É real a integración dos xordos?

Villar Manso, Susana-  S3A5

images

Vivimos nunha sociedade que presume de ser “democrática” e “igualitaria” para o total  da cidadanía.  Cremos que somos moito máis civilizados ca outros países que non contan coa mesma cantidade de recursos monetarios cos que contamos nos e sen dúbida, todos nos consideramos persoas liberáis e integradores. Sin embargo, á hora da verdade aínda atopamos nos xornais noticias como esta ,recollida na Vanguardia o pasado 9 de Abril http://www.lavanguardia.com/politica/20160408/40979612105/asociacion-personas-sordas-demanda-30-horas-lectivas-con-interprete-de-signos.html na que vemos como os xordos, que en teoría son aceptados pola sociedade e están totalmente integrados, teñen que seguir reclamando que os intérpretes teñan máis horas lectivas. Cómo vai a conseguir integrarse un xordo si non pode contar cunha ferramenta tan básica para o seu desenvolvemento como é un intérprete?

Empeñámonos en  dicir que nos preocupamospolas persoas discapacitadas, pero a realidade é que ninguén preocúpase polas súas necesidades reais.  Si un neno  sen  ningún problema auditivo conta cun profesor 30 horas á semana, tamén o xordo vai necesitar un intérprete que poda traducirlle todo o que lle estén ensinando. Sin embargo, o xordo só conta con dez destas horas.

A pesares de que a Vanguardia recolla estanoticia coma se dunha novidade se tratase, o diario “El Comerio”  xa a recollera o pasado 15 de decembro http://www.elcomercio.es/sociedad/educacion/201512/15/alumnado-sordo-reducen-horas-20151215002450-v.html cómo é posible que haxa catro meses de diferencia entre unha publicación e outra? A resposta é evidente, ós medios de comunicación buscan o sensacionalismo e a venta de xornais e este tipo de noticias só son publicadas tras una loita activa das entidades implicadas.

Os principais medios de comunicación do noso país non recollen esta noticia, soamente a vemos nunha publicación de 2014 da sexta  http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/falta-interpretes-escuelas-limita-acceso-educacion-personas-sordas_2014092800038.html É dicir, fai dous anos que estas asociacións levan loitando po un dereito  tab básico como é a educación e ninguén fai nada por axudar, nin sequera os medios de comunicación que se presentan como fieis defensores da democracia e da educación e que á hora da verdade soamente buscan o seu propio enriquecimento.

Por isto, é necesario remitirse os datos, que non fan máis que mostrar  esta carencia da que non somos conscientes pola falta de información. As cifras de alumnos xordos matriculados en universidades é mínima.  E ninguén preocúpase nin sorpréndese por isto xa que “están xordos”, cómo van ir ás universidades? Ben é certo que hai certos traballos nos que unha persoa xorda vai encontrar demasiadas limitacións, pero si nin sequera contan cos medios suficientes, estas limitacións vense elevadas ó máximo exponente.

Non todos os nenos  teñen a  mesma  capacidade de aprendizaxe e polo tanto non van aprender á mesma velocidade. Coas persoas oíntes esta realidade está  totalmente asumida  e os profesores adoitan estar máis encima dos nenos menos con menos capacidades para que poidan poñerse ó  nivel da clase. Cómo vai a poder poñerse o nivel da clase un xordo menos intelixente se ademáis das súas limitacións con respecto á intelixencia tampouco conta cun intérprete que poda axudalo?

Por máis que nos empeñemos en dicir que non, contamos cos recursos suficientes  para que os nenos xordos dispoñan de todas as ferramentas que necesitan para poder integrarse. Sin embargo seguimos meténdoos a todos no mesmo saco. Lóxicamente non vai ser o mesmo un neno que esté parcialmente xordo que un cunha xordera total. Por máis que lle ofrezamos ó xordo parcial un intérprete, este non vai servile de nada e verase nas mesmas. Polo tanto haberá que analizar cales son as necesidades de cada neno e en función, diso ofrecerlle os medios para que  poda desenvolverse.

Coas ferramentes adecuadas pronto veremos como o número de  persoas con dificultades auditivas matriculadas nas facultades aumenta, e a situación dos xordos estará totalmente normalizada. Contamos cos medios,  o cambio está en darlles dunha vez por todas as axudas adecuadas, preocupándonos realmente por que podan estar ao mesmo nivel do resto da cidadanía.

