Ocio e cultura adaptados ás persoas con deficiencias auditivas

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
gafas
Fonte: El Confidencial

En anteriores entradas xa comentaramos as enormes dificultades que teñen as persoas con deficiencias auditivas para comunicarse cos demais e manterse informado a través dos medios de comunicación. Pero outro ámbito moi importante na vida de calquera persoa é o tempo de ocio: poder ir ao cine, ver un programa interesante na tele, visitar un museo… son actividades as que podes acabar renunciando pola falta de ferramentas comunicativas neses espazos.

Como xa explicou a miña compañeira no blog, moitas cadeas de televisión non cumpren o mínimo establecido pola lei de programación en LSE polo que este medio non é unha boa opción para pasar o tempo. Porén, grazas as novas tecnoloxías pódese contar con outras moitas opcións. Un dos membros do círculo de debate, Jaime Fernández, deunos a coñecer a primeira web serie de España, da que el forma parte. E si, ten subtítulos ao español “para que sordos y oyentes puedan sentarse juntos a verla”, explicou Patricia Fernández, a produtora da serie que se lanzou desde a asociación IDendeaf de A Estrada. A pesares do gran avance que isto supón, de que xa foi nominada a sete premios e de que acaba de estrear a segunda temporada despois do seu rotundo éxito, é curioso que ningún medio de comunicación de tirada nacional se fixese eco desta nova. So poderemos atopar a información sobre os logros de “Mírame cuando te hablo” nos principais xornais galegos (La voz de Galicia, Faro de Vigo e El Correo Gallego), que aínda que cubren o tema bótase en falta algunha opinión fóra da dos organizadores da serie. Este feito demostra unha vez máis a necesidade que hai no xornalismo de tratar os temas que afectan ás minorías e de concienciar a sociedade, que continua dándolle as costas a este colectivo e a outros moitos, seguen invisibilizándoos e ocultando os seus problemas a sociedade e isto debe cambiar.

Seguindo cos avances tecnolóxicos podemos falar de Whatscine, unha aplicación que permite o acceso ás salas de cine para cegos e xordos. Con esta aplicación poden descargar os subtítulos, unha intérprete ou unha descrición auditiva (para o caso dos cegos). Unha vez que a teñan poden ou ben cun atril transparente colocar o móvil de xeito que o vexan ou ben empregar unhas gafas  especiais, deste xeito ouvintes e xordos poderán ir ao cine. A nova foi tratada polo ABC sen ter en conta a opinión dos destinatarios da aplicación, so dando a noraboa aos creadores da mesma a pesares de que parece dificil que isto poidan acabar usándoo persoas maiores e da incomodidade que supón levar un atril ou ben poñer unhas gafas, que non se especifica se as deben comprar eles ou se os cines se farán cargo do custo.

Outra opción algo distinta sería o teatro, que da man da compañía mexicana Seña y Verbo, volve a traer unha obra un tanto curiosa: “Música para os ollos”. No artigo do medio de México adícanse a darlle voz ao director, facendo que pareza máis un monólogo que unha nova. Tres actores xordos seguen o ritmo de catro grandes pezas musicais mentres as representan contando unha historia, atraendo así a un publico tanto ouvinte como xordo. En España contamos coa compañía teatral El Grito e en Galicia, aínda que non hai ningunha establecida si se organizan algúns festivais. Non é un sector demasiado cuberto ás necesidades dos xordos (case como os demais) pero isto tamén pode verse como unha boa oportunidade para explotar este ámbito.

Por último, tamén é interesante adaptar as visitas aos museos, pois moitas veces se non temos un guía que nos vaia explicando a exposición non poderemos desfrutala na súa totalidade. Os museos máis importantes de España, como o Reina Sofía ou o Guggenheim, ofrecen guías adaptados e o Museo do Prado sumouse recentemente á listaxe cun acceso virtual para cegos, xordos e reclusos. Na nova que publicou La Vanguardia sobre isto vemos de novo a insistencia por non facer caso aos principais afectados e so prestar atención aos organizadores, neste caso subvencionados polo Ministerio, o que non fai máis que amosar á cidadanía unha realidade que pode non ser a mesma que viven os implicados, que non atopan as ferramentas comunicativas adecuadas ao seu alcance nin nas actividades de ocio nin nos medios de comunicación.

 

Referencias

ABC.es. (2016). Whatscine, una aplicación para que invidentes y sordos disfruten del Cine. [online] http://www.abc.es/tecnologia/moviles-aplicaciones/20130912/abci-whatscine-aplicacion-personas-discapacidad-201309112033.html [Consultado 6 Abr. 2016].

