denise. As persoas que sufren unha discapacidade non son menos válidas ca nós pero necesitan uns recursos diferentes para desenvolverse e que moitas veces, polo mero feito de ser minorías, non teñen a súa disposición.

      As novas tecnoloxías como ben comentas, axudan moitísimo á comunicación e do mesmo xeito que existen diccionarios online e traductores para outros idiomas, a lingua de signos non é unha excepción. Aplicacións móbiles coma a que ti mencionas, Spread The Sign, ou Textosign (https://itunes.apple.com/es/app/lengua-signos-textosign-lite/id527134416?mt=8
      ) son ferramentas moi útiles que poden axudar a unha maior integración comunicativa do colectivo.

      O cine foi un dos temas que tratamos nos círculos de lectura crítica e os compañeiros comentaron unha idea que cremos é moi interesante. Por un lado criticáronse os subtítulos, tanto do cine como das televisións que, ó parecer deixan moito que desexar. Neste enlace (http://www.siis.net/documentos/documentacion/Informe.%20Presencia%20de%20la%20Lengua%20de%20Signos.pdf) a un estudo da CESYA explican os maiores problemas e carencias actuais entre os que se atopan a falta de sincronización entre audio e subtítulos ou a ausencia de señalización de subtitulado, entre outros. Por otro lado, tamén tes razón, os nenos teñen aínda menos variedade. Neste outro estudo (http://www.cesya.es/files/documentos/InformeAccesibilidadTDT2014.pdf ),tamén de TV, vemos na figura 16 que cadenas infantiles coma Clan Tv ou Boing non contan con transmisión en LSE sendo Disney Channel a única que conta con 2’5 horas de emisión semanais en LSE, que seguen sendo unha cantidade paupérrima.

      Polo tanto, entre a noticia que ti indicas e coa axuda destes dous estudos podemos dicir que aínda que por lei existe un dereito de acceso a servizos como a televisión subtitulada, a realidade está moi lonxe.

      Por outro último, comentar que, o termo xordomudo que utilizas é politicamente (e biolóxicamente) incorrecto como explica esta páxina da Confederación Estatal de Personas Sordas, CNSE, e intentaremos explicar proximamente no blogue.

      Un saúdo e moitas grazas pola aportación.

      – Revisión do editor: 12/04/2016 07:37
      – Revisión do coordinador: 12/04/2016 07:49
      – Publicación: 12/04/2016 08:20

      Gústame

  3. Álvarez Álvarez, Juncal (S1C3)

    Téntasenos motivar continuamente para que aprendamos novos idiomas, pero raramente faise referencia á linguaxe de signos. Cando ao ser precisamente unha forma de linguaxe distinta, á vez tanto e tan pouco utilizada, sería quizais una das que máis nos poderían beneficiar. Todos gesticulamos e realizamos xestos acompañados do fala, polo que a linguaxe de signos non é totalmente alleo a nós.

    Doutra banda, eu vexo graves problemas na súa difusión. O primeiro é que a linguaxe de signos americano, ASL, é distinto do que usamos aquí. Cando unha linguaxe concíbese como ponte para entendernos entre persoas con distintas capacidades, non vexo ningún sentido a que haxa variacións grandes do mesmo. Isto só entorpece a súa difusión. E é que é moito máis complicado, aínda desde España, aprender a linguaxe de signos propio que o ASL.

    En Youtube atopamos marabillosas leccións de ASL (https://www.youtube.com/watch?v=k9cFqNYlV1A) adaptadas tanto para persoas que poidan ou non oir. Isto é un gran punto a favor, xa que serve de perfeccionamento para as persoas xordas. Doutra banda, facendo unha procura da linguaxe de signos español, só atopamos uns poucos vídeos sen adaptación para persoas xordas.

    As diferenzas entre ambos se fan patentes ao mirar nos seus dicionarios. O de ASL é simple e conciso (https://www.signingsavvy.com), mentres que o contrario é certamente confuso debido ás variacións segundo o país (https://www.spreadthesign.com/es/).

    Revision GBO: 22/04/2016 23:25

    Gústame

  4. Rodríguez Obregón, Lucía S3A4

    Bo día Juncal. A lingua de signos, que non linguaxe, ten as mismas variacións que os idiomas orais. Existe unha lingua española e unha lingua de signos española e unha lingua galega e unha lingua de signos galega (aínda que esta apenas se utiliza). A comunicación está moi relacionada con cuestións culturais e na LSE ocorre o mesmo.

    Cando os italianos xesticulan, os seus xestos teñen un significado diferente do que poden ter en Taiwán, cando as persoas xordas ou mudas signan, ocorre o mesmo. Poderíamos falar todos no mundo español e a comunicación sería máis sinxela pero co tempo se darían cambios na lingua que derivarian en linguaxes diferentes como xa ocorreu nas linguas romances, por exemplo.

    De todos xeitos, existe unha lingua de signos internacional, http://www.handspeak.com/world/isl/, que a maioría dos xordos aprenden de forma complementaria a súa lingua nai na escola para facilitar a comunicación.

    Por último, sobre a web e as aplicacións, SpreadTheSign é un diccionario moi útil en moitas linguas, non só español, e youtube unha ferramenta que sí conta con moitos vídeos para aprender e difundir tanto a LSA como a LSE, aquí un exemplo de vídeo para nenos https://www.youtube.com/watch?v=xzTcieMUIAw&list=PLWMYMD0Gnd9RbdHt53DUvrfnysk1LZ1rw

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s