Quen se adecúa máis ás necesidades das mulleres?

Alonso Posada, Fabián – S1B4

1436804511_049875_1440071747_noticia_normal
Imaxe tirada de El País

Durante o día de onte o noso círculo propúxose analizar un portal dixital aleatorio, neste caso El País, para documentarnos sobre unha serie de novas que trataban o tema da prostitución. Tras o análise atopamos moitas noticias e, sobre todo, artigos de opinión que chamaron moito a atención polo seguinte motivo: Prima a ausencia de perspectiva de xénero.

A meirande parte das noticias ou estaban asinadas por homes xornalistas ou polas axencias de prensa. A cousa non quedou aí xa que ao centranos nos artigos de opinión que tiñan relación co tema da prostitución de novo atopámonos coa sorpresa de que gran parte destas noticias teñen como autores aos homes. Entón foi cando analizamos parte da tese de Ana Belén Puñal Rama sobre a prostitución, concretamente a tese titúlase Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Para contrastar datos buscamos tamén no Observatorio dos Medios Galegos indagando datos sobre a presencia das mulleres nos medios de comunicación. Sintetizando gran parte da información, centrámonos na parte que fala sobre a desigualdade que hai entre o home e a muller nos medios de comunicación no ámbito laboral.

Tras a observación decidimos facer un listado de artigos de opinión que falan da prostitución dende este mesmo ano ata abril do ano anterior. Observamos que se escribiron nestas datas oito artigos sobre o tema, dos cales cinco foron escritos por homes e tan só tres foron realizados por mulleres. Se falamos en números vemos que neste último ano o 62,5% foi escrito por homes e tan só o 37,5% foi escrito por mulleres, dato que nos encargamos de contrastar. Pódese pensar que a diferenza non importa pero realmente é abismal: en primeiro lugar porque vemos que predomina unha desigualdade nos medios de comunicación tratándose dun tema que afecta de forma directa á muller, e en segundo lugar a perspectiva e o trato, que non é a mesma. Para confirmar esta teoría, analizamos os dous últimos artigos que se publicaron sobre a prostitución por parte dos homes, cuxos autores (por orde de publicación máis recente) son: Ángel García Fontanet e Xosé María Mena. O primeiro fai unha definición do “problema” e céntrase sobre todo no mundo laboral, nos distintos tipos de prostitución en diferentes países, e en leis e reformas, dando desta forma unha visión superficial sobre o problema. Xosé María Mena comeza cunha introdución histórica que non vai máis alá de que a prostitución denigra á muller e que grazas ás leis poderíase acabar con ese “maltrato”, polo que non afonda neste problema.

Escollimos dous artigos escritos por mulleres, que tamén tratan sobre o mesmo tema. Os artigos teñen como autores a Rosa Montero e a Elena Beltrán. Rosa Montero ofrece unha visión máis de preto do asunto, xa que ela non considera a prostitución como problema, de feito menciona ao colectivo Hetaira, un grupo de feministas que defenden os dereitos das traballadoras sexuais, co fin de dar a entender que a erradicación da prostitución non é a solución, e o que si fai falla erradicar son os prexuízos que impón a sociedade. Elena Beltrán vai máis alá, xa que é a primeira vez que nos atopamos ante alguén que fai mención á prostitución nos homes, algo que dende o noso punto de vista simboliza igualdade entre os dous xéneros. Ela insiste en que non se trata de impoñer normas ou despenalizalas, ela defende a regularización para a proteción.

Podo tirar, polo tanto, a conclusión de que as mulleres deberían ter máis voz nos medios, en especial neste tipo de temas, nos que poden aportar unha perspectiva de xénero moi valiosa. A monotonía e a mesma estructuración dos sucesos da prostitución non axudarán á erradicación dos prexuízos.

Referencias:

Dolors Comas d’Argemir. (2013). La representación de las mujeres en los medios de comunicación. 07/04/2016, de eldiario.es Sitio web: http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/representacion-mujeres-medios-comunicacion_0_193880948.html

Álex Vicente. (2015). El oficio más antiguo. 05/04/2016, de elpaís.es Sitio web: http://elpais.com/elpais/2015/10/23/eps/1445594658_483842.html

Primeira publicación do texo: 05/04/16 – Rexeitado

MODIFICACIÓN:

Día: 07/04/16

Horas de revisión e publicación:

Hora revisión editora: 17:30

Hora revisión GBO: 20:40

Hora publicación: 23:44

Advertisements

Un comentario en “Quen se adecúa máis ás necesidades das mulleres?

  1. Álvarez Álvarez, Juncal (S1C3)

    Ola, Fabián,

    a ausencia de mulleres nos medios é preocupante, non só pola diferenza tan alta entre as porcentaxes, senón porque observamos que a gran maioría de estudantes de xornalismo son mulleres. E con todo, a discriminación neste campo continúa. Doutra banda, ten pouco sentido que se lle encarguen principalmente a homes asuntos que máis afectan as mulleres. E é que vexo diversas faltas nos artigos que mencionas.

    No artigo de José María Mena (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/11/16/catalunya/1447699967_984025.html) comete o fallo de equiparar ao principio a escravitude coa prostitución. En moitos casos, desgraciadamente, ocorre que se esclaviza a mulleres para exercer esta actividade, pero o seu exercicio en si mesma non debe considerarse como tal. Está claro que debésemos tentar que a elección deste traballo sexa tan libre como o de calquera outro, sen que inflúa tanto a condición social ou económica. É dicir, que non sexa nunca a única saída para unha persoa. Con todo, prohibir a práctica en si non beneficiaría en nada a estas persoas, xa que, tal e como apunta Rosa Montero, só faríaas invisibles.

    Doutra banda, noutros xornais concorda que hai homes falando da prostitución masculina (algo inusual), pero que se atopan cheos de prexuízos e afirmacións que rozan unha grave vulneración cara ao colectivo na súa linguaxe. Así ocorre neste artigo do Mundo (http://www.elmundo.es/opinion/2015/04/16/552e948722601d4b538b457a.html) que tamén volve defender a ilegalización da prostitución. Cabe destacar o irónico do asunto, pois (aínda que non sexa o caso particular) son os maiores consumidores deste traballo á vez os seus maiores detractores.

    Revisión GBO: 26/04/2016 1:38

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s