A criminalización das folgas

Fonte: sinrecursoshumanos.com

Alejandro López Fernández- S2D5

A precariedade laboral en España constitúese como un dos principais problemas da clase traballadora do noso país. Son moitas as persoas que necesitan dar a coñecer a súa situación socioeconómica, e que procuran reivindicar o seu dereito a un traballo digno. É aquí onde os medios de comunicación deberían tomar partido e informar sobre esta clase de inxustizas. É aquí onde, porén, a obxectividade e a veracidade do xornalismo brillan pola súa ausencia.

Según o informe da UXT sobre a precarización do mercado de traballo en España, a destrucción de empleo e o aumento do paro durante a crise foron acompañados dun deterioro das condicións laborais daqueles que lograban manter o seu traballo. Nos últimos anos produciuse un incremento das horas extraordinarias non remuneradas, do emprego a tempo parcial e do paro de larga duración; de xeito contrario ó número de horas traballadas á semana, os salarios continuaron a descender… e as políticas de emprego non melloraron a situación para a clase obreira. Neste escenario, o descontento da poboación configúrase coma unha consencuencia natural e lóxica, e non son poucos os traballadores que procuran chamar a atención dos medios de comunicación para frear a precariedade laboral.

Como resultado, o que podemos observar é unha clara tendencia cara a criminalización da figura do traballador que reivindica os seus dereitos, e nas folgas atopamos o seu máximo expoñente. Fai escasos meses, o sector gandeiro realizou diversas tractoradas debido aos baixos prezos do leite impostos pola distribución. Unha gran maioría de traballadores víronse na obriga de abandoar o negocio co fin de mellorar a rendabilidade da gran empresa, e decidiron reivindicar os seus dereitos colapsando distintas zonas da capital galega cos tractores. Ante esta situación distintos medios de comunicación, entre eles A Voz de Galicia, optaron por destacar a problemática dos atascos en lugar de explicar correctamente os motivos da folga, dirixindo a opinión pública en contra dos propios traballadores. A evasión das causas da tractorada trouxo consigo unha clara descontextualización da información, manipulada de tal xeito que convertía ao sector gandeiro no “malo da película”.

Pero a falta de contexto non é o único problema que padece o xornalismo actual; tamén se invisibilizan aos implicados no suceso. Este artigo de 20minutos.es xira en torno ás dificultades que provocou a folga xeral dos controladores aéreos en Francia, pero non se recollen declaracións de ningún tipo dos propios traballadores ou das asociacións que os representan. Esta forma de tratar a información implica un desprestixio do obxectivo da folga, pois a reivindicación dos seus dereitos queda reducida a un simple estorbo sen fundamento. A veracidade da información conséguese dando voz a todas as partes do conflicto, pois invisibilizar fontes é, a fin de contas, outra forma máis de manipular.

En definitiva, a imaxe de folga coma unha queixa inxustificada, coma unha molestia que perxudica á propia cidadanía, é ensalzada polos propios medios de comunicación. O xornal ABC resume nun único artigo a visión que moita xente ten dese traballador que loita polos seus dereitos. O seu titular, no que define aos cidadáns de Madrid como “reféns” das folgas, xa é unha declaración de intencións: toda a noticia busca criminalizar á clase obreira, victimizando á propia cidadanía que “sofre” as súas reivindicacións. Apenas se profundiza nas causas das folgas que serven de exemplo, non se indaga na raíz do problema nin tampouco no obxectivo das queixas, independentemente de que estas sexan xustas ou non. Este tipo de tratamento desprestixia calquera intento de loita, pois definir Madrid como un “manifestródomo” non é obxectivo nin apropiado.

A precariedade laboral é un problema que afecta a centos de miles de persoas, e os medios de comunicación deben actuar co fin de dar a coñecer as pésimas condicións de empleo contras as que se está a loitar. Sen o contexto necesario, sen a visibilidade de todas as partes implicadas, o xornalismo nunca será veraz nin obxectivo. Tal e como dixo no noso círculo de lectura Miguel Ángel, integrante da asociación de San Vicente, a conclusión á que chegamos con este tipo de noticias é “que os malos eran os traballadores.”

Referencias:

Delgado, Adrían. 2013. “Los madrileños, rehenes de las huelgas”. ABC.es. Consultado o 11 de abril de 2016.  http://www.abc.es/madrid/20131123/abci-madrileos-rehenes-huelgas-201311222018.html

Diario de Compostela, 2015. “Grandes atascos en Compostela por las tractoradas”. diariodecompostela.es. Consultado o 4 de abril de 2016 http://diariocompostela.es/grandes-atascos-en-compostela-por-las-tractoradas/

EFE, 2016.”Las aerolíneas españolas anulan 76 vuelos este jueves por la huelga general en Francia” 20minutos.es Consultado o 4 de abril de 2016 http://www.20minutos.es/noticia/2709518/0/aerolinea-espanola-anulan-vuelos-huelga-general-francia/

Melchor, Xurxo. 2015. “La tractorada provoca otro caos de tráfico, aunque menor”. lavozdegalicia.es Consultado o 4 de abril de 2016 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2015/09/09/caos-trafico-menor/0003_201509S9C3991.htm

