As prostitutas son cifras para os medios de comunicación

Bermúdez Lista, Sheyla -S1B5

datos
Imaxe obtida de: Flickr

Os medios de comunicación non están interesados nas historias de cada unha das persoas implicadas nos feitos que relatan. Se nos fixamos nos medios, case nunca imos ver nada relacionado coa vida e a problemática das prostitutas, como podemos comprobar nas últimas noticias publicadas na Voz de Galicia sobre prostitución, pero si que vemos moitas noticias que falan do número de prostitutas que hai, e outros datos estatísticos que teñen relevancia, pero non van ao fondo da cuestión.

Hai un par de días publicábase unha noticia na que se indicaba que unhas 30 prostitutas foron asasinadas en España  entre 2010 e 2015, segundo o informe ‘El feminicidio en el sistema prostitucional del Estado español 2010-2015’. O número de mortes de mulleres que exercen a prostitución é do 5% dentro das mulleres vítimas de violencia machista. Como xa se indicou antes, esta noticia xunto coa de La Voz de Galicia “Casi tres mil prostitutas trabajan en pisos, clubes y calles de la provincia” falan de datos, do número de prostitutas, mais deixan de lado os problemas que teñen as mulleres. Os medios quérense sensibilizar coa prostitución, pero publican noticias que só falan de cifras e ao final das páxinas destes xornais, como xa mencionou noutro post a miña compañeira Nerea Costa, aparecen anuncios sobre os servizos sexuais de mulleres.

A escasa sensibilización dos medios coas prostitutas fai que este colectivo non estea satisfeito co que contan. No debate co noso círculo, puidemos comprobar que se sinten ofendidas, en varias ocasións interviñeron reclamando que nos xornais tan só aparecen cifras e datos e nunca contan a súa historia. É difícil de atopar temas como a violencia de xénero ou a prostitución tratados con coidado, tratados a fondo, poñéndolle nome e cara ás protagonistas para que a sociedade deixe de rexeitar os temas tabú e comece a procurarlle unha solución. A Escola de Chicago,  é un bo exemplo de como poder comprender a este tipo de grupos marxinados pola sociedade e poder darlle unha solución no ámbito da comunicación.

O colectivo das prostitutas estase a tratar como algo que non forma parte da sociedade, que non ten maior importancia. Os medios son culpables de que se vexan así, ao igual que son culpables da visión a cerca de outros temas, que incluímos nos nosos indicadores, entre os que se atopa o racismo e o sexismo, e que lle afectan ás nosas participantes do círculo. En canto ao sexismo, analizamos unha noticia sobre a desigualdade salarial entre homes e mulleres, na cal, ao igual que as relacionadas coa prostitución, está chea de datos pero non explica os motivos da situación que viven as traballadoras. Protestan porque son tratadas como números, como cifras sen valor ás que ninguén escoita. A problemática que viven día estas mulleres vai desde manter a un fillo ata non poder chegar a fin de mes, pero iso non se conta.

Parece que ademais de só publicar noticias sobre a prostitución como simples datos, varias participantes do círculo queixábanse tamén de que os medios só sacan algo como noticia cando é morboso ou se repite en numerosas ocasións. Día a día podemos ver, por exemplo, nas noticias xa mencionadas sobre o tema, que canto máis grandes son os datos, menor importancia teñen as protagonistas. De cada certo número de casos iguais, tan só se coñece a historia dunha persoa, se é que se chega a coñecer. Aos medios interésanlle máis os números e canto maior sexa, máis impacto causa na poboación. Por outra banda, adoitan tratar tamén o tema da prostitución como un conxunto marxinal que non pode convivir de maneira normal nunha cidade, como o fai  o diario El Progreso en “La prostitución está ganando terreno en el degradado barrio de A Tinería“, na cal se fala de meretrices, calificando ás prostitutas como un grupo marxinal e responsabilizándoo do mal estado da zona na que están habitando.

