“Todos somos seres humanos, aunque seamos de aquí o de la China”

Rodríguez Menéndez, Cristina-S3B4

europapress

Fonte imaxe: europapress

Hoxe quero falarvos doutra dura realidade á que os estranxeiros teñen que facer fronte: conseguir a nacionalidade. No artigo anterior podemos coñecer as dificultades dos test aos que teñen que someterse, porén isto non é a única pedra coa que se atopan no camiño.

Os afectados son os que mellor poden contarnos o que pasa. Porén, os medios silencian as súas voces. Desconectamos do ruído imperante na sociedade e temos a oportunidade de escoitar a unha delas.Chámase Bella Dolly Parada Melgar e leva once anos en España. Chegou na procura dunha vida mellor pero o seu comezo non foi nada doado. A súa primeira mala experiencia en España foi da man dun taxista que roboulle. “ Tuve que pagarle 300 euros por el viaje, me tomó de tonta e ignorante por ser de fuera”.Valencia foi a súa primeira parada, onde traballou recollendo laranxas. Explotada e sen contrato. Cóntanos que alí os estranxeiros cobraban moito menos. Decidiu probar máis sorte e ir A Coruña pero atopouse nunha situación peor. Viviu e traballou na casa dunha señora racista. Cóntanos que lle daba lentellas para comer todos os días. Nunha ocasión Dolly pediulle un ovo e a señora negoullo alegando que era moi caro para ela. Aquel traballo tamén tiña unhas pésimas condicións económicas. ”Te voy a pagar 500 euros que es mucho para una inmigrante sin papeles”,lle dicía a señora a Dolly.Tras tres duros meses decidiu escapar.Afortunadamente,as cousas empezaron a mellorar. Conseguiu traballo nunha axencia de limpeza. Desta maneira, o sono de Dolly de conseguir os papeis estaba máis preto.Aínda así cóntanos que conseguir a nacionalidade non é doado, como podemos ver neste vídeo. Nel, Vicente Marín, avogado experto en estranxería e inmigración,explica todo o proceso administrativo. Cabe mencionar que a Lei de Estranxería presentou modificacións dende que Dolly conseguiu a nacionalidade no ano 2009 ata a actualidade. Desta maneira, mentres que ela precisou residir durante tres anos e medio,hoxe o prazo de residencia reduciuse a dous anos para os que proceden de países iberoaméricanos. O importante é que finalmente Dolly logrou a nacionalidade.“Estar de forma irregular en el país es horrible.No encuentras trabajo y si lo encuentras no puedes exigir un precio, tienes que conformarte”, afirma.

Dolly fai unha crítica do proceso administrativo. Aínda que tamén nos conta que a Lei de Estranxería está mellorando. O seu fillo que ten que renovar o carnet de estranxeiro,antes pagaba  72 euros e actualmente só 10,60.

Deixando de lado as cuestións legais podemos coñecer como foi o trato recibido nas relacións sociais. “ Tuve que hacer frente a muchos prejuicios,existe racismo. Todos somos seres humanos, aunque seamos de aquí o de la China, yo creo que nos deberían de dar la oportunidad de conocernos antes de prejuzgarnos, porque en todo país hay buenos y malos, no se puede generalizar.”

Para terminar, preguntámoslle sobre a discriminación nos medios de comunicación. “ Hay mucha discriminación en todos lados, no solo en las noticias, se vive a diario”. Para exemplificarnos isto, cóntanos unha última anécdota.“Mi pareja y yo somos propietarios de un piso pero los vecinos cuando les recibo yo, me dicen que ya hablarán después con mi pareja.” A pesar de ser unha situación difícil de afrontar, Dolly non deixa que esas persoas lle rouben o seu sorriso. “ Quieres contestarles pero te das cuenta de que es mejor pasar”.

¿ Por que os medios non mostran historias de superación e loita dos inmigrantes como esta? ¿ Son os responsables da visión negativa que ten a sociedade sobre este colectivo?

