Tipos e causas de xordera

Riande Cortizo, José Carlos (S3A2)

persona sorda

As persoas que presentan problemas auditivos, ben sexan naturais ou adquiridos, acostumamos a denominalos como “xordos” a secas. Este concepto é moi xeral e a sociedade actual non é coñecedora das diferentes xorderas existentes.

Este término atópase bastante lonxe de ser adecuado e os médicos optan por outras definicións máis exactas. Por iso diferencian entre “xordera”, “hipoacusia”, “anacusia” e “discapacidade auditiva”. A simple vista poden parecernos o mesmo, mais a continuación presento as características propias de cada concepto.

  1. Hipoacusia: A perda auditiva non supera os 70 decibelios e a persoa que a presenta pode mellorar a recepción de sons a través de aparatos auditivos. Dependendo do nivel de pérdida, divídese en sub categorías (leve, moderada, severa e profunda). Hai que ter claro que non estamos ante un caso de perda total de audición.
  2. Xordera: Neste caso xa supera os 70 decibelios e a persoa que o padece ten a necesidade de adaptarse ao problema. O sentido da vista pasa a ser o seu principal medio de comunicación. Ademáis axúdanse das señas e da lectura dos beizos. Os aparatos auditivos rebaixan a súa eficacia, e son os implantes cocleares os que de verdade poden servirlles de axuda.
  3. AnacusiaIncapacidade total para recibir sons. Móstrase coma un xordo mudo, xa que os únicos sons que emite son o llanto, a risa e os gritos inarmónicos.

discapacidade auditiva é un termo que engloba todos os tipos de deficiencias auditivas, sen ter en conta o seu nivel de perda nin outras características concretas. É moi importante coñecer as diferencias e os distintos tipos, xa que os medios acostuman a chamar xordos a calquera persoa que presenta algún tipo de deficiencia auditiva. Na xeneralización atópase o problema, xa que tratan a todos coma se tivesen as mesmas características, sin diferenciar nin especificar. Todas estas distincións propias, os medios non as analizan. Chaman a todo o mundo “xordo” sen ter en conta as individualidades de cada caso. De esta forma, falan dun colectivo xordo, pero non de casos concretos.

Nesta nova nin sequera se lles trata coma persoas. Pola súa contra, usan soamente o calificativo. Xa entrados na explicación do suceso, atopamos algunha declaración dos afectados, que se sinten discriminados. Mais volvemos a vernos con máis testemuñas de asociacións, como CERMI e representantes das mesmas, dándolles ate unha maior relevancia ao que digan eles que aos propios protagonistas. Analizando a nova, obsérvase o descoñecemento e falta de acordos que sofren estas persoas, xa que un caso similar non se resolve do mesmo xeito nun lugar (Murcia) que noutro (Madrid).

Na seguinte nova, na que volven a tratalos co calificativo coma se non fosen persoas, non atopamos nin  unha mísera declaración de algún dos tres xóvenes afectados. Outra vez entra en primeiro plano a gran plataforma de discapacitados de España, o CERMI, e tamén o presidente da Confederación Estatal de Personas Sordas. Sen embargo, non coñecemos a situación nin o problema contado polas persoas ás que se lles negou embarcar no avión. Nin coñecemos os seus nomes. Reciben un trato diferente polo simple xeito de ser persoas con perda auditiva.

Ao igual que os medios, as investigacións e demáis variantes tamén soen caer nesta trampa. A Universidade de Göteborg (Suecia) realizou un estudo para evaluar os problemas emocionais das persoas con perdas auditivas. Onde está o problema? Pois que os datos recollidos non son do todo correctos. Ao non facer distinción entre xordos e persoas con discapacidades auditivas, non podes extraer unha conclusión veraz. Tampouco se tivo en conta o grao de integración das persoas seleccionadas para o estudo.

