“Smithers”, a voz dun afectado

Mapa do mundo coa bandeira LGTBI (Fonte: Pixabay)

Martínez Graña, Paula – S2B4

Baixo o pseudónimo de “Smithers”, un afectado explica a súa visión sobre o xornalismo e propón unhas bases sobre as que se debería construír o novo xornalismo. Mediante unha profunda entrevista con el, comezamos una viaxe pola prensa dos últimos días.

O 5 de Abril publicouse en El País a noticia da homosexualidade de Gareth Thomas, o xogador de rugby máis popular de Gales. No titular pódese ler: “Cómo casi me lleva al suicidio salir del armario en el deporte más rudo”. Polo tanto, no artigo explícase o difícil que foi para o deportista manter en segredo a súa homosexualidade. O xogador asegura que el era “físicamente fuerte, pero mentalmente débil y temeroso”, o que lle provocou vivir un auténtico calvario. El mesmo declarou: “sabía que nunca sería aceptado en el más rudo y macho de los deportes masculinos”.

Respecto a este artigo, Smithers destaca a importancia de concienciar á sociedade sobre a realidade que ten que sufrir, neste caso, o colectivo homosexual, e sinala: “a publicación deste tipo de noticias supoñen un avance na concienciación social, co obxectivo de que os lectores teñan presente que aínda queda moito camiño por andar nesta loita pola igualdade”.

A continuación, iniciamos a análise dunha segunda noticia: “Galicia podría registrar más de 380 menores de edad transexuales”. Foi publicada por El Correo Gallego, e nela infórmase de que estudos recentes conclúen que hai un caso de transexualidade por cada mil habitantes. Smithers apunta que “trátase dunha realidade que a xente pensa que lle é allea, mais non é así. Hai moitos máis casos dos que nós pensamos”. Ademais, engade que está satisfeito co tratamento da información nesta noticia: “a intervención dunha experta proporciona veracidade e contribúe a normalizar ao colectivo”.

Nesta ocasión, a experta é Cristina Palacios, a presidenta de Arelas, a asociación de familias de menores transexuais de Galicia. Na noticia, advirte de que o 95% dos xoves transexuais, que se puxeron en contacto coa asociación, sufriron algún tipo de acoso escolar.

O acoso escolar é unha das consecuencias máis devastadoras dun tratamento inadecuado da transexualidade por parte dos medios de comunicación. Un exemplo disto é o caso e Alan. Nesta noticia, pódese ler unha entrevista que lle fixo o medio de comunicación El Mundo á nai de Alan: “Acosaron a Alan desde los 14 años, su suicidio es un crimen social”.

Ester Albert Cusso, a nai de Alan, quixo facer pública a historia do seu fillo para que isto non se repita e que ninguén volva a ser vítima dun crime social coma o de Alan. Mais, neste contexto, Cristina Palacios indica que este caso é soamente a punta do iceberg, que hai moitos máis casos de suicidios dos que non se ten constancia.

Durante a entrevista con Smithers, el asegúranos que unha das raíces do problema da desigualdade no colectivo LGTBI está na educación: “Se non nos ensinan a ser pragmáticos, non poderemos usar o vocabulario correspondente e, por tanto, non respectaremos os dereitos do colectivo LGTBI”.  Por exemplo, é habitual atopar expresións semellantes a esta: “obter o permiso médico para cambiar de sexo”. Isto é un erro, xa que non se trata dun cambio de sexo, senón dunha reasignación. Mais, se non hai unha educación apropiada, como podemos posuír esta linguaxe dende un principio?

É por iso que é imprescindible continuar a loita pola igualdade de dereitos, xa dende os medios de comunicación, como dende a política, e non empregar este tema como unha forma de propaganda. Como Smithers asegura: “Moitas veces, os políticos utilizan a desigualdade como un reclamo para chamar a atención e non como a loita de dereitos que verdadeiramente é”.