Unha solución tan sencilla como que a seguridade social lle proporcione un sonote a todo aquel que o necesita axudaría a integrar a gran parte da poaboación.  Sin embargo, casi ninguén sabe da situación destas persoas parcialmente xordas, aqueles que non contan cos recursos económicos suficietes non poden mercar estes aparatos, e desta forma, quedan privados dos seus dereitos.  Os medios de comunicación deberían ter a valentía de denunciar este tipo de  inxustizas en lugar de encasillar a todas as persoas con problemas auditivos nun mesmo grupo e falar deles como un colectivo co único problema de non oir. Non, non todos son iguais e todos eles deberían ter dereito a contar cos medios que cada un precise para poder ter acceso á educación. Do contrario, vivimos realmente nun país con igualdade de dereitos…?

REFERENCIAS:

http://www.cnse.es/home_detalle.php?id_inicio=4

http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2015/11/15/56476fc646163fb9458b464d.html

http://www.eldiario.es/catalunya/diarieducacio/CiU-atencion-completa-estudiantes-sordos_6_181341867.html

REVISIÓN DO EDITOR: 11/04/16 19:47

REVISIÓN DO COORDINADOR: 11/04/16 21:45

PUBLICACIÓN : 11/04/16 22:25

 

 

Advertisements

12 comentarios en “É real a integración dos xordos?

  1. García Fernández, Ana – S2A4

    As persoas con discapacidades auditivas e visuais sufriron un maior grao de marginación en España, xa que as súas necesidades de integración non foron atendidas de maneira sistemática. E, ata fai relativamente pouco, non se levaron a cabo soluciones para mellorar a súa calidade de vida. Unha das áreas mais conflitivas foi quizá o acceso aos medios de comunicación audiovisual.

    A día de hoxe, son moitas as asociacións que levan a cabo proxectos para normalizar a situación destas persoas en relación cos medios de comunicación. Un destes proxectos é SpS (Subtitulación para Sordos). SpS é unha modalidade de tradución audiovisual cuxo obxectivo é incluír os diálogos e información sonora relevante para a comprensión dun produto audiovisual en forma de subtítulos.

    En setembro de 2003, AENOR (http://www.aenor.es/aenor/inicio/home/home.asp) publicó en España norma UNE 153010, titulada “Subtitulado para personas sordas y personas con discapacidade auditiva”. A filosofía de esta norma era lograr a igualdade de oportunidades e a plena integración cidadá, e centrándose en exclusiva no subtitulado para a televisión a través do teletexto.

    É certo que os medios de comunicación non fan todo o eco que deberían sobre información que afecta a persoas en risco de exclusión como, neste caso, as persoas xordas.

    A Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España (http://www.atrae.org/tag/subtitulado-para-xordos/) é unha destas asociacións que levou a cabo proxectos para cambiar a situación das persoas xordas. ATRAE leva a cabo seminarios para aprender todo o necesario sobre a titulación para xordos. Os seminarios están destinados para aquelas persoas que, con previos coñecementos en titulación, queiran abrir os seus horizontes ao mundo das persoas con deficiencias auditivas.

    Outro avance neste campo foi o levado a cabo pola Asociación FIAPAS (http://www.fiapas.es/fiapas/index.html). Esta asociación creou unha alternativa ao subtitulado por teletexto, ofrecendo unha videoteca subtitulada para persoas xordas. Esta videoteca está composta por máis de trescentas películas subtituladas que se atopas dispoñibles naquelas asociacións conferidas con FIAPAS.

    Aínda que perfilado o obxectivo principal desta loita, aínda queda moito camiño por percorrer. Fagamos por mellorar a integración e calidade de vida destas persoas e, á vez, estarémonos a axudar a nós mesmos.

