A importancia da transmisión interxeneracional entre avós e netos

Fernández Peón, Alexandre – S2C2

Este post ten como finalidade afondar na repercusión mediática que ten o fenómeno da transmisión interxeneracional existente entre os avós e os netos na sociedade actual. Para facelo, escolléronse tres noticias de xornais galegos (unha de La Voz de Galicia e dúas de El Faro de Vigo) que nos achegan diferentes aspectos a ter en conta.

Antes de comezar coa análise das informacións, é mester lembrar que a transmisión interxeneracional é a comunicación de valores, feitos, segredos, experiencias ou historias dunha xeración a outra da mesma familia. Así, esta idea xa aparece reflectida nos indicadores que escollemos dende o grupo S2C. Este indicador levaba por nome “Importancia da transmisión transxeneracional de experiencias, coñecementos e vivencias”, e estaba enmarcado dentro da dimensión chamada “Concepción do valor dos anciáns”. Vemos, se botamos unha ollada ó noso cadro de indicadores, que o que vai tratar o presente post é o único da dimensión que non desprestixia á terceira idade, xa que os outros dous falan do lastre no que se pode chegar a converter un ancián (tanto dende o punto de vista económico como físico ou técnico).

Unha vez visto o que significa o concepto co que imos traballar, hai que entender que esta transmisión se dá, sobre todo, de forma oral e durante as horas nas que os netos e os avós están xuntos. Para orientarnos un pouco, e comezando xa coas noticias escollidas, vemos que na noticia de La Voz de Galicia que leva por título El 50% de los abuelos dedica más de 6 horas al día a cuidar a los nietos se fala precisamente do tempo que comparten as dúas xeracións. Para facernos unha idea, a propia noticia expón que o número de horas que os maiores da familia adican a coidar os máis pequenos podería ser equiparable á xornada laboral dun traballador. A nova, á súa vez, explica tamén as causas e as consecuencias que ten esta convivencia. Non obstante, a noticia só ten como base dúas fontes, a Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) e a Encuesta de mayores 2010, elaborada polo Ministerio de Sanidad. Isto deixa bastante que desexar, posto que non se lle dá voz a ningunha das partes implicadas na noticia, que serían as que poderían falar dos verdadeiros problemas das relacións interxeneracionais (máis alá de simples datos extraídos de enquisas).

Este mesmo problema é atopado de novo na noticia de El Faro de Vigo, titulada “Cuidar de los nietos, ¿algo agradable o una carga?”. Nela aparecen as mesmas ideas que na nova de La Voz de Galicia. O único que cambia é o enfoque da noticia, dado que, neste caso, a cabeza de titulación xa avisa das posibles consecuencias que pode ter o coidado dos netos para os avós. Porén, volvemos atopar os problemas do exemplo anterior, xa que só se acude a unha fonte (o SEGG) e non se chega ós verdadeiros actores da noticia.

No terceiro e último exemplo volve ocorrer algo semellante. A noticia, que leva por título Pasar más tiempo con los nietos aleja las depresiones, baséase nun estudo liderado por unha investigadora estadounidense. Nela, trátanse, da mesma forma que nas anteriores informacións, as consecuencias que pode ter a convivencia entre avós e netos. Así, a nova non ten máis que unha fonte e non consegue dar voz ós protagonistas, senón máis ben a aquel que estuda ós protagonistas.

Acabamos de ver que, en xeral, se fala nos medios de comunicación de masas dos avós que coidan ós seus netos como simples coidadores e non como axentes de socialización dentro da propia familia. Por tanto, non hai, nos medios, referencia algunha á utilidade que teñen as persoas da terceira idade como modelos de comportamento para os seus netos. Tampouco atopamos, nas noticias estudadas, análises as normas, as actitudes ou os valores morais que se transmiten dunha xeración á outra. Pola contra, observamos que os avós e os netos, os verdadeiros actores, non teñen voz.

