O acceso aos medios para os necesitados

Fonte imaxe: Carla Delgado Arenas “Pobreza en Italia”

Gómez García, Silvia – S2D3.

Hoxe en día parece impensable que unha persoa poida non ter coñecemento de como poñerse en contacto cun medio de comunicación. Un tweet mencionando a conta da canle, unha carta ao director ou incluso un WhatsApp ao programa son algún dos métodos que están á orde do día. Sinxelo, non? Por suposto, sempre e cando se ten coñecemento de que estes medios existen.

A falla de acceso aos medios de comunicación das persoas con poucos recursos faise evidente dende o momento en que as situacións máis inxustas para estas son difundidas por terceiros, os cales si saben como facelas públicas. Un bo exemplo disto foron os lamentables acontecementos que tiveron lugar o 15 de marzo en Plaza Mayor, Madrid, cando uns aficionados holandeses adicáronse a lanzar moedas a tres mulleres que estaban mendigando. Unha terceira persoa gravou o acontecido e subiuno a Youtube.

O pasado 17 de marzo tivo lugar a primeira reunión do círculo “Pobreza e Precariedade” deste Observatorio, no que puidemos contar coa presenza de dúas persoas que viven a pobreza de primeira man. Un dos comentarios máis chamativos deste encontro foi  o lanzado por un deles, “eu se quixera denunciar, que pasos tería que seguir? Os xornalistas non os facilitan”. Isto mostra que a vontade e o desexo de denunciar existe entre o colectivo, xustamente ao contrario que as facilidades para facelo.

Afortunadamente, hai en marcha proxectos e iniciativas dispostas a facer que isto cambie. Radio Favela FM, é unha emisora de radio nacida en 1981 na favela de Belo Horizonte co obxectivo de denunciar as inxustizas e necesidades da comunidade. A ela pode achegarse calquera persona que necesite facer pasar unha mensaxe, pedir un servizo médico ou material escolar para os seus fillos. Decía Misinha, fillo de Misael dos Santos (un dos fundadores da radio) que “para os faveleses a radio é coma o Internet” tanto para o entretemento como medio de denuncia.

En conclusión,  o que si está claro é que o chanzo entre os máis desfavorecidos e os medios de comunicación segue presente na sociedade actual. Ademáis, resulta preocupante que as situacións de inxustiza que lles toca vivir teñan que esperar por unha persoa allea para saír á superficie. Está claro que o brazo do xornalista local debe, canto menos, extenderse ata a persoa que ten algo que dicir, e non só esperar a que a chamada, o correo ou a nota de prensa chegue.

REFERENCIAS

Ramos, David. (15 de marzo de 2016). Aficionados holandeses tiran monedas y humillan a unas mendigas en Madrid. The Huffington Post. Recuperado el 3 de abril de: http://www.huffingtonpost.es/2016/03/15/aficionados-holandeses-mendigas_n_9470320.html

RockStar Deportes (15 de marzo de 2016). Aficionados del PSV humillan a mujeres mendigas en Madrid . 2016. Youtube. Recuperado el 3 de abril de: https://www.youtube.com/watch?v=CavC8vVzFM0

S2D. (01 de abril de 2016). Círculo I: Pobreza e Precariedade. Observatorio de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

Rovirosa, Guillermo. (16 de agosto de 2012). RADIO FAVELA: 30 años siendo VOZ de los EMPOBRECIDOS.  solidaridad.net. Recuperado el 3 de abril de: http://www.solidaridad.net/solidaridadnet/noticia/7337/radio-favela-30-anos-siendo-voz-de-los-empobrecidos

Revisión GBO: 07/04/2016 ás 11:41 e segunda revisión 11/04/2016 as 14:56

Revisión do editor: 11/04/2016 ás 12:33

Publicación: 11/04/2016 ás 10:52

Advertisements

12 comentarios en “O acceso aos medios para os necesitados

  1. Sábeme a pouco, pero a intención está ben. Cumpriría, ademáis de correxir ortográficamente o artigo, abondar no descoñecemento da xente á hora de acceder aos medios e na escasa mediación dos xornalistas respecto diso. Grazas.

