Sobre a apoloxía ao odio e as cousas polo seu nome

Lucía Casas Piñeiro – S1C5

perro

Fonte da imaxe: perrosguia.once.es

Pouco podemos engadir sobre a noticia publicada no xornal El País cando xa o titular “de impacto”  da que falar: Agredida una ciega con un bate al entrar con su perro en una tienda. Pouco podemos engadir, xa que o tratamento da información nesta noticia é ferinte de principio a fin. No corpo da mesma, se conta a historia de María, unha muller de 48 anos que foi ferida ao intentar entrar nunha tenda de alimentación de Fuencarral coa axuda do seu perro guía.

 Partimos da idea de que realmente foi ferida polo simple feito de acceder á tenda cun animal, cousa que, xa de por sí, carece de moral e ética por parte do atacante. María non foi ferida por ser invidente (que non cega, como se di ao longo do corpo da noticia), aínda que ao parecer a noticia podería suscitar máis morbo ao darse tal enfoque.  Deixando de lado o tratamento que recibe María, da cal pouco se di aparte do seu nome (ocupación e idade), resulta abominable o feito de que nin sequera se lle dea voz á principal afectada da agresión. Colectivos como a ONCE e o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) pronunciánse para El País facendo referencia á apoloxía ao odio que suscita tal traxedia, pero a María, a verdadera aflixida e protagonista dos feitos, non se lle da a oportunidade de falar. Se menciona de xeito repetido o que aparece na denuncia, pero en todo o corpo da noticia parece non haber espacio para que ela mesma conte a súa versión dos feitos.

De dubidosa ética consta tamén o tratamento que se lle da ao contexto do suceso, onde cabe destacar a descarada criminalización dun sector da poboación: La mujer iba a una tienda de alimentación de Fuencarral, regentada por ciudadanos asiáticos, para comprar la merienda de su hijo”, o cal non fai máis que establecer unha falsa relación xeneralizada entre o ataque sufrido por María e o seu atacante.

Desprazándonos ao plano lexislativo, pese a que sexa certo que as persoas con discapacidade reciben unha especial protección ante a lexislación, algunhas organizacións como a xa nomeada CERMI agardan que a sanción sexa agravada debido á aparente apoloxía do odio hacia persoas con discapacidade que a atacante realiza indiscriminadamente, o cal non termina de estar contrastado e deixa moito que desexar como tratamento da información por parte do diario que narra os feitos. A conducta non é grave por agredir a unha persoa con discapacidade; a conducta é grave xa que ataca directamente á dignidade de María, cousa que tamén sucede no corpo da noticia, onde relátase con pelos e sinais o brutal ataque que recibiu María, información para nada necesaria e que deixa a María nunha posición de clara desventaxa.

Finalmente, queda aclarar que a solución para evitar este tipo de actuacións non é realizar una campaña de concienciación en defensa dos dereitos das persoas cegas, tal y como relata o diario El País sobre la campaña Colabora sin reservas realizada polo colectivo CERMI, senón que debemos realizar unha campaña de concienciación para establecernos a todos como iguais e onde se coñeza a lexislación vixente que ampara os dereitos de todos os cidadáns.

Referencias:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/12/madrid/1455304125_312925.html

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-3754

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-3754

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/12/21/promueven-campana-derechos-usuarios-perros-guia/345117.html

Revision EDITOR: 11/04/2016 14:05

Revision GBO: 11/04/2016 14:27

Publicación: 11/04/2016 20:25

 

Advertisements

9 comentarios en “Sobre a apoloxía ao odio e as cousas polo seu nome

  1. Carballo Rodríguez, Aixa S3D2 (Por erros no blog, comenta denda a miña conta)

    Para empezar paréceme incomprensible como en pleno siglo XXI pode suceder algo así. Como unha persoa decide atacar a unha muller que está nun supermercado tranquilamente co seu can?, leva ao seu can como axuda ante problemas de visión por iso non entendo a quen lle estorba. Tampouco me sorprende moito, posto que estou acostumada a ver noticias similares nos medios, porque a día de hoxe segue existindo xente deste tipo, sen ética nin educación, xente que decide facer o mal por entretemento.