    Referencias:
    http://cvc.cervantes.es/lengua/esletra/pdf/04/020_diaz.pdf

    Gústame

    1. Todas as iniciativas levadas a cabo por estas asociacións sen dúbida tiveron unha gran repercusión na integración das persoas xordas, xa que lles permitiron acceder a medios dos que ata entón foran marxinados. De feito, a poboación cada vez é máis consciente da necesidade dos subtítulos para xordos e xa se ofrecen ata titulacións oficiais na internet con respecto a este campo http://www.tragoraformacion.com/formacion-traductores/cursos/curso-online-de-subtitulacion-para-sordos-en-cine-y-television/ . Sen embargo,a miudo estes subtítulos pasan demasiado rápido ou traducen cousas que son demasiado evidentes e logo quedan moitas frases sen traducir. Isto fai que, inevitablemente, a persoa co problema auditivo perda o fío e opte por apagar a televisión. Polo tanto este ámbito debe ser aínda perfeccionado.
      En canto respecta aos intérpretes que aparecen a miudo en pequeñas caixiñas durante os debates políticos ou as reunión no congreso, as persoas con problemas auditivos adoitan queixarse do pequeno que sae o intérprete, o cal imposibilita que poidan ver claramente o que está a facer, de forma que nin os xordos se enteran, nin os oíntes, que poden distraerse coa presencia do intérprete. Por motivos como este puxéronse en forga os intérpretes da cadea televisiva andaluza “Canal Sur” http://sevilla.abc.es/andalucia/sevi-interpretes-lengua-signos-canal-reincorporan-trabajo-tras-cuatro-meses-huelga-201603041211_noticia.html que ademáis, non cobraban os seus soldos pertinentes pero que afortunadamente xa se reincorporaron ras 126 días de folga.
      A cadea televisiva que maiores facilidades ofrece ás persoas con problemas auditivos é sen dúbida tv2, se entras neste enlace http://www.rtve.es/television/en-lengua-de-signos/, podes ver como os intérpretes aparecen ben grandeciños e xusto debaixo teñen uns subtítulos para que tanto oíntes como xordos podamos seguir o fío do programa.
      Revisión do editor: 16/04/2016 17:30
      Revisión do coordinador: 16/04/2016 17:40
      Publicación: 16/04/2016 17:50

      Gústame

  2. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    Paréceme moi interesante que trates o tema dende ese punto de vista e, ademáis, que menciones o feito de que a seguridade social non cubre algúns tratamentos tan básicos e necesarios coma este.

    https://www.sabervivir.es/contenido.php?seccion=547 Nesta páxina do programa Saber Vivir de TVE respóndense a algunas precuentas frecuentes sobre os problemas auditivos. Nela explicase brevemente de que forma o goberno cubre o custe dos audífonos. Só están cubertos se o paciente e un menor de 16 anos e, ademáis, é necesario presentar diversas solicitudes e diagnósticos. Se o doente é adulto non se cubre de ningún modo o seu custe.

    É indignante que algo tan básico como poder revertir a xordeira non esté subvencionado pola seguridade social, pero a cuestión é máis grave cando coñecemos o seguinte: A viagra recibe a contribución do goberno. (http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/07/15/noticias/1373887566.html)
    Non creo que ninguén esté en contra da cobertura deste fármaco pero non sei se, en comparación,
    resulta prioritario.

    Tamén estou de acordo en que no tema da educación tamén hai que facer algún cambio, xa que a mellor maneira de integrar algo na sociedade é añadilo á súa educación. Os colexios e institutos públicos non contan, en xeral, cos profesionais necesarios para atender a nenos con algún problema auditivo. Como ben apuntaches en moitas ocasións estos rapaces non reciben a atención necesaria e polo tanto non pode seguir o ritmo do resto da clase, soen quedar atrás e isto ás veces pode ocasionar tamén problemas de marxinación.

    Se pensamos máis alá, nas persoas xordomudas por exemplo as dificultades son maiores. A lingua de signos é un bo método pero as persoas que a coñecen soen ser poucas, e na maioría afectados. A comunicación con persoas que o descoñecen é complicada. É necesario que a sociedade se comprometa con estas persoas. Coma o inglés ou o chino as clases de lingua de signos pódense aplicar nas aulas, e sería, de seguro, moi útil.

    Para evitarlles a estas persoas algunhas trabas na comunicación creouse hai pouco un diccionario multinacional de linguas de signos. http://politica.elpais.com/politica/2015/06/24/actualidad/1435181660_693552.html Este diccionario reúne a traducción en forma de vídeo de 15.000 signos, conceptos e frases da lingua de signos de cada nación participante.

