Prensa con mala memoria, inmigrantes sen voz

Fonte Imaxe: No Me Pidas Calma.

 

Rivas Pérez, Ramón – S3B2

Xa pasaron case sete meses dende un dos episodios máis impactantes do fenómeno de inmigración que vive Europa na actualidade. Falamos da morte de Aylan Kurdi, un neno de tan só tres anos que morreu afogado tras marchar de Siria coa súa familia. Xa pasaron case sete meses dende entón, un espazo de tempo no que morreron máis de 300 nenos do mesmo xeito que Aylan.

Mais o caso do neno falecido case parece único no seu ámbito. O impacto da imaxe do corpo sen vida do pequeno non se debe soamente á brutalidade do contexto, senón tamén ao feito de que os periódicos decidiran publicala.  Como xustificación, xornais como El Mundo ou La Vanguardia fixeron públicos os motivos polos que a fotografía de Aylan foi mostrada á sociedade. ¿Tratábase dunha ocasión especial, ou eses motivos seguen sendo válidos para publicar máis imaxes coma esa? Ao fin e ao cabo, as fotografías do resto de menores afogados carecen do mesmo impacto e importancia. ¿Son menos importantes os seus casos que o de Aylan? ¿Por que a publicación das imaxes do resto de nenos, no suposto de que se chegue a realizar, se ve coma un acontecemento ordinario?

Quizais o reflexo dos inmigrantes nos medios ten influencia neste asunto. ONGs como Red Acoge denuncian, non só o trato negativo e estereotipado dos inmigrantes por parte dos medios de comunicación, senón tamén a súa representación, a imaxe que se da sobre estes individuos. Esta denuncia corresponde ao ano pasado, pero xa en 2006 Andreu Casero-Ripollés, titular do departamento de Ciencias da Comunicación na Universidade Jaume I, sinalaba as consecuencias da negativa imaxe transmitida por periódicos, emisoras de radio e canles de televisión; da criminalización dos inmigrantes en contraposición coa exaltación de España para determinar unha clara diferenza entre “nós” e “eles”. Un fenómeno que non só destrúe a figura destas persoas, senón que tamén impide que se dean a coñecer ao gran público as dificultades polas que pasan diariamente debido a unha falta de interese pola verdade da súa situación.

Agora, La Voz de Galicia, por exemplo, fala de cantidades determinadas de refuxiados, de medidas para controlar o paso destes polas fronteiras gregas e demais novas resultantes do pacto entre a Unión Europea e Turquía. A crise dos refuxiados non se mira cunha lupa repleta de prexuízos, pero tampouco se cubre de forma extensa e detallada. Falta un tratamento apropiado para casos que ocorren de forma diaria, sucesos que non se deberían normalizar na prensa, senón que deberían ser afrontados de forma humana e, por suposto, honesta.

¿É posible que esta clase de tratamento non sexa máis ca un espello que amosa a perspectiva da propia sociedade? Dende logo parece que non é un tema de gran relevancia para os cidadáns españois, a pesar de que si ocupase un espazo nas nosas mentes meses atrás. Non obstante, Xosé Cuns Traba, que escribe no blog No Me Pidan Calma en La Voz de Galicia, afirma que, en realidade, si nos preocupamos polos inmigrantes, pero que “na sociedade española non nos facemos preguntas nin buscamos respostas”, o cal se traduce nunha falta de iniciativa por intentar mellorar a situación de persoas que carecen de recursos básicos. Unha falta de iniciativa que, certamente, podemos extrapolar aos medios de comunicación, xa sexan de ámbito nacional, rexional ou local, posto que non tratan de cambiar o foco da información cara a un máis persoal, constante e realista.

Aínda que nos enfrontamos a unha mentalidade xa asentada na nosa sociedade, o feito de que xente, asociacións e mesmo medios de comunicación denuncien esta problemática indica que non é imposible erradicala en pos dun mellor periodismo. Un periodismo máis honesto coa sociedade e, en particular, cos protagonistas das súas noticias. Todo a fin de que acontecementos como a tráxica morte de Aylan Kurdi, que tamén sofren moitos outros nenos e nenas, continúen sendo difundidos e recoñecidos como tal.

