O cine e o xornalismo: Spotlight

García Diéguez, Marina S2A3

img_sllopart_20160128-181037_imagenes_lv_terceros_spotlight_o64pzu-U301731248630Q1-U301733734469ArG-439x258@LaVanguardia-CAS_CAT

Imaxe de “La Vanguardia”

O cine e o xornalismo atoparon puntos en común dende hai décadas, por o que resulta interesante analizalos á par e sacar en conclusión que aporta o un ó outro. Moitas veces o cine serve de reflexo para mostrar como funciona o xornalismo e outras veces o xornalismo faise eco do séptimo arte, difundindo, apoiando, criticando e facendo realidade a ficción. É por esí que existe unha relación de retroalimentación que presenta, así mesmo, como en todos os aspectos do xornalismo, os seus pros e os seus contras, as súas carencias e os seus puntos fortes. Porén, a súa relación a día de hoxe é innegable.

Recentemente, un novo exemplo do xornalismo na gran pantalla xurdía nas carteleiras e era galardoado cun Oscar á mellor película. Spotlight, ofrecía unha mirada reflexiva sobre o valor do xornalismo, sobre a súa responsabilidade e sobre o seu plano social. Demostra nunha intensa trama o que hai detrás dun bo traballo xornalístico, define á perfección o que é investigar e o que é buscar a verdade a través dun traballo honesto, veraz e, en moitos casos, difícil de levar adiante. Nesa barreira de ficción americana e de realidade consegue perfilar un modelo de xornalismo cada vez máis en extinción. Significa así, unha ferramenta de análise e comparación fora do traballo dos seus actores e do que é, unha película, subxace nela unha clara denuncia pola volta a un xornalismo como o de antes, de implicación, loita e compromiso. Moitas veces a unión do cine e do xornalismo non é máis que unha mostra de como o arte pode crear un modelo e suxerir un cambio.

Cando falamos de manipulación podemos facelo de moitas maneiras, das súas variantes ou das súas tipoloxías de actuación. O cine e o xornalismo poden atoparse coma un só para exercer a manipulación dun telespectador a través do que se proxecta, da imaxe que crean, dos estereotipos que manexan…Ou poden ser obxecto de manipulacións polo poder, por os productores, polos editores, guionistas…Marcar como obxectivos a claridade e a honestidade son indispensables tanto no eido xornalístico como no do cine, e se pretendemos unilos facendo do xornalismo cine ou viceversa debemos diferenciar que é ficción e que é realidade para non levar a equívocos.

Outro aspecto que suxire a película é a certeza de que o traballo en equipo como o que realizan en Spotlight é cada vez máis escaso nun mundo donde os freelance e as axencias copan o fluxo informativo. Axencias como ReutersEFE ou Europa Press que monopolizan as redaccións e que acaban desdibuxando a idea tradicional do equipo xornalístico de investigación. Remarca así como un traballo realizado entre unha redacción que se entrega con continuidade e coñecemento e é capaz de contextualizar os casos, evitar a especulación, coidar o traballo individual a través do dos demáis e capacidade de visibilizar aspectos que nos non advertimos grazas as colaboracións entre uns profesionais e outros. Consigue crear unha guía de traballo que, aínda que forma parte da ficción, pode inspirar unha metodoloxía máis correcta para un panorama xornalístico cada vez máis incerto.

Referencias:

País, El (29 de febreiro do 2016), Spotlight. ElPaís.com. Recuperado de: http://cultura.elpais.com/cultura/2015/09/03/actualidad/1441284351_582487.html

País, El (3 de septiembre de 2015), Infancias traicionadas por Dios. ElPaís.com. Recuperado de: http://cultura.elpais.com/cultura/2015/09/03/actualidad/1441284351_582487.html

Quílez, Raquel (29 de febreiro de 2016), ´Spotlight´, el Globe saca pecho. ElMundo.es. Recuperado de: http://www.elmundo.es/cultura/2016/02/18/56bb33aa22601da65c8b4596.html

YouTube (20 de frebreiro de 2016), Spolight (2015) Monologue. Youtube.com. Recuperado de:https://www.youtube.com/watch?v=8U-i8VekcS0

Revisión editor: 08/04/2016 21:45

Revision GBO: 08/04/2016 22:12

Publicación: 08/04/2016 23:50

 