Aínda que os medios non relatan esta problemática hai excepcións no eido da comunicación que aportan unha información diferente. Por exemplo, a película The Visitor  conciencia acerca desta dura realidade dos inmigrantes sen papeis en Estados Unidos. Nunha sociedade fortemente racista, o protagonista, Walter, consigue crear un forte vínculo cos inmigrantes que estaban de okupas na súa casa. A película non só denuncia o tratado recibido polos inmigrantes senón que tamén nos ofrece unha mensaxe da importancia da comunicación.The Visitor ensínanos a importancia de romper cos prexuizos existentes á vez que nos mostra a situación dos inmigrantes irregulares cun final tráxico no que Tarek é devolto ó seu país. Tarek para os medios de comunicación sería tan só un número máis para incrementar o sensacionalismo.Nesta noticia podemos comprobalo.

Tarek é un personaxe ficticio. Dolly real. Detrás deles, hai un milleiro de historias máis, unha realidade que non se conta pero que temos que coñecer para poder cambiar as cousas.

 

Referencias:

A., Parainmigrantes (2016). Parainmigrantes.info – Información sobre trámites de extranjería e inmigración para los inmigrantes en España. Parainmigrantes.info. [Consulta: 5 de Abril2016].<http://www.parainmigrantes.info/ >

Lasexta.com. (2016). Más de medio millar de inmigrantes, devueltos a Libia – La Sexta. [Consulta:6 de Abril 2016].<http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/nacional/550-inmigrantes-que-llegaron-destino-fueron-devueltos-pais-armada-libia_2015050400094.html&gt;

 

Hora de publicación:23:59
Hora revisión do editor:22:30
Hora de revisión do coordinador: 23:20

 

Advertisements

10 comentarios en ““Todos somos seres humanos, aunque seamos de aquí o de la China”

  1. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Cristina!
    A historia que estás a relatar neste post, desgraciadamente, non é nin a primeira nin a última coa que nos imos a atopar. Do que estás a falar é dunha dura realidade coa que miles de estranxeiros se atopan día tras día, sufrindo un racismo moi pouco merecido.
    Como se pode ler neste artigo da Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2016/01/26/policia-registro-3-ataques-racistas-41-agresiones-homofobas-ano-pasado/0003_201601H26C5991.htm) os chamados delitos de odio aumentaron no que vai de ano. É non só ataques a persoas estranxeiras, se non que nos atopamos cunha discriminación xeneralizada dirixida a distintos colectivos.

    “El informe realizado por el Ministerio del Interior refleja también que el año pasado se produjo una agresión por motivos religiosos, cinco contra personas que padecían algún tipo de discapacidad y tres por racismo. En total, hubo 52 víctimas por delitos de odio y 19 detenciones. Lo que sí no se produjeron en todo el año fueron ataques contra judíos e indigentes.”

    Como podemos observar son moitas as persoas que, en pleno século XXI, teñen que vivir co medo a ser atacados, humillados ou estafados por ser quen e como son.
    Por sorte, existen distintas organizacións e asociacións preparadas para loitar e axudar a aquelas persoas que máis o necesitan. Po exemplo, SOS Racismo Galicia (http://www.sosracismogalicia.org/), que se dedica a combater o racismo en Galiza. Dispoñen de diferentes servizos como: unha oficina de información e denuncia, integración sociolaboral do colectivo inmigrante e das minorías étnicas ou sensibilización e educación ao desarrollo. Grupos coma este conseguen darlles esperanza aos estranxeiros algo que, tendo en conta certos prexuízos sociais, pode chegar a ser moito para eles.

    Pero coma moi ben dicías, Cristina, algúns medios tamén fan posible que a loita continúe, concienciando á poboación desta gran problemática. Atopei un exemplo neste artigo de opinión publicado no Faro de Vigo (http://www.farodevigo.es/opinion/2016/03/20/racismo-estupido/1426545.html). Nel podemos ler unha auténtica crítica ás ideas racistas do candidato á presidencia dos Estados Unidos Donald Trump e, en xeral, á pasividade da poboación ante un problema tan grande coma o racismo.

