As trampas do xornalismo

Fontela Alvelo, Lara – S2A2

no te fies del cielo

Fotografía: allevents.in

A realidade do que sucede en moitas redaccións de xornais e noticiarios do noso país vese  reflexado na novela “No te fíes del cielo“. O autor da novela relatou baixo nomes ficticios o desfalco e desprestixio que provoca a manipulación informativa por parte dos poderes públicos.

Cando o poder político é o xefe de redacción, os xornalistas que intentan facer o seu traballo seguindo unha ética profesional teñen as mans atadas. Así o sente pero non se resigna Jaime Martín, personaxe da novela, que foi relegado a presentador do tempo debido a unha actitude crítica que mantén ante to control político ao que se ven sometidos: “Todo es engaño, vil apariencia”.

Esta novela narra o enfrontamento dos que non queren ser manipulados, e que buscan un xornalismo comprometido e veraz sin rebaixarse aos intereses do Goberno de turno. Unha postura enmarcada na disxuntiva que existe na actualidade entre as malas praxis e a loita contra elas. A vertente xornalística que mantén prestentes os códigos éticos e deontolóxicos.

A corrupción política está instalada nas televisions públicas e os gobernos que gañan as eleccións creense co dereito de manexar ao seu antoxo e a favor dos seus intereses políticos a información. Un sistema que está establecido e afincado na sociedade e que dirixe a prensa cara os seus intereses.

Os Directores Xenerales ou os Presidentes dos medios son nomeados a dedo polos Gobernos, e os xornalistas teñen que realizar grandes exercicios de valentía para tratar de conseguir que haxa libertade e independencia real nos medios públicos.

O xornalismo non se debe converter e perder o sentido de servicio social, nun oficio que persiga influir e persuadir aos ciudadáns para servir aos poderes públicos.

A manipulación no debe instalarse no xornalismo como algo normal.”Un sinfin de patrañas, negocios, mezquindades, ególatras de cuello blanco, cobardes, embusteros, farsantes y tramposos que hay que eliminar de las redacciones”, cita textualmente Javier Mayoral.

Sería necesario un organismo que ampare o exercicio da profesión con libertade e independencia e que os principios xornalísticos que se ensinan na facultade foran a guía á hora de informar. Unha especie de Tribunal da Independencia Xornalística onde se velase por que as decisión dos Consellos de Dirección non estivesen influenciadas polos poderes políticos, económicos ou de calquera outra índole.

O autor utiliza a novela “No te fíes del cielo” como protesta e denuncia do que ocorre sistemáticamente nas televisiones e demáis medios de información públicos e facer unha homenaxe aos profesionais da información que non se deixan manipular polo poder político e económico.

Tanto os seus antigos compañeiros de Telemadrid como xornalistas de TVE protestaron en numerosas ocasións pola corrupción e la manipulación informativa á que son sometidos por parte dos poderes políticos.

Javier Mayoral, autor da obra, traballou durante 21 anos en Telemadrid e sufriu de primeira man a corrupción política que ningunea aos xornalistas e non lles deixa realizar o seu traballo coa libertade que esta profesión debería levar por bandeira. Como afirma o propio autor, é unha novela sobre a mentira xornalística como metáfora da gran mentira que vivimos nun pasado e na que aínda estamos vivindo.

 

Referencias:

El plural . (2015 ). Javier Mayoral: “La manipulación en los medios de comunicación es corrupción pura y dura”. 2015, de El plural Sitio web: http://www.elplural.com/2015/11/29/javier-mayoral-la-manipulacion-en-los-medios-de-comunicacion-es-corrupcion-pura-y-dura

Belius Carpem. (2012). “Los medios de comunicación y la manipulación de la información”. 1 de julio de 2012, de Belius Carpem Sitio web: http://beliuscarpem2.blogspot.com.es/2012/07/los-medios-de-comunicacion-y-la.html

Sergio del Olmo. (2015). “La manipulación en los medios de comunicación” a debate en “Rojo y Negro” de Canal 33. 2015 , de Canal 33 Sitio web: http://www.canal33.info/2015/04/la-manipulacion-en-los-medios-de.html

Revisión editor: 11/04/2016 18:45

Revision GBO: 11/04/2016 19:50

Publicación: 11/04/2016 20:30

Advertisements

8 comentarios en “As trampas do xornalismo

  1. Riande Cortizo, José Carlos. S3A2

    Boas Lara, a novela que nos presentas, “No te fíes del cielo”, é un bo exemplo para entender a triste situación xornalística actual. A famosa frase de “a realidade supera á ficción” fai acto de presenza e por moi raro que nos parezca, os xornalistas están coaccionados moitas veces polas altas esferas.