    En segundo lugar estou de acordo totalmente e critico tamén o tratamento do medio, non so no titular, senón no feito de que ela non teña voz nesta noticia.
    Para que esta noticia fose correcta debería haber citas da propia victima, que ela contase os feitos, pero claro como é unha persoa cega, que ven claro se deixa despectivamente no titular, non ten nin voz nin voto. Pero esto non é novidade porque cada vez que lle sucede algo a alguén que ten algún problema xa se trata de forma despectiva.
    O peor non é isto senon que ademais se apoia con contar detalladamente a agresión deixando a María como unha persoa inferior, sen capacidades para defenderse.
    A dirección do xornal non debería permitir que se publicase algo así, pero por desgraza se lemos a menudo o xornal hai barbaridades así, día si e día tamén.
    Todas as persoas que pasan por un tratamento así nos medios están no seu dereito de defenderse e denunciar, pero o importante tamén é facerlle ver aos xornais o que fan, e que tomen conciencia do dano que lle poden facer a estas persoas e as consecuencias que lle pode traer algo así.

    Como futuros xornalistas deberíamos aprender de erros así para que despois non os cometamos nin permitamos que os demais medios o fagan.
    María é unha persoa máis na sociedade, polo tanto debe ser tratada así e non como alguén inferior.

    Non é a primeira vez que se protesta por algo así con respeto a discapacidades, por iso é interesante ler esta proposta sobre un titular similar ao criticado neste artigo.

    Referencias
    http://blogs.20minutos.es/arsenioescolar/2009/01/07/un-manco-ciego-y-cojo-o-tres-discapacitados/

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 10:54
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 11:05
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 12:56

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

      Así é, Aixa, o peor de todo, o verdadeiramente atroz é que, como ben apuntaches, María é tratada como alguén inferior, incapaz de defenderse, polo simple feito de ter problemas visuais. Nin María é unha heroína nin unha mártir (e en todo caso, de seres esto último sería mártir da sociedade). O único que María pode facer é denunciar a agresión aos seus dereitos LEXÍTIMOS e pedir que se lle dea voz. Tal e como dis, é a nosa función como futuros xornalistas establecer o que interesa saber e o que non: o cómo da agresión non debería ter lugar na noticia. Pero, ante todo, antes que xornalistas somos seres humanos, e debemos ser capaces de analizar os erros que levan aos medios a actuar así sempre que se fala dalgún discapacitado, non polo feito de previr esos comportamentos novamente (que tamén) senón para poder defender os derechos básicos dos cidadáns, dos cales toda persoa debería gozar, xa que son inherentes ao noso ser.

      Gústame

  2. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    Para empezar paréceme incomprensible como en pleno siglo XXI pode suceder algo así. Como unha persoa decide atacar a unha muller que está nun supermercado tranquilamente co seu can?, leva ao seu can como axuda ante problemas de visión por iso non entendo a quen lle estorba. Tampouco me sorprende moito, posto que estou acostumada a ver noticias similares nos medios, porque a día de hoxe segue existindo xente deste tipo, sen ética nin educación, xente que decide facer o mal por entretemento.

    En segundo lugar estou de acordo totalmente e critico tamén o tratamento do medio, non so no titular, senón no feito de que ela non teña voz nesta noticia.
    Para que esta noticia fose correcta debería haber citas da propia victima, que ela contase os feitos, pero claro como é unha persoa cega, que ven claro se deixa despectivamente no titular, non ten nin voz nin voto. Pero esto non é novidade porque cada vez que lle sucede algo a alguén que ten algún problema xa se trata de forma despectiva.
    O peor non é isto senon que ademais se apoia con contar detalladamente a agresión deixando a María como unha persoa inferior, sen capacidades para defenderse.
    A dirección do xornal non debería permitir que se publicase algo así, pero por desgraza se lemos a menudo o xornal hai barbaridades así, día si e día tamén.
    Todas as persoas que pasan por un tratamento así nos medios están no seu dereito de defenderse e denunciar, pero o importante tamén é facerlle ver aos xornais o que fan, e que tomen conciencia do dano que lle poden facer a estas persoas e as consecuencias que lle pode traer algo así.

    Como futuros xornalistas deberíamos aprender de erros así para que despois non os cometamos nin permitamos que os demais medios o fagan.
    María é unha persoa máis na sociedade, polo tanto debe ser tratada así e non como alguén inferior.

    Non é a primeira vez que se protesta por algo así con respeto a discapacidades, por iso é interesante ler esta proposta sobre un titular similar ao criticado neste artigo.