Cineaccesible.com. (2016). Proyecto | Web Cine Accesible |. [online] http://www.cineaccesible.com/cine-accesible/proyecto/ [Consultado 6 Abr. 2016].

Díaz, V. (2016). Sordos comparten su ritmo en ‘Música para los ojos’. [online] Milenio.  http://www.milenio.com/cultura/teatro-sordos-visual_0_709729037.html [Consultado 6 Abr. 2016].

Discapnet.es. (2016). Discapnet: Arte. [online] http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/ocioycultura/cultura/Paginas/Arte.aspx [Consultado 6 Abr. 2016].

García, R. (2016). A Estrada se convierte en el Hollywood del audiovisual para personas sordas. [online] Lavozdegalicia.es.  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2016/02/15/estrada-convierte-hollywood-audiovisual-personas-sordas/0003_201602P15C2993.htm  [Consultado 6 Abr. 2016].

Miramecuandotehablo.com. (2016). INFO. [online] Available at:  http://miramecuandotehablo.com/  [Consultado 6 Abr. 2016].

Rodríguez Arias, I. (2016). A televisión en LSE. [online] Observatorio Cidadán de Comunicación. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/a-television-en-lse/ [Consultado 9 Abr. 2016].

Vanguardia, L. (2016). Diseñarán acceso virtual a Museo del Prado para invidentes, sordos y reclusos. [online] La Vanguardia. http://www.lavanguardia.com/vida/20160406/40933206793/disenaran-acceso-virtual-a-museo-del-prado-para-invidentes-sordos-y-reclusos.html [Consultado 6 Abr. 2016].

 

  • Revisión do editor: 07/04/2016 13:33
  • Revisión do GBO: 07/04/2016 14:23
  • Publicación: 07/04/2016 15:25
Advertisements

7 comentarios en “Ocio e cultura adaptados ás persoas con deficiencias auditivas

  1. É certo que unha persoa con discapacidade auditiva ten moitas menos posibilidades de ocio que outras persoas e que se precisan moitas máis medidas de inclusión social. Pero tamén é certo que hoxe en día hai moita xente traballando por facerlle a vida máis fácil ás persoas con esta discapacidade. A súa situación está mellorando pouco a pouco, aínda que todavía quedan moitas cousas por facer.

    No que atinxe ao cine, en Arxentina estase a levar a cabo un festival internacional de cine xordo (FiCsor). No seguinte enlace podes ler unha entrevista realizada ao director deste festival, Federico Sykes.
    http://www.escribiendocine.com/entrevista/0011861-festivales-comienza-en-tigre-el-primer-festival-internacional-de-cine-sordo-ficsor-de-argentina/
    Non estaría demais que en España houbera máis iniciativas deste tipo e, por suposto, que foran difundidas. A aplicación Whatscine paréceme moi útil pero nin sequera oíra falar dela, o que deixa en evidencia a pouca repercusión que ten este tema nos medios. Os medios de comunicación deberían divulgar esta serie de avances, así como as dificultades que padece este conxunto da poboación, para conseguir unha sociedades máis xusta e adaptada a todos.

    González Núñez, Ana – S2A6

    Gústame

    1. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
      Moitas grazas polo teu comentario Ana, botei unha ollada á entrevista, non sabía que houbese tantos festivais de cine para xordos e, coma ti ben dis, fai falla moita máis divulgación destes feitos porque tampouco coñecía o Festival Internacional de Cine en Linguaxe de Signos de Tolosa, aquí en España, aínda que si coñecía a iniciativa do Festival de Cine de Cartagena (neste link podes ler a nova http://www.eltiempo.com/entretenimiento/cine-y-tv/cine-para-invidentes-y-personas-sordas/16528344) que presentou as novidades tecnolóxicas que xa expliquei no artigo. Tamén atopei outras iniciativas igual de boas e que de seguro nun futuro se implantarán en tódolos lugares e deixaran de ser noticia. Por exemplo, a tradución de contos infantís que se levou a cabo en México: http://www.eltiempo.com/entretenimiento/cine-y-tv/cine-para-invidentes-y-personas-sordas/16528344. Ademais non é moi custoso, porque este tipo de libros non adoitan ter moito texto e podería facerse perfectamente en tódalas edicións, xa que un dos problemas cos que se atopan é que os libros para xordos normalmente son manuais ou ensaios sobre xordos e a súa lingua, en vez de ser os mesmos libros que len os ouvintes traducidos, coma quen traduce un libro ao inglés ou ao francés. Saíndo un pouco do ocio, pareceume igual de destacable a tecnoloxía que están elaborando en Valencia para contribuír tamén coa integración da comunidade xorda. Chámase Visualfy e serve para facer avisos a través do móbil por se chaman á porta, se hai algún ruído, etc. O máis interesante é que o 50% da plantilla desta empresa ten problemas de audición, o que fará que sexa moito máis efectiva porque os propios usuarios serán traballadores e aconsellarán sobre as mellores opcións. Déixoche por aquí o enlace a esta outra nova, que inclúe unha entrevista co encargado do proxecto: http://www.expansion.com/economia-digital/2016/04/02/56fbc1cce2704e65698b457d.html. Calquera iniciativa que fomente a integración deste colectivo e lles permita un libre acceso á información e ao entretemento é benvida. As ferramentas comunicativas deben evolucionar para facer cumprir o dereito á información da cidadanía, aínda que ás veces supoñan máis custos. E nós, como xornalistas, debemos dar a coñecer estes avances e os problemas que presentar, xa que como indicas no teu comentario hai un claro valeiro de coñecemento sobre este tema e todo o que o rodea. Espero que coa nosa labor no observatorio poidamos achegar un pouco máis de luz sobre o asunto e sirva para cambias o xornalismo no futuro.

