Invisibilidade da realidade xitana

Cascales Quiroga, Gádor- S1E5

aroticulo gador

Imaxe recuperada de Lacompetencia.tv

No ano 2007, unha Resolución do Consello da Unión Europea, relativa ás actividades do Ano Europeo da Igualdade, indicaba textualmente que: “Los medios de comunicación tienen un papel clave que desempeñar en la lucha contra los prejuicios y los estereotipos y pueden contribuir por lo tanto a mejorar la igualdad de oportunidades para todos”, lamentablemente observamos todo o contrario.

Como ben indicamos noutros artigos deste Observatorio, a criminalización dos medios de comunicación cara os mozos é un feito máis que visible, pero si ademais eses mozos pertencen a outra etnia, país ou relixión, temos a combinación perfecta para atacar e transformar unha noticia máis nunha bomba sensacionalista e con prexuízos. De feito, as páxinas dos diarios galegos están cheas de noticias que criminalizan aos mozos e mozas pertencentes a esta etnia, simplemente botándolle un ollo ao titular podemos comprender do que estamos a falar neste artigo.

A seguinte noticia trata sobre a paralización dun desafiuzamento a unha familia xitana a causa da negociación co banco dun alquiler social.Como dicíamos antes, simplemente ollando para o titular podemos comprobar que tratamento teñen este tipo de noticias por parte dos medios de comunicación. “El banco retrasa un mes el desahucio de diez gitanos”, ¿por que foi necesaria a mención da etnia nesta noticia? ¿non valería, de igual modo, “El banco retrasa un mes el desahucio de una familia”? Os medios tratan ao colectivo xitano como un axente de consumo, e non como persoas con dereitos, e o problema é que estamos tan acostumados a ver este tipo de noticias que xa non advertimos no perigo que hai nelas, non advertimos no poder que teñen para crear falsos estereotipos e prexuízos sobre unha comunidade enteira, no poder que teñen para influír na sociedade e provocar a diminución de oportunidades de este colectivo. 

Imos seguir analizando noticias, pero esta vez, imos ir máis aló do titular. Esta noticia trata sobre unha disputa no mercadillo de Cangas. Se ollamos para o subtítulo xa nos adiantan que o enfrontamento produciuse entre o “clan de Los Morornes” e os “conocidos como gitanos zamoranos”, e podémonos decatar de que o léxico empregado, xa no principio da noticia, é incorrecto, pois está cargado de connotacións negativas que, por desgraza, se empregan con moita frecuencia nas informacións sobre sucesos e acaban por asociarse, de maneira inxusta, á comunidade xitana. Palabras como: clan,patriarca, raza…son utilizadas constantemente neste tipo de noticias e, aínda que existen libros de estilo para xornalistas que buscan rematar con este tipo de criminalización, non parece haber ningún cambio, e séguese sen evitar o uso da linguaxe estereotipada e incorrecta.

Sigamos analizando a noticia. Se continuamos lendo atopámonos co seguinte fragmento: “La pelea se ha producido con los hierros y percheros de los puestos y se ha desencadenado porque una persona del grupo que acompañaba a Sinai Gimenez ha acusado al joven de un puesto de haberle mirado mal, según han indicado uno de los agredidos. Otras fuentes apuntan a un conflicto respecto a una boda entre dos jóvenes”, soamente nese fragmento aparece a testemuña dun dos implicados.No resto da noticia non parece haber sinal algunha de que se contou como fonte informativa ás persoas ás que se refire a información. Ao coñecer soamente a testemuña do agredido, só podemos saber unha versión dos feitos, que parece ridiculamente simple, ¿non poderían tomar como fontes a todas as persoas implicadas nos feitos?

Poderíamos seguir analizando noticias, pois deste tipo sobran, incluso dende a Fundación Secretariado Gitano, a causa deste feito, levan realizando, dende 2005, o informe anual “Discriminación y comunidad gitana”, recompilando, entre outras cousas, noticias nas que aparecen un trato distinto ou discriminatorio cara a comunidade xitana. Dende 2004 ata 2009, recolléronse 188 casos, ¡188 casos de discriminación nos medios! Aínda que si só se tratase dun caso, tamén teríamos que estar escandalizados, pois este tipo de tratos non se deben consentir.