    Os problemas para acceder a contidos audiovisuais tamén son numerosos. A calidade dos subtítulos das películas, programas ou telexornais é pésima. A traducción case nunca é fiel e a velocidade dos subtítulos non soe ser adecuada. Un xesto tan simple como mellorar a calidade destos podería axudar a moitas persoas. Se falamos de nenos o caso é máis grave. Os subtítulos son ir demasiado rápido para a idade dos rapaces que non son capaces de seguir o fío. Debemos atender a estas necesidades e tratar de mellorar, na medida do posible, a calidade de vida desta parte da poboación.

    – Revisión do editor: 12/04/2016 17:13
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 17:25
    – Publicación:12/04/2016 17:30

    Gústame

    1. Pois si Denise, resulta incríble que a seguridade social cubra o custo da viagra e non axude cós audífonos que poderían mudar por completo a situación de marxinación destas persoas. Mesmo no ámbito das orellas, descubrimos que a seguridade social pode chegar a cubrir a operación de “forellas de soplillo” http://www.cirugiaestetica10.net/otoplastia-seguridad-social/ , non só cando resultan perxudiciais para a saúde, senón tamén por supostos problemas pscolóxicos. E eu pregúntome, qué problema psicolóxico pode haber maior que o feito de non escoitar o mundo que nos rodea?
      En canto á creación do diccionario en linguaxe de signos paréceme unha boa inciativa, sin embargo considero que a mellor forma de que os xordos se integren está en que sexamos os oíntes os que aprendamos a comunicarnos con eles. Con isto refírome a que a ensinanza pública debería incluír entre as súas asignaturas unha obligatoria de linguaxe de signos. Isto resulta imposible a día de hoxe, sin embargo existe en Madrid un colexio http://www.gaudem.es/ onde a linguaxe de signos e aprendida por todos os estudantes que a falan xordo ou falado de manera indistinta.
      Por último, a pesar de que como ven dixeches, contamos coa lei de Comunicación Audiovisual, http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/l7-2010.html , esta debería ser reformada en favor de los xordos. Unha posible modificación sería a inclusión dun canal paralelo a tve1 no que as novas desense exclusivamente en linguaxe signal, de forma que os xordos puidesen informarse de todo o que acontece no mundo sen necesidade de estar mirando ó intérprete, que na maior parte dos casos aparece tan pequeniño que é case imposible velo.
      Revisión do editor: 15/04/2016 20:30
      Revisión do coordinador: 15/04/2016 20:43
      Publicación : 15/04/2016 20:45

      Gústame

  3. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Moi interesante o teu artigo, amosas unha dura realidade da que moitas persoas non son conscientes debido a como ben argumentas os medios de comunicación non lles dan voz. O tema da invisibilidade de certas noticias por parte dos medios de comunicación ocorre fundamentalmente cos colectivos máis vulnerables, de feito no noso traballo co tema da inmigración tamén se cumpre este indicador.
    É realmente triste que as persoas con discapacidade non teñan as mesmas oportunidades. É inxusto que a pesar de ter que lidiar cunha serie de limitacións, a sociedade lles poña aínda máis.Nesta entrevista realizada a Enrique Rovira-Beleta , arquitecto responsable do “Área de Accesibilidade” na School of Architecture da UIC Barcelona, afirma que as persoas con discapacidade non traballa por esta falta de oportunidades. Como podemos ver nesta conversa, a educación xoga un papel fundamental. É fundamental, como ben dis, que os colexios presten a misma atención a este colectivo, que aumentes as horas dos intérpretes e que se loite pola igualdade. Os medios de comunicación tamén teñen moito que cambiar empezando por incluír a estas persoas como fontes da noticia e non coa indiferenza coa que son tratados na maioría dos casos. Afotunadamente nesta tormenta de inxustizas, resalta a labor das asoacións. Na nosa comunidade no ámbito específico da discapacidade auditiva cabe destacar a FAXPG que emprende unha importante actividade de axuda para estas persoas. Todos podemos colaborar para lograr a igualdade de oportunidades e mellorar a vida deste colectivo.
    – Revisión do editor: 12/04/2016 20:00
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 20:15
    – Publicación:12/04/2016 20:30