    “Negar la existencia del racismo es otro tipo de racismo. El “problema” de la inmigración es un problema de memoria colectiva que trae como consecuencia un ejercicio de ingratitud: olvidar de dónde se viene y querer cerrar todas las puertas por las que, no hace mucho, los antepasados de todos nosotros entraron con la esperanza de encontrar una vida mejor.”

    Coma moi ben dicías ao final do post, estas historias son reais e non son só unha ou dúas, se non que estamos a falar da vida de miles de persoas que só buscan a oportunidade de empezar de novo. Tal vez cando a xente entenda isto e o duro que é para eles, conseguiremos que as cousas cambien.

    – Revisión do editor: 07/04/2016 13:11
    – Revisión do GBO: 07/04/2016 13:23
    – Publicación: 07/04/2016 13:54

    Gústame

    1. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
      Grazas pola túa aportación Eva. Desgraciadamente estou totalmente de acordo contigo. Respecto a noticia que mostras é realmente espeluznante que en pleno século XXI sigan existindo unha falta de toleracia a pesar da loita de tantas persoas fixeron ó longo da historia para combatila. Din que a historia sempre se repite e a través de estas noticias podemos darnos conta de que estamos volvendo ao pasado, á epoca do nazismo. Isto puidemolo ver recentemente a raíz do atentado yihadista en Bruselas. Unha forte oleada de racismo non tardou en emerxer como mostra esta noticia: http://internacional.elpais.com/internacional/2016/03/27/actualidad/1459106371_015103.html.Son estas actitudes ás que obstaculizan o proceo de integración, a total erradicación da discriminación. Porque aínda que como ven aportas hai excepcións, a realidade é que a inmensa maioría non fai nada por cambiar as cousas. Aínda así non hai que quitar mérito aos que si o fan, como ben dis, SOS RACISMO é unha asoaciación que traballa moito por axudar a este colectivo. Tamén hai outras menos coñecidas que fan unha excelente labor como Ecos do Sur: http://www.ecosdosur.org/
      Oxalá logremos que as cousas cambien a través da concienciación social e das pequenas accións.

      -Revisión do editor:7/04/2016 22:25
      -Revisión do GBO:7/04/2016 22:45
      -Publicación:7/04/2016 23:00

      Gústame

  2. Iciar Rubio Rodríguez S3D4
    A historia de Dolly é realmente conmovedora, a súa forza e resistencia é digna de admiración. Por desgraza non só ela vive esta situación se non que a maioría de inmigrantes que veñen a España e outros países occidentais teñen que pasar por sinsudores como estes ou peores.
    Despois de anos de avances tecnoloxícos e informáticos do que non podemos presumir é de crecer como persoas. En pleno século XXI permítese que unha persoa doutro cor ou relixión teña que cobrar menos que un español, simplemente polo mero feito de vir doutro país. Non sei se as persoas que permiten e fomentan esta atrocidade danse conta de que eles non veñen maioritariamente polo seu gusto. A ninguén gústalle ter que escapar do seu país por pobreza, hambruna ou guerras, e, que se encontran o chegar aquí? Un perpetuo rechazo.
    Un dos problemas máis frecuentes cos que se encontran as mulleres ó chegar a Occidente é a explotación sexual. Moitas delas son vendidas e usadas como obxetos. Cruzan o mundo en busca dunha vida mellor e só encontran a maldad e o aproveitamento do ser humano, por chamalo dalgunha maneira.
    Hai cinco anos desenrolouse unha Ley de Extranxería na que todas as mulleres inmigrantes en situación irregular que sufriran violencia machista recibirían un permiso de residencia provisional en canto denuncien o seu presunto agresor. Además, cando o xuíz condene o agresor ou haxa indicios sólidos de que a muller é víctima da violencia machista, esta obtendrá automáticamente o permiso de residencia de cinco anos, cunha autorización de traballo incluída que poderá extenderse aos seus fillos. http://www.publico.es/espana/inmigrantes-maltratadas-seran-regularizadas.html
    No Ministerio de Empleo e Seguridad Social podemos encontrar máis información sobre o número de extranxeiros con rexistro de residencia, permiso de estancia por estudos, traballadores extranxeiros dados de alta na seguridade social, etc. http://extranjeros.empleo.gob.es/es/Estadisticas/