    Gústame

  2. Outra cuestión urxente e necesaria: o artigo está sen etiquetar, precisa das súas etiquetas. Se non non poderá ser avaliado. Coméntello ao seu editor, que é quen ten que revisar estas cuestións. Olá, coordinadores.

    Gústame

  3. García Fernández, Ana – S2A4

    A Constitución Española nun dos seus propósitos de nacemento contemplaba o obxectivo de protexer os dereito co obxectivo de protexer os dereitos e liberdades de todos os españois. Dentro dos dereitos que nela recóllense, atopamos o dereito a:
    a) Expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.
    b) Producir e crear obras literarias, artísticas, científicas e técnicas.
    c) Á liberdade de cátedra.
    d) A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicio destas liberdades.

    Son moitos os debates e artigos neste blogue, que tratan sobre como os medios de comunicación vulneran devanditos dereitos, non só á hora de elixir que noticias publícanse e que noticias non, senón á hora de dar acceso ou non a aquelas persoas que queren expresar algo de forma activa.

    Por exemplo, no artigo da miña compañeira Nerea Costa (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/30/mozas-e-meretrices/), trátase a falta de interese dos medios de comunicación no mundo da prostitución:”puidemos comprobar que son un colectivo invisibilizado e que algunhas delas teñen unha visión desigual dá sociedade”.

    Outra visión atopámola no artigo de Paula Graña (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/smithers-a-voz-dun-afectado/) no que se trata o tema da homosexualidade en deportes tradicionalmente masculinizados. O entrevistado “Smithers” comentaba que “a publicación deste tipo de noticias supoñen un avance na concienciación social”.

    Outro caso trátase no artigo de Beatriz Gutiérrez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/5370/), no que se trata a pouca presenza nos medios da realidade actual de moitas persoas: pobreza e precariedade.

    Este acceso aos medios non só vén propiciado pola escaleta e o sensacionalismo informativo, senón que, a propia economía familiar tamén intervén, en certa medida, na desigualdade informativa. Esta desigualdade preséntase no acceso que unha persoa teña aos diferentes medios informativos: persoas consumidoras de televisión gratuita ou de pago ou o propio acceso ou non a internet.

    Con isto só quero reafirmar o teu punto de vista sobre as deficiencias que teñen os medios de comunicación á hora de dar cobertura a grupos sociais en risco de exclusión e o difícil que resulta para algunhas persoas acceder aos mesmos.

    Referencias:
    https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2173291.pdf
    http://www.buenastareas.com/ensayos/Desigualdad-y-Exclusión-En-Los-Medios/1710618.html

    Gústame

    1. Gómez García, Silvia – S2D3
      Totalmente de acordo contigo Ana, a violación dos dereitos fundamentais son o pan de cada día na nosa socidade. E si, sobra recalcar, como se vén facendo na meirande parte dos artigos do blogue, o escaso empeño dos xornalistas en facer que esta situación mude.
      No caso da pobreza, coma no doutros colectivos, o problema agrávase cando o afectado non ten nin idea de como pode poñerse en contacto cun medio, ou se o que quere denunciar paga a pena.

      De aí vén a importancia do rol do xornalista para a cidadanía, do xornalista mediador entre o pobo e a empresa de comunicación. Nestes casos, os avances na tecnoloxía de pouco serven, xa que estas persoas acostuman a tener un acceso e manexo limitado delas, e deste xeito perpetuamos o bloqueo do acceso aos medios.
      Creo, igual que ti, que ao non axilizar este acceso estamos a incumprir os seus dereitos coma cidadáns, especialmente o apartado D) A comunicar libremente información veraz por cualquier medio.
      Recomendo ler o punto III.G deste informe do Alto Comisionado das Nacións Unidas, axuda a comprender cal é o acceso das persoas en situación de pobreza á sociedade da Información.
      https://www.google.es/url?sa=t&source=web&rct=j&url=http://www.ohchr.org/Documents/Publications/OHCHR_ExtremePovertyandHumanRights_SP.pdf&ved=0ahUKEwjS85fryYjMAhXF8RQKHWxACbIQFggqMAc&usg=AFQjCNHd8t1bYOlCZF0-HZWKI9bPlKG85A&sig2=aK2kAN7a2fgcm50nrD2Cmg

      Revisión da coordinadora: 12/04/2016 ás 11:21

      Gústame

  4. Feijoo Garcia, Luis (S1D4)

    Para a mellora do acceso das persoas con menos recursos e/ou desfavorecidos debemos mellorar o acceso ás TIC polo forte impacto que teñen as novas tecnoloxías sobre o crecemento económico e o desenvolvemento social.