Por último, non me gustaría terminar este post sen facer fincapé na imaxe dos xitanos na televisión. Como dicíamos antes, as cadeas televisivas son empresas, empresas que procuran acadar os maiores beneficios empregando o morbo e o sensacionalismo. Por iso, utilizan á comunidade xitana como un axente de consumo en programas como “Palabra de Gitano” emitido pola cadea Cuatro.Nel aparece o “modo de vida” das familias xitanas que participan no programa, e lonxe de dar unha visión real da súa cultura e da súa realidade, ofrecen un espectáculo bochornoso cheo de estereotipos, que en nada axudan á comunidade, conseguindo so invisibilizar a súa realidade e os seus problemas e demandas.

Poderíamos continuar mencionando exemplos, pero en vez diso, ¿por que non nos facemos unha pregunta? ¿que pasaría se esta situación se invertese? Dende a Fundación Secretariado Gitano mostran esta posible realidade con “El Payo Today”, botádelle unha ollada e reflexionade no que estamos a facer. 

Referencias:

– Fundación Secretariado Gitano.(2014). Payo today[informativo TV].Obtenido de https://www.youtube.com/watch?v=GrQRieW_Zjw

Fundación Secretariado Gitano.(2010). “Guía práctica para periodistas: Igualdad de trato, medios de comunicación y comunidad gitana”. Obtenido de https://www.gitanos.org/upload/54/77/Guia_Practica_Com_FinalCompleto.pdf

Llera, L. (2015, 10). Seis vendedores heridos en un enfrentamiento en el mercadillo de Cangas.La Voz de Galicia. Obtenido 04, 2016, de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2015/10/16/suspendido-mercadillo-cangas-tras-trifulca-cuatro-heridos/00031444987440762462173.htm

Mediaset.(2013). Palabra de Gitano[programa de televisión].España.Cuatro. http://www.cuatro.com/palabra-de-gitano/

Pita, E. (2016, 03). El banco retrasa un mes el desahucio de diez gitanos.La Voz de Galicia. Obtenido 04, 2016, de

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2016/03/30/banco-retrasa-mes-desahucio-diez-gitanos/0003_201603201603301459328184545.htm

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 11/04/2016-17:00

Revisión do GBO:11/04/2016- 18:00

Publicación: 11/04/2016-21:42

 

Advertisements

10 comentarios en “Invisibilidade da realidade xitana

  1. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Gádor!
    Antes de nada comezar dicindo que me atopo totalmente de acordo acerca de todo o que dixeches neste post. As costumes e a vida, en xeral, da comunidade xitana é algo que a gran maioría da xente descoñece pero, aínda así, non dubida en xulgalos e marxinalos baseándose en estereotipos que non deberían aplicarse a cada un deles. Non está ben adxudicarlle características ás persoas sen coñecelas e, moito menos, excusándonos na etnia á que pertencen.
    A miña opinión persoal é que o descoñecemento e o dar por feito como cremos que son os xitanos afectaron á visión que eles mesmos teñen de nós: persoas desconfiadas e dispostas a dar de lado todo aquilo que non coñecen. Así que, en certo sentido, nós creamos ese estereotipo.

    No post falabas do reality Palaba de Gitano, emitido no canle Cuatro, e como mostra unha realidade totalmente distinta da vida real dos xitanos para centrarse en dar un espectáculo e gañar audiencia. Neste artigo de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2013/09/15/palabra-gitano-tachado-racista-estereotipado/0003_201309G15P61991.htm) danche a razón, apoiándose ademais en distintas asociacións que criticaban o programa.
    “Desde Unión Romaní se considera que el programa «muestra una imagen estereotipada, estanca y homogénea» de su identidad.Por su parte, la Fundación Secretariado Gitano cuenta en su web con una amplia hemeroteca de noticias y documentos relacionados con las quejas del colectivo gitano, que ya se iniciaron con la primera temporada del programa. Entre ellos destacan comunicados del Consejo Estatal del Pueblo Gitano en los que se considera que el programa «ha dañado la imagen social de la comunidad gitana, la convivencia intercultural y la igualdad, y ha sido caldo de cultivo para discursos racistas».”
    O que está claro é que se nin sequera o pobo xitano acepta a forma de mostrar a súa cultura no reality, a imaxe que se lles va a dar ao resto do mundo non vai a axudar a terminar dunha vez con estes estereotipos e o racismo, en xeral.

    Por si che interesa, deixoche a páxina web da asociación Fundación Secretariado Gitano (https://www.gitanos.org/galicia/). Espero que che sirva de axuda.