Advertisements

11 comentarios en “O cine e o xornalismo: Spotlight

  1. Costa Iglesias, Nerea-S1B
    A relación entre xornalismo e cine é innegable desde os seus inicios. Moitas das grandes películas da historia teñen como trasfondo os medios de comunicación ou a actividade xornalística, exemplo disto son os filmes Ciudadano Kane ou Todos los hombres del presidente. Esta última que narra o traballo dos xornalistas Carl Berstein e Bob Woodward para destapar o caso Watergate vai na mesma liña que a película da que fala a miña compañeira. O xornalismo de investigación é o verdadeiro protagonista de ambas películas. Tratan de pór en valor un tipo de xornalismo en decadencia pero que é máis necesario que nunca.
    As novas tecnoloxías propiciaron que a actualización dos contidos por parte dos medios de comunicación fose continúa. Perdeuse polo camiño a calidade dunha peza feita co tempo necesario para contrastar todas as fontes e dárlle contexto. As “breaking news” desprazan as noticias que precisan un traballo e unha investigación previa para ser publicadas. Moitas veces esto ocasiona que haxa temas que quedan fóra da axenda mediática, a maioría relacionados con asuntos sociais.
    En contra disto naceu o xornalismo slow (http://www.slow-journalism.com/delayed-gratification-magazine) do que Delayed Gratification e Jot Down en España son bos exemplos. Unha maneira nova e alonxada da inmediatez das redaccións, de facer xornalismo.

    Revisión da editora: 16:10
    Revisión do GBO: 16:30

    Gústame

    1. Alégrome que coincidas na idea da unión e do xornalismo e que che suxira un debate tan interesante como o proposto. Neste caso o cine pode ofertarnos unha ampla oferta de tópicos e de problemas que poñer na mesa e xa só por iso é de probeito.
      En canto á perda desa tradición xornalística de investigación e de traballo en equipo, penso que deberíamos destacar outros factores, ademáis do avance das tecnoloxías da información. Por exemplo a incapacidade para concentrarnos que está xogando en contra do pouco xornalismo de reflexión que se está ofertando na actualidade.
      Invítote a que lle botes un ollo a este artigo de El Confidelcial que suxire o gran problema de concentración e a incapacidade para ler información e artigos de largo alcance.
      http://blogs.elconfidencial.com/tecnologia/digital-y-tal/2011-01-15/le-cuesta-concentrarse-en-lo-que-lee_708714/
      Aínda así estou segura que co paso dos anos se xerará un sistema que de valor ao xornalismo instatáneo pero que tamén conviva e non eclipse o xornalismo de reflexión, que renacerá con proxectos tan interesantes como o nomeado, Jotdown.
      Como transfondo de todo este proceso que estamos tratando é evidente que podemos falar da manipulación que,unha vez máis, consigue adaptarse para manipular ás novas demandas dos lectores e que actúa deixando temas fora da axenda mediática. Axilizando así a asimilación de información para que o final os medios de rapidez e engulimento de información sexan o aliado perfecto para modificar ou perturbar a publicación de noticias.

      Moitas grazas Nerea.

      Gústame

  2. Gómez García, Silvia – S2D3
    Certamente, o xornalismo vén sendo un tema recurrido na industria do cine dende hay moito tempo. Sen embargo, percibo unha certa idealización da profesión; grandes casos que acostuman ter trascendencia nacional (cando non internacional) e que moi frecuentemente implican unha administración corrupta. No caso de Spotlight poderíamos escusala dicindo que está baseada en nunha historia real, pero segue retratando ese xornalista-heroe.

    Para o gusto, películas como Philomena, que tamén conta un caso real que tivo lugar nun convento no norte de Irlanda. É un bo exemplo de cómo as persoas humildes fan grandes historias e de cómo un xornalismo cociñado amodo consegue ir moito máis lonxe do imaxinado.
    https://es.wikipedia.org/wiki/Philomena

    Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 19:05

    Gústame

    1. Ola Silvia, grazas polo teu comentario. En canto a idealización do mundo do xornalismo teño que diferir un pouco da túa opinión. Pode ser que, froito da condición propia do cine, as películas que trateno o mundo da comunicación caian nunha “idealización da imaxe do xornalista” pero non debemos esquecer que o traballo do xornalista é un pouco o de ese heroe que acaba destapando grandes casos de irregularidades institucionais, relixiosas, políticas… Caracterizar así o xornalista non é, nin moito menos, un aspecto lexos da realidade senón un reflexo, cinematográfico máis do seu papel repercusorio na sociedade. Non esquezamos que grazas, em gran medida, ao traballo “heroico” e “detectivesco” do xornalista, feito con honradez e veracidade, constrúe unha sociedade informada e unha conciencia crítica xeneralizada.
      Para perfilar un pouco máis o que significa e significou o “periodista” durante a historia, invítote a ler este interesante e ameno artigo da revista Jotdown, xa de paso que a compañeira a citou nun comentario desta entrada. É un percorrido xusto e documentado dende o cine do seu traballo e da idea que envolve ó xornalista que, tamén é, heroe.
      “(…)el imaginario colectivo: el del periodista investigador que está dispuesto a enfrentarse al poder político en nombre de la democracia”

      http://www.jotdown.es/2015/12/los-periodistas-y-sus-disfraces/

      Grazas Silvia

      Gústame

  3. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

    Comparto a túa opinión de que o xornalismo e o cine teñen una relación. Ás veces o xornalismo critica ao cine, e outras veces é ao revés. Coma vimos o outro día na película La sombra del poder, as películas poden amosar una realidade do mundo do xornalismo que pode gustarnos ou non. Nesta película traballan en equipo principalmente dous xornalistas pero fórmase a idea, pola actitude do protagonista, que o xornalista non ten amigos, so fontes, que o primeiro é a verdade e, o máis arrepiante, que se debe conseguir esta verdade a calquera prezo incumprindo leis éticas e morais.