    Os principais beneficios sociais e económicos das TIC proceden do seu impacto sobre a gobernanza e a información. Deste xeito, as TIC son claves para: incrementar o acceso á información, fomentar a participación e a interacción do público cos funcionarios e funcionarias de goberno, aumentar a transparencia das operacións do goberno para volvelo máis responsable e limitar a corrupción.

    As TIC estanse a volver fundamentais tamén para o incremento do coñecemento sobre os dereitos humanos e constitucionais como a liberdade de expresión, a participación política, a propiedade da terra e a rendición de contas que constitúen o fundamento para a redución da pobreza.

    Pero esta mellora encontra problemas importantes que deben ser resoltos: o acceso ás redes básicas de comunicación segue sendo un desafío para a maioría dos pobres, sobre todo nos países que teñen comunidades rurais moi vastas. A combinación de distancia xeográfica, terreo accidentado, baixa densidade de poboación e dificultades económicas xera moi escasos incentivos para realizar os enormes investimentos requiridos para estender a infraestrutura de telecomunicacións cara ás zonas rurais. Os avances realizados en canto ao acceso universal ás TIC foron lentos na maioría dos países en desenvolvemento, xa sexa por ausencia de estratexias, ou por ineficiencia no desembolso dos fondos de acceso universal.

    Por todo, son as Administracións públicas, coa axuda das multinacionais das TIC como beneficiarias directas dos investimentos, as principais promotoras do acceso ás TIC das persoas pobres o que repercutirá nunha mellora do acceso destes á información.

    Revision GBO: 11/04/2016 22:02

    Gústame

    1. Respuesta a Luis:

      Como moi ben dis, o acceso ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación seguen a ser a tarefa pendente da sociedade moderna. Está claro que o poder desenvolverse nelas melloraría notablemente a vida de moitas persoas que, hoxe en día, seguen a ser alleas a elas. Pero gustaríame que nos centráramos no ámbito da pobreza, xa que as persoas que se encontran nesta situación non teñen por qué ser precisamente da terceira idade ou vivir nun ámbito rural. De feito, como xa comentaba no artigo, un indixente que participa no noso círculo de lectura é de mediana idade e reside en Santiago.

      [S2D] Debate 1: pobreza e precariedade

      Déixoche aquí abaixo un enlace a unha organización, APC, que explica moi ben como de beneficioso é a xente en situación de pobreza o acceso aos medios. Como moi ben di, hoxe en día as TIC son o método máis recurrido para coñecer información á que doutro xeito non terían acceso. Como por exemplo, cales son al últimas facilidades que os gobernos lles proporcionan, repasar os seus dereitos fundamentais (moitas veces olvidados) ou para acceder aos medios de comunicación que se atopan na rede.

      http://www.apc.org/es/book/export/html/11605

      Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 10:02
      Revisión do editor: 13/04/2016 ás 18:25

      Gústame

  5. Álvarez Álvarez, Juncal (S1C3)

    Tony no noso círculo de debate xa comentara que “as maiores barreiras son as mentais”, e neste caso creo que se cumpre, pero por parte do resto de persoas. E no teu artigo o demostras co video dos aficionados ó PSV. O máis lóxico é que se houbese un xornalismo interesado neste colectivo, cada vez máis grande, de persoas, achegásese aos distintos albergues, centros de acollida, roupeiros, etc. para ofrecer o seu contacto e a difusión dos problemas que lles xurdan. É dicir, que exista un continúo feedback entre a xente en situación de precariedade e os xornalistas a través deses organismos. Individualmente resulta moi difícil, pero diría que esa é a situación máis fácil para ambos os bandos.

    Doutra banda, non creo que se trate tanto de falta das novas tecnoloxías como do descoñecemento. Na maioría de bibliotecas públicas disponse de computadores con internet que pode usar calquera persoa. E aínda que isto complícase nas grandes cidades, non é o caso en Galicia. Polo que os problemas de non saber que facer en caso de querer denunciar unha situación exponse máis no que comentaba antes: a barreira humana. A desconexión existente entre un trato máis personalizado e íntimo a estas persoas e os medios.