    Outra cousa que, na miña opinión persoal, afecta non só aos xitanos, se non a calquera colectivo, é os problemas que crean certas palabras ou definicións, que poden chegar a afectar de forma negativa a estes grupos minoritarios. Neste artigo de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2015/01/08/exigen-rae-cambie-definicion-gitano-fomentar-racismo/00031420729694252566828.htm) se conta como membros da Asociación Gitanas Feministas pola Diversidad concentráranse fronte á sede da Real Academia Española (RAE) para insistir na petición de que se cambiase unha das acepcións de «xitano» do Diccionario porque consideran que fomenta o racismo e é discriminatoria.
    “Esta protesta tiene como objetivo rechazar la acepción que vincula «gitano» a «trapacero», definido como alguien «que con astucia, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto». «Estaremos aquí hasta que la cambien», ha indicado a Efe la secretaria general de esta asociación, Aurora Fernández, quien ha explicado que la RAE «se comprometió a que en la versión online del Diccionario iban a señalizar la acepción como un término peyorativo y discriminatorio, pero no la han actualizado».”

    Como conclusión, só engadir o meu total desacordo con esta clase de discriminacións sen fundamento que poden asentar os seus fundamentos en estereotipos antigos que a xente parece non querer cambiar. O problema tal vez se atope en nós, en non aceptar que as cousas cambian e non todo é o que nos din que é. Deberíamos comezar por traballar niso.

    – Revisión do editor: 12/04/2016 16:28
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 16:40
    – Publicación: 12/04/2016 17:48

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu comentario Eva, sen dúbida como futuros xornalistas temos que estar dacordo nisto e loitar por cambiar esta situación. Na miña opinión, atopámonos nun momento moi difícil para o xornalismo, un momento no que contar a verdade, contar os feitos tal e como sucederon, non é suficiente. Vender, acadar o maior número posible de visitas á web, eso é o importante, aínda que para iso deixemos de lado os valores que representa o xornalismo, e a verdade e a honestidade pasen a un segundo plano. Sinceramente é unha situación terrible e difícil de cambiar, dado a situación de precariedade que sofre a nosa futura profesión hoxe en día, pero iso non quere dicir que sexa imposible, e por iso temos que seguir loitando.
      Grazas polas túas achegas Eva, serán de gran axuda.

      Gústame

  2. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5
    Estou moi de acordo co teu artigo Gádor, os prexuízos e a forma na que os medios de comunicación falan da etnia xitana é un problema ao que estamos acostumados e por iso apenas chama a atención da xente. Isto provoca un sentimento de rexeitamento e odio cara esta raza. Sen ir máis lonxe no ano 2014 rexistráronse máis de 500 delitos por motivos racistas, xenófobos ou relixiosos en España. Dita situación deriva en moitos casos debido ao uso do linguaxe abertamente racista e intolerante que utilizan a maioría dos ámbitos públicos e escritos, contando con algunhas excepcións, pero desgraciadamente, moi poucas. Unha pregunta da que non falaches no teu artigo e que me parece moi interesante é, ¿Sucede o mesmo en internet? ¿ Cal é a situación nas redes sociais e nos espacios de participación dos medios dixitais? O espazo online converteuse nun lugar onde a xenofobia e o racismo tamén teñen presencia. Os foros de participación dos medios de comunicación dixitais, a pesar de ter un teórico potencial deliberativo, na práctica os foros de comentarios de xornais non se caracterizan polo intercambio construtivo de ideas, senón máis ben forman un diálogo de xordos no que prevalece o “ruído”, o desinterese por desenvolver un debate razoado, o desprezo aos argumentos alleos, e a falta constante de respecto dos interlocutores. Os insultos á raza xitana son constantes, e os medios de comunicación non toman as medidas necesarias para cesalos. Sen embargo, tampouco toda a responsabilidade recae nos medios, o problema é que a xente que comenta voluntariamente son cidadáns de a pé (non periodistas con nome e apelidos), que, escondéndose tras o anonimato a maioría das veces, insultan e propagan o insulto ao odio cara a comunidade xitana. Fomentan polo tanto aquilo polo que intentamos loitar, a non discriminación entre persoas nos medios, e na vida en xeral, conseguir unha igualdade entre as persoas.
    Mesmo a Fundación Secretariado Gitano mencionada no teu artigo promove dita discriminación no momento no que realiza vídeos nos que a palabra xitano é considerada como persoas con poucas capacidades intelectuais para estudar ou conseguir sacar unha carreira. No seguinte vídeo amósase como os profesores sorpréndense cando unha alumna ou alumno saca boas notas ou simplemente saca a ESO. Aínda que o seu obxectivo sexa dar a coñecer que debería existir a igualdade entre os xitanos e o resto dos nenos, partes deste vídeo fomentan os prexuízos que tanto perseguen a dita raza. ( https://www.youtube.com/watch?v=fHgpaDWigW4 )
    Por outra parte quero destacar a acción do político pertencente ao Partido Popular, Xavier García Albiol, actualmente presidente do Grupo Popular no Parlamento de Cataluña. No ano 2010 editou uns panfletos que vinculaban aos xitanos rumanos coa delincuencia, no tríptico aparecía unha foto de rumanos de etnia xitana cunha pregunta: “¿ Tu barrio es seguro?¿ Podremos salir por el barrio con la seguridad de no ser acosados o atracados?” , por esta acción Albiol foi a xuízo por racismo, aínda que finalmente foi absolto. Outra das súas frases é: “Los gitanos rumanos, una plaga que solo ha venido a delinquir” o seu odio cara esta raza era constante con comentarios ou accións que o demostraban, chegando a prometer que non lles daría nin un euro en axudas. Neste enlace aparecen algunhas das frases que Albiol utilizou para referirse tanto a inmigrantes como a xitanos: (http://www.huffingtonpost.es/2015/07/28/frases-racistas-albiol_n_7885454.html )
    Políticos como estes son os que nos representan, e logo dicimos que son os medios de comunicación os culpables desta situación. Non cabe dúbida que os medios inflúen moito nos pensamentos das persoas, pero somos toda a sociedade en xeral a que contribuímos a que dita situación non cambie.