Outra limitación e reclamo destas persoas é a súa invisibilización. Os medios non lle dan voz. Á hora de dar unha noticia de persoas con discapacidades auditivas non acoden a éstas, senón a organizacións e asociacións coma Faxpg ou ASORVIGO. Investigando non descubrín noticia algunha que tivese a unha persoa con deficiencias auditivas como referencia. Por exemplo, nesta nova, onde como xa vimos anteriormente, as persoas con algunha discapacidade non teñen voz nos medios. Non se lles da a visibilidade que precisan. Reaparecen os nomes de asociacións e persoas que traballan nelas, pero nada dos auténticos damnificados. É triste que, por moito que busquemos, non atopemos declaracións das fontes de primeira man, é dicir, dos verdadeiros implicados e afectados.

Referencias:

Azorín García, Adrián (13 de junio de 2015). La discapacidad auditiva (I). Consultado o 8 de abril de 2016, El Faro (versión dixital). http://elfarodigital.es/colaboradores/145047-la-discapacidad-auditiva-i.html

Quo (2 de marzo de 2015). ¿En qué idioma piensa un sordo de nacimiento?. Consultado 0 7 de abril de 2016, Quo (versión dixital). http://www.quo.es/salud/en-que-idioma-piensa-un-sordo-de-nacimiento

Serna, Juan Moisés de la (3 de marzo de 2016). ¿Qué consecuencias emocionales tiene la sordera?. Consultado o 7 de abril de 2016. http://juanmoisesdelaserna.es/psicologia/consecuencias-emocionales-en-la-sordera

Jiménez, B. (10 de junio de 2009). Un vacío legal impidió a dos sordos estar en una mesa electoral. Consultado o 8 de abril de 2016. http://elpais.com/diario/2009/06/10/madrid/1244633054_850215.html

El recreo (18 de marzo de 2016). “¿Quieres casarte conmigo?”: las primeras palabras que una mujer sorda pudo escuchar. Consultado o 8 de abril de 2016, ABC (versión dixital). http://www.abc.es/recreo/abci-youtube-quieres-casarte-conmigo-primeras-palabras-mujer-sorda-pudo-escuchar-201603180945_noticia.html

Europa Press (14 de abril de 2015). “Asociaciones reclaman actuaciones para evitar el aislamiento de las personas mayores sordas e residencias adaptadas”. Consultado o 8 de abril de 2016. http://www.20minutos.es/noticia/2431702/0/asociaciones-reclaman-actuaciones-para-evitar-aislamiento-personas-mayores-sordas-residencias-adaptadas/

Morán, Carmen (2 junio de 2009). “Iberia, condenada por discriminar a tres sordos”. Consultado o 8 de abril de 2016. http://elpais.com/diario/2009/06/02/sociedad/1243893605_850215.html

Redacción (18 de octubre de 2015). La comunidad sorda se sube al escenario. Consultado o 8 de abril, El ideal gallego.com. http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/comunidad-sorda-sube-escenario/20151017230640260897.html

  • Primeira revisión do editor: 08/04/2016 20:03
  • Primeira revisión do coordinador: 08/04/2016 20:34
  • Segunda revisión do editor: 08/04/2016 20:54
  • Segunda revisión do coordinador: 08/04/2016 20:55
  • Publicación: 08/04/2016 21:05

 

Advertisements

7 comentarios en “Tipos e causas de xordera

  1. neste artigo: onde está a vixianza aos medios? non pasamos xa da documentación a outro nivel de traballo? Por favor, editores e coordinador, eliminen este artigo do blog até que sexa refeito en base aos criterios que reses este blog.

    Gústame

  2. Hola Carlos! Para ser sinceiro, sorprendeume moito o teu artigo. Teño que admitir que non era coñecedor das diferentes xordeiras existentes e pareceume moi interesante aprender un pouco máis a cerca delas. O cal me permitiu entender, así mesmo, o problema que se xera ao denominar xordas a todas as persoas con deficiencias auditivas. Coincido contigo en que os medios non deberían facer ese tratamento, aínda que en parte me parece comprensible que o fagan, posto que son términos moi pouco extendidos na nosa sociedade.