    Por desgraza, ben é certo é que esa desconexión acaba provocando que moi raramente acudan ás TIC. Pablo, un señor que vive na rúa en Santiago, fai pouco preguntábame cando era o día da nai, quería asegurarse ben da data. Aí fixose patente o feito de que eu teño acceso a abundante información grazas ó meu móvil e a carencia de tecnoloxía por parte del. Con isto, quero deixar claro que aínda que sí dispoñan de tecnoloxía e pense que a maior barreira é a mental, existen moitas outras. Non ter a indumentaria necesaria para ir ata tan lonxe un día de chuvia podese sumar á vergoña de entrar a unha biblioteca pública, poden ser ás veces unha delas.

    Radio Favela é un caso excepcional, pero cunha situación diferente, o que se podría chamar agora nova pobreza (en peores condiciones), pero non chegaban ó caso desta xente. Por elo, recalco a necesidade de que sexa o xornalista quen dé o primeiro paso, quen demostre que non estamos aí para xuzgalos, senon para informar e colaborar.

    Revision GBO: 20/04/2016 12:18

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Juncal, xustamente o que eu quería reflexar é esa desconexión entre o cidadán e o xornalista, que, como ti moi ben dis,non se debe á falta de reucursos materiais. O exemplo que poñía do indixente que formou parte do noso primeiro círculo vai por ese camiño. Esta persoa lanzaba a pregunta non de forma concisa, senon máis ben preguntándose qué se debe facer para que un xornalista che faga caso.
      No caso das persoas en situación de pobreza, a situación complícase. A súa condición fai mella na súa estima e, moitas veces non se lanzan a denunciar porque non saben se a súa historia é noticiable.
      En canto o acceso ás TIC, o Banco Mundial sacaba a principios deste ano uns datos que contrastan coa creenza popular. Esta noticia constataba que hoxe en día, as familias máis pobres do mundo teñen máis probabilidades de ter un teléfono móvil ca un baño ou auga limpa. A cantidade de usuarios de internet sube cada ano hasta cifras enormes, actualmente case un 40% da poboación mundial tería acceso a internet, mellora isto as condicións de vida das persoas? está claro que non.
      http://www.eleconomista.es/telecomunicaciones-tecnologia/noticias/7279420/01/16/Reduce-la-tecnologia-la-pobreza-El-Banco-Mundial-desaprueba-la-version-de-Zuckerberg.html
      No mesmo artigo recóllense frases de figuras da informática coma Mark Zuckemberg ou Bill Gates, que afirman que o acceso a internet mellora a vida das persoas, grazas ás oportunidades que se lles presenta. Sen embargo, o Banco Mundial di que os diferentes niveis de formación inflúen en que unha persoa poida aproveitar ditas oportunidades.

      E isto é o que sucede hoxe en día na nosa sociedade; as persoas saben que existe internet, que todo o coñecemento do mundo está a un click de distancia, pero non sabe escoller, seguir o camiño que che pon en contacto con esa persoa que che pode axudar.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:39
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  6. Costoya, David (S1C1)

    Estou totalmente dacordo co teu texto. E incluso, paréceme moi importante que pudiérades obter de primeira man a testemuña dunha persoa sen recursos.
    A veces, vemos na prensa estatísticas e porcentaxes sobre pobreza e continuamos lendo o xornal coma se nada, coma se de simples datos se tratase.
    O certo e que detrás deses datos, están nomes e apelidos. É fácil imaxinar como é a vida de estas persoas, pero en realidade so o podemos imaxinar e especular como sería. Por iso me parece moi importante darlle máis voz a estas persoas, que podan relatar de primeira man o que é o día a día para eles.