    Gústame

  4. Iciar Rubio Rodríguez S3D4
    Estou completamente dacordo contigo Susana. Desgraciadamente o noso país non pode alardear de ter unhas leis que protexan e axuden a comunidade xorda ou con discapacidade auditiva. A única lexislación consolidada que existe é a Lei que recoñece as linguas de signos españois e regulan os medios de apoyo a comunicación oral das persoas xordas, https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-18476.
    A realidade das persoas con problemas auditivos é moito máis cruda do que pensamos. Este verán asistín a un curso de lingua de signos e a nosa profesora explicounos moitas das trabas que teñen os xordos na súa vida diaria, algo tan sinxelo coma que se che caia unha moeda ou calquer outro obxeto ó chan e non escoitalo, chegar a casa e ver que che faltan obxetos cos que saiches de casa. Como este xúntanselle moitos outros problemas que a sociedade non percibe. Ainda por riba das dificultades que se lle presentan diariamente a sociedade non pon medios para reparalo. Como ben expós no texto, nas escolas e universidades o número de intérpretes é ínfimo polo que moitos rapaces deciden olvidarse dos estudos e centrarse en buscar un traballo no que non sexan discriminados.
    A discriminación non ven só das escolas e as universidades. Moitas veces a prensa é a primeira en excluir ou segregar a comunidade xorda, ou incluso en utilizar unha linguaxe menoscaba e mal expresada. Un exemplo é esta noticia http://elpais.com/diario/1979/09/09/espana/305676018_850215.html , na que o xornal El País utiliza a palabra “sordomudo´´ para referirse a persoas xordas, o cal é incorrecto xa que polo feito de ser xordos non teñen que ser mudos. Moitas persoas xordas saben articular un gran número de palabras. Este tipo de noticias abundan na prensa española e mostran un gran atraso lingüístico. Outro exemplo, tamén do País http://elpais.com/diario/1994/09/26/madrid/780582256_850215.html.

    Data de emisión do comentario: 12/04/2016- 15:43
    Data de revisión do GBO: 12/04/2016- 18:01
    Data de publicación do comentario: 12/04/2016- 19:55

    Gústame

    1. Hola Icíar, si que é certo que as leis do noso país está bastante limitada en canto a protección e axuda das persoas xordas, se embargo, existe gran cantidade de asociación que están amplamente involucradas na integración das persoas xordas. Unha das más importantes e coñecidas é FIAPAS, que actúa a nivel nacional. Se entras na súa web: podes ver todas as actividades que este grupo realiza, noticias e incluso premios que dan coa intención de facer máis visibel a situación dos xordos. Este tipo de entidades, como poderás imaxinar, son sempre privadas.
      Os medios de comunicación parece que prefiren manterse á marxe deste tipo de actividades de información e deciden ou non informar acerca do tema,ou como podemos ver nas dúas noticias que aportaches, referirse a elas dunha forma incorrecta. Precisamente onte falabamos deste tema cunha persoa xorda que nos dicía como os medios obviaban se unha persoa era xorda, muda, ou xordomuda, e nos ofreceu o exeplo dunha notica do ano 1995, cando casaran os duques de Lugo na que o titular dicía “La Asociación de Sordomudos leyó la conversación de los duques de Lugo durante la boda” El ríase pola paradoxa que era que uns xordomudos que non poden falar ni escoitar sexan capaces de ler uha conversa entre dous falantes.
      Por último, gustaríame recalcar o ben que me parece que fixeches este curso de aprendizaxe de signos, paréceme unha iniciativa moi boa por tu parte e creo que todo o mundo debería aprender a comunicarse coas persoas xordas . Para ello pódese acceder o http://www.formacionuniversitaria.com/curso/Tecnico-Superior-Interp-Lengua-de-Signos?gclid=CjwKEAjw_7y4BRDykp3Hjqyt_y0SJACome3TC8shIJaMKUs5k4q5BpMtL87GBYCpuNc7BQpFBpaxjBoCTmrw_wcB e ver os cursos que ofrecen en relación con este ámbito.
      Revisión editor: 16/04/2016 18:30
      Revisión coordinador: 16/04/2016 18:45
      Publicación: 16/04/2016 18:55