      Gústame

  2. Losada Miguéns, María S2B

    Moi boas Antía, gustame moito a túa reflexión final acerca da falta de marco nas noticias sobre este tema. En moitos casos, recibimos informacións sobre avances relacionados coas persoas con discapacidade auditiva, e na noticia, explícase a nova ferramenta como se se tratara da panacea, que case vai eliminar as dificultades comunicativas e de integración. Eu como lectora, aprecio isto en moitas ocasións, nas que na propia información non se explica claramente como se realizará o acceso ós avances, que custo terá, si serán aillados ou virán acompañados de máis… A realidade é que o camiño por percorrer aínda é moi longo, e a explicación dunha persoa con discapacidade auditiva sobre como mellorará a súa vida cotiá tamén sería de grande axuda, para coñecer o alcance das innovacións que se están a levar a cabo.

    Seguen a existir moitos ámbitos nos que a accesibilidade das persoas xordas é moi limitado, e nas que o apoio institucional segue a ser escaso. Un deses campos é o deporte, que forma parte da saúde e do benestar físico de calquera persoa, e do que as persoas con discapacidade auditiva adoitan sentirse marxinadas. Deixoche a continuación a carta dunha nadadora arxentina con discapacidade auditiva, que conta en primeira man este problema: http://mundod.lavoz.com.ar/natacion/la-carta-de-una-nadadora-con-sordera-que-reclama-apoyo-del-gobierno

    Un saúdo

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:55

    Gústame

    1. Reino Gorín, Lola Antía. S3A1

      Tes moita razón co teu comentario, é increible que feitos así como o de Celeste non se visibilicen máis nos medios de comunicación. O deporte feminino en xeral xa está bastante invisbilizado pero se aínda por encima é xorda… entón xa non existe. Hai un gran valeiro de información neste tema e isto ocorre porque nos medios de comunicación só se publican sucesos puntuais e sen contextualizar, sen contar coa colaboración dunha fonte de primeira man que lles explique as dificultades que teñen e as súas queixas. Nesta nova do ABC do mes de febreiro (http://www.abc.es/salud/enfermedades/abci-cada-recien-nacidos-sufre-perdida-audicion-intensa-201602251020_noticia.html) trátase, coa excusa do Día do Implante Coclear, a experiencia de Sira, unha bebé de oito meses que escoita por primeira vez grazas aos implantes. Nesta nova recóllese información sobre ditos implantes e as declaracións da nai de Sira contando a historia da súa filla. Non é que estea mal feita esta nova ou que non visibilice o tema pero… non é curioso que saquen a nova xusto nesa data? Parece máis ben unha fachada de solidaridade con fins económicos. Historias como as de Sira acontecen tódolos días, máis non aparecen nos xornais. O que deberían aparecer, ademais das declaracións dos individuos propios, son as súas queixas cara un sistema que lles da as costas. Se realmente quixesen visibilizar os problemas deste colectivo contarían historias como a de Andrés ou a de José Antonio e as súas dificultades para poderen desfrutar dunha película porque as televisións néganse a mellorar o sistema de subtitulación (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/circulo-de-lectura-critica-1-deficiencias-auditivas/ ). Ese é o traballo dos xornalistas, pero como os medios non lles axudan a difundir os seus problemas, vense obrigados a recorrer ás asociacións, que en moitos casos son a única axuda que reciben. En canto ao tema do ocio que compete a este artigo, a Asociación de Xordos de Santiago de Compostela, coa que ademais contactamos para realizar os círculos de lectura crítica, fai unha boa labor organizando excursións, actividades e reunións entre os seus membros. Na súa páxina publican estas actividades e moita información, déixoche por aquí o enlace se che interesa investigar un pouco sobre o que se fai aquí na nosa cidade: http://www.apssc.es/
      Un saúdo!

