Poñer fin á pobreza, unha utopía para os medios de comunicación maioritarios

Viñeta de Forges

Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

Aínda que a caridade é necesaria para paliar os efectos da pobreza (se podemos chamar paliar a simplemente evitar que unha persoa en situación de precariedade morra de fame), é evidente que o único que pode combater a pobreza de forma efectiva é o tomar medidas políticas encamiñadas a esta fin. Sen embargo, estas políticas soen entrar en conflito directo cos intereses das grandes empresas,  xa que o seu financiamento adoita requerir dunha maior progresividade fiscal ou unha maior regularización da actividade empresarial. E estas grandes empresas adoitan ser así mesmo as propietarias dos medios de comunicación maioritarios.

Tendo isto en conta, non estraña que a liña editorial de todos estes grandes medios sexa practicamente a mesma nos aspectos fundamentais da economía; máis aló de preferencias partidistas, ningún deles manifesta opinións significativamente contrarias ó sistema económico e social vixente. Pero non é só iso, senón que se ataca ferozmente moitas propostas que intentan combater a pobreza dun modo directo, coma a prohibición dos desafiuzamentos ou a renda mínima de inserción, coma irrealizables, cando non catastróficas, dunha forma que traspasa a mera subxectividade e incorre na manipulación. Propostas coma a renda garantida, que podería beneficiar a case 8 millóns de persoas en situación de precariedade en España.

Por exemplo, este editorial de El Mundo dixo sobre o programa económico da CUP, formación de esquerda nacionalista catalá que inclúe a renda mínima, o impago da débeda ilexítima ou a saída da UE que impón os recortes que “expulsaría a Cataluña de la zona euro para hundirla en un modelo más propio de las extintas repúblicas soviéticas”, ou que “no tiene ningún pudor en exhibir un mensaje extremista”. Deixando a un lado o lexítimo desacordo ideolóxico, empregar desta maneira o discurso do medo contra as medidas de choque contra a pobreza sobrepasa a mera liña editorial. Apelar ó medo desta forma é habitual; a PAH ou Stop Desahucios, as principales organizacións da loita contra os desafiuzamentos, son habitualmente calificados de “radicais” ou “populistas”, e incluso se vai máis alá, afirmando que as súas propostas farían desaparecer o mercado de alquiler en dúas semanas ou que se basean en mitos.

En moitos casos sen embargo, non fai falla atacar os programas en si, basta con desacreditar ós colectivos e partidos que as propoñen, criticando ós seus membros ou creando ruído mediático con temas relativamente banais. E non só a nivel nacional; por exemplo, Venezuela, o segundo país que máis reduciu a pobreza de Latinoamérica entre 1999 y 2012, por detrás de Ecuador, aparece nos medios de comunicación coma unha neglixente ditadura que encarcela ós opositores, usada a miúdo coma arma arroxadiza contra movementos políticos do estado español. Así, prohibir os desafiuzamentos pasa a ser calificado como “chavismo lexislativo”. Parece que interesa que nun mundo onde se produce comida de sobra para todos, que todos teñamos algo para levar á boca pareza unha utopía.

REFERENCIAS

Juan Paullier. (2012). El secreto de Venezuela en su lucha contra la pobreza. 18/03/2016 20:12, de BBC Sitio web:

http://www.bbc.com/mundo/noticias/2012/01/111229_venezuela_pobreza_desarrollo_humano_cepal_chavez_j.shtml

Editorial. (2016). Las ‘reinas magas’ de Madrid, una iniciativa absurda. 18/03/2016, de El Mundo Sitio web:

http://www.elmundo.es/opinion/2015/12/25/567c1f1a22601de44e8b4612.html

S.A./M.V.. (2016). El «peligroso» programa económico de Podemos. 18/03/2016, de ABC Sitio web:

http://www.abc.es/economia/abci-peligroso-programa-economico-podemos-201602162306_noticia.html

Editorial. (2015). El modelo antisistema de la CUP del que Mas es rehén. 18/03/2016, de El Mundo Sitio web:

http://www.elmundo.es/opinion/2015/10/11/56197cd6e2704eea738b45a0.html

Andrés Herzog. (2016). El chavismo legislativo en España. 11/04/2016, de Voz Pópuli Sitio web:

http://vozpopuli.com/analisis/78655-el-chavismo-legislativo-en-espana

Beatriz García. (2015). Fernando Encinar, de Idealista: con la receta de Carmena “desaparecería el mercado del alquiler en dos semanas”. 11/04, de Libertad Digital Sitio web:

http://www.libremercado.com/2015-05-27/fernando-encinar-de-idealista-con-carmena-desapareceria-el-mercado-del-alquiler-en-dos-semanas-1276548917/

 

Revisión do editor: 11/04/2016 14:10. Autor e editor son a mesma persoa.

Revisión GBO: 11/04/2016 ás 19:25

Publicación: 11/04/2016 ás 19:30

 

Advertisements

2 comentarios en “Poñer fin á pobreza, unha utopía para os medios de comunicación maioritarios

  1. Meda López, Xiana- S2b6

    Boas tardes Jacobo!
    Atopo de moito interese o teu artigo. Os medios de comunicación masivos non tratan a pobreza como deberían na maioría dos casos. Dende o meu punto de vista acontecen dous erros fundamentais: ou non se visibiliza como debería ou o tratamento que dan dela é erróneo. A veces, os medios de comunicación presentan as persoas con menos recursos de maneira caritativa, sen a dignidade que merece cada persoa polo feito de selo. No referente a pobreza, recordo unha frase que dixo a responsable de comunicación da ONG, Ecos do Sur, que dicía “a solución ten que vir dun empoderamento da persoa”. Frase ca que estou totalmente de acordo.
    Ademais, como ti ben dis, moitas políticas directas que pretenden erradicar a pobreza non son aceptadas por chocar frontalmente con intereses económicos. Ou en moitos casos ideolóxicos. Sería o caso da noticia de El Correo Gallego http://www.elcorreogallego.es/opinion/la-quinta/ecg/tirania-minoria-histrionica/idEdicion-2015-12-14/idNoticia-969445/ na que critican a Martiño Noriega por celebrar unha chocolatada gratuíta para todo o mundo en vez de asistir a apertura da Porta Santa.

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:23

    Gústame

  2. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    Ola Xiana, moitísimas gracias por comentar! En efecto, a única solución á pobreza non é darlles limósnas senón empoderar á xente, e eso só se pode facer de forma eficaz a través de medidas políticas. Os xornalistas teñen un papel fundamental na difucsión, promoción e esixencia deste tipo de medidas, polo tanto é crucial que a prensa se posiciona claramente de lado dos pobres e non dos poderosos, como desgraciadamente pasa hoxe en día xa que estas grandes empresas posúen ós grandes medios.

    O caso de alcaldes como Martiño ou Xulio Ferreiro en Galiza, ou de Joán Ribó, Pedro Santisteve ou Ada Colau e Manuela Carmena no resto do estado español é especialmente notable, porque os medios han chegado a mentir ou atacales por calquera cousa día tras día de manera flagrante. Foron alcaldes que se presentaron con un programa social de choque é, aínda que con grandes limitacións evidentes, demostraron que moitos cambios eran posíbeis, e claro, isto non lle interesa ós medios afíns ós partidos tradicionais. Oxalá os medios de liñas editoriais opostas poidesen expresar lexitimamente as súas opinións sen caer na guerra sucia.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 23:34
    Revisión do editor: o autor é o editor.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s