    Cando ao xornalista se lle prohibe publicar certa información, ou se lle pide que fale ben de fulanito e mal de menganito temos un problema. No momento en que ao xornalista se lle corta a liberdade de escribir, deixa de existir a liberdade de prensa. Non existe, por consecuencia, a liberdade de información, que é unha extensión da liberdade de expresión, un dereito fundamental recoñecido polo dereito internacional. (https://www.article19.org/pages/es/freedom-of-information.html)

    O xornalismo non debe ter pelos na lingua, pero aquí está a cuestión. O xornalista que se atreva a desafíar esta barreira, verase ninguneado e menosprezado polos xefes. Quedará relegado a un segundo plano, onde a súa “rebeldía” non dea problemas. Interesa máis que os traballadores sexan fáciles de moldear, como a plastilina, para máis tarde manipular á sociedade ao seu antoxo.

    Estamos matando ao xornalismo desde dentro. E o peor de todo, é que xa comezamos a ver isto como algo normal. Imos pasar de facer novas, a facer publicidade. Propaganda dos grandes poderes, que poden permitirse comprarnos para falar ben deles.

    O caso de TVE xa é sospeitoso e reincidente. O pasado mes de febreiro, unha información sobre a subida do PIB no ano 2015 favorecía ao partido de Mariano Rajoy, unha vez máis.http://cadenaser.com/ser/2016/02/01/television/1454322989_665803.html O gráfico alteraba o tamaño das barras en relación cos datos ofrecidos, facendo un mal uso da escala e minimizando os anos da caída do PIB para potenciar os resultados dos dous últimos exercicios. Isto non é nada novo, xa que os propios traballadores da cadena denunciaron que a dirección dos informativos dedicábase a facer propaganda do PP. http://www.eldiario.es/sociedad/trabajadores-TVE-informativos-propaganda-PP_0_478753127.html

    – Revisión do editor: 12/04/2016 09:23
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 09:40
    – Publicación: 12/04/2016 10:05

    Gústame

    1. Como futuros xornalistas temos que evitar convertirnos en marionetas de calquer poder, xa sexa polìtico ou econòmico, pois como ti intelexentemente apuntas acabaremos exercendo a profesiòn de publicistas, ó servicio dos poderosos. Non podemos admitir a manipulación e a censura como algo normal, denunciar e sacar a luz todas as falsedades e trexemanexes que ocorren actualmente na maioría dos medios de comunicación e de vital importancia para acabar con esta lacra de fatales consecuencias para unha profesión na que non contar os feitos como realmente son é un gran fraude para os cidadáns e un atentado contra a liberdade de información, un dereito recoñecido na Constitución como fundamental.
      Grazas polo comentario Riande.

      Un saúdo.

      Fontela Alvelo, Lara – S2A2.

      Gústame

  2. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    Sen dúbida, o caso de Telemadrid é un perfecto exemplo de como está o periodismo español. O Goberno do PP de Madrid converteuna nun aparato de propaganda escandaloso, regalándolla ós seus amigos e facéndolle perder audiencia e credibilidade a pasos axigantados. Despois son eles os que din que o público non funciona. De feito, hai unha páxina web moi interesante, http://www.salvemostelemadrid.es/, creada polos seus traballadores desencantados, que denuncia todos estes abusos informativos e laborais. Paga a pena botarlle un ollo para ver como está o panorama. Explica perfectamente porque en 2003, cando chegou Aguirre ó poder, tiña un 17% da audiencia media anual e agora apenas tivo o 4% en 2015, nunha baixada continuada.

    Sen embargo, eu non penso que o problema sexa tanto de que os medios estean controlados polos gobernos, senón de que tanto medios coma gobernos están controlados polas grandes empresas. De feito, a manipulación que vemos en Telemadrid tamén a vemos en calquera outra cadena privada (ainda que, polo xeral, moito mellor disimulada), porque os intereses que hai detrás son os mesmos. Que haxa un control público e democrático dos medios de comunicación, no que a xente poida influír e regular os medios é bo, que estean nas mans dunha clase política títere dos ricos é o problema.