Publicación: 08/04/2016 18:20

Revisión do editor: 08/04/2016  11:46

Revisión GBO: 08/04/2016  15:50 e segunda revisión 08/04/2016 ás 19:35

Advertisements

13 comentarios en ““Smithers”, a voz dun afectado

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    ‘’É por iso que é imprescindible continuar a loita pola igualdade de dereitos, xa dende os medios de comunicación, como dende a política, e non empregar este tema como unha forma de propaganda. Como Smithers asegura: “Moitas veces, os políticos utilizan a desigualdade como un reclamo para chamar a atención e non como a loita de dereitos que verdadeiramente é”.’’
    Uff. O dos medios de comunicación, nestes casos, é descarado. Saben que palabras venden e repítanas ata a saciedade. Hai determinados casos que xa parecen case un día da marmota.
    Un exemplo destes bucles xornalísticos foi o de Jason Collins, un ex xogador da NBA que se declarou homosexual fai uns anos. A cuestión é que o home, sendo sinceros, non era nin LeBron James, nin Kobe Bryant nin nada polo estilo. Tratábase, neses intres, dun xogador de rotación, como tantos outros dos que tan pouco se fala. Pero iso cambiou pronto: Jason Collins pasou a protagonizar noticia si e noticia tamén durante meses. E non por méritos deportivos nin por conciencia social, senón polo lucrativo que era introducir un titular coa frase “O primeiro xogador homosexual da NBA” e logo rematalo con calquera trivialidade. De aí o do día da marmota. Contra quen xogara, que partido e que números fixera era o de menos; o importante era que se trataba dun xogador homosexual. Esa era a nova que colocaba a Jason Collins no xornal aínda meses despois de saberse.
    Recordo, por certo, que no noso país houbo un xornal deportivo que tratou con especial “énfase” este tema. Un que está presidido por unha letra maiúscula que sóese encontrar antes da N. Non sei se caedes. A cousa é que ese xornal non so levou ata o paroxismo o comentado no parágrafo anterior –incluíndo reportaxes fotográficos-, senón que ata chegou a denunciar unha suposta discriminación por parte dos equipos da NBA cara Collins cando este se encontraba sen equipo (http://www.marca.com/2013/07/13/baloncesto/nba/noticias/1373712493.html). E Collins encontrábase sen equipo simplemente por motivos deportivos! Era un xogador veterano, que levaba ás súas costas varias temporadas sen brillo algún e era absolutamente plausible que non houbese interese deportivo na súa contratación! Pois eles sacaron de aí unha conspiración homofóbica! Para botarse a chorar… Ah, por se non quedara o suficientemente claro, o xornal en cuestión foi o Marca. Que pereza de homiños.

    Revision GBO: 08/04/2016 23:12

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Ola Adrián!
      Gracias por aportar un exemplo máis que demostra os prexuízos existentes no mundo do deporte en relación coa homosexualidade.
      Son moitas as noticias que, na busca do sensacionalismo e do beneficio económico, atentan contra os dereitos das persoas en relación a súa dignidade e intimidade.
      O caso que expós no teu comentario paréceme unha boa mostra da realidade que viven os deportistas nos nosos días. Ademais, é máis doado atopar noticias sobre a homosexualidade de Jason Collins que sobre o seu progreso deportivo.
      Adxunto algúns exemplos que representan o “boom” mediático que lle deron os medios de comunicación a unha noticia como esa:

      http://deportes.elpais.com/deportes/2013/04/29/actualidad/1367252859_969051.html

      http://www.20minutos.es/noticia/2301517/0/jason-collins/deportista-eeuu/revelo-homosexualidad-retira/

      http://noticias.lainformacion.com/deporte/asociacion-nacional-de-baloncesto-profesional-estadounidense/jason-collins-el-primer-jugador-de-la-nba-que-admite-su-homosexualidad_l5fCqRdnTqHRdFi23JF3O2/

      http://www.elperiodico.com/es/noticias/liga-nba/jason-collins-primer-jugador-nba-activo-que-admite-homosexualidad-2377667

      Ogallá algún día deixe de considerarse “noticia” algo que debería ser normal dende un principio.

      Grazas por comentar!

      Publicación: 11/04/2016 20:25
      Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 22:51

