Os silenciados das preferentes

Fotografía LaUnion

Noguerol Fernández, Ana – S2C4

 

O caso das preferentes foi un feito que, cando saiu á luz, converteuse nun boom informativo en todas as súas dimensións. Todos coñecemos en que consistiu. Porén, é preciso recordarlo en poucas liñas. A estafa das prefentes refírese ao fraude bancario na emisión e venda de accións preferentes por parte de entidades bancarias e Caixas de Aforros do Estado Español. Dende o 1990, cun auxe no período comprendido entre o 2009 e 2011, colocáronse este tipo de accións a aproximadamente a 700000 clientes. A transparencia era nula.

Estes non podían comprender o proceso debido a súa complexidade, polo que foron totalmente enganados. A maior parte destes inocentes eran persoas da terceira idade. Os medios de comunicación foron o eco deste feito noticioso cando foi descuberto. Lóxico, xa que é un dos escándalos máis relevantes dos últimos anos. Mais atopámonos co problema común, o de sempre: o tratamento informativo. O prioritario era tratar o valor económico e que falasen representantes, non as vítimas reais. Moi poucos describiron, pola súa propia voz, en que consistiu tal atrocidade institucional. Isto pódese observar aínda a día de hoxe. O día 6 de abril, Eldiario.es publicaba unha nova co seguinte titular: Vender preferentes a ancianos analfabetos, ¿merece una investigación penal? Non nos imos deter na análise do titular, aínda que xa da bastante para falar. Imos centrarnos no contido en sí. Imos observar como a terceira idade é testemuña de como se lle nega a capacidade de autorrepresentación e como se establece unha representación externa a eles.

Na noticia podemos observar como a única fonte citada textualmente é a dun tal Gabriel Torres-Amann, que resulta ser o avogado que levou o caso vasco das aportacións subordinadas de Eroski e Fagor Electrodomésticos. Este fala de dous anciáns enganados, que responden aos nomes de Gregorio e Amalia, enfatizando na pena mediante o relato da falta de formación de ambas as dúas persoas. Mais esta falta de formación… Consiste nun feito de tal peso para que eles non teñan a capacidade de falar por sí mesmos?

A sociedade desplaza aos nosos maiores en moitas dimensións. Na comunicación, no respeto e no benestar. Considérase que son nulos, que non teñen as competencias necesarias para afrontar a vida. E curiosamente, eles levan máis anos de vida na espalda que calquera dos políticos que lles conxelan as pensións. E teñen moitísima máis experiencia que todos eses xornalistas que os apartan da súa axenda de fontes. E, sen dúbida, teñen o doble, o triple ou o cuádriple de coñecementos e vivencias que calquera de nós. Nós tan só somos os herdeiros do que eles traballaron. E parece que non o queremos agradecer.

REFERENCIAS:

  • MUNDIARIO. (2016). ¿Estamos dejando el cuidado de la tercera edad exclusivamente a la familia?. 11 de abril do 2016, de Mundiario.com Sitio web: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/estamos-dejando-cuidado-tercera-edad-exclusivamente-familia/20160406205424057577.html
  • Eduardo Azumendi. (2016). Vender preferentes a unos ancianos analfabetos, ¿merece una investigación penal?. 11 de abril do 2016, de Eldiario.es Sitio web: http://www.eldiario.es/norte/euskadi/Vender-preferentes-ancianos-analfabetos-investigacion_0_503599896.html

Hora de revisión editor: 15:15 11/04/16

Hora de revisión coordinador: 17:06 11/04/2016

Hora de publicación: 23:13 11/04/2016

Advertisements

Un comentario en “Os silenciados das preferentes

  1. O tema e o enfoque, paga a pena, merecen un tratamento máis equilibrado e mellor argumentado pra resultaren máis crible, ainda que vaia por bon camiño o tono de denuncia respecto da suplantación de voces de afectados (ou precisamente por iso).

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s