Observatorio Cidadán de Comunicación, 2016.”Debate 1: Pobreza e precariedade.” Observatorio Cidadán de Comunicación.   https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/#more-4830

Secretaría de Acción Sindical- Coordinación Área Externa. Gabinete Técnico Confederal, 2015. “La precarización del mercado de trabajo en España. Algunas evidencias.” UGT. Consultado o 4 de abril de 2016 http://www.ugt.es/Publicaciones/precarizacion_mercado_trabajo_evidencias_espanya_UGT.pdf

Revisión do editor: 07/04/2016 ás 14:12

Revisión GBO: 08/04/2016 ás 15:45 e segunda revisión 08/04/2016 ás 19:54

Publicación: 08/04/2016 ás 16:04

Advertisements

7 comentarios en “A criminalización das folgas

  1. González García, Julián. S2A

    Hola Alejandro, non podía estar máis de acordo contigo. Coincido en que a precariedade laboral é un dos principais problemas da clase traballadora no noso país e parece moi importante que os medios de comunicación fagan todo o que poidan por denunciar esta situación para intentar mellorala. Ao contrario do que fan nos artigos que citas na túa entrada. Durante a folga dos gandeiros en Santiago padecín os atascos, máis a min o que máis me afectou foi ver cómo tanta xente pasaba a noite nos seus tractores, ou como tiraban o leite. Por eso non podo entender esa noticia.

    Non cabe dúbida de que os medios de comunicación deben amosar a visión de todas as partes implicadas e amparar aos máis débiles. Cando se invisibilizan algunas delas, como ben dis, estamos ante un problema. Así o afirmaba Carlos Roma no noso I círculo de debate, asegurando que moitas veces obviamos a “inmensa pluralidade de opinión que pode existir arredor de calquera tema de actualidade”. //observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/i-circulo-de-debate-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/

    En relación ao teu artigo, e aínda que afecte a estudantes máis que a traballadores, paréceme que tamén podería ser interesante ver o tratamento que os medios den á folga convocada para o vindeiro 13 de abril pola organización estudantil Erguer. Que pretende mobilizar aos estudantes galegos contra a LOMCE e os recortes no ensino público.

    Revisión da editora: 9/4/16 00:40

    Gústame

    1. Ola Julián, como ben dixo Carlos Roma no voso círculo de debate, téndese a reducir calquera tema ao branco e negro, ao bo e ao malo, cando en realidade existen unha gran cantidade de opinións e puntos de vista distintos. Neste artículo da Revista Científica de Educomunicación expóñense algúns dos principais problemas do periodismo español, entre os que se atopa esa falla de pluralidade da información. E as causas desta perda da calidade atópanse parcialmente na precariedade laboral.
      http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:-quLmifo2isJ:www.revistacomunicar.com/verpdf.php%3Fnumero%3D45%26articulo%3D45-2015-15+&cd=1&hl=es&ct=clnk&gl=es
      Resulta curioso que a problemática que dificulta o traballo de centos de xornalistas sexa terxiversada en moitos outros casos polo propio xornalismo.
      Un saúdo!

      Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25
      Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 19:23

      Gústame

  2. Parada Vila, Laura – S3B1
    Ola Alejandro
    Estou de acordo contigo, os medios de comunicación non expoñen as causas das manifestacións, soamente falan das incidencias que produciron ou os problemas que causaron á cidadanía que seguía coa súa vida cotiá.
    O xornalismo debería ir máis alá da información que os gobernos lle proporciona. Debería darlle voz aos verdadeiros protagonistas da noticia, e non utilizar representantes de asociacións para que nos mostren como viven, porque soamente os que están a vivir estas situacións tan complicadas saben como explicalas.
    O colectivo da pobreza parece ser un tema tabú no xornalismo. Pero unicamente cando se fala de pobreza en España, porque os nosos medios nacionais non teñen problemas en mostrar imáxenes de africanos morrendo de fame, pero cando se trata do problema de pobreza nacional para que os medios prívanse máis á hora de informarnos sobre algo que temos máis preto.

    Nesta noticia de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/10/xunta-dedicara-26-dinero-combatir-pobreza-exclusion-social/0003_201604G10P12991.htm) o tema a tratar son as axudas que a Xunta vai aprobar para intentar solucionar o problema. Na noticia non se fala das causas polas que é necesario dedicar diñeiro a esta causa. Ademais tampouco se concreta o destino deste diñeiro, e polas estadísticas que se publican como por exemplo nesta outra noticia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2016/04/15/espana-podio-desigualdad/0003_201604G15P14996.htm) que afirma que España foi o país da zona euro onde máis aumentou as desigualdades, podemos pensar que esas axudas non son suficientes ou non teñen o destino que se publica nos medios.

    Esperemos que o xornalismo libérese desa opresión que sufre por parte dos grandes poderes e nos informe da realidade tal e como é, como a viven os seus protagonistas.