      Gústame

  2. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    No tocante á primeira noticia, a de Gareth Thomas, gustaríame facer fincapé no inexistente debate que existe no noso país sobre o tema da visibilización da homosexualidade no noso deporte. Na miña opinión, máis ben por medo que por inexistencia, ningún xogador de fútbol, baloncesto, balonmán ou calquer outro deporte declara abertamente a súa homosexualiade. Sería interesante que algo como o acontecido en Gales ocorrese no noso país, e un deportista de élite declarárase abertamente homosexual. Gustaríame pensar que serviría como un impulso para a normalizar esta situación totalmente normal, e servira para acabar cos multitudes cantos homófobos no estadios de fútbol ou na opinión pública.
    Un tema que me gustaría destacar é a diferencia no tratamento do fútbol masculino e do femenino. Ocasioname unha enorme tristeza que nos tempos que corren, os periódicos deportivos do noso país publiquen sobre o fútbol femenino a maioría das veces noticias como “as xogadores de fútbol máis sexys”, “as xogadoras de fútbol máis guapas do mundial de 2015” ou titulares polo estilo. Certamente denigrante e irrespetuoso co traballo deportivo destas deportistas, que ven que o tratamento deportivo é prácticamente nulo e só teñen repercusión na prensa con noticias como estas. Aquí un exemplo: http://us.as.com/us/2015/11/17/album/1447779672_266178.html#1447779672_266178_1447780069

    Revision GBO: 08/04/2016 23:26

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Hola Alejandro!
      Estou de acordo con que España, en concreto, precisa que os seus deportistas fuxan dos prexuízos nos que viven encadeados. Coma ti dis: “Sería interesante que algo como o acontecido en Gales ocorrese no noso país, e un deportista de elite declarárase abertamente homosexual”. Esta situación reflíctese en noticias como esta: “Los deportistas ‘gays’ salen del armario, pero no en España”, que se pode ler neste enlace:
      (http://www.elmundo.es/loc/2014/07/19/53c96e1b268e3eeb708b456c.html)

      Outra noticia que reflicte o tabú existente no mundo deportivo é a seguinte: El tabú de ser gay en el deporte: “Queremos mostrar que somos modernos, pero queda mucho trecho por andar”, que foi publicada por The Huffington Post o pasado 11 de Abril. Pódese ler no enlace a continuación:
      (http://www.huffingtonpost.es/2013/06/29/deportistas-homosexuales_n_3508287.html).

      Na noticia anterior infórmase de que: “En España, que en los últimos años ha dominado un gran número de disciplinas deportivas, todavía ningún atleta de élite ha admitido públicamente ser homosexual”.

      En relación co machismo no mundo deportivo, e seguinte noticia é un exemplo dos cambios que deben realizarse, en xeral, en todas as disciplinas. Pódese ler no seguinte enlace: (http://www.abc.es/deportes/tenis/abci-gala-leon-machismo-deporte-201603022126_noticia.html)

      Grazas por comentar!

      Publicado: 11/04/2016 20:31

      Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 23:00

      Gústame

  3. Casas Da Rocha,Paula- S1E4

    Ola Paula! Importantes declaracións de Smithers que non son máis que un reflexo da realidade social que viven as persoas que pertencen a este colectivo.Centrándonos na noticia, creo que accións como as do xogador de rugby gales Gareth Thomas serven como exemplo a seguir para moitas persoas que teñen medo de confesar a súa orientación sexual. Para algúns, estas declaracións son consideradas como un acto de valentía pero, ao meu parecer, a nosa sociedade debe de evolucionar cara un punto onde estas declaracións non sexan consideradas como un acto de valentía senón un testemuño normal.
    Por outro lado, penso que as declaracións de Gareth deben servir para que os deportistas perdan o medo a dicir a súa orientación sexual sen ter medo de que esa parte del impida seguir no seu deporte ou gañar nel.Ademais do exemplo de Gareth, temos a ciclista alemá Judith Ardnt que, tras conseguir a prata en Londres, declarou a súa homosexualidade e iso non lle impediu seguir practicando o deporte que lle gusta nin tampouco gañar nel de novo como mostra o seguinte enlace( http://www.eluniversal.com.co/cartagena/deportes/judith-arndt-gana-titulo-mundial-de-contrarreloj-serika-guluma-30-91259). De feito, a súa parella Petra Rossner, tamén é ciclista.Esperemos que co tempo en España tamén se comecen a suceder estes feitos para poder normalizar a situación deste colectivo na nosa sociedade e servir como exemplo a outras persoas para non ter medo de mostrar quenes son.
    Un dato que me inquieta moito do teu artigo e que tamén mencionei noutro que fixen eu sobre este tema (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/15/o-colectivo-transxenero-nos-medios-de-comunicacion/) é o alto nivel de acoso escolar que reciben os mozos transexuais ou homosexuais. Isto non é máis que a clara consecuencia da marxinación que sofre este colectivo e mostra o pouco que se esta avanzando en tolerancia e respecto. É incrible que no século XXI aínda haxa mozos que non poidan afirman cal é a súa condición sexual sen ter medo de que o marxinen ou o acosen.
    Os medios de comunicación deberían ser conscientes da gran repercusión que teñen na sociedade e coidar o tratamento informativo que fan sobre colectivos minoritarios .Adxunto un pequeno estudo que ofrece algúns consellos sobre como debemos tratar as informacións que teñen como protagonistas a persoas transexuais e que a min serviume de gran axuda. http://www.ehu.eus/zer/hemeroteca/pdfs/zer31-10-carratala.pdf . Un saúdo!

