SAÚDE MENTAL E DEPORTES

Patricia Campos Castelos – S1A4

unnamed
Imaxe de Daniel Deicas

Antes de nada, xa que estamos tratando o tema das enfermidades mentais, esta vez trátase o tema dos deporte xa que ata agora non seu veu nada relacionado entre estes dous conceptos.

O cerebro humano é un elemento que nos distingue do resto de animais, tanto no seu funcionamento como nas potencialidades, que a día de hoxe seguen sendo obxecto de estudo, como tamén o son seus problemas e disfuncións.

Os deportistas profesionais non foron alleo ás enfermidades mentais, con o que nalgúns casos trataron de convivir con elas, mentres que para outros constituíu un via crucis que acabou cos soños de triunfar no deporte que practicaban. Moitas desas enfermidades que sufriron foron aquelas como a esquizofrenia, o trastorno bipolar, os ataques de pánico, a ansiedade…

En deportes como o fútbol profesional, fixeron un estudo a FIFPro , o sindicato mundial de futbolistas, e seis sindicatos nacionais colaboraron nun estudo científico a nivel profesional para a recompilación de datos acerca das enfermidades mentais entre futbolistas profesionais e retirados. Os datos que destacaron neste estudo foi que do 3% ao 26% dos futbolistas profesionais en activo informou de sufrires algún problema de saúde mental onde predominaban a ansiedade, a depresión e as prácticas nutricionais. No caso dos futbolistas retirados foron do 5 % ao 42%.

Tras esta breve introdución no tema, xa poderemos analizar mellor a noticia escollida, que trata sobre un ex – xogador da NBA, Delonte West, que padece desde fai tempo un trastorno de bipolaridade. Esta enfermidade mental provoca en persoas co padecen emocións moi exaxeradas, chamadas episodios maníacos, para despois pasar a niveis anímicos perigosamente baixos, como pode ser a depresión. Nalgún casos chega a provocar un resultado como o baixo rendemento no traballo e con risco de suicidio.

Delonte West é o maior exemplo de xogador que convive co seu desorde de bipolaridade diagnosticado en 2009. Unha convivencia moi complicada, que en moitas ocasións, puxo en xaque a súa carreira como xogador profesional. Nun primeiro caso quero destacar esta noticia do Confidencial. Nela vese como se usa a palabra bipolar no antetítulo sen ver a conto de nada. Polo que o medio busca o sensacionalismo chamando así a atención do lector. Neste caso non é importante falar da enfermidade mental, aínda que se queira falar da enfermidade que sufre débese de tratar doutra maneira e non buscando o morbo ou incluso chegando a potenciar o estereotipo da sociedade que é mesturar a violencia cunha enfermidade mental.

unnamed (1)
Fotografía do diario El Confidencial

Esta noticia, está tratada de diferente forma en distintos medios de comunicación. Nalgúns afirman que padece un trastorno de bipolaridade mentres que noutros falan de que se cree que pode sufrir. Aínda así os dous seguen buscando a morbosidade e ficando na enfermidade pero non só e iso senón que tamén coas imaxes que ilustran a noticia ensinan os aspectos negativos, o que non deberían de facer xa que teñen que ficar nos aspectos bos. Isto segue dando lugar a potenciar os estereotipos que existen na sociedade e sobre todo as persoas que o atoparon na rúa, que en vez de axudalo decidiron sacarlle unha fotografía ou incluso gravarlle un vídeo

unnamed (2)
Fotografía de Marca.com

En conclusión, os medios de comunicación non deben de potenciar os estereotipos que eles mesmos crean, xa que como nestes casos, fan que se publiquen nas redes vídeos sobre os enfermos mentais que non deberían de publicarse. Aínda que teñen que cambiar moito, deben empezar por informarse sobre todo dos tema que van a abordar nas noticias.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 8/4/16 19:00
  • Hora de revisión do GTO: 8/4/16 20:30
  • Hora de publicación: 8/4/16 21:50
  • Hora de publicación revisada: 12/4/16 21:55
Advertisements

3 comentarios en “SAÚDE MENTAL E DEPORTES

  1. este non é un medio para a exhibición propia, ou non así. Por favor elimine a primeira persoa deste artigo. Prégolle utilice os indicadores que o seu grupo elexiu. Olo editores e coordinadores: eliminar este artigo do blog até que non mude o requerido.

    Gústame

  2. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

    Na miña opinión, considero que as enfermidades coma a bipolaridade, a ansiedade ou a depresión, non son tratadas de maneira axeitada pola sociedade simplemente por non ser visibles de maneira simple as consecuencias ou por ter na mente ideas totalmente equivocadas do que son. Unha persoa con cancro, que recibe quimio e non ten cabelo, nunca vai ser tomado á broma polo que lle sucede, mais se no seu lugar nos atopamos cunha persoa con moita ansiedade, mesmo se chega a dicir que esaxera e que non é para tanto. Recordo unha vez cando era pequena a noticia de que o meu profesor de baile deixábanos de dar clase por unha depresión. As nais, cando coñeceron a noticia e o motivo, que non vén ao caso, mofábanse del e restábanlle importancia. Xulgan sen saber todo o sufrimento, dor ou etapas que está a pasar a persoa afectada.

    A mente humana pode ser marabillosa e ao mesmo tempo o noso peor inimigo. Os medios de comunicación deben dar exemplo dándolle a importancia que teñen todas as enfermidades, sen sensacionalismo nin morbosidade, e facendo un uso correcto do vocabulario para non seguir mantendo absurdos estereotipos e prexuízos.

    Revisión do editor: 09:00
    Revisión do coordinador: 09:30
    Hora de publicación: 11:00

    Gústame

    1. Campos Castelos, Patricia – S1A4

      Moitas grazas polo teu comentario Noelia. Tes razón dicindo que enfermidades como o trastorno de bipolaridade, a ansiedade ou a depresión non son visibles pero aínda así non debemos de mofarnos de alguén que as padece posto que non é unha broma.

      Como ben dis ti, os medios de comunicación deben darlle importancia a estes temas e non buscar o sensacionalismo nin a morbosidade. Eles mesmos deben informarse antes de realizar as noticias sobre estes temas para así acadar unha linguaxe correcta e non meter a pata e crear os estereotipos e os prexuízos que ten a sociedade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s