Referencias:

Revisión do editor: 19:48

Revisión do coordinador: 20:00

Hora de publicación: 20:30

Advertisements

3 comentarios en “Prensa con mala memoria, inmigrantes sen voz

  1. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    Hai sete meses que apareceu Aylan Kurdi na beira do mar, mais hai seis anos que o conflicto bélico comenzou en Siria, seis anos nos que ninguén moveu nin un dedo por frenar dita barbarie ata que chegou ó noso lado. ¿Canto vale a vida dun sirio para a nosa sociedade?
    Cada día morren nenos e nenas, mulleres e homes, avós e avoas escapando dunha guerra inxusta que lles tocou vivir. Parece non importar demasiado cando sucede na outra punta do mundo mais no momento que a inxustiza roza occidente o conto cambia de episodio.
    Dende a ola masiva de refuxiados cara Europa a sociedade comezou a coñecer o drama que estase a vivir en Siria, escapar do teu fogar en chamas non é sinxelo para ninguén. A pesar de codearse co tema os políticos parecen non saber o que significa a palabra “humanidade´´, o acordo da UE con Turquía é un pacto completamente deshonesto, inmoral e deshumanizador, as expulsións inmediatas dos refuxiados están crispando a paciencia de moitos políticos que creen no asilo e protección destes e defenderán os seus dereitos ata o final. Un deles é Alberto Garzón e o seu partido político Izquierda Unida, que presentou unha querella criminal contra Mariano Rajoy, presidente do goberno español, e o resto do Consello de Ministros pola aceptación do pacto. Alberto Garzón incurriu en multitude de tipos penales coma a denegación de socorro e o trato inhumano e degradante a dito colectivo. Adxunto un artigo de El Mundo onde esclarécese o incumplimiento do Código Penal Español e de varios acordos internacionais http://www.elmundo.es/espana/2016/03/21/56eff1d622601df85a8b45a8.html.
    Os medios de comunicación tratan as desgrazas que suceden diariamente en todos los telediarios, dende que o problema salpicou a Europa o terror percíbese en todas as esquinas e a prensa o mantén excesivamente presente. Moitas veces a linguaxe ou o tratamente utilizado non é o correcto. Por exemplo, nesta noticia do ABC afirman que un refuxiado asesina a unha traballadora do centro onde estaba acollido e rematan a noticia botádolle as culpas ó elevado grao de inmigración do país e sobre todo o gran número de refuxiados que permanecen nel. Se o culpable fora un Suizo o titular só explicaría que a muller morreu a mans dun home, mais coma é refuxiado recálcannolo cuantiosamente.http://www.abc.es/internacional/abci-adolescente-refugiado-suecia-mata-trabajadora-centro-acogia-201601261129_noticia.html. Esta é a clase de prensa que representa o Estado español e que desgraciadamente temos que soportar, racismo, discriminación e clasismo.

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 13:20
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 15:01
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 16:30

    Gústame

    1. Rivas Pérez, Ramón. S3B2.

      Efectivamente, o tratamento da prensa non fai xustiza ás penurias que todas estas persoas, que escapan do seu país de orixe en busca dunha vida mellor para eles e para os seus familiares, viven diariamente. Empeñámonos en ver aos inmigrantes como delicuentes, ladróns, individuos violentos que non se parecen en nada a nós, pero en realidad somos nós mesmos os que cometemos o erro de caer tan baixo como para non consideralos os nosos iguais, seres humanos de pleno dereito. Iso no caso de que os inmigrantes sexan os protagonistas. A problemática do pacto UE-Turquía enfocouse única e exclusivamente dende o punto de vista político (http://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/congreso-rechazo-pp-exige-fin-pacto-ue-y-turquia-refugiados/20160413232247280935.html), e aínda que é o correcto denunciar a pasividade dos nosos partidos ante tal infame acto, seguen faltando as voces daqueles que viviron ou viven agora, en primeira persoa, as consecuencias do acordo.

      Por iso resulta esencial, non só denunciar esta inxustiza informativa por parte dos nosos medios, senón tamén propoñer solucións que podan causar algún tipo de cambio positivo no periodismo. É precisa máis contextualización dos feitos, explicar as causas e consecuencias deste gran movemento migratorio e, sobre todo, reforzar o factor humano das noticias relacionadas co mesmo para recordar e non volver a esquecer que os protagonistas deses acontecementos son iguais ca nós: persoas.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s