    Gústame

  4. Casas Da Rocha,Paula- S1E4

    Ola Paula! Importantes declaracións de Smithers que non son máis que un reflexo da realidade social que viven as persoas que pertencen a este colectivo.Centrándonos na noticia, creo que accións como as do xogador de rugby gales Gareth Thomas serven como exemplo a seguir para moitas persoas que teñen medo de confesar a súa orientación sexual. Para algúns, estas declaracións son consideradas como un acto de valentía pero, ao meu parecer, a nosa sociedade debe de evolucionar cara un punto onde estas declaracións non sexan consideradas como un acto de valentía senón un testemuño normal.
    Por outro lado, penso que as declaracións de Gareth deben servir para que os deportistas perdan o medo a dicir a súa orientación sexual sen ter medo de que esa parte del impida seguir no seu deporte ou gañar nel.Ademais do exemplo de Gareth, temos a ciclista alemá Judith Ardnt que, tras conseguir a prata en Londres, declarou a súa homosexualidade e iso non lle impediu seguir practicando o deporte que lle gusta nin tampouco gañar nel de novo como mostra o seguinte enlace( http://www.eluniversal.com.co/cartagena/deportes/judith-arndt-gana-titulo-mundial-de-contrarreloj-serika-guluma-30-91259). De feito, a súa parella Petra Rossner, tamén é ciclista.Esperemos que co tempo en España tamén se comecen a suceder estes feitos para poder normalizar a situación deste colectivo na nosa sociedade e servir como exemplo a outras persoas para non ter medo de mostrar quenes son.
    Un dato que me inquieta moito do teu artigo e que tamén mencionei noutro que fixen eu sobre este tema (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/15/o-colectivo-transxenero-nos-medios-de-comunicacion/) é o alto nivel de acoso escolar que reciben os mozos transexuais ou homosexuais. Isto non é máis que a clara consecuencia da marxinación que sofre este colectivo e mostra o pouco que se esta avanzando en tolerancia e respecto. É incrible que no século XXI aínda haxa mozos que non poidan afirman cal é a súa condición sexual sen ter medo de que o marxinen ou o acosen.
    Os medios de comunicación deberían ser conscientes da gran repercusión que teñen na sociedade e coidar o tratamento informativo que fan sobre colectivos minoritarios .Adxunto un pequeno estudo que ofrece algúns consellos sobre como debemos tratar as informacións que teñen como protagonistas a persoas transexuais e que a min serviume de gran axuda. http://www.ehu.eus/zer/hemeroteca/pdfs/zer31-10-carratala.pdf . Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 18/04/2016- 13:00
    Data de revisión do GBO: 18/04/2016- 13:30
    Data de publicación do comentario: 18/04/2016- 14:43

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Hola Paula!

      Como explicas no teu comentario, a finalidade deste observatorio é a normalización, neste caso, do colectivo LGTBI. Para que este obxectivo se cumpra, hai dous principios básicos: a educación e a integración dos grupos minoritarios.

      En primeiro lugar, a educación, baseada no respecto e na tolerancia, é fundamental para a creación dun novo xornalismo. É necesario un coñecemento exhaustivo do tema e o uso correcto do vocabulario específico. Soamente a cultura e a o coñecemento levaranos polo camiño da normalización.

      En segundo lugar, a integración é unha consecuencia inmediata do traballo dos medios de comunicación. Se os xornalistas amosan un tratamento diferente ás noticias do colectivo LGTBI respecto a outras temáticas, entón, a sociedade tamén sinalará esa diferenciación.

      Neste ámbito, o compromiso político é esencial. Se os medios de comunicación e os poderes políticos actúan de forma conxunta na defensa dos dereitos fundamentais de toda persoa, a sociedade poderá involucrarse nesta loita sendo parte vital da mesma.

