Entrevista ao grupo S1B: Prostitución

20160310_112543.jpg

GAB S1D.

Estévez Avelar, Alejandro (S1D5), De Matos Alonso, Adrían (S1D1) e Feijoo Garcia, Luis (S1D4).

Hoxe sentamos na nosa mesa a Sheila Bermúdez e Noelia Castaño, membros do grupo encargado de tratar o tema da prostitución e o traballo realizado polas asociacións de axuda a estas mulleres, coa asociación “Vagalume” como foco principal de información.

Para comprender un pouco máis a fondo o funcionamento dos traballos do observatorio, comezamos falando das dificultades que se lle presentaron a este grupo no comezo da súa labor. Así, descubrimos que Noelia, que xa participaba como voluntaria no grupo “Vagalume”, encontrouse con máis obstáculos dos esperados para conseguir acceder á información desexada. “Eu pensei que nos aceptarían de primeiras, pero tivemos que insistir bastante. Ademais, hai algúns temas nos que queren que non entremos”, confesounos na entrevista. En cambio, tras conseguir a aceptación de “Vagalume” para traballar entre os seus muros, a conformación do círculo si resultou máis doada, escollendo a seis mulleres que xa participaban en distintos debates dentro da asociación.

Por outra banda, tamén quixemos indagar sobre a reacción das mulleres ante a presenza do grupo de traballo na asociación. “Moi ben. Eu xa traballaba de antemán na asociación, así que tiña a sorte de que xa as coñecía. Sempre son moi cariñosas. Alí somos todas iguais. Non hai diferenzas. Si que din que ao saír á rúa notan as miradas da xente, pola cor da súa pel. E elas din que querían ter outra cor de pel. Elas mesmas son moi racistas.”, afirmounos Noelia tras a nosa pregunta. Sheila, que corroborou estas palabras, tamén quixo puntualizar que si nota certo rexeitamento cara os homes.

Xa centrados no funcionamento de Vagalume, as entrevistadas coméntannos que a asociación –financiada por Cáritas-, ademais de ocuparse das mulleres que alí se dan cabida, coidan tamén aos fillos de estas, encárganse de buscar piso ás mulleres que foron vítimas da trata de brancas e axúdanlles a conseguir os papeis. Sheila e Noelia tamén nos falan de que non todas as mulleres que traballan na asociación son voluntarias, senón que algunhas teñen en “Vagalume” o seu traballo remunerado. “Hai algunhas mulleres que comezaron de voluntarias fai moitos anos, pero agora están traballando alí. Outras foron tras acabar a carreira a facer as prácticas e xa quedaron a traballar. Ademais, o traballo non so é de día, as veces tamén teñen que ir aos clubs pola noite.”,  detállanos Noelia. Ademais, concrétanos a súa vez as distintas axudas que se prestan na asociación: “No centro hai avogadas, psicólogas… De todo. Tamén se ocupan de ir aos pisos e aos locais de alterne a falar coas chicas e ofrecerlles a súa axuda. Se lles abren as portas da asociación, vaia. Aos locais de alterne soen levarlles unha bolsa con preservativos masculinos e femininos e unha tarxeta para que elas a teñan. Tamén falan cos xefes, que soen mostrarse receptivos. Saben que so lles van a proporcionar un material que elas necesitan. Eles tamén precisan que estean ben.”

O caso da reinserción, por outra banda, tamén sae a colación durante a entrevista, e tanto Noelia coma Sheila móstranse pouco esperanzadas respecto a ela. “É difícil. Eu sempre me quedo con que a todas lles gustaba Zapatero porque lles daba os papeis. Pero a reinserción a vexo difícil. É un tema complicado. Realmente tes que ir caso a caso”, confesa Noelia con xesto serio. Ademais, as distintas demandas destas mulleres ás administracións públicas tamén son outro tema a tratar. Noelia é clara neste punto: “Os papeis, sobre todo. Tamén demandan o poder ir ao médico, ter as receitas.”

Por último, falamos do trato que os medios de comunicación danlles a estes temas, co que as entrevistadas se mostran moi críticas e completamente en desacordo. “Os medios relacionan a prostitución con persoas estranxeiras, drogadicción e alcoholismo. Cobren o tema de maneira superficial e utilizando elementos morbosos. Non contan a realidade”, confésannos ambas para cerrar a entrevista.

Revisión GBO: 7/04/2016 11:16

Revisión do editor: 7/04/2016 12:37

Publicación: 7/04/2016 18:57

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s