      Gústame

  5. Senra Rivas, Mara (S3C2)

    Ola Susana! Moi interesante este artigo. A infancia é esencial para definir quen seremos nun futuro, e se falamos da educación nos anos máis tempranos a importancia de esta é incalculable. A igualdade de oportunidades é un lema que todos os gobernos ou partidos políticos levan por bandeira, pero logo as cousas son moi diferentes.
    Porque aínda que dous nenos teñan a mesma oportunidade de ir a un colexio e aprender, pero un deles ten unha xordeira, as posibilidades de este de chegar ao nivel do outro son moito menores, e por que? Porque o rapaz sexa xordo? Pois claro que non, porque o rapaz necesita outros medios que non lle son dados, e que fan que estén en desiguais condicións, pero parece que case ninguén se de conta disto.
    A educación é esencial para formar unha sociedade sana, e se a educación de total calidade se lle priva a uns cantos por ter as discapacidades que sexan, neste caso unha xordeira, está habendo unha total discriminación que deberá ser denunciada. Denunciada publicamente nos medios coma ti ben dis, pola vía xurídica ou tamén por outra vía, que nun caso coma a educación que depende das institucións públicas, podería ser estudiado pola Valedora do Pobo, que levaría o asunto ante o Parlamento Galego e o Presidente da Xunta se a un neno galego se lle priva dun dereito tan elemental nas mellores condicións pola súa xordeira. (Además se tes algunha dúbida no traballo que realiza a valedora deixote o enlace a un comunicado que fixo esta semana para o observatorio https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/12/comunicado-da-valedora-do-pobo/)

    Tamén creo que ademáis da educación, as persoas xordas en xeral e sobre todo os nenos, teñen dereito a disfrutar da vida, a pasalo ben facen actividades, xogando, vendo unha película etc como o resto das persoas. Pois a actual Valedora do Pobo http://www.valedordopobo.gal/es/, levou a cabo por iniciativa propia xunto co seu equipo un recurso para que nos cines galegos se dispoña dos medios convintes para que as persoas xordas e invidentes podan disfrutar dunha película ao 100%.
    Pero este no foi o único caso no que o lecer e o pasalo ben collera importancia para o colectivo xordo, Pois Investigadores da universidade Carlos III crearon un sistema, gratuito, para que cegos e xordos disfruten tamén nas salas de cine.

    http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2013-09-13/un-sistema-para-que-ciegos-y-sordos-disfruten-del-cine_27905/

    Sería interesante, se no teu grupo non coñecedes que visitedes estos enlaces que vos deixo a asociacións de persoas xordas coas que comentar este tipo de temas, tanto o da educación como o da diversión pois penso que ámbolos dous son indispensables para unha perosa, e máis para a infancia.

    http://www.asorvigo.org/Bienvenid@s
    http://www.acopros.org/
    http://www.faxpg.es/

    Un saúdo Susana!

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 00:04
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 03:34
    Data de publicación do comentario: 15/04/2016- 08:34

    Gústame

    1. Moitísimas gracias Mara! Precisamente esta semana sorprendeume ver entre as novas esta do diario El Universal, http://www.eluniversal.com.mx/articulo/espectaculos/musica/2016/04/1/dj-martin-garrix-ofrecio-concierto-especial-para-sordos, trátase do último concerto do DJ Martin Garrix, quen foi adaptado especialmente para que os xordos poidesen sentir a música como os oíntes. Para elo, ofrecéuselles a cada un dos espectadores unha mochila que transmitia vibracións así como elementos visuais. Está claro que non vai ser o mesmo poder disponer de tódolos sentidos á hora de presenciar un concerto, pero paréceme unha iniciativa moi boa para que os xordos poidan disfrutar ao máximo deste tipo de espectáculos.
      Neste vídeo podemos ver o primeiro concertó que se ofreceu no noso país únicamente para xordos http://www.t13.cl/videos/entretencion/t13-central/listen-up-el-primer-concierto-para-sordos-del-pais
      Desde entón, tamén cabe destacar o que se ofrecey o 25 de agosto de 2015 na sala Penélope de Madrid http://www.mondosonoro.com/noticias-actualidad-musical/vibran-do-concierto-sordos/ neste caso preparouse todo especialmente para que poidesen disfrutar xunto cos oíntes.
      Supoño en que coincidirás conmigo no boas que son este tipo de iniciativas e o xenial que estaría que tamén os concertos de música galega fosen modificados para que así a comunidade con problemas auditivos poidesen disfrutar da música típica de comunidade.
      Revisión editor: 24/04/2016 17:06
      Revisión coordinador: 24/04/2016 17:15
      Publicación: 26/04/2016