    Revisión da coordinadora: 12/04/2016 ás 13:13
    Revisión do editor: autor e editor son a mesma persoa

    Gústame

    1. Estou totalmente de acordo contigo de que ademais dos gobernos son as grandes empresas as que manipulan e controlan os medios.
      “Los medios de comunicación ¿el cuarto poder?”: http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article22382 é un excelente artigo sobre a influenza das empresas nos medios.
      Pero neste caso, centreime en falar da manipulación política xa que é o que levou a Javier Mayoral a escribir “No te fies del cielo”. O autor sufreu a censura e as imposicións políticas do goberno de Esperanza Aguirre en Telemadrid e que acabaron coa credibilidade desta tv pública e como consecuencia una audiencia en caìda libre.

      Grazas polo teu comentario Jacobo.

      Un saúdo,

      Fontela Alvelo, Lara – S2A2

      Gústame

  3. Gutiérrez Caneda, Beatriz- S2D4

    Coincido contigo, Lara. Os xornalistas deberían contar cun organismo que defenda os seus dereitos como comunicadores fronte aos abusos dos poderes políticos e económicos. Os casos de Telemadrid e TVE son dous exemplos mois bos para comprobar como está o xornalismo no noso país. Pero non son só os poderes políticos os que están detrás desta manipulación. As grandes empresas tamén teñen unha forte influencia e incluso o propio medio móvese a veces por intereses non xornalísticos. O caso de Miguel Ángel Aguilar é un exemplo disto. Este xornalista traballou dende 1994 como columnista en El País. Durante unha reportaxe publicada en The New York Times destacou que “Os xornais están en mans dos acreedores” e asegurou que a situación de El País podería ter “alcanzado niveis de censura”. Trala publicación da reportaxe, o xefe de opinión anunciáballe que a súa columna quedaba suspendida (http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/11/10/pais_despide_miguel_angel_aguilar_40643_1027.html). Este despido non fai máis que corroborar que, o que Aguilar contaba ao medio norteamericano é, por desgracia, unha realidade.

    Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 09:29
    Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25

    Gústame

    1. Como comentas os poderes políticos e económicos dominan os medios e as consecuencias de non seguir as normas que eles impoñen poden acabar nun despido inmediato e nun futuro laboral incerto. As denuncias de manipulación son cada día máis numerosas por iso penso que un organismo que protexa a liberdade de informaciòn xa se converteu e algo imprescindible para que o xornalismo siga sendo un servicio o servicio dos cidadáns, deben esixir que a información sexa imparcial e veraz. Nestes enlaces podes informarte de diversas denuncias da manipulación nos medios:

      http://www.eldiario.es/sociedad/asamblea-trabajadores-RTVE-denuncia-manipulacion_0_303770554.html

      http://www.infolibre.es/noticias/medios/2016/04/13/reporteros_sin_fronteras_denuncia_quot_preocupante_quot_deterioro_libertad_prensa_48078_1027.html

      Grazas polo teu comentario Bea.

      Un saúdo,

      Fontela Alvelo, Lara. S2A2

      Gústame

  4. López Fernández, Alejandro -S2D5
    Ola Lara, moi acertada a exemplificación da situación do xornalismo actual mediante a novela “No te fíes del cielo”. A corrupción gubernamental exténdese moi rápidamente cara aos medios de comunicación, que son usados coma unha defensa dos intereses persoais en beneficio da desinformación.

    A manipulación que está a exercer hoxe en día o xornalismo é innegable. Cada vez resulta máis complicado atopar datos veraces e obxectivos, informacións que non terxiversen a realidade. No noso primeiro círculo de lectura facíase referencia precisamente á necesidade de consultar unha certa variedade de xornais para poder contrastar o que nos contan, e así sacar conclusións máis próximas á realidade. Cada medio de comunicación manipula os datos no seu propio beneficio e, en última instancia, no beneficio dos cartos. O poder político adoita influenciar na información que se publica e na que non, pero é o diñeiro, máis ca propia ideoloxía, o que move os fíos.

    Deixo por aquí un interesante informe da UNED no que analizan´de xeito exhaustivo a manipulación informativa na televisión pública.
    http://www2.uned.es/ntedu/asignatu/9_PEDRO_SOLER.html

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 16/04/2016 ás 15:20
    Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

    Gústame

    1. Parece claro, como ti apuntas que o poder económico é o que en última instancia ten maior influenza en todos os ámbitos e podémolo comprobar día a día na insultante corrupción dos “nosos políticos” que aínda que non poidamos xeneralizar, moitos deles (cada día aparecen novos casos) móvense polo interese de encher os seus petos e non de cumplir o cometido psra o que foron elexidos polo pobo que é o de xestionar de forma eficiente e xusta os cartos públicos.

      Moitas grazas polo teu comentario Alejandro.

      Un saúdo,

      Fontela Alvelo, Lara. S2A2

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s