Referencias

Los inicios en el campo de la comunicación (12/02/2008). Slide Share by Walter Melo. Retrieved 5 de abril de 2016, from http://es.slideshare.net/waltercomunicacion/escuelas-inicios-de-la-comunicacin

Los medios, cómplices de la aceptación social de la prostitución (2005/06). Mujeres en Red. Retrieved 5 de abril de 2016, from http://www.mujeresenred.net/spip.php?article268

Los medios invisibilizan la complejidad social de la prostitución (13/02/1015). La Vanguardia. Retrieved 5 de abril de 2016, from http://www.lavanguardia.com/vida/20150213/54426139312/los-medios-invisibilizan-la-complejidad-social-de-la-prostitucion.html

Tratamiento de la prostitución en los medios de comunicación (2014). Colectivo Hetaira. Retrieved 5 de abril de 2016, from http://www.colectivohetaira.org/web/documentos/251-tratamiento-de-la-prostitucion-en-los-medios-de-comunicacion.html

Día: 08/04/16

Horas de publicación e revisión:

Revisión da editora: 19:00

Revisión GBO: 20:30

Hora publicación: 23:45

Advertisements

6 comentarios en “As prostitutas son cifras para os medios de comunicación

  1. Meda López, Xiana (S2b6)

    A prostitución paréceme un tema de vital importancia para a sociedade na que vivimos. Parece que as prostitutas son as gran olvidadas, aparecendo só nos medios de comunicación cando se trata de noticias de sucesos. Ademais, os medios contribúen a forxar sobre estas mulleres unha determinada imaxe ou certos prexuízos, pero en moitos casos, a realidade é outra ben diferente.

    Paréceme que para o bo tratamento deste tema, os xornalistas deberían dotar de contexto sempre as noticias (algo do que falamos na clase sobre a boa praxe xornalística). Non se poden limitar a dar datos sen máis, porque a poboación quedaríase entón con meras estadísticas, pero non coa historia e a realidade do día a día desa persoa. Sería recomendable que os medios de comunicación axudaran a visibilizar algo tan presente na sociedade como a prostitución, e que o fixera dende un tratamento adecuado e libre de estereotipos. Ademais de dignificar en todo momento a persoa da que está falando, e nunca reducila ou infravalorala.

    Qué opinas de que se emitan programas como este de La Sexta http://www.lasexta.com/programas/equipo-investigacion/valor-prostitucion-equipo-investigacion_2015060300333.html . Pensas que axuda a visibilizar ou ten moitas limitacións?

    Un saúdo

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 12:29

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
      Como ti mesma dis, a prostitución é un tema sobre o que os medios falan de cifras ou para culpar ao colectivo dalgún problema, máis nunca falan das súas historias realmente se non causan morbo.
      O programa ao que fas mención paréceme que pode axudar á xente a sensibilizarse no tema, sobre todo no referido á prostitución esclavizada e, aínda que pode chegar incluso a crear certos estereotipos, considero que coas declaracións da exprostitua nixeriana, a xente se pode chegar a sorprender das cousas que suceden diante das súas narices e non se deron conta.
      Creo que as historias reais das mulleres axudan moito a que a xente se interese e se conciencie polo tema e intente buscar solucións. Historias con nome propio como as de Juana e Rosa http://www.elmundo.es/elmundo/2009/05/19/madrid/1242751126.html , son as que deberían emitir os medios, dotándoas sempre, como ti ben dis, dun contexto e un marco, para que os receptores sepan de que vai o tema e non confundan as cousas.
      Un saúdo.
      Revisión da editora: 20/04/2016 ás 19:00
      Revisión do coordinador: 20/04/2016 ás 19:30
      Hora de publicación: 19:37

      Gústame

  2. A prostitución é un tema que a menudo aparece recollido nos medios, pero é verdade que son poucas as ocasións nas que en medios escritos podemos atopar visibilización da situación que están a sufrir as principais afectadas. Pola contra dos medios escritos, moitos programas de TV focalizados na investigación, dende o meu punto de vista, trataron este tema a fondo, insistindo en dar voz a este colectivo afectado. Por exemplo o programa de Mercedes Milá, Diario de, tratou este tema en numerosas ocasións: http://www.cuatro.com/diario_de/prostitucion/3011673/, ou outros programas como La Sexta Columna: http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/hemeroteca/realidad-prostitucion-lasexta-columna_2012041300165.html.
    É verdade que non ten a cobertura mediática que debería, xa que é un problema de gran relevancia social que hoxe en día afecta a milleiros de mulleres tan só en España. Pareceríame moi interesante, ademáis de que se abordara máis este tema por suposto, que os medios intentaran chegar á contextualización completa que xira entorno a prostitución e conseguer destapar a estas mafias que se dedican a extorsionar a mulleres a cambio dos papeis de residencia, un pasaporte, un fogar etc.
    Un saúdo.