    Data de emisión do comentario: 12/04/2016- 19:23
    Data de revisión do GBO: 12/04/2016- 20:58
    Data de publicación do comentario: 12/04/2016- 22:53

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
      Moitísimas grazas polo teu comentario Tatiana, pareceume especialmente interesante, sobre todo a parte na que mencionas o que acontece en internet. Estou absolutamente dacordo contigo, debemos ter en conta que internet non é un simple medio de comunicación, o feed back está moi presente, para ben ou para mal, e nalgunhas ocasións é imposible controlar o que iso supón. A linguaxe que empregan algúns usuarios, as malas formas e o trato discriminatorio que realizan, solo axudan a facer dano e a que este tipo de situacións continúen. Por outra banda, que estas personas sexan “cidadáns de a pé” non debería preocuparnos máis? É dicir, as persoas non nacen cunha idea estereotipada de certos colectivos, todos os seus prexuízos veñen dados polo entorno no que medraron, polo que a sociedade lles ensinou, e polo tanto, polo que len e escoitan cada día nos medios de comunicación. O xornalismo ten un papel crucial na sociedade, ten o poder de formar opinión pública, e se dende 2004 ata 2009 atopámonos con 188 casos de discriminación nos medios, qué tipo de opinión pensamos que se está a formar?
      Finalmente, tamén estou dacordo contigo en que se buscamos acadar a igualdade e deixar atrás os estereotipos e prexuízos, tamén debemos deixar de premiar situacións como que unha nena xitana acabe os seus estudos de secundaria.
      Grazas polas túas achegas e pola túa opinión, sen dúbida é moi interesante.

      Liked by 1 person

  3. Natalia Yáñez Vila – S3C5

    Moi acertada a túa visión e sen dúbida moi ben argumentada. Sobran os exemplos que pós para que calquera que lea o teu artigo se dé conta da situación pola que pasa a etnia xitana. Pero aínda así gustaríame engadir algún outro para aqueles que sigan sendo escépticos.

    O programa ‘Gipsy Kings’ de Cuatro non pode estereotipar máis a etnia: as familias que saen son ricas a fartar, cousa que non lle ocorre á maioría, teñen vicios caros e extravagantes, queren facerse notar, varios deles traballan ou traballaron vendendo roupa nas feiras e gustan de facer grandes festas ou eventos para deixar claro que no seu fogar nada falta. Non pode dar unha imaxen máis errónea da realidade. De feito moitos deles sofren falta de recursos, pretenden integrarse e pasar desapercibidos, non chamar a atención e por suposto traballan en todo tipo de sectores, non só na feira. http://www.cuatro.com/losgipsykings/
    Estes contidos parecen ridiculizar á súa cultura, fan que os telespectadores, na súa maioría alleos ao colectivo, pensen que realmente esa é a vida que leva calquera xitano, e polo tanto que non coinciden en absoluto ca nosa forma de vivir e que nin se quera son persoas coma nós, senón máis ben coma se se tratase dun circo nos que antes se expoñía a mulleres barbudas, enanos e xigantes e a xente os vía como unha distracción, algo divertido e non as persoas que son.