      Gústame

  3. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Ola Antía:

    Resultoume moi interesante este artigo xa que non coñecía a maioiría das innovacións que presentas. En concreto, chamoume o proxecto da webserie “Mírame cuando te hablo” e a falta da presencia desta noticia nos medios. Unha vez máis volvemos a preguntarnos por que intereses se moven os xornais cando unha nova deste alcance non aparece en ningún dos grandes de tirada nacional.

    Con respeto ao que comentas sobre a falta das voces dos afectados nas noticias, estou completamente de acordo contigo. E por desgracia, tamén se pode aplicar a outros campos como a pobreza, a precariedade ou a inmigración. Últimamente os xornalistas tenden a tratar a información dende o punto de vista de asociacións, administración pública, empresas etc., quedándose só cos datos e sen contar coa voz dos verdadeiros protagonistas. Un exemplo disto é esta noticia publicada polo diario ABC (http://www.abc.es/sociedad/abci-titulares-para-superacion-comienza-abc-gran-evento-discapacidad-espana-201511151957_noticia.html).

    Por último, achégoche un traballo de sobre persoas con discapacidade e ocio por se che interesa para un traballo futuro (http://www.feaps.org/archivo/centro-documental/doc_download/475-.html).

    Un saúdo.

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:55
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

    1. Reingo Gorín, Lola Antía- S3A1
      Ola Bea! Agradézoche a túa aportación. O certo e que é inclreible a de avances que se fixeron coa tecnoloxía, e os que quedan por facer pero, como ti dis, este avance non se aprecia nos medios, que deixan de lado acontecementos tan transcendentais para a vida dun xordo. Poder ir ao cine, ver unha obra de teatro, “escoitar” música… hai un montón de novos inventos que cada vez lles permiten integrarse máis na nosa sociedade. Porén este cambio non se aprecia nos medios, que seguen co seu tradicional sistema de comunicación e, como moito, teñen algúns subtítulos, tema do que xa falamos no noso primeiro círculo de lectura (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/circulo-de-lectura-critica-1-deficiencias-auditivas/). Na televisión de canarias, por poñer un exemplo aínda que isto pode trasladarse a case tódalas outras canles, atopamos un programa de información para xordos por semana. Teñen que esperar unha semana para recibir un resumo do que pasou: http://eldia.es/agencias/8648823-Programacion-TVCAN-manana-sabado. Resúltame moi indignante que aínda se negue o seu dereito á información por falta de ferramentas comunicativas desta maneira. Outro descubrimento no mundo do ocio que se publicou en El Español fai dous días foi o dun videoxogo, Iredia, que é de marca española. Neste xogo o usuario ponse na pel dunha persoa xorda e a través de distintos niveis aportan coñecementos sobre a perda de audición e o lse. Iniciativas como esta creo que son moi boas porque forman, informan e crean unha conciencia sobre o mundo dos xordos, un gran descoñecido. Tamén falan doutras moitas iniciativas do mundo dos videoxogos enfocado ao ámbito dos discapacitados, contando historias que sensibilicen ao xogador co tema: http://www.elespanol.com/ocio/videojuegos/20160420/118738255_0.html.
      Para rematar, e por se tes moito interés en ver cómo funcionan algúns dos inventos que expuxen na entrada sobre o cine, atopei unha páxina web sobre aplicacións orientadas cara o mundo dos xordos. Inclúe algúns vídeos e imaxes sobre o funcionamento das mesmas, como a mencionada Whatscine: http://ohmyphone.orange.es/iphone/aplicaciones/aplicaciones-orientadas-al-ocio-para-personas-sordas.html. Esperemos que con estes novos inventos se mellore a calidade de vida das persoas con deficiencias auditivas e se lles conceda o seu dereito á comunicación. E, como non, os xornalistas debemos estar alí para visibilizar estes feitos ou as súas queixas, darlles voz neste asunto e non centrarse únicamente, coma ti me comentabas, en asociacións, empresas ou gobernos. Eles son a nosa prioridade, as fontes de primeira man que precisamos para xerar información veraz e contextualizada.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s