NIN VÍCTIMAS NIN DELINCUENTES

Santiago Cacheiro Requeijo – S1A3

post
Viñeta Mafalda

 

O pasado xoves pola tarde, o noso grupo levou a cabo o primeiro círculo de lectura no piso da Asociación Itínera, onde durante máis de unha hora fomos partícipes do debate surxido polo tratamento das enfermidades mentais por parte dos medios. Sen embargo, en ocasións saíanse do tema que nos reunía alí e surxían novas preguntas, unha delas motivo desta entrada.

Cando estaba a piques de rematar o coloquio, Carlos, coordinador da Asociación, fixo unha reflexión acerca da victimización á que están sometidas as persoas con enfermidades mentais por parte da sociedade e dos medios de comunicación que colaboran a formar a opinión desa sociedade.

Segundo él, os enfermos teñen xa asumido que os medios os tildan de “delincuentes” ou “perturbados”, pero o que os dana aínda máis é cando aparecen victimizados, pois o que se consegue con iso vai en contra da actividade das asociacións que loitan co obxectivo de romper os estigmas sociais e conseguir a súa plena incorporación a todos e cada un dos ámbitos da sociedade, o que se consegue non é máis que apartar este grupo aínda máis da poboación, marxinalo cunha protección innecesaria que impide a estas persoas desenvolverse libremente coma o resto.

 

A imaxe que se ten destas persoas é, polo tanto, distorsionada, ben cara a súa criminalización ou ben cara a súa victimización. Unha imaxe que se corresponda coa auténtica realidade conseguiríase, por unha banda, esquecendo a creencia que relaciona o feito de padecer unha enfermidade mental coa presenza dunha conducta violenta derivada da enfermidade, e por outra banda, presentando a enfermidade con total naturalidade en situacións completamente normais como son o fogar, o traballo ou situacións sociais. Así aparece recollido no Libro de Estilo da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Enfermos Mentais.

Existe unha estigmatización das persoas con trastorno mental prácticamente en todos os ámbitos, e no marco dos medios de comunicación e da familia estas persoas vense na obriga de enfrontarse a actitudes excesivamente protectoras, así o asegura o estudo“Salud mental e inclusión social. Situación actual y recomendaciones contra el estigma” levado a cabo pola Confederación Salud Mental España. As persoas con enfermidade mental, ante esta situación, teñen que levar a cabo unha loita o doble de ardua para facerlle ver á sociedade que son capaces de todo e que poden conseguir o que se propoñan, por exemplo chegar a ser directivos dunha empresa ou asociación, como Manuel Movilla, a primeira persoa cunha enfermidade mental (trastorno bipolar) que se presentou para presidir a Confederación Salud Mental España.

Non fai falla buscar demasiado para atopar un exemplo no que se victimice a este colectivo nos medios, basta esta noticia  de La Verdad na que se fala sobre un proxecto para a creación dunha “praia para enfermos mentais” no que colaboran asociacións e se financiará con fondos da Unión Europea. Existe realmente a necesidade de facer unha praia para persoas con enfermidade mental se éstas teñen as mesmas capacidades que calqueira outra persoa? En casos coma este vemos que son as mesmas Asociacións que logo loitan pola inclusión deste colectivo en todos os ámbitos da sociedade as que propoñen e levan a cabo este proxecto, que remarca a separación xa existente polos xa mencionados estigmas sociais entre a sociedade e as persoas con enfermidade mental.

O sensacionalismo está á orde do día na prensa actual e póde ser doado caer nel, pero os medios de comunicación deberían evitar dar unha visión compasiva de este colectivo que provoque unha superprotección e dificulte a súa consideración como persoas cos mesmos dereitos que calqueira outra.

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: 11/04/16 16:30
  • Revisión GTO: 11/04/16 22:00
  • Publicación: 11/04/16 22:55
  • Publicación modificada: 18/04/16 16:10
Advertisements

6 comentarios en “NIN VÍCTIMAS NIN DELINCUENTES

  1. Feijoo Garcia, Luis (S1D4)

    Os medios de comunicación conseguiron nos últimos anos que o tratamento das persoas que sufriron algún tipo de violencia ou que pertencen a algún tipo de colectivo minorizado supere a súa dimensión estritamente privada, policial e xudicial para pasar a ser considerada como un atentado cara á propia sociedade, un ataque á esencia da democracia.

    Pero neste tratamento os medios de comunicación deben protexer ao máximo a identidade da vítima, xa que a difusión do seu caso leva unha segunda vitimización en moitos casos.

    Deste xeito, o evitar a vitimización ou sufrimento engadido que lles infiren as institucións e profesionais encargados de asistir á vítima, investigar o delito ou instruír as dilixencias: policías, xuíces, peritos, forenses, avogados, fiscais e funcionarios, entre outros, é unha tarefa na que os medios de comunicación por medio dun tratamento anónimo e delicado podemos facer unha gran labor. Deste xeito evitariamos a situación de revivir o papel de vítima durante o tratamento do caso en cuestión.

    Por todo, os xornalistas debemos garantir o respecto á intimidade da vítima e dos seus familiares e evitar ofrecer ningún dato identificativo destas persoas nin dos seus familiares.

    Revisión GBO 15/04/2016 20:28

    Liked by 2 people

    1. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

      Boas Luis, moitas grazas polo teu comentario aínda que non sei se entendiches na súa totalidade o contido deste post, pero en calqueira caso estou totalmente de acordo contigo e comparto que a protección da intimidade tanto do colectivo coma de familiares é fundamental. Os medios teñen un gran poder e en ocasións a súa actividade pode condicionar a vida de moitas persoas protagonistas das súas novas.

      Gústame

  2. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Ola Santi. Moi interesante o teu artigo. O certo é que o feito de prestar unha atención por riba da necesaria aos enfermos mentais, non é máis que outra forma de diferenciación e exclusión do colectivo. En moitos casos, como ocorre cos pacientes con trastorno bipolar, e segundo afirma a Asociación Española de Psiquiatría Privada, a sobreprotección pode chegar a prexudicar a súa estabilidade. Neste contexto é obvio que a familia xoga un papel fundamental. Baixo o meu punto de vista, só se deben ter en conta as necesidades das que dependan que estes pacientes poidan ter unha vida normal, deixando de lado os estigmas e prexuízos. Só así conseguiremos fuxir da victimización do colectivo e a integración será plena.
    Achego en pdf o manual de recursos da OMS sobre saúde mental, espero que vos sexa de axuda: http://www.who.int/mental_health/policy/legislation/WHO_Resource_Book_MH_LEG_Spanish.pdf. Quédome cunha das citas que nel se mostran “si á atención, non á exclusión”. Saúdos.

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 18:01
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 18:29
    Data de publicación do comentario: 15/04/2016- 19:56

    Liked by 1 person

    1. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

      Moitas grazas Sandra, moi interesante a túa achega. Totalmente de acordo co que dis, os medios reflexan en ocasións un pensamento que está metido de cheo na nosa sociedade paternalista, e moitas veces os famiiares destas persoas teñen un sentimento de culpabilidade se non coidan delas e, polo regular, esos coidados derivan nunha sobreprotección innecesaria que acaba coa liberdade das persoas con enfermidade mental e impídelles desenvolverse coa normalidade que o faría calqueira outra. Menos protección e máis recursos.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s