    Os medios cando ocorre algo relacionado coa etnia xitana sempre se ocupan de deixar claro que están implicados, especialmente se se trata de delitos, como se pertencer a unha ou outra etnia, ou ter unha ou outra nacionalidade propiciara a cometer máis delitos. Precisamente por iso son necesarias as campañas de concienciación, e edeixo aquí esta de 2015 da Fundación do Secretariado Xitano que a min persoalmente me gusta moito: https://www.youtube.com/watch?v=DqBvpWbmdkQ

    E por último, gustaríame que revisaras esta noticia, xa que falache de Sinaí Giménez. Non vou comentar nada dela… porque non hai por onde collela. http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/04/13/sinai-gimenez-cupula-casa-real/1440566.html
    Grazas a isto moitas persoas teranlle medo á etnia xitana. E non podo dicir moito máis.

    Data de emisión do comentario: 14/04/2016- 10:23
    Data de revisión do GBO: 14/04/2016- 10:58
    Data de publicación do comentario: 14/04/2016- 11:19

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador S1E5
      Moitas grazas pola túa apreciación Natalia, a verdade es que argumentar este tema, por desgracia, é moi doado, sobran exemplos para explicar do que estamos a falar, tantos que poderíamos facer outro observatorio solo para este tema. Como ben dis, o programa “Gipsy Kings” e outro espectáculo bochornoso máis da visión que se da do colectivo xitano, é outro formato máis que solo persegue vender e consegue continuar cos prexuízos cos que moitas persoas intentan rematar. Como este, e como ben dixemos noutros artículos, podemos destacar “Gran Hermano”, “Mujeres Hombres y Viceversa”…e moitos outros programas de televisión que dañan á imaxe do colectivo do que participa.
      Nas nosas mans está a vontade de querer cambiar as cousas e a posibilidade de facelo.
      Grazas polas túas achegas e polo teu comentario.
      Un saúdo!

      Gústame

  4. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola Gádor! Totalmente dacordo co dito neste post, o peor de todo e que non se reduce a un par de noticias, non son só as que ti comentas, son continuadas, poderíamos decir que semanalmente, e aínda por riba, en casos completamente ridículos que deixan ao redactor e ao xornal co cú ao aire por así decilo. Ademáis non só se reduce ao caso da etnia xitana, aínda ser unha parte grande destes casos. O outro día saía unha noiticia sobre un “senegalés que matou a súa noiva”, teríase dito que foi un francés ou un portugués? Está claro que non, e paréceme todo o exposto por ti un dos temas de debate máis interesantes sen dúbida algunha.
    Outro motivo polo que crean estos titulares é polo morbo que lle produce a alguns lectores, e cren que así os atraen, pero o morbo que debería estar totalmente alonxado e fora do xornalismo fai que se esté vulnerando un trato xusto para o colectivo xitano.

    Hai un gran exemplo disto en todas as últimas noticias que recollen a “espectacular detención do rei dos xitanos”, onde prima ese sensacionalismo en vez de facer unha noticia seria sobre un home ou unha familia que se adicaba a extorsionar a unha serie de vendedores ambulantes, podemos ver varios exemplos en novas da Voz de Galicia ou do Faro de Vigo.

    http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/04/12/detenido-hermano-sinai-gimenez-gran/1440156.html
    http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/04/15/olegario-gimenez-llega-juzgados-cangas/1442261.html
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/15/sinai-gimenez-carcel-extorsion-mercadillos/0003_201604G15P8991.htm

    Por outro lado tamén podemos atopar noticias como esta do Correo Gallego no que intenta explicar un pouco val é o funcionamento da sociedade calé, sen éxito xa que o que parece un texto aclaratorio termina índose polas ramas e mudando o tema polo que nos medios galegos fai falla un mellor tratamento ao colectivo xitano, ou presenza dos seus membros nos propios medios.

    http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ley-gitana-norma-impera-20-000-gallegos/idEdicion-2016-04-11/idNoticia-990737/

    Por outro lado existe un manual de estilo moi interesante que se repartiu o pasado ano na Facultade de Ciencias de Comunicación de xeito gratuito, non sei se algún de vós vos fixestes con un exemplar. Pero sen dúbida, un manual elemental co que dberiamos de contar todos os xornalistas, para un convinte uso do vocabulario e das formas á hora de referirnos a un colectivo tan estigmatizado. Este manual titulase ¿Periodistas contra el racismo? – La prensa española ante el pueblo gitano. Editado por la Unión Romaní – Unión del Pueblo Gitano, con la colaboración del gobierno de España, cuenta con 300 páginas en las que analiza por comunidades autónomas el tratamiento correcto o incorrecto, la presencia, en que casos hay esa presencia en la prensa etc de la comunidad gitana y la verdad es que tiene un gran valor y es de gran ayuda su analisis. Así que os recomiendo eharle un vistazo.