    Data de emisión do comentario: 07/04/2016- 11:05
    Data de revisión do GBO: 07/04/2016- 11:51
    Data de publicación do comentario: 07/04/2016- 12:02

    Gústame

    1. Moitas grazas pola túa aportación Itziar. Estou de acordo coa tu visión, a sociedad non avanza co paso do tempo senón que retrocedemos cada vez máis. Eu creo que estas actitude racistas como as levadas a cabo polos empresarios que pagan menos aos extranxeiros e moitas situacións máis, teñen un problema base de educación e concienciación. Os medios de comunicación tan só nos envían noticias negativas sobre este colectivo, porque non lles interesa. Un exemplo disto o encontramos coa Guerra de Irak, os medios informaron ben da realidade que escondía e o resultado foi unha poboación concienciada que saíu a rúa a dicir NON A GUERRA. Pola contra, coa guerra de Siria o silencio desatouse na poboación. ¿ Por que? Ambas son guerras inxustas, pero a segunda non é informada de forma correcta. Se preguntamos a xente, desgraciadamente pocas persoas saben a realidade da guerra e os intereses que esconde.Por iso, como ben dis, existe un forte reixeitamento na sociedade contra os inmigrante e a base como digo, está na falta de coñecemento. O exemplo que mostras é outra proba disto, xa que a pesar de ser unha noticia moi relevante que representa un gran avance social, os medios convencionais non ocupan as súas páxinas con ela. Porén diarios como o que mencionas si fan un xornalismo distinto, dando voz ao que outros silencian. Oxalá sigan aparecendo noticias como a que ensinas para poder combatir as inxustizas que se acentúan máis cada día. Por último, deixote este artigo de Miguel Pellicer que ensina como debería informar o xornalista sobre este colectivo e os errores que se levan a cabo.http://www.miquelpellicer.com/2015/08/periodismo-inmigracion-como-deben-informar-los-medios/

      – Revisión do editor: 07/04/2016 22:45
      – Revisión do GBO: 07/04/2016 23:00
      – Publicación: 07/04/2016 13:54 23:10

      Gústame

  3. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Boas Cristina. A historia de Dolly é, cando menos, moi conmovedora. As dificultades ás que os estranxeiros se teñen que enfrontar para a obtención da nacionalidade española son moitas. Baixo o meu punto de vista, deberíamos partir da base de que ninguén marcha do seu país por gusto. Non me gustaría caer nunha xeneralidade, xa que como en todo haberá excepcións, pero a maioría das persoas que veñen a España é para buscar un futuro mellor e o único que atopan son trabas e máis problemas. E non me estou referindo só aos trámites burocráticos, que son moitos e moi lentos, senón tamén á existencia de comportamentos racistas na sociedade, o que alimenta unha serie de prexuizos moi arraigados nos nosos días como a inferioridade destas persoas fronte á poboación autóctona. É unha realidade moi crúa que debería mudar xa, porque como ven dixo a túa entrevistada, “todos somos seres humanos”. Achego un artigo moi interesante, o cal realiza un percorrido por tódalas leis de estranxeiría que estiveron vixentes en España: http://mugak.eu/revista-mugak/no-29/recorrido-por-las-leyes-de-extranjeria-en-espana. Por outra parte, como vale máis unha imaxe que mil palabras, achego unha recolección dos cen títulos cinematográficos máis significativos sobre o drama da inmigración. Espero que che sirva de axuda, saúdos.