    Revisión do editor: 15/04/2016 15:40
    Revisión do coordinador: 15/04/2016 15:50

    Gústame

    1. Ola Laura, xa estiven mirando a noticia das axudas da Xunta no seu momento e efectivamente, as causas non aparecen por ningún lado, non só nese caso, senón na maoría dos artigos que se publican diariamente. Parece que o por que das cousas xa se da por suposto, cando entender a orixe do conflicto é unha condición necesaria para poder atopar unha solución correcta. E se a isto lle sumamos a escasa visibildade dos implicados, ao final obtemos unha información terxiversada que non da a coñecer a realidade.
      En moitas ocasions nin sequera os representantes das asociacións que loitan polos dereitos da xente sen recursos logran ter voz nos medios de comunicación. A estatística e os prexuízos acaban impoñéndose, só hai que ver as noticias relacionadas co recente caso da praza do Toural.
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm
      Criminalízase ao colectivo sen procurar as causas da súa situación, e a descontextualización trae consigo unha fortísima desinformación.

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 19:33
      Revisión do editor: 19/04/2016 ás 19:58

      Gústame

  3. Riande Cortizo, Carlos -S3A2
    Ola Alejandro.
    É certo que a precariedade laboral é unha das fatídicas consecuencias da crise económica dos últimos anos. Pero a crise expándase a outros ámbitos, sumando a crise social e xornalística, as condicións de traballo empeoran de forma exponencial.
    Os xornais non denuncian as lamentables situacións dos traballadores afectados. Non lle interesa. As grandes empresas exercen moito poder neles e quedan silenciados. Nesta nova da Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/04/09/spj-uso-denuncia-precariedad-laboral-instituto-medicina-legal-ferrol/0003_201604F9C5992.htm , do presente mes de abril, infórmase que o sindicato Profesional de Justicia-USO solicita a consolidación de dúas prazas que levan sete anos cubertas por interinos. Non recolle declaración algunha, nin do sindicato, nin de algún traballador afectado. E para saber que a Xunta deixou fora as dúas prazas solicitadas na modificación dos postos de traballo, hai que ir ao último parágrafo da nova. Coma se isto carecera da suficiente importancia.
    O trato que reciben os traballadores cando reclaman os seus dereitos é, como ben dis, de criminalización. Parece que soamente están para queixarse. Se denuncian e saen ás rúas, por algo será. Non o fan por gusto. Pero os medios de comunicación atópanse ao carón dos grandes poderes, en vez de tenderlle a man ao traballador e plasmar á realidade. El Confidencial titula nunha das súas novas http://www.elconfidencial.com/espana/cataluna/2016-02-22/atascos-y-caos-en-barcelona-por-la-huelga-de-metro-y-la-celebracion-del-mobile_1156834/ do pasado mes de febrero: “Atascos y caos en Barcelona por la huelga de metro y la celebración del Mobile”. Como podemos interpretar co titular, os malos da película son os traballadores do metro. Eles sembran o caos na cidade debido a que están de folga.
    Un exemplo máis cercano no tempo e na situación xeográfica é o seguinte.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/04/14/estudiantes-toman-calles-reclamar-ensenanza-publica-igualitaria-calidad/0003_201604P14C2992.htm O pasado mércores La Voz de Galicia informaba da folga estudantil na que se loitaba pola parada inmediata da LOMCE e polo decreto universitario 3+2. Ao dicir que os “estudiantes toman las calles” dan a sensación de que estes decidiron impoñerse pola forza e todas as rúas estaban colapsadas pola súa culpa.
    Os medios deberían ter máis coidado na forma de redactar as novas e preocuparse máis por quen pide, denuncia e atópase nunha situación delicada. Ese é o papel do xornalismo de denuncia social, e non o de criminalizar aos implicados.

    Gústame

    1. Ola Carlos, moi interesantes os exemplos que pos no teu comentario, reflexan os dous grandes problemas do tratamento da información na precariedade laboral: a invisibilización dos implicados e a falta de contexto, que trae consigo esa criminalización do traballador. O terceiro artigo, o das manifestacións en contra da LOMCE, expande un pouco máis o problema. Non só os traballadores que reivindican os seus dereitos son reducidos a unha simple molestia sen xustificación,tamén os estudantes, e coido que calquera persoa ou entidade que decida ir contra o “establecido”, sofre o mesmo tratamento. Parece natural pensar que unha persoa que vai contra a marea sexa marxinalizada e, posteriormente, criminalizada. Pero e os medios de comunicación? Non deberían dar voz a ese individuo que ve que algo non funciona? Resulta que ao final o propio xornalismo forma parte desa marea, dun enorme sistema no que todo debe estar baixo control e no que aquel que loite polos seus dereitos, xa sexa no seu traballo o no ámbito da educación, debe tacharse de estorbo ou de alborotador. No xornalismo actual, exemplificado no seguinte artigo, a folga é unha ferramenta “salvaxe” que “afoga á cidadanía.
      http://www.abc.es/sociedad/20140804/abci-huelga-basuras-lugo-201408032109.html

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 19:40
      Revisión do editor: 19/04/2016 ás 19:58

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s