    Un saludo Gador!

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 09:43
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 10:43
    Data de publicación do comentario: 15/04/2016- 12:14

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador S1E5
      Olá Mara! Moitas grazas polo teu comentario, a verdade é que non poderías estar máis acertada no que dis, podemos atopar noticias deste tipo case diariamente! É increíble, pero o máis preocupante é que non nos sorprendemos cando as lemos no xornal, estamos tan acostumados que o estrano sería atopar o contrario, unha noticia na que, a pesar de que os protagonistas pertencesen a outra etnia, cultura ou relixión, non se mencionase e simplemente se relatasen os feitos tal e como sucederon, sen adornos de ningún tipo que solo entorpecen a comprensión do verdadeiro foco da noticia. Por outra banda, como dixen nos anteriores comentarios, atopámonos na era dixital, nun momento no que caen as ventas dos xornais e ascenden as visitas na web, e para iso, os xornalistas tiran de titulares que chaman a atención, de noticias estereotipadas e cunha forte carga de criminalización para conseguir que máis persoas se deteñan nelas, e non pola calidade ofrecida, senón pola forte carga de morbosidade que ofrecen.
      En fin, é unha vergoña, pero por iso temos que estar máis motivados para loitar contra isto.
      Por último, agradecerte as túas achegas e corroborar o que dis sobre o manual “¿Periodistas contra el racismo?”, sen dúbida é moi interesante e eu tamén animo a todo o mundo a leelo.
      Un saúdo!

      Gústame

  5. CAMPOS CASTELOS, PATRICIA – S1A4

    Ola Gádor! Estou de acordo co teu artigo xa que da etnia xitana existen moitos prexuízos, os cales están provocados polos medios de comunicación. As persoas e sobre todo nos que estamos estudando xornalismo deberíamos informarnos e sobre todo indagar no tema para que non se cren estereotipos. Eu, cando era pequena, vivía ao carón dun edificio no que os veciños eran de etnia xitana e grazas a esa convivencia agora non penso todo o que podería pensar a xente da miña idade sobre a etnia xitana. Tampouco me parece de recibo o trato que teñen nos programas que realizan sobre eles na televisión principalmente porque non están contando o que realmente é a etnia xitana, sempre sacan á luz o tema do matrimonio moi xoven, cando moitas das adolescentes de etnia xitana prefiren seguir estudando para ter un bo traballo.

    – Revisión editor: 19/04/2016 14.34
    – Revisión coordinador: 19/04/2016 14.40
    – Publicación: 19/04/2016 14.43

    Gústame

  6. Losada Miguéns, María S2B

    Moi boas Gádor, non podo senón mostrar o meu acordo co tema do teu artigo. Dende logo, o tratamento que os medios realizan sobre feitos nos que participan membros da etnia xitana deixan moito que desexar. COmo ti mesma comentabas, na meirande parte dos casos e totalmente innecesaria a mención á etnia á que pertencen nas noticias, xa que se trata dun xeito de exclusión, de marcar as diferenzas e trazar unha liña invisible que os diferenza do resto dos mozos ou persoas ” a secas”.

    Na noticia que che achego podese ver como aínda dentro da Unión Europea, existen países que seguen exercendo a discriminación, nun ámbito tan importante como é a Educación. Que a comunidade xitana, se vexa relegada a centros de atención especial nun porcentaxe tan alto, pareceme un síntoma claro de que aínda queda un longo camiño por percorrer: http://www.eldiario.es/desalambre/Eslovaquia-defectos-geneticos-discriminar-especiales_0_424157818.html

    A educación segue a ser unha vía fundamental para lograr a igualdade en todos os ámbitos, e no caso da etnia xitana non é dende logo menos. E os medios de comunicación, teñen unha labor didáctica que non están a cumprir, e que se basea en xeralidades e estereotipos cómodos que non responden á realidade.

    Un saúdo.

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 19:13

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s