    Pasando á análise das novas, estou de acordo en que o trato que se lle da aos afectados na primeira delas non é o máis axeitado. Seguramente fose máis axeitado que o titular puxese “persoas sordas”. En canto á do voo de Iberia, gustaríame comentar que a actuación de Air Nostrum me parece esaxerada. Sería interesante, como dis, que se recollesen algunhas declaracións dos afectados. Tampouco me cabe ningunha dúbida de que o estudio da Universidade de Göteborg podería ter chegado a conclusións moito máis precisas de haber feito a distinción necesarias entre as distintas deficiencias auditivas.

    O feito de que os medios non adoiten recoller as declaracións de persoas sordas é realmente preocupante. Supoño que acuden ás organizacións e asociacións por comodidade, porque son persoas coas que poden comunicarse sen necesidade de intérpretres. Máis sería convinte facer un mayor esforzo por incluir as declaracións dos propios afectados, porque a comunidade sorda non pode quedar obviada.

    En relación con este tema, recoméndoche que botes unha ollada a este artigo da Universidade de Zaragoza, https://zaguan.unizar.es/record/10029?ln=es#. Que precisamente, fai fincapé na pouca visibilidade que ten a comunidade sorda nos medios de comunicación.

    Revisión da editora: 12/04/2016 ás 23:36

    Gústame

    1. Boas Julián e grazas pola túa sinceridade e curiosidade acerca deste tema. Efectivamente, a miña intención era amosar os diferentes tipos de xorderas, así como as súas causas e consecuencias. Penso que é moi importante dar ese pasiño e coñecer máis en profundidade o contexto e a situación das deficiencias auditivas, xa que como dis, son términos pouco ou prácticamente nada extendidos na nosa sociedade. Polo tanto, o meu propósito é que a xente abra os ollos e se interese en que non soamente hai persoas xordas, senón que hai máis casos posibles. Aquí te deixo un enlace por si queres ampliar os coñecementos, é unha nota descriptiva da OMS: http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs300/es/
      Creo que os medios de comunicación están na súa obriga de ser coñecedores das situacións dos grupos con altas posibilidades de atoparse en situacións de discriminación. E isto o creo por varios motivos. Para facer un traballo hai que facelo ben, sabendo e situando ao lector no contexto e ámbito que se estea a tratar. Ademáis se non son os medios de comunicación os que fan fincapé por tornar unha situación inxusta, a comunidade xorda aínda terá máis complicada a súa integración.
      Respecto ao teu comentario sobre os titulares nos periódicos, comprendo o que queres dicir, pero non é que sexa máis axeitado chamarlles “persoas xordas” en vez de “xordos” como soe acontecer. Simplemente é algo que ten que ser así, eles son persoas coma ti e coma mín, cos seus dereitos e as súas obrigas e aínda non entendo por qué se lles da un trato discriminatorio. E non é cousa miña, senón que os propios participantes no noso círculo de lectura crítica así o indican. Sinten, en moitas ocasións, un trato diferente. Como si non fosen personas, e é algo moi molesto.
      Logo está outra cousa. O verdadeiramente preocupante. Non se lles da voz. O bo xornalista debe ir ao lugar dos feitos, contactar cos implicados e plasmar o que está pasando. Así nos lo ensinan na facultade. E por qué razón non o fan desta maneira coas persoas xordas? Acaso teñen menos importancia? Quizá sexa coma ti comentas, cuestións de comodidade. O xornalista pensará que lle é máis sinxelo e recorta tempos acudindo a unha asociación e falando cunha persoa autorizada. Pero así non se fan as cousas. Debes preocuparte e ir a falar custe o que custe cos afectados de primeira man. Todos os membros reclaman isto. En calquer nova relacionada con persoas xordas, vas encontrarte primeiro con declaracións de xente que non presenta deficiencias auditivas. Como vas a plasmar o problema así? É algo que hai que cambiar con urxencia. Desde aquí quero deixar un enlace da Confederación Estatal de Personas Sordas, no que fan un manifesto por reclamar o seu dereito a unha accesibilidad á información e á comunicación de forma digna. http://www.cnse.es/actuacion/accesibilidad_info.html
      Un saúdo e grazas pola aportación.