      Gústame

  6. Ola Susana! Sen dúbida estou totalmente de acordo contigo. A pesares de ser unha sociedade que parece moi concenciada e epática, realmente, a hora da verdade ninguén se preocupa pola integración e as necesidades das persoas xordas ou xordomudas.
    É indignante que un neno sen esta discapacidade teña un profesor 30 horas á semana, e un xordo tan só 10. A diferenza é grandísima e creo que é unha cuestión que debería darnos que pensar a moitos de nós, ¿pódese permitir este tipo de desigualdades?
    Por outra parte, en canto os medios, estou tamén totalmente de acordo con que é un tema con moi pouca visibilización. Parece mentira, que unha asociación como é a “Federación Catalana del Colectivo de Niños Sordos” sexa tan pouco nomeada nos medios, e iso que xa leva tempo traballando nestas cuestións.
    En canto a noticia da Sexta que nomeaches, quedei moi sorprendida coas declaracións da moza chamada Esther. É vergonzoso que nun país como o noso non haxa suficientes recursos para que un xordo poda acudir á universidade cos mesmos dereitos e igualdades que outra persoa sen esta discapacidade.
    A pesar de que os casos que máis abundan son sobre xordos que se senten discriminados por parte da sociedade, non sempre ocorre isto, e en ocasións teñen esas mesmas oportunidades que realmente merecen. Está é unha entrevista a Carolina Galiana, representante en Alicante de la Federación de Personas Sordas, sobre a súa experiencia na universidade.
    http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2015/11/15/56476fc646163fb9458b464d.html
    Outro punto que tratas é o da falta de información que temos a sociedade sobre este colectivo, e sen dúbida non podo negarme a isto, xa que lendo o teu artigo, dinme conta de moitas cousas que descoñecía, e agora todo me ten un pouco máis de sentido, como por exemplo, a número tan pequeno de estudantes universitarios xordos. E está claro, que se as ferramentas e as facilidades aumentaran, o número de de matriculados tamén o faría.
    Dende o meu punto de vista, os medios de comunicación teñen un papel moi importante á hora de facer saber a sociedade sobre certas cuestións, e creo que este tipo de desigualdades merecen ser coñecidas para así intentar atopar una solución. É tarefa dos medios intentar normalizar este grupo de persoas, que merecen os mesmos dereitos que calquer outro individuo.
    Por último, vou rematar contestando á pregunta coa que finalizaches o artigo. A miña resposta sería non, xa que hai moitos colectivos como son os xordos, ou as persoas con calquera tipo de discapacidade que non contan coas mesmas oportunidades e igualdades, por moito que pareza que si. Ademais, no meu grupo tratamos o tema do colectivo LGTBI e tamén puidemos atopar numerosas desigualdades que sofren, polo que visto o visto, non, non vivimos nun país con total igualdade de dereitos.

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 19:11

    Gústame

    1. Ola Inés! Da gusto tornar a forma de pensar dunha persoa ante unha desigualdade como é esta, estou segura de que a partir de agora vas ver o asunto dende unha perspectiva moi distinta. Deixoche o tráiler de un documental que fala precisamente de como é o día a día dun xordo e como fan para integrarse chámase “ Le pays des sourds” é paréceme moi interesane para poder comprender as dificultades dese coletivo un pouco mellor https://www.youtube.com/watch?v=75449ZfHOKs
      En canto á entrevista de Carolina Galiana, pareceume moi interesante e creo que é unha mostra más da discriminación que sofren os xordos, xa dende a educación infantil. Ademáis, paréceme sorprendente que sexa ela o membro máis xove da Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE) , ben é certo que necesita experiencia e madurez para levar unha entidade de esta importancia, pero tamén vexo necesario que os xoves estean presentes para contaxiar coa súa vitalidade e forza.
      Outra cousa que sorprendeume moito de Carolina é que diga que non sufriu ningún tipo de dificultade por ser xorda na universadede. Isto significa que a concepción da sociedade está mudando favorablemente e que cada vez haberá máis casos de xordos na universidade http://fido.palermo.edu/servicios_dyc/publicacionesdc/vista/detalle_articulo.php?id_libro=123&id_articulo=1018. Tamén quero adxuntarte este outro artigo que chamóume especialmente a atención http://www.hoylosangeles.com/noticias/california/hoyla-edu-pese-a-las-dificultades-un-grupo-de-estudiantes-con-deficiencias-auditivas-llegaron-a-la-ronda-nacio-20160406-story.html
      Revisión editor: 26/04/2016 16:50
      Revisión coordinador: 26/04/2016 17:00
      Publicación: 26/04/2016 17:10

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s