    Referencias
    http://blogs.20minutos.es/arsenioescolar/2009/01/07/un-manco-ciego-y-cojo-o-tres-discapacitados/

    Gústame

  3. Villamel Baliñas, Tatiana S3D5
    Lucía, o teu artigo paréceme estupendo para abrirlle os ollos ás persoas, e para intentar cambiar aquilo no que os medios de comunicación se equivocan. Hai que ter claro algo fundamental que é que hai que proporcionar visibilidade a esas persoas con circunstancias concretas, que viven unha realidade na que a discapacidad é un elemento máis da persoa, nunca diferenciador ou discriminador. Son persoas como calquera outra, únicas na súa individualidade, como todos nós. Cabe destacar que a discapacidade ou minusvalía foi ata fai pouco un territorio escondido na sociedade, un trauma para a familia que tiña unha persoa discapacitada. Isto provocaba que a persoa afectada se atopase cun muro de discriminación nos límites do seu fogar, perdendo a súa propia vida e sen poder reivindicar a súa personalidade, o seu dereito a ser un mesmo, en definitiva, os seus dereitos como ser humano.
    Paréceme unha falta de profesionalidade que non se inclúan na noticia declaracións da propia afectada, aínda que non me sorprende. Vivimos nunha época onde a necesidade de publicar o máis rápido posible leva a consecuencias como estas, non ter declaracións das persoas afectadas, e por tanto quitarlle credibilidade á noticia. Que María sexa unha persoa cunha discapacidade non debería ser o máis importante. Os medios de comunicación teñen a obrigación e responsabilidade de facer chegar á sociedade unha imaxe respectuosa deste colectivo e aportar ao mesmo tempo toda a súa influenza ante os poderes públicos e os líderes de opinión, co obxectivo de conseguir que as persoas con discapacidad sexan cidadáns con voz e voto.
    A discriminación en xeral, moitas veces sae da palabra, tal e como se amosa no artigo cando se di que a tenda estaba rexentada por asiáticos, creando unha sensación de que todas as persoas coma eles van a ser agresivas. Por outra parte no é aconsellable utilizar términos como “sufrir” ou “padecer” unha discapacidade. Cando un xornalista describe a unha persoa cunha discapacidade debe utilizar un mensaxe neutral. Non cabe dúbida que a linguaxe ten unha influencia transcendental na nosa percepción da realidade, condiciona o noso pensamento e o de quenes leen dita noticia. Nesta noticia do país xa se amosa a desigualdade que sofren no terreo laboral as persoas con discapacidades, gañando un 16,1% menos ( http://politica.elpais.com/politica/2015/09/23/actualidad/1443006805_758096.html ).
    Polo tanto, considero que os medios de comunicación deben ofrecer unha imaxe activa das persoas con discapacidade, porque case sempre son vistas como mero receptor de axudas, e esta imaxe contribúe a fomentar a marxinalidade do colectivo. Sen embargo a miña conclusión final é que as persoas con discapacidades poden aportar moito á sociedade en xeral e a economía do país en particular. De feito , das 440.873 persoas con discapacidade en idade de traballar, 327.497 teñen un emprego (Encuesta sobre Discapacidades, Deficiencias y Estado de Salud)

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 13:23
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 13:58
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 15:36

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

      Tatiana, coincido contigo en cada apunte que fas. Se ben é certo que o tratamento da información nos medios de comunicación é vital para facer chegar á cidadanía un mensaxe, considero que, como ben dis, a discapacidade de María non deixa de ser un dato máis, nin máis nin menos. Desde logo, a día de hoxe mántese a lacra de pensar que un discapacitado é un peso máis e resulta incrible o secretismo que as familias adoitan manter arredor dun tema tan natural e cotidiá na nosa sociedade, pero só debemos ir aos datos para asegurarnos de que non é certo e de que, coma calquera ciudadano de a pé, un discapacitado cumpre perfectamente cos seus deberes en sociedade. Finalmente, sí creo que o xornalismo debería ofrecer unha imaxe máis activa das persoas con discapacidade, aínda que na miña opinión o problema vén de base e non radica só nos xornalistas. O problema radica ao non formarnos coma persoas para despois dar a coñecer a verdade aos ollos da sociedade.