Horas de revisión e publicación:

-Revisión do editor: 11/04/2016 19:15

-Revisión do GBO: 11/04/2016 20:00

-Publicación: 11/04/2016 20:30

Advertisements

2 comentarios en “A importancia da transmisión interxeneracional entre avós e netos

  1. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    O erro que aparece nos tres xornais mencionados nos post é moi frecuente nos medios de comunicaciós, se somos lectores diarios dos xornais comprobaremos que en moitas noticias non aparece a voz dos protagonistas nin dos implicados ou testigos e só aparecen a de fontes oficiais.

    Unha noticia debería ter mínimo tres fontes, por iso se queren que aparezan declaracións da SEGG, da enquisa do Ministerio de Sanidade ou da investigadora é normal, xa que ademais son fontes oficiais e permiten da credibilidade, pero tamén debería aparecer xunto con estas as persoas implicadas porque a súas declaración tamén dan credibilidade.

    Como futuros xornalistas deberíamos aprender destes erros, igual leva máis traballo ou tempo falar cos protagonistas, pero é preferible adicarlle máis tempo e non facelo mal e ter críticas. Así que intentemos solucionar os erros dos que somos conscientes e no nos sigamos cometendo noticia tras noticia. Porque para un lector é interesante ler palabras de fontes oficiais pero tamén da xente implicada.

    Este tema que se trata paréceme moi interesante, porque é unha realidade que se da cada día, os pais traballan e os que non se poden permitir unha gardería ou ós que non lle gustan deixan ós seus fillos cos avós. Do coidado dos avós os nenos poden aprender moito porque eles teñen moita experiencia na vida, pódenlle ensinar moitos valores e aconsellalos e ademais con eles nunca se aburrirán porque teñen miles de historia que contar. Para algún coidar os seus netos é un pracer, para outros acaba sendo un agobio e responsabilidade, pero realmente esto non o sabemos se non escoitamos ou lemos as suas propias palabras. Eles son os que deberían manifestar a súa opinión e tamén os netos contando que senten, se están a gusto ou non.

    O que din os expertos non dubido que sexa certo pero aínda así o mellor sería ver a opinion dos afectados complementando a información experta e a da sociedade. Os cidadán teñen dereito a estar informados e a recibir información pero tamén están no dereito de ter voz nos medios para explicar o que se lles acontece sen que falen por eles os expertos.

    Referencias:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/22/espana/1321967225.html
    http://www.heraldodesoria.es/noticias/soria/2015/08/13/uno_cada_cuatro_abuelos_cuida_sus_nietos_dedica_unas_siete_horas_dia_445280_1521032.html

    Na segunda referencia pódense ver algunhas declaracións de avós.

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 10:23
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 11:58
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 12:06

    Gústame

  2. Alexandre Fernández Peón – S2C2
    En primeiro lugar gustaríame agradecer a achega feita no comentario, Aixa, sobre todo polo feito de adxuntar novas referencias. No que se refire a ese último artigo que se adxuntou, pertencente ó xornal Heraldo de Soria, teño que dicir que non é o normal. Digo isto porque na meirande parte das noticias que se atopan nos xornais sobre o coidado de netos os xornalistas prefiren utilizar como fontes investigacións ou enquisas e non fontes de primeira man, como poden ser os propios avós que desempeñan as labores de coidado dos netos, que axudarían de forma óptima a entender dunha forma próxima a situación.
    Por outra banda, creo que no comentario non se fai máis que unha breve mención ó que eu penso que é o máis importante do post, isto é, a relevancia que ten a transmisión interxeneracional e o silencio que existe nos medios sobre este tema. Dito isto, entendo que o mellor sería comezar a falar nos medios sobre todas aquelas cousas que poden aportar os nosos maiores, e non só reducir as noticias nas que eles son os principais actores a simples cifras extraídas de estudos e enquisas.
    Para rematar, gustaríame volver dar as grazas pola aportación.
    Un saúdo!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s