      Como afirmas no teu comentario: “Os medios de comunicación deberían ser conscientes da gran repercusión que teñen na sociedade e coidar o tratamento informativo que fan sobre colectivos minoritarios”. Unha mostra da responsabilidade dos medios de comunicación na sociedade pode apreciarse na seguinte noticia.:

      http://www.eldiario.es/desalambre/mediatica-consigue-homosexuales-linchados-Marruecos_0_504300561.html

      Grazas por comentar!

      Publicación: 19/04/2016 11:11

      Gústame

  5. Tal e como conclúe Smithers no seu discurso, a educación é a base que sustenta calqueira sociedade. É por isto que debemos emplear ferramentas que nos permitan unha comunicación xusta e desvirtuada de calqueira tipo de xeralización.
    Non cabe dúbida de que as minorías sociais están máis que silenciadas na prensa. E, se a este factor lle engadimos que non se lles trata co suficiente respeto lingüístico, é evidente que nunca van poder denunciar a súa problemática sen que reciban un trato inferior, tendendo o sensacionalismo en moitas ocasións e, incluso, a victimizar a estos colectivos para concienciar dende o máis simple: a pena.
    Sen embargo, os medios non son conscientes do dano que causan ao acorralar baixo un mesmo pseudónimo a unha entidade na que existe unha gran variedade de características que distinguen aos seus compoñentes. É dicir, trátase dunha sociedade moi heteroxénea, dentro da concepción de homoxeneidade que as grandes cabeceiras debuxaran sobre eles.
    No xornal El País, sen ir moito máis lonxe, o que nos ofrece a prensa española, engloba as noticias relacionadas cos discapacitados auditivos baixo a etiqueta de “sordomudos” (http://elpais.com/tag/sordomudos/a/), sen diferenciar os diferentes tipos de xordura e, o máis preocupante, sen ter en conta a posibilidade de que unha persoa con disfuncionalidade non poida falar, dando por sentado que existe unha correlación encadeada.
    Un membro do noso Círculo de Lectura Crítica, impactado pola situación, apuntou que “nunca nos atreveríamos a insultar a una persona con unos cuantos kilos de más, pues pedimos lo mismo. Los medios deben fomentar y sensibilizar la problemática y expandirla, no crear más tabúes”.
    Dase por sentado, así, unha realidade que non actúa con certeza sobre a sociedade e que, en consecuencia, incrústase en ela garantindo unha educación inxusta e inadecuada. O tratamento dos medios fronte a este tipo de ambientes debe abrir unha porta cara a creación dunhas novas bases deontolóxicas que permitan identificar de maneira máis xusta a voz destos colectivos.

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Bos días, Mikaela!

      Partindo de que os medios de comunicación teñen a tarefa de formar á sociedade nuns conceptos básicos, a vía educacional debe presentar unhas pautas. En primeiro lugar, asuminos un descoñecemento xeral por parte da poboación, polo que a formación comezará dende os cimentos.

      Por exemplo: os medios de comunicación tendemos a usar termos que poidan ser facilmente comprendidos polos cidadáns. Mais, aí está o problema: na busca dunha maior receptividade, cométense erros que conducen á desinformación.

      Neste caso, a realización dos Círculos de Lectura guiounos polo camiño correcto; é dicir, comprendemos a importancia dun uso correcto do vocabulario especializado, a pesar de que implique un aumento da dificultade de comprensión por parte da poboación. A inclusión desta especialización neste novo xornalismo supón unha contribución á formación da cidadanía.

      A continuación, adxunto un exemplo que demostra o inicio deste novo xornalismo:
      http://www.lavanguardia.com/vida/20160127/301712847177/manifestacion-contra-lgtbifobia-escuelas.html

      Grazas por comentar!

      Publicación 21/04/2016 11:56
      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 12:11

      Gústame

  6. Ricardo Baloira Armas – S1E1

    Boas tardes, Paula.

    Paréceme de gran interese o teu artigo no que respecta a coñecer mellor a realidade deste colectivo nos medios de comunicación. Ademais, é de utilidade que casos como os de Alan e Thomas sexan difundidos, pois conciencian aos lectores sobre as dificultades polas que pasan este grupo de persoas para ser respectados pola sociedade.