      Revision GBO: 18/04/2016 10:32

      Gústame

  4. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    Un comentario moi completo e interesante Lucía.
    Primeiramente temos que ser conscientes da importancia dos titualres das noticias, da súa boa interpretación e completa compresión do mesmo, senón, é que algo estamos a facer mal.
    En canto á noticia da que partes para facer o comentario creo que é o exemplo máis claro para facer unha crítica sobre o morbo que as veces se busca nos medios de comunicación.
    A inxustiza de ser atacada/o por alguén é inxustiza xa teñas unha discapacidade ou non, o periodico está a buscar como ven se amosa no artigo, un feroz odio cara as persoas con discapacidade por parte de ese atancante, o cal é posiblemnete erróneo, o que sucede e que eso dalle maís morbo e relevancia a noticia.
    Existe un grave problema a hora de escribir noticias, sobre todo no léxico que empregar; as palabras, como os actos poden ser herintes, por iso existen normas léxicas que permiten unha boa explicación dos feito a par que resulta unha lectura neutral e nada danina. Esta páxina é un exemplo : http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/derechos/Tusderechosafondo/discapacidad_versus_minusvalia/Paginas/minusvalidos-y-minusvalia-y-discapacidad.aspx
    Pode ser que para dar xogo a este morbo da noticia o periodista decidise non darlle voz a daginicada do ataque, o que fai que esta noticia esté vacia de neutralidade e obxectividade, unha noticia da que se fala dun ataque persoal e directo é moi importante a declaración do ou da dagnificado/a para entender o conflicto de raíz, e polo tanto non facer eco da noticia a través dos que nos consideremos oportuno creando así unha grave apoloxía, como a que observamos nesa noticia.
    En canto ao segundo exemplo que nos amosas de titular : “La mujer iba a una tienda de alimentación de Fuencarral, regentada por ciudadanos asiáticos, para comprar la merienda de su hijo” estamos ante unha xeneralización moi danina, a calificariamos de racista neste caso, ao involucrar ao colectivo asiático ( que abarca moitisimas nacionalidades por outra parte) xusto cunha noticia de conflicto, é dicir, están dando a entender que moi probablemente o atacante fose de orixe asiática ou ben, que ao ser unha tenda frecuentada por xente asiática a afectada debía ir con cuidado, porque podería ser perigoso.
    En definitiva, o cuidado a hora de escribir noticias é fundamental para non fomentar ás inxustizas innecesarias
    sobre calqueira persoa.

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 13:01
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 14:58
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 17:09

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

      Adrián, tal e como dis, hai que ter moito coidado á hora de tratar un tema de conflito, moito máis coidado coas palabras escollidas para facelo. Xa o simple feito de buscar morbo resulta incongruente cando falamos de xornalismo, máis se o que terminamos facendo é facer dano directamente na dignidade da persona afectada, a cal non tivo nin voz nin eco nos feitos. Resulta moi interesante poder atopar ao noso alcance en Internet páxinas como a que ti nos amosas, xa que non só os xornalistas deben ter coidado á hora de falar: todos somos persoas que formamos parte dunha civilización e, como dereito inherente, debemos gozar dun respecto que moitas veces parece non existir. Como ben apuntaches, para colmo, tende a asociarse a un colectivo (realmente amplo, por certo) con feitos delictivos cando nin sequera existe unha relación lóxica entre ambos parámetros, o cal só consegue xeneralización e discriminación por parte da sociedade.

      Revisión GBO: 18/04/2016 10:30

      Gústame

  5. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    A verdade que o título é para rir por non chorar. De verdade que non había alternativas en toda a redacción do xornal? Isto recórdame ao titular “Un conductor portugués resulta herido leve en un accidente en la A-62 en Venta de Baños”. O de que é portugués é super imprescindible… http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/castillayleon/conductor-portugues-resulta-herido-leve-accidente-a-62-venta-banos_100382.html

    Volvemos a pecar do mesmo. De non contextualizar, de dar morbo e non un contenido de calidade, de non contrastar información e tampouco fontes, discriminamos pola raza e polas minusvalías, todo é información expréss. Algo tan básicos como as testemuñas da perxudicada nin sequera aparecen no corpo da noticia http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/12/madrid/1455304125_312925.html. Parece que a conclusión que sacamos a partir do titulo e o subtitulo é que esta muller foi golpeada pola súa condición de ceguera e eles foron agresivos por ser asiáticos.

    Parécemo un moi bo exemplo de denuncia tanto para recordar que este xornalismo non ten ningunha calidade de contenido e que é constante esta discriminación. As solucións creo que non son tan difíciles e teñan ningún tipo de represalia para non cumprir uns valores éticos. Nada máis que añadir, so dar ás grazas a Lucía por expoñer este tipo de artigo, que nos recorda que estamos aquí nós para solventar isto e intentar facer un pouco de xustiza dentro das nosas posibilidades.

    Revisión GBO: 15/04/2016 20:39

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

      Carmen, a noticia que compartes paréceme un exemplo perfecto, equiparable ao meu, do tipo de xornalismo que se realiza hoxe en día. Tal e como dis, os valores noticia están ausentes no contido e tratamento da noticia. Sen contextualizar, sen consultar aos actores verdaderamente principais da noticia…A ética está lonxe de aparecer no artigo. Da moral, xa, mellor non falamos. O peor deste tipo de noticias “exprés”, tal e como indicas, é a sensación que xeneran no lector e, efectivamente, o que chega ao lector unha vez lee a noticia é a mesma conclusión á que chegas ti: María foi ferida por ser cega.

      Moitas grazas polo bo exemplo que compartiches connosco do que nunca debemos chegar a facer.

      Revision GBO: 18/04/2016 22:16

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s