    Tamén é interesante a relación que se fai do periodismo co cine documental, que moitas veces van da man para darlle voz aos cidadáns e chegar a raíz dun asunto, formando periodistas cidadáns que contribúan e retroalimenten o discurso mediático. Aínda que este tipo de prácticas xa están implantas en Occidente, outras rexións do mundo aínda están emerxendo neste ámbito, por si penso que pode ser interesante este artigo sobre a situación de Oriente-Medio exemplificándoo coa obra de To shoot an elephant. Tamén podes encontrar outras moitas entradas igual de interesantes, con recomendación cinematográficas incluídas, que che poden axudar a entender mellor a relación entre estes dous mundos: https://judithvidacal.wordpress.com/

    Pero non só hai películas sobre o mundo do periodismo, tamén sobre periodistas, como a de Truman Capote, película que recomendo para entender ao xornalista que foi o punto de partida do Noxo Xornalismo Norteamericano (ou máis ben para espertar máis incógnitas sobre a súa curiosa personalidade). E tamén temos series de televisión baseadas en redaccións, de feito a película que mencionei está baseada na serie co mesmo nome da BBC (podes ver aquí máis información detallada na propia páxina da BBC http://www.bbc.co.uk/drama/stateofplay/ ) . A pesares da relación entre ambos mundos, non debemos permitir que a ficción nos confunda, e, como ben dis ao final do teu artigo, so deberíamos coller aquilo que nos poida beneficiar no noso traballo, como pode ser o método de traballo en equipo.

    Por último, déixoche aquí un enlace a unha listaxe de películas que gardan relación co mundo do xornalismo e que poden interesarche: http://elcondensadordefluzo.blogs.fotogramas.es/2015/04/22/10-peliculas-sobre-periodismo-que-todo-periodista-deberia-ver/

    – Revisión do editor: 12/04/2016 18:29
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 18:41
    – Publicación: 12/04/2016 19:13

    Gústame

    1. Estás no certo, Antía. O mundo do documental é tamén unha arma moi poderosa para mostrar o traballo que os xornalistas desenvolvemos. Botarei un ollo.
      Invítote a visionar unha das series acerca de xornalistas que máis eco adquiriu nos úñtimos anos “The Newsroom” que mostra o que hai detrás dunha redacción dun canal televisivo norteamericano por cable. Todo o que os telespectadores non poden ver detrás dun plató e dos focos. É interesante para facerse unha idea do mundo da comunicación.

      Moitas grazas, Antía.

      Gústame

  4. García Vegas, Cintia [S2D2]

    Ola marina!
    Menudo artigo máis interesante! Eu aínda non tiven a oportunidade de ver Spotlight, así que non che podo dicir nada respecto dela. O que si, recoméndoche ver a película Todos los hombres del Presidente dirixida por Alan J.Pakula en 1976 se che gustan os filmes sobre a investigación, a veracidade e a liberdade de prensa no xornalismo. A min gustoume moito cando a vin.

    Este é o trailer, a ver que che parece: https://www.youtube.com/watch?v=8bxoRilOQxY

    Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 09:25
    Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25

    Gústame

  5. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Ola Marina. Eu tampouco tiven aínda ocasión de ver Spotlight pero si que coincido contigo na relación entre cine e xornalismo. Aínda así creo que, como decía Silvia, en moitas ocasións a visión que se ofrece do xornalismo está un tanto idealizada con esa presentación de “xornalista-héroe”. Non obstante, pese a este feito, resulta moi interesante que o mundo xornalístico apareza no cine. Este medio consiste nunha ferramenta de comunicación que chega á sociedade dunha maneira lúdica pero que, ao mesmo tempo, pode axudar a concienciar de problemas como a corrupción política ou os problemas do xornalismo actual, como pasa no filme “La sombra del poder”.

    Precisamente sobre este tema hai un artigo moi interesante en https://judithvidacal.wordpress.com/ en referencia ao documental sobre Palestina “To shoot an elephant”.

    Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25
    Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 10:09

    Gústame

    1. Moi acertado o teu apuntamento sobre o cine como feramenta de comunicación. De feito creo que ese é o seu gran poder: a capacidade para chegar a todo o mundo e para facer de algo “pouco coñecido” ou que non adoita ser de divulgación como o traballo dunha redacción ó alcance de todos.
      Existe así, baixo o meu punto de vista, un deber por parte do director da película de tentar ser o máis fiel a realidade posible e de documentarse o suficiente como para evitar xerar un material audiovisual que esté tan lonxe da realidade que cree ideas falsas e preconcebidas na sociedade sobre o traballo que se realiza na nosa profesión.
      Moitas grazas, Bea.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s