      Gústame

  3. López Fernández, Alejandro – S2D5

    Ola Carlos, resulta moi interesante que os erros que comete o xornalismo á hora de tratar información sobre persoas xordas sexan moi semellantes ou prácticamente idénticos aos fallos no tratamento da pobreza. A invisibilización das fontes e a colectivización de casos individuais son moi comúns en ambas temáticas, e coido que a súa orixe radica na crise, tanto económica coma de valores, que está a sufrir o xornalismo.

    A escasa implicación do xornalista na problemática das persoas xordas trae como consecuencia unha menor profundización da información, evadindo desta forma a terminoloxía máis adecuada para cada caso concreto. O individuo non existe en beneficio da superficialidade e, en definitiva, do colectivo. Tamén atopo certa tendencia cara o exceso de cifras: números e porcentaxes que soben e baixan, pero que ao final non nos din nada. A importancia dos datos non se poden negar, pero tampouco deben substituir á humanidade, á empatía co afectado do problema.
    http://www.rtvc.es/noticias/los-sordos-canarios-piden-30-horas-lectivas-con-interprete-de-signos-149433.aspx#.Vw_KMzCLShc

    Neste tipo de novas non existe a voz do implicado. Como ben dis, apenas atopamos declaracións dos afectados, desprazadas pola presenza dunhas cifras que caen no olvido con facilidade. E da falta de humanidade pasamos á invisibilización das fontes, daquelas persoas xordas que necesitan comunicar as súas dificultades pero que nin sequera teñen oportunidade.
    http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:x9T3dEG3DpUJ:www.xornalistas.com/foros/download.php%3Fid%3D88%26sid%3D11ccda7c7169909619d0f7abcf3c504f+&cd=8&hl=es&ct=clnk&gl=es

    Neste artigo de Montserrat Balas Lara específicase como os medios deben actuar para lograr a correcta visibilización das problemáticas que sofren as persoas xordas, recomendo que lle botes un ollo.
    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 16/04/2016 ás 15:07
    Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

    Gústame

    1. Ola Alejandro e grazas polo teu comentario. Por certo, pareceume moi interesante o artículo que compartiches, o escrito por Montserrat Balas Lara, onde fai unha análise sobre os medios de comunicación e as persoas con algunha discapacidade. Máis abaixo comentareino un pouquiño máis.
      É unha boa comparación, a da pobreza coas persoas con discapacidades auditivas. Os xornalistas da actualidade, presionados ata as cellas, teñen que facer novas en tempo récord. Presumiblemente por esta razón, a calidade dos artigos redúcese de forma considerable. Apenas se contextualiza, algo fundamental para comprender calquer asunto. Non se contacta cos principais afectados, pois en moitos casos é complicado. No caso das deficiencias auditivas, en ocasións habería que botar man dun intérprete ou ser coñecedor da linguaxe signal, e os xornalistas van máis ao sencillo. Ao que de menos lata e poida facelo no menor tempo posible, xa que o xefe marca uns prazos moi estreitos. Entón que se fai? Pois se acude a unha asociación ou a unha organización, fálase cunha voz autorizada e acabouse. http://geriatricarea.com/la-cnse-reclama-erradicar-la-exclusion-que-sufren-las-personas-mayores-sordas/ Nesta nova, onde vemos unha chamada de atención para poñer fin á exclusión das persoas maiores xordas, a declaración que atopamos é da presidenta da CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas). E nesta outra http://www.teinteresa.es/espana/DISCAPACIDAD-FUERZAS-ARMADAS-VISIBILIDAD-PERSONAS_0_1559244165.html a institución que aparece é o CERMI (Comité Español de Personas con Discapacidad). Son dous exemplos, de moitos tantos, onde o colectivo atópase invisibilizado, xa que non participan os verdadeiros protagonistas.
      En relación ao artigo de Montserrat Balas Lara, gustaríame destacar a idea de que o preofesional dos medios de comunicación debe coñecer para poder informar, sentir e transmitir sentimentos. Hai que asomarse á discapacidade, espidos de prexuízos e dispostos a introducirse nunha realidade que soamente pode coñecerse a través do diálogo cos seus principais protagonistas. Cando non estamos preto das persoas que queremos describir, podemos caer en imprecisións, sentimentalismos, ou no sensacionalismo. Ese mal tan común nas novas relacionadas con persoas con algunha discapacidade. En todo caso hai que ter claro unha máxima. O informador debe centrarse na persoa e non tanto na súa discapacidade.
      Un saúdo e grazas polo aporte.