    Sen embargo, creo moitos medios de comunicación aproveitan esta situación para gañan audiencia. Ese é o grande erro: darlle voz as persoas con dificultades para obter un rendemento económico. Fai un ano e medio que o programa de TVE “Entre Todos” foi cancelado da parrilla tras diversas e reiteradas queixas de asociacións de telespectadores e organismos adicados a servicios sociais. http://cultura.elpais.com/cultura/2014/07/24/television/1406227618_831703.html

    Segundo parece as queixas eran unánimes sobre o contido do programa: “por llamar al llanto y la lágrima” y potenciar la lástima hacia la persona necesitada”.
    Sen embargo, por aquel entonces, Pablo Carrasco, productor executivo do programa saltaba na súa defensa: “Mostramos una realidad durísima como hacen decenas de programas; la diferencia es que, además de enseñarla, contribuimos a solucionarla”. Asimesmo aseguraba: “ha sido un balón de oxígeno para 531 familias. Me sorprende que en los medios no salga nada positivo, no leer un titular que cuente las cosas maravillosas que han ocurrido”. E engadía: “Nosotros no nos saltamos ninguna línea para lograr audiencia”.

    Darlle voz as persoas que o necesiten e non conseguir algún tipo beneficio por darlle voz a estes colectivos é unha realidade que hoxe en día moi poucos medios procuran, e sobre todo en televisión, cando o tempo de emisión vale cartos. Sen embargo, creo que é moi dificil tratar estos temas sen caer no dramatismo e na sensibilización. E dende logo o dramatismo e a sensibilización atraen a atención do público. É un tema moi complexo para focalizar e presentar ao público, que no só ca opinión dos directivos dos programas senón que coa opinión e implicación das propias persoas afectadas poderase obter a mellor forma de tratar este tipo de asuntos.

    Revision GBO: 21/04/2016 16:22

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola David, efectivamente, os medios non dudan á hora de sacar proveito de ata o máis ínfimo recurso. No caso das persoas con dificultades económicas xa non é o morbo, como se ven acusando neste observatorio moitas veces, senon o dramatismo. A verdade é que non coñecía o caso da cancelación de “Entre todos”, pero a verdade é que as asociacións teñen toda a razón. A presentadora acostumaba a facer preguntas moi persoais e a medida que o relato avanzaba e se poñía máis crudo, asdoacións aumentaban en cantidade.
      Outro caso, que ven ligado á noticia tan resoada dos sen teito da Praza do Toural, é a de Manuel Santillana, un home que convive coas persoas protagonistas dos feitos na zona vella.
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/03/06/molesta-orinemos-calle-poco-vivamos-/0003_201603S6C5991.htm
      A frase resaltada no titular é relevante sen dúbida; pero o texto é un claro exemplo de querer xerar pena no lector, que sinta remordimentos por “esta pobre persoa” que só pode escoller entre ser tutelado coma un rapaz ou durmir en cartóns.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 19:15
      Revisión do editor: 22/04/2016 ás 12:00

      Gústame

      1. Por certo, fai uns anos, outro caso moi soado de crítica a este tipo de programas ocorreu no programa de Antena 3 “El diario de Patricia”. Nun especial adicado a persoas con diversas dificultades (moitas con problemas económicos), un espectador púxose en contacto co programa para criticar duramente que Antena 3 estaba sacando beneficio das desgrazas dos invitados. A presentadora non tivo máis que intentar calmar a esta persoa con algún que outro argumento prefabricado e cortar a chamada. O vídeo pódelo atopar aquí, a partires do minuto 4:00

        Gústame

  7. Silvia Gómez García – S2D3

    Ola David,esa non foi a primeira vez nin a última que un medio de comunicación priva a un cidadán do seu dereito a emitir unha opinión. Pero a verdade é que o medio, neste caso Antena3, non houbese levado a cabo un programa de calquer índole sen sacar proveito da situación. Evidentemente, cando se trata de persoas con algún tipo de dificultade é donde se vé ata onde chega a moral do medio. No caso la televisión estatal está claro que non moi lonxe. En canto ao programa de “El diario de Patricia”, teño entendido que nin sequera eran persoas reais, senon actores e actrices, o cal empeora a situación, ao prolongar os estereotipos que recaen sobre estes colectivos.
    Aquí che deixo unha entrevista á presentadora, onde admite algunhas irregularidades do programa coma o caos no que arrexuntaron unha parexa na que o home tiña unha orde de alexamento contra a muller, e acabou matándoa.
    http://www.formulatv.com/noticias/53212/desmontando-leyendas-el-diario-de-patricia-gaztanaga-actores/

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:24
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s