    Revisión do coordinador: 00:00
    Revisión do editor: 00:14
    Publicación: 00:27

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
      Aínda que da a impresión de que está moi presente nos medios, non é de todo certo. Tan só está presente cando, como ben defendo no post, se fala de un tema morboso, de cifras ou de noticias sensacionalistas. Oxalá se falase máis e se mostrase a verdadeira cara deste duro oficio, de feito, como se di nesta noticia: http://www.lavanguardia.com/vida/20150213/54426139312/los-medios-invisibilizan-la-complejidad-social-de-la-prostitucion.html, despois da realización dun traballo de análise impulsado pola Agencia ABITS do Concello de Barcelona e a Asociación de Mulleres Periodistas de Cataluña, chegouse a conclusión de que os medios tan só reproducen os estereotipos que estigmatizan as mulleres que exercen a prostitución e moitas veces non respetan a súa imaxe.
      Aínda que os programas que mencionas no comentario poden axudan a que os espectadores se adentren un pouco máis nos problemas que sufre este colectivo, na meirande parte das ocasións realizan programas dunha maneira morbosa, para gañar audiencia. Fai unha semana ou pouco máis, emitíase un programa sobre a prostitución, http://www.lavanguardia.com/television/20160415/401122362735/21-dias-estreno-prostitutas-meritxell-martorell.html , no cal a presentadora pasa tres semanas nun prostíbulo. A realidade é que as imaxes que se emiten non se corresponden cos prostíbulos habituais, senón que máis ben é un prostíbulo de luxo, e unha vez máis, a posibilidade de aumentar a audiencia supera á posibilidade de darlle visibilización aos problemas, chegando a tratar o tema cun tono de diversión.
      Un saúdo.
      Hora de revisión editora: 15:30
      Hora de revisión do coordinador: 21:20
      Hora de publicación: 21: 27

      Gústame

  3. Lois Barcia, Mélani S2C1
    Para a sociedade a prostitución é un problema económico ou ético e debería ser un problema humano. O concepto “prostitución” esconde historias que ninguén quere coñecer, e que como consecuencia os medios non queren contar.
    Cando sae o tema da prostitución nos medios? E refírome a noticias, xa que a publicidade sae todos os días porque aí si que interesa. Pois só é importante a prostitución cando repercute no resto da sociedade ou se sucedeu algo morboso, como por exemplo en noticias sobre a prostitución de menores: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/01/14/valencia/1452772598_954326.html .

    Como ben dis, para ao resto, as prostitutas xa constitúen unha clase social a parte, e moi mal considerada. Pero non se pode calificar algo se non se coñece. Pero que vai facer a sociedade se os medios non contribúen a informar sobre esa realidade.
    Deberiamos comezar a darlle voz a este grupo ao que parece que todos pretenden silenciar e invisibilizar.

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5
      O que ti dis de que a prostitución esconde historias que ninguén quere coñecer, non estou para nada de acordo. Considero que a poboación descoñece totalmente as historias precisamente porque os medios non lle dan visibilidade ao tema. Pola contra, sí estou totalmente de acordo en que cando se trata de gañar, xa non cartos, senón visitas, lectores ou algo que supoña un beneficio, entón si que ven ben publicar sobre a prostitución.
      Non hai moito que se publicou unha noticia sobre o desmantelamento dunha rede de prostitución onde obrigaban a varias mulleres de orixe chino a practicar a prostitución en contra da súa vontade. Sorprendentemente, publicouse este nova na que se fala da historia persoal dunha delas: http://www.elconfidencial.com/espana/2016-04-19/la-guardia-civil-libera-a-28-mujeres-chinas-que-eran-obligadas-a-prostituirse_1185471/ e isto é moi importante porque dan a visión dunha historia real e a xente posiblemente lles chegue de mellor maneira para entender o que está a acontecer.
      Hora de revisión editora: 16:30
      Hora de revisión coordinador:16:45
      Hora de publicación: 17:00

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s