É o Camiño de Santiago accesible?

jpg
Fotografía de Xosé Carreira | La Voz de Galicia

 Juncal Álvarez Álvarez S1C

Cando pensamos en accesibilidade, non adoitamos pensar máis alá desas escaleiras que impiden o paso ó ascensor ou aquela rampa de aí. Aínda que este tipo de cousas sexan as máis comúns (e fáciles de arranxar) á hora de poñer trabas a xente con algún problema de mobilidade, o Camiño de Santiago é tamén un punto a ter en conta.

Non só por razóns relixiosas, senon culturais. Calquera persoa debería poder realizar esta ruta sen ningún problema, ó ritmo que lle veña mellor. Por elo, unha nova guía analizou o traxecto dende Francia, realizada pola Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos, co apoio da Fundación Once e outros organismos. De iso trata esta noticia da Voz de Galicia. ¿Pero fala realmente diso?

Parece algo común que os xornais falen de que se fixo tal ou cal avance ou investigación sen dar ningunha información real. Na noticia non se fala en ningún momento de que tramos son accesibles e cales non o son, ou se atoparon no análise, a necesidade de facer algún cambio (que seguro que sí). De feito, fai pouco que Tito, do círculo de aprendizaxe, fixo parte do Camiño en su cadeira de rodas. Lamentouse de non haber sacado fotos da mala accesibilidade que se atopou, pero xa nos informaba de que nin os hoteis de cinco estrelas que atopaba no camino cumprían a normativa. Ben en zonas de aseo ou noutras partes.

Parece de sentido común que de facer unha guía sobre o Camiño de Santiago, analicese igualmente os diferentes aloxamentos. Nesta “noticia” chirría o tratamento informativo por todas partes. Dase un tratamento tan superficial que nin sequera existe un link á, para que poidamos consultala. Pois no segundo paragrafo aparecen quenes son os colaboradores: Vodafone España y la Junta de Castilla León. Poderiamos pensar que se escribiu máis con fins publicitarios que con fins informativos.

Por outra banda, dentro de España existen xa algunhas guías para realizar o Camiño. A de Ibermutuamur inclúe tanto rutas como anotacións sobre a accesibilidade ou non de albergues, hoteis e igrexas. Teñen neste apartado toda unha sección para Galicia, na que informan de todas as dificultades que conteñen cada edificio. Desgraciadamente, observamos que a maioría deles teñen serios problemas de accesibilidade, onde en máis da metade hai dificultades para salvar desniveis, un dos puntos que máis coarta a autonomía destas persoas.

O certo é que este problema molesta máis do que se deixa ver. Pois tamén a Voz de Galicia publicó otra noticia na que un grupo de 50 personas con distintas discapacidades protestaban en Lugo pola accesibilidade do camiño xacobeo. Aínda que todos nos alegremos de que estas protestas cheguen ós medios, a forma segue sendo inadecuada. A través do relato parece que se lle da máis importancia ás dificultades que estas persoas sofren pola sua condición, que ós erros do camiño. É dicir, se lle da un tratamento case paternalista, cando o que debería facer o xornal é centrarse e castigar os problemas de accesibilidade que estas persoas protestaban .

O día no que os xornais comecen a dar voz realmente ás persoas, estos problemas quizais sexan máis doádos de arranxar. Ata que non se fale de forma clara e concisa dos obstáculos tanto en zonas urbanas como neste caso, seguirá sendo desinformación.

 

Revisión editor: 08/04/2016 19:54

Revision GBO: 08/04/2016 21:37

Publicación: 08/04/2016 22:06

Advertisements

Un comentario en “É o Camiño de Santiago accesible?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s