      Gústame

  4. Ola, Carlos.

    Moi interesante (e importante) coñecer os tipos de xordera. Considero que só os implicados co colectivo coñecen eses termos. Como todo, dobre moral: todos sabemos os nomes das distintas insuficiencias visuais: miopía, hipermetropía, astigmatismo…

    Sen embargo, o que máis me impactou foron as novas que adxuntaches. Paréceme, canda menos, inadmisible, ese intento de indemnización. E as razóns non teñen apenas peso. Non me parece argumento suficiente o feito de non levar intérprete. E sen embargo, indagando neste tema, atopei outra aberración parecida, véxase: http://diariodeavisos.elespanol.com/2016/03/alumnos-sordos-de-las-islas-pasan-horas-en-el-aula-sin-interprete-de-lengua-de-signos/

    Na mesma noticia pódelo ler: os artigos 7 e 8 da Lei 27/2007 recollen que os estudantes xordos poden solicitar e dispoñer dos recursos necesarios (é dicir, intérpretes en lingua de signos), tanto en formación reglada coma non reglada. Sobre isto informeime no teu artigo anterior: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/os-interpretes-na-linguaxe-signal/ e pregúntome: que pasa cos cativos galegos que teñen discapacidades auditivas se só hai 12.000 intérpretes na Galiza?

    Un saúdo.

    Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 18:12

    Gústame

  5. Ola Ana.
    Aínda que eu tamén creo que só os implicados co colectivo e as propias persoas que presenten algún tipo de discapacidade coñecen eses termos, isto non debería ser así. Se un xornalista vai redactar unha nova ou facer algún traballo deste estilo, debe ser coñecedor o máis ampliamente posible. Isto é clave á hora de contextualizar.
    En canto á nova sobre a indemnización de Iberia, non hai palabras http://www.elmundo.es/elmundo/2009/06/01/solidaridad/1243852034.html. Unha indemnización de risa para non tomarse en serio a este colectivo. Non lles tratan como ao resto das persoas, e isto é o que reclaman. A integración na sociedade.
    Sorprendeuche o tema da indemnización, mais o meu interese neste artigo era mostrar o mal que se denomina ás persoas xordas. A meirande parte dos titulares aparecen soamente co calificativo, deixando a un lado a palabra “persoa”. Coma se estes non o foran.
    Grazas por visitar tamén a miña primeria publicación, onde falaba da importancia dos intérpretes na linguaxe de signos. Mais a cifra dos intérpretes en Galicia non é de 12.000. 12.000 son as persoas que contan co certificado de minsuvalía que acredita a Xunta pola discapacidade. O número de intérpretes é moi inferior, sitúandose nun centenar para a nosa comunidade autónoma. Estímase que en España hai un millón de persoas xordas e 2.781 intérpretes para todo o país. Sae a un intérprete por cada 143 ciudadanos con problemas de audición. http://www.consumer.es/web/es/solidaridad/proyectos_y_campanas/2010/03/26/192018.php. A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia denuncia que os intérpretes son imprescindibles para o día a día das persoas xordas.
    E como resposta a túa pregunta, eu penso que é necesario incrementar o número de intérpretes nas aulas. Todos os alumnos deben gozar dos mesmos dereitos e deberes, e polo tanto se algún cativo ten problemas de audición, o que debe facerse é axudalo a chegar ao nivel dos demáis. Isto tamén é un traballo de integración, xa que a solución non é envialos a colexios especiais para persoas xordas, senón integralos e que se sintan cómodos nas aulas.
    Un saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s