    É un alivio que os medios colaboren para axudar a este colectivo en lugar de criminizarlo, existindo artigos como o dos transexuais en Galicia escritos de forma profesional e ética. Deixo un enlace a unha guía que será de interese para que os xornalistas aprendan a tratar á comunidade LGTBI nos medios de comunicación correctamente.

    http://www.glaad.org/files/spanishlanguagemediaguide.pdf

    Por outra banda, estou de acordo con que a educación é importante para acabar cos problemas de discriminación nos países. Por sorte, a comunidade LGTBI planea levar a cabo o proxecto GALE, enfocado na educación sobre temas relacionados con esta comunidade e que axudará a eliminar os prejuicios nos moitos países que colaboran con GALE.

    http://www.lgbt-education.info/es

    A modo de conclusión comparto unha páxina de axuda a todos aqueles mozos que sofren de acoso escolar por formar parte das persoas LGTBI, onde os recursos que proporciona son de axuda para tratar este tipo de abuso.

    http://espanol.stopbullying.gov/en-risco/grupos/lgbt/rof/índice.html

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 22/04/2016- 9:00

    Data de revisión do GBO: 22/04/2016- 9:45

    Data de publicación do comentario: 22/04/2016- 12:13

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Boas tardes, Ricardo:

      Como ben dis: “a educación é importante para acabar cos problemas de discriminación nos países”. Non pode permitirse que hoxe en día acontezan cousas como as reflectidas nestas novas adxuntas a continuación:

      http://www.lavanguardia.com/vida/20150801/54434279058/discriminacion-homofobia-escuelas-catalanas-mas.html

      http://www.laizquierdadiario.com/Espana-mas-de-la-mitad-de-los-adolescentes-LGTBI-sufre-bullying-en-la-escuela

      Nesta segunda noticia, pódese ler o seguinte: ” la primera causa de acoso escolar es la orientación sexual, y denuncia que esto se debe a que el sistema educativo está muy por detrás de la sociedad en lo que respecta el reconocimiento e integración de estos jóvenes en las aulas.”

      A realidade amósanos que este colectivo sofre, na súa maioría, discriminación por mor da súa orientidade ou identidade sexual.

      Nesta noticia (http://www.eldiario.es/sociedad/LGTB-discriminado-escuela_0_184782137.html) , unha afectada expresa a súa acertada opinión: “Cuando tú normalizas esa situación, la gente también lo toma como algo normal”. Aquí temos un exemplo máis de que a normalización é a solución máis desexada.

      Grazas por comentar!

      Publicación: 25/04/2016 15:18

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 19:43

      Gústame

  7. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
    Moi bo artigo Paula! Creo que como futuros xornalistas todos temos claro a importancia do noso traballo, non so informamos, senón que formamos a sociedade, e en temas coma este é moi importante a nosa labor, darlle visibilización e ofrecer un tratamento axeitado a estas noticias, igual que usar unha linguaxe apropiada, xa que diso van a depender as connotacións que faga a sociedade de certos termos, e disto tamén van a depender as conductas que adopten. Pensar en todo aquilo que supón que ti escribas dunha maneira ou doutra da ata vértigo, pero se se fai ben é formidable a labor que realizamos. Por outra banda é certo o que dis de que hai que mostrar este tema de forma que non se faga un espectáculo de todo isto, porque dese xeito so conseguiremos invisibilizar o verdadeiro problema, e lonxe de normalizar so crearemos ruído que dificulte esta tarea.
    De novo, felicidades polo teu artigo, é moi interesante reflexionar sobre este aspecto.

    -Revisión editor: 23/04/2016 15:25
    -Revisión coordinador: 23/04/2016 15:27
    -Hora de publicación: 23/04/2016 15:30

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Bos días, Gádor!

      Creo que moitas veces os xornalistas non somos conscientes da gran responsabilidade que temos na sociedade. A nosa profesión debe exercerse sempre dende a ética, que non pode quedar esquecida nunca.

      No tratamento desta temática, débense respectar os dereitos das persoas. Actualmente, en pleno século XXI, non pode consentirse que un gran número de medios de comunicacións publiquen noticias que vulneren os dereitos fundamentais das persoas.

      En concreto, o noso Círculo de Lectura ten que presenciar cómo os medios de comunicación non respectan os seus dereitos de forma sitemática.

      A continuación, adxunto uns interesantes documentos sobre a ética:

      Leauté, J. (1966). Ética y responsabilidad del periodista.

      Bonete Perales, E. (1995). Éticas de la información y deontologías del periodismo.

      Mais, non olvidemos que xa non só se trata de ética, senón de legalidade.

      Grazas por comentar!

      Publicación: 25/04/2016 19:27
      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:21

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s