    Data de emisión do comentario: 08/04/2016- 14:32
    Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 15:39
    Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 16:28

    Gústame

    1. Moitas grazas pola túa aportación Sandra. Estou de acordo contigo, o racismo complica aínda máis o camiño daqueles que chegan na procura dun futuro e que se atopan con máis problemas que solucións. Moi interesante o artigo, é positivo ver como a lei muda a mellor co paso do tempo. Para poder cambiar o que ven defines como “drama da inmigración” é importante que os medios de comunicación tomen medidas, porque eles conforman a opinion pública a través das noticias que mostran. Neste artigo http://elpais.com/elpais/2013/06/14/opinion/1371204851_881631.html reflexíonase sobre os termos expresados nas noticias que moitas veces fomentan o racismo. Queda un longo camiño para poder erradicar o racismo, pero afortunadamente todo é posible.
      Data de emisión do comentario: 08/04/2016- 23:30
      Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 23:40
      Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 23:50

      Liked by 1 person

  4. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    As diferenzas son a base da nosa raza, eso é o que nos fai falla entender.
    Existe tal nivel de racismo arraigado nas nosas culturas, que non somos conscientes delo. O caso que nos comenta de Dolly, é un exemplo máis da situación que viven día a día os inmigrantes no noso país, pero cando digo no noso país tamén incumbe a tódolos paises do mundo, pode que a sociedade nalgún deses países esté máis ou menos educada na tolerancia da migración, pero con que exista un só caso de explotación laboral a un inmigrante, racismo etc. é suficiente para dar a voz de alarma, e para a nosa desgraza, día tras día miles de inmigrantes viven nesta situación aorredor do mundo.

    A historia da civilización é unha historia de migracións, como ben di Dolly, non podemos ter na testa unha idea negativa de todos e cada un dos que veñen a buscar unha vida mellor ao noso país, non sabemos a historia que pode estar detrás, e como eles o tiveron que facer, mañá podemos ser nós.
    En canto ao tema dos medios de comunicación é a difusión que fan destes temas, creo que sí deberían profundizar moita maís neste ámbito, que de tan interese é, pero sobre a mellora no trato e a educación que se debe ter sobre a migración non radica só na labor do xornalista, senon das familias, das escolas, debemos fomentar a integración e sobre todo a tolerancia.

    O outro día saiu unha noticia sobre uns activistas que denuncian a reapertura del CIE de Barcelona, denunciando actos que vulneran os dereitos humanos dos que alí se atopaban.
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/04/07/catalunya/1460017055_335943.html
    Buscando na rede atopei unha páxina onde se amosan distintos testimonios de migrantes de distintas xeracións, onde a intolerancia e a preocupación están sitemáticamente incrustadas nas súas vidas, creo que é un documento moi interesante para o voso traballo. https://dialogosmigrantes.wordpress.com/testimonios/

    Data de emisión do cometario: 08/04/2016- 15:23
    Data de revisión do GBO: 08/04/2016- 17:21
    Data de publicación do comentario: 08/04/2016- 18:02

    Gústame

    1. Rodríguez Menéndez, Cristina -S3B4
      Moitas grazas pola túa aportación Adrián. Realmente como ben dis o problema non é soamente dos medios de comunicación senón tamén educativo pero a base da educación está na sociedade e cando nela imperan valores racistas é máis difícil fomentar a tolerancia. Moitas grazas polo artigo, é moi interesante polas testemuñas que alberga ao dar voz aos que os medios silencian. Respecto á noticia que amosas sobre as protestas contra a reapertura do CIE, penso que son necesarias e oxalá sirvan para cambiar as cousas e acabar con eles xa que vulneran os dereitos humáns.De feito, existen diversas plataformas que colaboran con esta causa como esta: https://ciesno.wordpress.com/ . Por insignificantes que poidan parecer estes xestos, son fundamentais para cambiar as cousas.

      Data de emisión do cometario: 11/04/2016- 19:50
      Data de revisión do GBO: 11/04/2016- 20:05
      Data de publicación do comentario: 11/04/2016-20:10

      Gústame

      1. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

        Grazas pola túa resposta Cristina, efectivamente pódese observar a dedicación que amosas por este tema. Esperemos que nun futuro non moi lexano a palabra racista esté fóra do noso diccionario.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s